1 nov. 2008


ADEUSES...

a un gran escritor:
César Antonio Molina Ministro de Cultura:



a un loitador social:

16 comentarios:

apicultor dijo...

Nesta madrugada, malfadamente, tamén finou o historiador Alejandro Vázquez, profesor de historia económica da USC e gran especialista na historia da emigración. Debería ter uns 52 anos. Unha fulminante parada cardíaca acabou coa súa vida. Descanse en paz.

Reciban todos os seus familiares e achegados as miñas máis sentidas condolencias.

Etxe dijo...

Me cago no carallo. Era un bo tipo. Outro. Hai que lle dicir ao de arriba que furriche para outro lado. Que xa chega.
¿E non era Alejandro o que se fixera famoso na última loita contra a suba dos pisos en Santiago e por un pelotazo de goma ou algo así que o mandara ao hospital un tempo?
Un bo tipo, desde logo.
Súmome as condolencias de APi.

Etxe dijo...

O Recaredo era un crack. Xente así é imprescindible. Descanse en paz.

vinteuil dijo...

Sobre a morte de Anxo Rey Ballesteros, pego aquí tres comentarios que saquei do blog Croques:


1.- Vale, entendín.
Non quixen falar mal de Ballesteros nen lle faltar á memoria, nen faltar-che a ti ao respeto.
Qixen reflexionar -vexo que sen acerto- sobre un escritor do que dín que anovou á literatura galega, que lle deu un aire distinto, sen que andivese paseando palmito institucional, sen ir da man dos críticos (e críticas) universitarios que dominan o panorama galego (uns días aparecen nas editoriais, outros nas universidades, outros no Consello da Cultura Galega, outros na Real Academia Galega).

Este é un dos grandes valores, dos enormes valores deste home, Anxo Rey Ballesteros.

2.-Miro case todos os días o portal Vieiros. Alí está pendurada a noticia da morte de Ballesteros. Desde o día que morreu. Hai un só comentario, un só.

Sen tirar conclusións que poidan ser desafortunadas, non deixa de ser chamativo ese silencio arredor do escritor.
Ou ben os internautas de Vieiros, portal de Nazón, non leron a este home (eu xa recoñecín que non e por iso falo da súa figura no panorama literario galego) ou ben é mellor avialo canto antes.
3.-E por que non falades con claridade do peor de todo isto?
Por que non dicides que un tipo cunha obra de calidade que non se casou con ninguén, e que ao morrer asta recibes as loubanzas do ministro de Cultura, foi olimpicamente ignorado polo sistema literario galego, que non quere xente que vaia por libre, senón tropa casada cos intereses de editores subvencionados, críticos e críticas subvencionados tanto na universidade como cando van confererenciar ante ninguén, publicación pagadas polos de sempre, etc,etc, etc?
Por que non falades claro?
Se cadra o problema é que todo isto é unha farsa da que viven catro, que nalgúns casos ata conseguiron prazas en propiedade na universidade a conta diso, aínda que non teñan nin alumnos, e así nos vai. A literatura de verdade aquí non lle preocupa a ninguén.

Anónimo dijo...

Un escritor no ten por que vivir nas marxes. Iso é un refugallo da estética da xenialidade. Pero Ballesteros era un caso de vangardismo en sentido estricto: quería estetizar a vida. Claro que Borges era xenial, nunca se enmborrachou e levaba garabata.

Anónimo dijo...

Andar polas marxes non equivale necesariamente a ser un marxinal. As marxes están mais aló do oficial, do correcto, do común, do dito, do observado, do sentido.Un escritor ten que explorar as marxes para nomear con forza pristina o que agarda ser rescatado para unha conciencia dialóxica, dialécticamente orientada a vida e a morte, a verdade e a súa forza.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Anxo Rey Ballesteros, era un grande tipo e é un grande escritor. E será mais grande.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Bo sermón das 11:56:00 AM, Jimy de Rairo. Tes que escribir un libro de instrucións para escritores.

Anónimo dijo...

Escriboo agora mesmo:

Tomar nota de todos os libros de instruccións de escritore, e ipso facto irse para as marxes.

Jimy de Rairo

vinteuil dijo...

Concordo con Jimy.

Anónimo dijo...

Para Vinteil: Non acabo de entender esa vehemente defensa dos "enomes valores" de Ballesteros se vostede mesmo recoñece que non o leu. Non teño nada en contra de Rey Ballesteros, pero das súas palabras dedúcese ou ben que vostede é un charlatán contradictorio ou ben que os "enormes valores" do escritor falecido non son literarios senón doutro tipo.

Anónimo dijo...

Ao contrario do que vostede afirma, si lin a Rey Ballesteros. Para todas as demáis queixas, xa sabe: mándelle unha carta certificada ao Defensor del Pueblo.

apicultor dijo...

Sen entrar nin saír no que Jimy de Rairo propón como imperativo para un escritor digno de tal nome, gustariame preguntar se acudir aos saraos culturetas forma parte ou non dese "explorar as marxes".

Anónimo dijo...

De ningunha maneira. Un escritor que se precie nunca debe asistir a saraos culturetas. Debe ir a tascas e pagar sempre do seu peto, do peto do veciño ou a escote; nunca debe ser invitado pola Administración. A Administración é o corazón do Inferno.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Tamén hai tascas culturetas.

Anónimo dijo...

Por iso digo que no debe ir a "saraos culturetas". Pode ir a tascas e mesóns, pero nunca a comer os pinchos do complexo bancario-editorial-institucional.