6 nov 2008


Feirantes, de Bieito Iglesias, ECG. 06.11.2008
(debuxo de Laxeiro)

O sábado pasado chegámonos a Monterroso para participar na máis espectacular exposición de bodegóns ou naturezas mortas que se pode visitar neste país. A feira de Santos non nos decepcionou, despregando diante dos nosos ollos remelados queixos, tarros de mel de cores diversas, noces e castañas, cebolas, repolos que se comían cos ollos e carne entrefrebada de porco promisoria dun cocido glorioso. Polo mercado andaba Núñez Feijóo, con cara de ferreiro (aburrida e emburricada) e rodeado por unha comitiva oficial. Seica antes de nós chegarmos xa pasara polo recinto o presidente Touriño, quen se retratou cortando queixo e aproveitou para tizarlle ás diferenzas que mentén coa oposición. Mágoa que o presidente non comese o polbo baixo o toldo no que eu engulín os rabiños de cefalópodo coa rega do preceptivo tinto con gasosa. A dona do establecemento separou o banco para que eu me sentase preguntando "Arrédollo un pouco?" Se Touriño frecuentase estas comerotas populares, aprendería máis galego do que lle ensina o seu profesor particular, unha toupa en pedagoxía idiomática a xulgar polo castrapo do discípulo. Faría ben tamén (o propio vale para Núñez Feijóo) en absterse de declaracións políticas cando toca mercar unha restra de allos e un pouco unto, por algo os paisanos definen aos demagogos como barullantes que "falan prá feira". Nas feiras cómpre relear, palicar coa Galiza profunda e mougar vitela ou polbo. E hai que ir sociños ou en familia, deixando esas comitivas de tabáns que revoan arredor dos próceres. Do contrario corres o risco de que algún vellote arredista che negue a aperta de mans, como lle sucedeu un día a Sarkozy, e entón quedas cortado ou chámaslle parvo (pudo permitirse o insulto o faltón do Elíseo, pero tales fazañas están fóra do alcance dos líderes autonómicos).
Botar discursiños nunha feira é cousa de gilipollas, se me permiten usar un vocábulo da lingua que tanto Touriño como Feijoo badúan na intimidade.

16 comentarios:

RIODERRADEIRO dijo...

AS FEIRAS.
_______________

Sonche ese tipo de viñetas de animación que traen causa diacrónica dun certo modo de contemplar e de vivir a vida .

Polas feiras circula o noso mundo real e mailo imaxinario colectivo. E, como é natural, non poderían faltar os feirantes... Botaríamolos moito de menos.

Feijóo naceu en Ourense, creo.

Anónimo dijo...

Que manía teñen de ir "fardar" de coches oficiáis onde a xente está a disfrutar da festa. Eu, que tamén estaba alí, como xa contéi, vin como un matrimonio de edade daba volta por onde viña ao ver acercarse a comitiva do Touriño, mentras murmuraban "Boeno carallo boeno". Queren ser o "perexel" de todas as salsas.


Como dí o Bieito, se eu vexo ao Touriño , disfrutando coa familia dun día festivo como un cidadán máis, paréceme estupendo. Pero si vai rodeado de conselleiros que non paran de falar por o móbel, e que parecen querer estar en calquer outro sitio menos alí (impresión que me deu o Pachi), paréceme patético. Polo que se viu na prensa, parece como se a festa non tuvera existido si o Touriño non tuvera ido...jajajaja.

Fai un par de anos, fun a Ponteareas, durante a noite na que os seus habitantes pasan a noite a facer as famosas alfombras floráis. Alí estaba o Feijóo, tamén tratando de que o viran. Rodeado dos concelleiros do seu partido, e de representantes dos medios. A xente pasaba deles como da "caca", preferían disfrutar en familia ,vendo o proceso do alfombrado das ruas. Nalgún momento, paróuse a saludar a alguén, e os fotógrafos fixeron a foto. O artigo de prensa, con esa foto, transmitía a sensazón de que o fulano fora o centro da festa. Miren que "medios" de comunicación. Quero decir que os outros fan o mesmo, e sempre pensando nos medios, non na xente.

Anónimo dijo...

Serían capaces de pedir viño rioja, mantel de tela, copa de pé alto... na feira.
Prás feiras, con perdón, o mellor é o Baltar.
Hai anos vin varias veces a Portomeñe en acción. Mentres outros xogaban a defender intereses do pobo tocando o piano ou o caneco, este era auténtico. Pra ben e pra mal.
Velaí algo do que lle cómpre á esquerda. Autenticidade e conexión. Pero é que esa galicia está sendo substituída pola do hotmail.com e o messanger. etc.

Anónimo dijo...

Se hai que ser coma Baltar ou coma Portomeñe, conmigo que non conten. Non entendín, nin entendo nin entenderei nunca a devoción por esa forma de comprender a política. Unha rémora para Galicia.

Anónimo dijo...

Tampouco entendo que haxa que beber o peor viño da zona (que por suposto hai que mellorar con gaseosa), mantel de papel ou a madeira viva habendo manteis de tela, ou en taza simplemente lavada con auga habendo copas. Un afaise a todo, pero que a xente queira comer e beber o mellor e na mellor das condicións non creo que sexa un delicto.
No fondo esa especie de conservación non é máis ca un síntoma dun inmovilismo terrible.

Anónimo dijo...

si señor, hai que ser do pueblo, ghallego de verdá e non un señorito. hay que ir a feiras a mercar un cocho e unha vaca e ás romarías a comer pulpo e viño acedo con ghasosa e o estómago que se foda, home non. hay que andar en carro de vaquiñas que é o auténtico enxebre, popular de verdá, o auténtico só se encontra nas aldeas, pisar bosta é algo ecolóxico, cheirar o estrume das ghaliñas é millor que esnifar eses polvos raros, e comer moita carne de porco, lacón, chourizos, filloas, a matanza é o millor que hai, se non fas matanza non es bo gallego, enxebre, auténtico, de verdá, quen non levou nunca as vacas ó monte non sabe o que a ecoloxía, e xa non quedan fiadeiros pero tiñan que ser a hostia, e claro as casas non deben ter calafación de ghasoil, senón chega con quentarse coa cociña de leña, coma se fixo sempre, e se non chega bótate unha manta por riba, hostia, que estás feito un señorito de ciudá, o millor que hai é o que é de pueblo, enxebre, verdadeiro, hai que falar o ghallego do pueblo non ese inventado por señoritos que non se entende, ir lavar as tripas ó río cando hai matanza é unha experiencia única, andar á xiada co sacho está de puta madre porque curte e faite home e non un mixiricas, e nada de ducharse tódolos días, que iso é unha mariconada dos de ciudá, chegha cunha vez cada quince días, ou que hostia, e logo cómo é que faciamos antes, non se nos caían os anillos, que agora sodes unhos señoritos que soio queren comodidá, e daquela quen lle vai dar de comer ás pitas e ós coellos e ós cochos, e nada de pienso, hai que darlle levadura e os restos de comida nun caldeiro que está cheirando todo o día na cociña ata que se enche e se leva ós cochos, hai que ser enxebres, ghallegos de verdá, así que todo diós às feiras e comer pulpo en platos de madeira mal lavados que así sabe millor, Baltar si que sabe, é dos nosos, por eso vai ós enterros a dar o pésame, el si que é un ghallego de verdá que vai ás feiras e ás romerías, hostia, non sexades señoritingos, e Portomeñe tamén, fala un ghallego tan bonito, non como o dos señoritos eses de ciudá, viva Baltar auténtica esencia do país, home do pueblo para o pueblo e co pueblo. uy que coña.

Anónimo dijo...

Eu hai varias cousas que non entendo:

* que teñamos que comer o pulpo en "pratos" de madeira, fregados simplemente con un pouco de auga e xabrón lagarto (isto último se hai sorte)

* que teñamos que beber o viño (do país ou estranxeiro que lle gusta a Arume) en vasos de tubo (apoia o blog http://nonaosvasosdetubo.com)

* que o compango do compango sexa, moitas veces, patacas fritidas e non verduriñas frescas.

* que nas festas gastronómicas, cando estamos esperando a que nos enchan a cunca de caldo de ósos, sempre haxa un par de vellas que se nos queiran colar, e que haxa que perdonárllelo porque son a "tercera edá"

* que os palillos o 99% das veces non sexan dos hixiénicos.

* o p*** serrín ciscado polo chao e oo p*** cheirume a fritanga e tabaco que levas na roupa despois de comer

* o costume, bárbaro a todas luces, do regateo nas feiras. Xa está ben, home! Sexamos europeos. Non somos un apéndice de África para andarlle baixando o prezo as cousas.

* esa p*** manía que teñen en moitos pueblos de poñer os tenderetes da feira no medio da estrada.

Anónimo dijo...

Alégrome de ler este artigo. Fai uns días vin no youtube a visita á feira do sr. Feijoo rodeado da súa camarilla, e sentinme indignada, cando se achegou a un dos postos e ante o descoñecemento da tendeira da identidade do "persoeiro", un dos capitostes locais que o acompañaba lle replicou,..."¿non coñeces a don Alberto Núñez?,pois votar votáchelo.
Sobran as palabras.

Anónimo dijo...

Pois si anónima sobran as palabras.
Que cree que lle pasaba a Touriño cando estaba na oposición que non-o coñecía ni Cristo da Porta Nova e ía a tódalas festas rodeado dos seus alcaldes e secretarios.
Touriño nos Santos de Monterroso non saiu do coche oficial e foi onde lle dixo o Gato Soengas mailo Ricardo Varela.
Sobran as palabras

Anónimo dijo...

Anónima: Solidarízome totalmente contigo.
Que 'chulería' tan falanxista!

Anónimo dijo...

Nobles contertulios. Eu quero engadir ós vosos comentarios:

-Os manteis de papel de momento son máis ecolóxicos que os de tela. É máis caro desde o punto de vista ambiental lavar a tela que tirar o papel. Estamos a falar de unha feira multitudinaria, sempre se pode usar tela noutros contextos.

-Eu a Baltar tamén o vin nos Milagres de monte-Medo. Romería que atrae a milleiros de persoas, rezando, sosinho, sereno, atrás de todo que é por onde entra a xente.

Tamén lle descubrín as naves, porque, ubicadas en fronte dunha estupenda finca moi ben cerradiña que ten, lle acaban de instalar no teito un horto solar. Aproveitan todo. Incluso as subvencións para producir enerxía solar en eidos específicos. Baltar representa unha cultura fondísima entre nós. Probablemente "Castrexa". Xa daquela andar de cociña en cociña repartindo a carne da caza debía reportar moita popularidade e liderazgo.

-É posible que o regateo reporte fondos benficios psicolóxicos. Xa os sociólogos americáns decidiran recuperar os mercados ó ar libre para fomentar unha comunicación necesaria, e minorizar as neuroses da soedade. Non me parece terceirmundista, é unha opción. E si somos terceirmundista ó millor vai e económicamente salvámonos. Veremos quenes serán os representantes da humanidade no futuro, non descartedes que sexan quenes hoxe máis sufren todo-los impactos da economía depredadora e das enfermidades novas. África. Os terceirmundistas. Nada é seghuro.

-Eu estou farto do lixo que deixan os xitanos despois dunha feira. En Ourense como en Cangas. Centos de bolsas de plástico a voar ó mar ou no río Barbaña. Non costa nada mandar a policía local ó comenzo da feira e ó rematar, e controlar que metan sinxelamente todos os envoltórios nunha caixa de cartón, tamén tirada, ou nun saco de plástico. Paghan imposto por por o chiringuito, de modo que poden ser sancionados e requeridos. Ou non interesa?.

-Os negriños do Senegal, amighos do Dacova, son boa xente, pero vín máis dunha vez un estro de pilas botón no chau dos seus postos. É impresionante. Por un lado estamos a concienciar, e por outro descubrimos novas capas da poboación que acaban de cheghar ó consumo e non se enteran de nada.
Esta xente é educable e educada, pertenecen a unha comunidade mística musulmana, teñen fonda moralidade, eu vou falar con algún dos seus líderes e seghuro que cambian e axudan. Pero hai que detectar os problemas e tentar aportar solucións.Eu son un pouco optimista pero temos todos que por da nosa parte. Hai tempo que penso en escribirlle ó concello comentando esto.

-Descubrín que moita xestión non se fai comunicando por as vías regulamentares. Na prensa ten un efecto fulminante. Jódelles moito ós políticos. O que non sale na prensa non existe. Desaiunan toda-las mañás co que lle preparan os do gabinete. E son menos conocidos do que pensan, agás os líderes autonómicos. Non son ninguén. Pero como dí un "espiritual" amigho meu: manter o ego é moi caro.

Marcos Valcárcel López dijo...

moi boa esa derradeira frase, lobo:
manter o ego é moi caro.

Anónimo dijo...

O sinal claro desa relación tan "especial" entre a prensa e os políticos (locais) son esas chamadas ás redacións dos xornais cando o que sae neles non lle gusta. Tamén as grandes empresas fan chamadiñas, ameazando con non volver poñerlles publicidade no xornal.
Neste contexto, é posible facer xornalismo de investigación?

E outra cousa que me chama moito atención: que hai detrás dese interese que ten a prensa porque o AVE chegue a Galicia canto antes? Quen se vai beneficiar desa obra (e xa non falo só das obras públicas)? Os cidadáns do común?

Anónimo dijo...

Por outro lado, e agora que falan de deputacións, non lles gustaría ver a Baltar pai (e aos que veñan detrás) mandados a Siberia? Isto é o que propón un ex-home de Paco, o ínclito Méndez Romeu, que recordou onte que as deputacións provinciais están na fin da súa existencia como tales entidades administrativas.
Agora la questione é: que imos facer cos agraciados?

Anónimo dijo...

Para isto están as deputacións:

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=4873&corte=2008-11-09&hora=15:04:18&canle=tvg1

Segundo Premio "Ourense-Mundo Enteiro" (aí es ná). Vexan como lle dá ao trombón o seu presidente!

Anónimo dijo...

Amighos todos!. Estou a piques de pasarme ós anti-ave.

Vístedes cqc, o último?. Se o Ave vai supor a supresión das vías férreas de cercanías é un atropello e un elitismo. Absolutamente nas antípodas da solidaridade e dunha política de esquerdas que atende ó ben social e non tanto a rentabilidade.

A Touriño pillárono sin confesar e empeza a asomarlle a soberbia que agocha e o há de sepultar algún día .

Teño por ehí un artigo divulgado na rede moi interesante. Califica ó Ave como un proxecte para elites que viaxan moito e ghastan moito tempo en viaxar. Politicús e empresarios.

Ademáis parece que se lles vai "a xestión", en lograr que entre no 2012.

Aghora xa estou temendo. Lembrades ourensáns como nos venden a nova entrada do Ave liberando a vía antiga?. Miles de metros para suelo público, para vivendas, para xardíns. Si?. Se esto fora así só quedaría a opción do Ave para viaxar en tren.

É certo que esta vía nosa non é moi utilizada. Pero a línea de pontevedra a coruña sirve a milleiros de persoas.

Explicáronos acaso que o Ave inutiliza a outa vía?. Se isto é así, é intolerable. Ademáis o Ave é carísimo. A xente ten dereito a escoller. Ten dereito a ter alternativas baratas.

Touriño parecía falar na alternativa "autobus".


Seguide atentos, parece unha "caghada de grosso calibre".