12 nov 2008


O cabalo e a morte
andoliña 12-11-08

Poucos animais tan unidos ó ser humano, dende tempos moi antigos, como o cabalo. Dende vello simboliza o poder, a velocidade, a nobreza. No mundo cristián, tamén o valor, mentres en Oriente se asocia ó lume e ó ceo. O cabalo negro é a cotío símbolo da morte.Hai varias lendas galegas que recollen este último sentido e cítaas Vítor Vaqueiro na súa Guía da Galiza Máxica.

Se un cabalo tropeza cunha pedra, conta Mandianes, interprétase como petición de axuda dunha ánima, para que se rece por ela. En terras de Nogueira de Ramuín cita Afonso Monxardín o Camiño da Ponte, onde se aparece un cabaliño lanzal de gran brancura, que se achega a un valado para que as xentes o cabalguen, pero non o fan por medo. Unha historia semellante recolleu Risco en Congostro-Rairiz de Veiga, onde se aparece un pequeno cabalo moi fermoso diante dunha muller. Esta négase a falar con el e o cabalo retírase detrás duns amieiros, botándose a rir e desaparecendo: os campesiños pensan que se trata do demo.

Nos traballos de X.Cuba, X. Miranda e A. Reigosa son máis vizosos aínda os acenos simbólicos do animal: cabalos de mouros, cabalos acuáticos, cabalo da fiaña, cabalo do vento e un longo etcétera.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando o cabalo ten as orellas apuntando en direcciós diferentes, é que non entende o que lle decimos, din os adestradores. Si eu fora o inventor dos ideogramas chinos, escollería ese dibuxo como símbolo da interrogación.
Tamén nós, cando non entendemos algo adoptamos, na cara ou no corpo, algún xesto asimétrico.

Os cabalos de xedrez son "cuánticos".Saltan dunha casela á outra sin pasar por as intermedias. Os dous cabalos de cada bando diferéncianse no "spin" respecto do centro do tabuleiro (?). Controlan por igual as caselas que ten por diante como as de detrás, porque teñen un ángulo visual de 360 graus.

A mín, cando me regalan un cabalo, no xedrez, sempre lle miro o dente. Xa saben, posición versus material. Despóis ,marcho con él sin contemplaciós.

O soldado de caballería é disciplinado que o de infantería. Sacrifícase por a causa, porque aínda se sinte alguén. Non é o destinatario último da orden.
No s.XIX, os empresarios deberon de descubrir que os traballadores aguantaban a sua "taylorización" porque traballaban subxugando ás máquinas.


O cabalo debe de ser un símbolo fálico entre as pernas do xinete masculino. As mulleres pedíaselle que montaran de lado. Debía de ser pra que non se habituaran ó que non podía ser.
En moitas webs porno ,falan de "cabalgar", cun senso que non entendo, porque eu non entro nesas páxinas guarras.

O cabalo usóuse como animal de tiro moitísimo antes de que se aprendera a montalo. Inda hoxe decimos que un coche ten "tantos cabalos" de potencia.
O "dous cabalos"...canta potencia tería?.
Vexan este vehículo,con unha potencia de un cabalo:PREMER.

Si nunha estatua ecuestre o cabalo tén as catro patas no aire, quere decir que ten alas coma os anxos, e polo tanto que morréu (o cabalo) durante a batalla. Ou polo menos, debería ser así.

Anónimo dijo...

Máis sobre o simbolismo do cabalo:PREMER.