Sapoconchos nas uvas da solaina
Se alguén lle pode respostar, seguro que o agradece:
Boas. Buscando no jujel atopei unha referencia no seu blog os sapoconchos no Arnoia, xustamente en Xunqueira de Ambia. Estaria interesado en calquera referencia historica da zona, xa que se está a facer o plan de conservacion e calquera zona que quede fora agora será mais dificil de que poida ser incluida despois.
Saudos,Cesar-- Vocal de Conservacion AHERede de Observación Ambiental de Galicia (ROAGA)CINAMCentro de Investigación e Información Ambiental - Lourizán Estrada PO-546 Pontevedra-Marín, km. 4Apdo. de Correos 127- C.P. 36080Lourizán - Pontevedra-Spain
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
22 comentarios:
Póñase vostede en contacto conmigo. Eu son o lobo. O lobo da xente. Os meus ollos penetran na noite e ando moitas léguas por día.Cando piso as terras déixoas estar. E seghún os indios Miwak, criei o mundo, os animais e despois reunínos a todos para discutir a creación do home.
Poreino en contacto co garda que ten documentado o lameiro. Según él a universidade de vigho votou mau do asunto, pero vostede verá.
Doulle un enderezo "sacreto", poña as referencias porque como cheghan tantos descoñecidos apagho moitas mensaxes sen lelas. Senon, O dono do glog, o Dr. Marcos está autorizado a darlle o meu contacto e revelarlle a miña identidade misionera, só a vostede, por tratarse dun dato científico de indudable interese.
altervida@hotmail.com
Karallo pro blog , o que da de sí.
Medela, mira no que da andar latricando de bichuallada no blog. Nesa mesma referencia ós sapocunchos falei eu de Júlio Medela Gándara. Porque sí.
Os ambientalistas espíannos.
Os da rede Echelo (pro-bush e pro-papa) espíannos.
Todo deus nos espía, non lle quepa a menor dúvida.
Ten vostede aghora a proba.
E non ande a falar tanto dar repúblicas ex-soviéticas. Será vostede espiado por os rusos.
O corte inghlés tamén nos espía.
Rede echelon, quixen decir.
E as redes escarlatas, espían?.
Se non o fan terían que facelo, para non ser menos.
Ola Lobo!
Hai poucos días, paseando á beira do Arnoia, en Allariz, vin un sapoconcho -enorme- a tomar o sol por riba dun penedo.
Sorprendeume o tamaño do animaliño.
Busco fotografía do meu tío bisavó, Julio Medela Gándara, e tentarei enviarlla.
Saúdos!!!
De pequeno tiña eu sempre sapocochos. Do país, non chegara a moda das tendas de animais. Viñan directamente do Barbaña. Augas arriba do polígamo. Do lugar de Castroverde, alí onde hai referencias esvaídas dunha espada de bronce atopada no río, ao pé do castro.
Tiñamos o sapoconcho na casa ou na finca detrás da casa na Av. da Habana. Ás veces desaparecían. Furaban -digo eu- a terra húmida e pasaba á finca do lado, a que nos separaba do patio dos Maristas, onde vivía xente rara, creo recordar na néboa.
Pois ben. Eu, pecador, collín un día un sapocuncho e pinteille as losetas do seu caparazón de cores branco e vermello. Desde aquel día vinlle na comisura posterior do ollos, unha bágoa branca.
Como seica viven máis de cen anos, e como foi unha das que fuxiu da casa, aínda gardo a esperanza de vela de novo para pedirlle perdón. Se a ven pola Arnoia, fágano no meu nome. Graciñas
"De pequeno tiña eu sempre sapocochos." (Etxe)
Señor Etxe, oiga usté, non sei se con intención ou non, eu creo que non, pero na primeira liña da sua linda e tenra historia cómelle a n a sapoconcho e escribe sapococho ou porcosapo, que non é o mesmo. Eu destes últimos, dos sen n, só coñecín un, que chegou a andar por estes mesmos ámbitos virtuais, non moi lonxe daquí, igual que outros que agora andan por aquí. Que sería daquel pobre diábolo, de tan infausta memoria. Ao mellor foise para os fondos lamacentos do Arnoia e de cando en vez sae para un penedo a tomar o sol. Espero que se algún día o Medela ve a tan horrendo monstro (porco e sapo a un tempo) coa barriga ao sol nun penedo do Arnoia non se espante e corra a avisar a unha brigaddilla quintanista do auntamiento para que acaben con el.
Nada de avisar á brigadilla.
¿Nunca viu vostede o que lle pasa a un sapo despois de meterlle un petardo polo cu e acendelo?
¿Ou o de meterlle un pitillo pola gorxa? Inchan, inchan, inchan... ata que toupan.
Perdoen, pero é que son da última xeración bárbara que cocía no solar da Casa de Chocolate cágados vivos apañados nas gavias da vía do tren, onda o camiño caneiro, para ver como se puñan de color encarnado, tal que marisco.
¿Para que a brigadilla?
Pero como dícía o sabio Otero...
Mellor o silenzo...e deixar que a noite faga o seu traballo
De non facelo a mantenta, as veces os "lapsus linguae" convírtense en verdadeiros motores de creatividade. Manda truque, sapo-cocho, a engadir ó animalario fantástico de Cunqueiro.
Se a arte está destinada a provocar emocións, sen dúvida o relato do dr. Etxe o fai.
O sapocuncho pode vivir, pero as cores onde elas irán.
Medela, estou desconcertado coa súa "aparición", o máis normal é que sexa Virxiniano, pero teremos que comprobalo. Poderá ser moi interesante. Eiquí desde a ponte de Ervedelo vexo un, pero por o tamaño non parece dos nosos D. José Luís, si-si; como que si-si, se non é dos nosos non podemos metelo na diputación.
Lobo: Este sapochoncho é xa mítico en Allariz.
Eu pensei que facía parte da categoría das aparicións míticas, xa sabe, as mouras, a santa compaña, mais tiven a ocasión de velo actuando live, nunha paraxe xa de seu moi bucólica, sabía? entre o que é Allariz e a hípica.
Hai diferentes versións, aínda que os vellos allaricenses falan e falan na fauna que en tempos por aquí había: Enormes sapoconchos, lagartos repoludos, cobras de auga ao modo Tarzán, caranguexos, mexillóns, toda caste de peixes e aves acuáticas, zancudas. Seica dantes todo tiña xeito; agora só hai porcos bravos contra os que se estrelan os coches.
Calcule uns 35 cm. de cumprimento para a cuncha do noso sapoconcho allaricense.
Que causalidade Sr. Etxe, o sapoconcho que se lle escapou a vostede agora está en Lugo.
Témolo nunha vitrina, magnificamente diferenciado, con todas las outra cousas, ca súa coroza pintadilla de roxibranco.
!Si señor¡, o sapoconcho do Etxe, e vos do Atletí de Madrid e é adourado na miña casa.
Nunca tal cousa víramos.
Etxe non se atormente vostede por as falcatruadas que fixo. Segundo os psicólogos actuais parece que temos que pasar por fases desas para medrar "adecuadamente". Esto si que é forte, pero eu acredito nelo. Temos que medrar coa crueldade, coa mentira, e afacernos a elas. Eu fíxenme ecoloxista, quérese decir superei esa fase porque tamén a exercín. A mín fascinabanme os cemiterios de cágados. Asesinavaos en masa en baldes de auga e lexivia para despois deitalos, ordenadiños, en ringleiras como os caídos no vietnam, pero daquelas na cataluña francesa dos anos sesenta a miña referencia eran os alemáns( perdón nazis, pero nós chamabámoslle alemáns). Tiña 9 ou 10 anos.
En troques non soporto ós meus compañeiros mintirans, irritanme brutalmente, covardes que non dín as cousas. E penso que me falta este fervor porque non queimei adecuadamente a etapa da mentira, do engaño, no a exercín no seu tempo etc...
Paréceme que vostede deita fora esas salvaxadas para exorcizalas, pero perda coidado, eu non o penso xuzgar nin banir da miña tribu. E máis a confesión faino máis humano e real.
Eu aínda quedei na fase de lobo. Parece que me falta un fervor.
Eu, ós cágados nunha lle fixen nada. Pero ás moscas, arrancáballe as alas, e deixábaas marchar, camiñando, pensando que con esa operación xa as tiña convertidas en formigas.
Medela, caseque seghuro se trata dun invasor, ceibado por algún neniño tonto e maleducado. (burgués, un de pueblo "se lo comería"; cómense, despois falamos de enfermidades)
Acabo de consultar tanto as guías do malfinado Rodriguez de La Fuente como ós da S.G.H.N..
Nas guías os nosos sapocunchos non pasan de 20 cm. de diámetro. E os dous posibles "Emys orbicularis", sapocunco europeo, os do Arnoia e Barbaña, sexa os nosos; e "Emys caspica" ou galápago leproso, dos que non teño constancia pero sí están descritos na península; distínguense basicamente por as placas da cuncha do plastrón de abaixo. Ademáis, cumprimento da cuncha, aspecto, cor na cabeza.
O galápago Virxiniano, non merece o noso apelativo de sapocuncho, medra moitísimo e véselle unha franxa encarnada na cara. Esto vainos permitir identificalo a distancia con unhos xemelgos de longa-vista.
Os da sociedade galega de história natural acaban de contarme que se ven algúns nas pozancas da lagoa de Antela, e que medran moitísimo. Hai moito ceibador abusón que debería de ser multado. Ceibar un animal extraño é auténtica animalada, e penso que está penalizado.
Entre 20 cm. máximo, e 35 cm. hai moita evidencia. Irei á Ziralla a verlle a cachirula.
Esta fauna alóctona, fode moito, e traen enfermidades. Lembre os desembarcos na europa ocupada.
Medela, se for un galápago americano, "lo digo con la boca llena de castellano", como bó ecoloxista que son: Tiro "en la nuca". Se ten medo, imos co Seprona. E non serán máis imbéciles que os andaluces e o meteran nun hoghar desos de vellos, que me sublevo. Que me sublevo Medela. En Andasulía do Chaves disléxico, "les meten una bala en el dorso", carallo. Morte. Calquer outra solución é moi cara e hai moita fame no mundo.
Digho fame porque cando ó magnífico líder Felipe González, proto hombre de estado, se lle deu por ceibar unhes esquíos nos xardíns da Moncloa, costou o enxendro seis millós de pesetas, xa daquelas. Estamos a falar de hai vinte anos.
Canto conto.
Sr. Delapierre, saiba vostede que por algúns lugares de eiquí, ó bicho que vostede ten en conserva, chámanlle un bicho "beneficiado" ou tamén "disipado". En troques hai auga embalsamada na serra.
Vostede como ten o bicho?. Momificado?.
Eu as moscas facías foder a mantenta, quixeran ou non. Calcábaselle no abdome ós machos para que botaran fora o chifro e depois aplicábaselle "blandengue" as interfectas.
Todo ben.
Pero cos grilos trabuqueime durante anos, ata que descubrín que os que tiñan tres rabos en lugar de dous eran as fémias. Ese terceiro rabo que eu confundía co aparato masculino é unha pá ( opistodomo) para cavar a terra e por os ovos.
As moscas tamén lles construíamos xaulas con rollas de cortiza e alfinetes facendo de barrotes.
Canta maldade queimada para ben ( segundo as últimas teses). Non tan últimas.
O meu sapoconcho está in vitro e parécese un güevo o Kun Agüero.
Monsieur Delapierre, sexa cal for o estado do bicho (vitrificado, beneficiado, diferenciado...) pode ser interesante ver de que caste é e si soubermos onde foi collido e en que data, mellor. Polo da especie non se preocupe, cando vaia de deputado o Dacova, ou cando nos vexamos fágholle un esquema do que hai que mirar.
Un dado é un dado. Mire como apareceron naturalistas interesados dunha cita, real, pero feita á brincadeira. Eu gosto desta seriedade humorística, ou deste brincar à sèrio, sabe?.
¡Cobras de auga!
A última vez que me bañei no Arnoia, que foi alá por Ponte Grande, chimpeime na iauga de golpe, sen pensalo... e diante miña saiu unha cobra grandísma, de dez ou doce metros, ou se cadra algo menos, con pel tal que marfín de elefante fumador que ziguezagueante fuxiu a escape de min coa cabeza fóra da auga, ollos de asustada e lingua bilingüe rebordándolle da boca pecha.
Eu choutei fóra da iauga escura arnoiana, cal nadadora de rítmica e agaveei pola encosta da beira ata chegar ao coche e fuxín ao refuxo dun licor café amigo en Celanova.
Agora miro con desconfianza as augas das que non vexo o fundo.
E iso que as cobras de auga non fan nada, inda que se enrosquen pacíficas como os raxos do polbo vivo nas mans mariñeiras. Pero o medo atávico ao becho, desde a Eva e o Adán -que para ser correuto hai que pór cada vez a un primeiro ou primeira- aí anda solto.
Ponte Fechas, Ponte Barxas, Ponte Grande...
Cando era eu neno acompañaba ás veces ó meu pai, a coller troitas, á mau, inda non era ilegal, no tramo do Arnoia a carón da sua aldea natal. Metíase no río e buscaba nos buratos sumerxidos da orilla, ou por entre as pedras. Eu era, e aínda son, totalmente incapaz de meter a man, a cegas, sin ver o que podía atopar. Él sacaba moitas troitas, e, de vez en cando, algunha cobra de auga. Tirábaa de novo á auga, coa maior indiferencia, decindo "Bah!, era unha cobra".
Hósperas, Dacobra. Os de cidade non nos entenden non.
En Tioira, no mesmo río, cando querían merendar ían con unhas forquitas ás "caldeiras", en media hora tiñan dabondo para unha dúcia de persoas.
Hai que relembralo porque todo eso desapareceu. E desaparecen as abellas a mazo. Tanto que nos EEUU de américa do norte, o Bush, ese malvado insensato e insensible, intervíu no congreso. Na Francia perderon o cincuenta por cento. Eu, e máis xente non repomos as colmeas porque estamos fartos.
Esto é o preludio. Badaladas de agonía. Despoixa virán os grandes mamíferos, simios-sapiens, etc..
Non sei que me dá que o lobo sobrevivirá. Porque no dito popular o lobo come sete días vento, sete días lume e sete días carne...o xexún abre as portas dunha nova espiritualidade.
Pois.. O "sapoconcho" debe ser un invasor ianki, que anda ou nada polo Arnoia, e xa e mais famoso que Bush..
Publicar un comentario