26 dic. 2008




Tres liderados.
Marcos Valcárcel.

Galicia Hoxe 26-12-2008.


Seica nas próximas eleccións autonómicas, fixadas xa para o 1 de marzo, terá menor relevancia o papel de apoio dos líderes estatais. Dato que parece positivo, pois permitirá centrar na realidade galega as marxes do debate e referendar ou non o liderado dos partidos maioritarios. Son unhas eleccións decisivas para avaliar a estratexia de Núñez Feijóo no PPG. A nivel de Estado, o PP segue dividido e Rajoy comete erros de imaxe moi graves, como non asistir ó pleno de votación dos presupostos para ir xantar con Mayor Oreja. Será mellor que nesta ocasión Feijóo conte coas súas propias forzas.
Pérez Touriño aspira a revalidar o seu liderado como presidente da Xunta, semella que indiscutido dentro do seu partido. O apoio de Zapatero (ou de Felipe González antes) sempre foi decisivo para os socialistas galegos. Pero o novo panorama da crise económica cambia as cousas: é moi probable que moitos electores poidan facer responsable a Zapatero da situación e iso non lle axudaría a Touriño.
Anxo Quintana non ten reforzos españois, só o seu discurso pragmático e intuitivo. E creo que agora non lle é moi útil rodearse dos nacionalistas vascos nin tampouco dos cataláns. O debate debe centrarse en Galicia.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O Estebiño quere vivir nun país onde todos non entendamos nunha lingua común a súa

Selina dijo...

O que cómpre é que se decaten de sen unha política demográfica que de alternativas ó envellecemento da poboación e ó escaso número de nacementos, Galicia hase converter nun coto de caza e as silvas van chegar ata a rúa do Paseo

Anónimo dijo...

No blog de Calidonia, presentan o mellor e o peor do 2008 na internet galega.
O mellor blogueiro: Marcos Valcárcel.
Felicidades e moitos ánimos.

http://calidonia.blogaliza.org/2008/12/29/o-mellor-e-o-peor-de-2008/

MS

Anónimo dijo...

I thank for the help in this question, now I will know.