6 nov 2008


Vixilancia e acoso
andolñiña 6-11-08

Hai debate nos medios e nos faladoiros televisivos sobre esa multiplicación de cámaras de vixilancia nas rúas que aparecen como fungos por todas partes. Invocando o deus supremo da Seguridade, xa nos obrigaron a resignarnos a ser gravados continuamente como sospeitosos delincuentes: o éxito definitivo do Gran Irmán. Que pasará pola cabeza dos vixilantes encargados de espiarnos paso a paso, que nos contemplan nas pantallas como míseras formigas desorientadas?
Oxalá puidésemos estar tranquilos nas nosas casas. Pero nin iso. Aí están os vendedores e comerciais de todo tipo, a importunarnos decotío con seguros, telefonía ou servizos bancarios. Eu xa hai tempo que decidín ser maleducado con esta nova forma de acoso á nosa intimidade e contesto cun simple "Non me interesa" que corta calquera posible diálogo. Porque tamén é mala educación que te chamen da mesma empresa varios días seguidos co pretexto de que son servizos arrendados e cada un deles chama pola súa conta. Hai uns días chamou un comercial dun banco que parecía saber máis da miña economía ca min. E dábame consellos para gastar os cartos, reformando a casa ou cambiando de coche. A min tamén me pareceu outro maleducado.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Todos temos que percurar o pan noso de cada día

Ana Bande dijo...

Esa é a coartada, que o que chama é só unha victima. Si, o sabemos, mais tamén sabemos que eles están máis vixiados ca nós. Eu veño sufrindo un acoso dende hai xa unha chea de tempo de ING que me chama ¡¡¡ao meu móbil!!!, de Caixa Galicia, etc. etc. máis hai catro ou cinco semanas que me chaman, din eles, do MInisterio do INterior, dun Departamento de Inmigración, que queren saber os meus datos, que si xa me mandaron unha carta...non serve de nada nin a educación nin a completa enaxenación mental que simulei na derradeira chamada, vou ter que facer coma con aqueles de internet, cando chamaban eu facía de vendedora de telepizza e ás súas preguntas respondía...si...si...¿masa normal ou chicago?....xa...xa...e as aceitunas van ser negras ou verdes?...en fin, unha tortura no solpor do capitalismo cutre.

Anónimo dijo...

Eu, desde hai tempo, non contesto chamadas cuxo número non poida identificar.
As cámaras de tráfico están ben porque quero conducir seguro. En canto ás outras, pois dependerá. Se se está vendendo droga á porta dun colexio, pois haberá que poñelas, digo eu.

Anónimo dijo...

Por qué ten tan poucos comentarios este post?. Quizáis porque intuimos que con cada comentario perdemos algo da nosa intimidade?.

O "círculo íntimo" non é un único círculo. É unha familia de eles. Empezan sendo concétricos .No medio de todo, nós mesmos,e os nosos pensamentos íntimos. Logo, o círculo da familia e amigos próximos. Logo, o dos profesionáis como médicos, abogados,psicólogos. Éstes últimos, xa non son concéntricos,senon "secantes". Igual era ao que se refería o escritor ao falar dos "círculos do inferno". O que máis viola a nosa intimidade é a abordaxe ó máis interno,inaccesible incluso pra nós mesmos, o do autoinconfesable. Número e tamaño son variables dunha persoa a outra. Os esquizofrénicos teñen dous "núcleos de intimidade", algo así coma un ovo de duas iemas.

No pasado, as poblaciós eran pequenas e todo o mundo sabía todo de todo o mundo. A única intimidade era a do propio corpo, e nunca se mostraban desnudos. Nos chamámoslles puritanos ou beatos. Pero era posiblemente o único reducto de identidade persoal, tan semellantes eran as suas vidas en todo o demáis.

Os xoves actuáis dan un paso máis, e non teñen reparos en colgar na rede imáxenes de sí mesmos, de contido sexual ou escatolóxico. Á veces pregúntome que pasará dentro de unhos anos, cando queiran borrar da memoria aspectos do pasado dos que se arrepintan, pra "volver a empezar", e eses contidos sigan aí, na interrede ,eternamente.

Hai dous tipos de intimidade: a intimidade do que se sabe, e a do que se pode decir. Ás veces a xente confunde o dereito á intimidade có direito a ter conta da lengua dos outros.

Cada novo direito do Goberno a entrometerse na intimidade das persoas, debe ir acompañada dun correspondente novo dereito das persoas a entrometerse na intimidade do Goberno. É unha natural lei de "acción e reacción", e parece xusta.

Anónimo dijo...

É curioso o fenómeno do "Facebook". A xente colga as fotos dos seus amigos, e eses amigos as dos seus, de tal xeito que te podes atopar a dous ou tres pasos de "coñecer"... a Angelina Jolie (!).

Nesta época do anonimato Facebook é un xeito de darse a coñecer impudicamente, exhibindo fotos nas que un está nunha festa, desmadrado, borracho, etc.

Internet prométenos aquilo que anunciara McLuhan: pasar de ser espectador a formar parte do espectáculo. Colgamos as nosas fotos no flikr. Abrimos un blog. Poñemos o careto e o dos nosos amigos no Facebook. Xa somos alguén. Non estamos sos. Formamos parte do mundo.

O gran Irmau xa existe. Cada vez que facemos unha compra (con tarxeta, nunha tenda ou en Internet), alguén está a procesar os nosos datos. Saben quen somos, onde vivimos, os nosos patróns de consumo, cantos cartos temos, etc. Buscamos no google información sobre esa moza ou ese mozo que nos deixaron (a nai que o pariu!), ou ese ligue que acabamos de facer. Google é o noso novo oráculo, o seguro arrimo do cura no que xa non nos apoiamos.

Pero coidado: Internet está tamén, dalgún xeito, a revelar os nosos datos. Google é tamén a grande comadre do dìxome-díxome. O novo ruxe-ruxe das multas que non pagamos, dos xuízos por faltas aos que asistimos, do borrón no expediente vital. Fracasos, teimas, opinións, algún éxito, alí reflexados. Cunha diferencia daquel ruxe-ruxe das veciñas do inmoble: neste caso non podemos borrar esas palabras traidoras que nos acusan.

Anónimo dijo...

A revista "Investigación y Ciencia" de este mes saca un número monográfico sobre privacidade, e fala de todas esas cousas.
Curiosa a páxina "do´nt date him, girl" (rapaza, non saias con él), onde unhas mozas advirten ás outras dos comportamentos pouco cabaleirosos dos seus "ex", con todo luxo de detalles.

Anónimo dijo...

A "verdade" imposta por unha autoridade (a igrexa, os que saben, etc) está sendo substituída pola opinión da maioría. Hoxe entramos en Internet nunha páxina de hoteis e vemos as avaliacións dos viaxiros que neles estiveron. Alí xúlgase todo, desde a limpeza das sabas até a ración de papel hixiénico no cuarto de baño. Dá igual que aquelas semana a dona estivera enferma e non puidera supervisar o estado dos cuartos: este hotel é unha puta merda e eu doulle un 2/10. Se varios viaxeiros avaliadores coincidiron en estar no hotel esa semana, a nosa conclusión é clara: non irmos a ese hotel.

As noticias colgadas na rede avalíanse. Mesmo se avalían as opinións dos que avalían as noticias. Chegou, por fin, a democracia! Ou?