CONSPIRACIÓN
PAN POR PAN mércores 17 decembro.
Cando o cine era algo máis que un laboratorio de efectos especiais, as pantallas contaban grandes historias: tamén as hai hoxe, pero menos. Por exemplo, un home que chega a un lugar ignoto, onde é recibido coa hostilidade de todo o pobo. Todos queren saber a razón da chegada do descoñecido, porque todos teñen algo que ocultar. Así comeza unha obra mestra de John Sturges, “Conspiración de silencio”, que vin no Xesteira hai varias décadas.
Revisada estes días en DVD, comprobo abraiado que segue funcionando como un vello reloxo herdado dos avós. Un excelente guión, un protagonista soberbio (Spencer Tracy, facendo de manco), un abano de espléndidos secundarios e un duro alegato contra o racismo que ten moito que ver tamén coa Caza de Bruxas de McCarthy. Película rabiosamente actual, aínda que hoxe a vítima non sería xaponesa, quizais iraquí ou afgana.
5 comentarios:
Unha desas películas que lembro de neno e asociado a miña nai. Ela gustaba moito do cine e de determinados actores, entre eles Spencer Tracy. Consecuente con tal gusto (segundo aparece en Entre hortas e portas), levábanos ben veces os xoves pola tarde, e posiblemente isto era o que proxectaban aquela tarde. Sempre lembro, cando a repoñen, como o toco se defendeu do túzaro aquel (que a pouco non afoga) e mais dos cócteles Molotov aló ao final; un minusválido non era nin é un inútil, nome adoitado daquela para eivados graves.
A película ten o seu sitiño na grande historia do cinema: hai secuela e alusións varias; estas dúas, posiblemente, de serie B como moito.
Broma fácil para profes fartos de corrixir exames a estas alturas do curso:
Eu da película que non me dou librado é da que leva por título e subtítulo (non me lembro en que orde): EXAMES DE NUNCA ACABAR/PESADELO DE PAPEL. Lémbraste dela, González? Ti creo que tiñas un papel destacado.
Eu o que nunca entendín é por qué o aprobado nos exames era o cinco, e non o catro ou o seis. Por mais voltas que lle din, inda non o entendo hoxe.
A mín, a maioría dos efectos especiáis do cinema , abúrrenme soberanamente. Cando vexo a xente adulta "flipar" con algús de eles, penso "istes non xogaron de pequenos", tal é o grado de infantilismo que me inspiran.
Iso pásalle porque non é vostede profe da ESO, porque se o fora vería como a nota para aprobar flexibilizouse moito e mesmo se pode aprobar cun exame en branco, ou case. Non sei, ao mellor o Profesor Goanzález é dos que aínda se aferran ao 4,9 como mínimo para aprobar.
Deron onte a película pola TV, e Goanzález (alias 4'9) viuna. O caso é que a lembraba en branco e negro.
Publicar un comentario