PAN POR PAN, La Región, 24-12-08, Marcos Valcárcel
A historia do BNG. Onte deuse a coñecer o nome do gañador do oitavo premio de ensaio Ramón Piñeiro, que nesta ocasión correspondeu ó historiador ourensán Xosé Ramón Quintana polo traballo titulado ‘Un longo e tortuoso camiño: adaptación, crise e cambio no Bloque Nacionalista Galego (1982-2008)’. Como é un amigo de vello, puiden coñecer a xénese deste ensaio e mesmo ler algúns dos seus apartados, afrontados sempre co rigor e seriedade que o seu autor aplica no traballo intelectual. Estamos ante a esculca máis fonda e interpretativa da longa historia do BNG nos últimos 27 anos, como compro barán os lectores cando se publique. O historiador tivo ademais a oportunidade de contar con fontes inéditas da propia vida interna da dirección do BNG: supoño que non a todos vai gustar por igual esta achega, pero é xa referencia ineludible na historia do nacionalismo na etapa democrática.
12 comentarios:
Se o ensaio ten rigor e fondura interpretativa,como cabe agardar, aínda que esté nas antipodas valorativas, ha resultar dialóxicamente enriquecedor.
Que celebren vostedes todos felices as súas festas, as miñas caen por setembro e no mes de Abril.
Señor Varcárcel, dende cando os ensaístas se convirten en estrelas de cine.
Vaise facer unha película do longo e tortuoso camiño?
Propoño as seguintes actrices:
Lola Gaos(sucedaneo acual) no papel de "a Raulito"
Irene Gutiérrez Caba como Encarna Otero.
Rafaela Aparicio(sucedaneo actual) como Carme García Negro.
Nicole Kidman como "Chelo", militante de base de Ourense.
Actores.
George Clooney como López Suevos
Eusebio Poncela como Paco Rodriguez
Robert Redford como Xosé M. Beiras
Jeremy Irons como Anselmo López Carreira(David).
Brad Pitt como "O rubio"
Hugh Grant como Alfredo Suarez Canal
Fernando Tejero como "O grilo"
Jim carrey como Norberto Tabarés
Pierce Brosnan como militante de base Ouresán
Cavilo que neste foro Liz Hurley tería aceptación, quizabes coma Ánxela Bugallo.
Nesta afotiño XRQuintana anda ben máis ghuapiño ca no corredor de Curros.
Aquí xa cambiara de ghafas, aquela máis oscuras ou que cambiaban coa intensidade da luz. Estas resaltanlle a cor intensa dos seus ollos verdes, ghacios...
O seu envoltorio, discreto e elegante, camisa branca, traxe entre grisáceo e negro, sen chalina, (non me gusta tanto coa gabardina beige) no exterior coma no interior, pensamento equilibrado...
A súa mirada é tan intensa, e clara coma de Marcos, non sei os fotógrafos onde miran,ou que fan para incidir nelas.
Extraordinaria unhos primeiros planos dos ollos de Marcos que se publicaron, neste blog, a visión xenérica da intelixencia en ambos casos.
Se chegase a ler esta entrada, aconséllolle que para a lapela do libro lle saquen só unha foto da intensidade da súa mirada.
A intelixencia da súa mirada irá no contido do libro.
Un histórico militante do BNG contóume que non lle gustara que, entre todos os detalles biográficos apuntados nos discursos da cea do 29-N, ningún de eles fixo referencia ao paso do Marcos Valcárcel por ese partido.
(O militante en cuestión non é solaineiro, ou non me consta).
Sospeito que o libro de Quintana remedia esa "carencia".
Estimado Sr. Da Coba:
No discurso tampouco dixeron que vostede e eu nunca estiveramos en semellante organización.
Foille todo cousa do Apicultor
Home, eu creo que a homenaxe a Marcos foi, en xeral, unha homenaxe cívica, e, en particular, do mundo da cultura. O que se celebraba era o Marcos amigo e o Marcos home da cultura, non outra cousa. E os organizadores plantexánronno como un acto integrador, non partidario.
Daquela, estaba fóra de lugar facer unha mención pormenorizada da presenza de Marcos dentro do nacionalismo organizado, cousa que por outra banda todo o mundo coñece e que el non nega nin renega. A presenza nos actos de numerosos membros do BNG (de Beiras ou Nogueira a Suárez Canal, entre moitos outros) testemuñaba esa vinculación pasada. Porque Marcos hai xa máis de tres anos que se deu de baixa no BNG.
Ou sexa, que non procede para nada a queixa dese histórico militante amigo de XDC.
Totalmente de acordo coa intervención anterior. Ademais, no seu propio discurso Marcos fixo mención, breve e xenérica pero contundente, á súa militancia no galeguismo e no nacionalismo de esquerda, evitando entrar nun relatorio de organizacións etc. que non era o intre de enumerar. No acto había unha presenza clara, polo demais, de persoas ligadas ao BNG, aínda que si chamaron a atención, polo menos a min chamáronma, certas ausencias -nomeadamente, a do seu líder actual, que compartiu candidatura co propio Marcos, se a memoria non me falla, nas listas ao Congreso dos Deputados de marzo do 2000-, nin sequera xustificadas ou solventadas cunha adhesión elegante.
Por certo: Que actoraso podería facer de Bautista Álvarez? (
Quintana, voulle tomar uns viños en La Bombilla na Coruña á súa saúde. E á de todos/a os/as contertulios/as e amigos/as destas uvas.
E, xaora, ao noso grandísimo anfitrión, don Marcos Valcárcel, Señor de Auria.
Unha aperta enorme,
Desde un punto de vista institucional, si houbo unha adhesión da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. O que pasou, segundo me contaron, foi que o texto chegou ao Liceo cando se estaba a desenvolver a presentación do libro de Marcos, e o representante do Liceo non se atreveu a entregalo e logo esqueceuse. Por iso non se puido facer mención á mesma durante a cea.
Si mandou adhesión con antelación o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, que foi citada entre os adherentes.
Pero, como ben subliña Isildur, moitos botamos en falta cando menos unha adhesión escrita do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, que non houbo. Non só sería un detalle de elegancia política e institucional, que non houbo por ningures, senón era o mínimo que podía facer con quen compartiu man a man a campaña electoral no ano 2000.
Pero, en fin, pelillos a la mar. Ninguén poderá acusar de falta de elegancia a Marcos e aos organizadores, xa que non mencionaron publicamente este asunto. Sae agora a conto, e as cousas non hai por que negalas cando saen.
Arume, espero velo mañán en Riazor, escoitando " Que din os rumorosos".
Non sei que me dá que nos van foder os iraníes.
Prometo crónica deportiva para As Uvas, se quixer o patrón.
Publicar un comentario