10 dic 2008


Separatismo práctico,
de Luís González Tosar (ECG. 7-12-08)

Nos primeiros oitenta coincidín con Carlos R. Reigosa nunha librería de Compostela. Andaba o cosmopolita da Lagoa da Pastoriza, á procura de Julio Camba. Remexemos os restos da Colección Austral e só apareceu La ciudad automática. Mercouno. De Camba ninguén falaba, todos sabiamos que fora medio franquista. Eu lera, en Bos Aires, Las aventuras de una peseta, quedoume bo padal. O mozo Camba emigrara a Baires e alí simpatizou co anarquismo -"la anarquía nos había encantado a todos, porque la anarquía era para nosotros, más que una concepción filosófica, un entretenimiento sentimental"-.
Foi un gran escritor, humorista e cronista excepcional, retenqueiro e nugallán. Viaxou moito e rematou os seus días como hóspede da habitación 383 do Hotel Palace de Madrid. El sabía, como Chesterton, que o fantástico está na realidade; a partir dela construíu divertidas carantoñas, indicándonos, lenemente, que nin sequera nas ideas hai sentido común.
La rana viajera inclúe un capítulo dedicado a Galicia, En la tierra de los políticos. Nel vai pasando revista de aspectos que conforman o noso carácer, a identidade: a paisaxe, o hábitat, o idioma, a etnia, o Camiño de Santiago, o minifundio... Faino con frescura crítica, sen finchada transcendencia nin acedume, botando por diante o orgullo de ser galego e inquiere: houbo algo aproveitable na nosa diáspora? Informa que por cada dúas revistas madrileñas que daquela, anos vinte, trinta..., chegaban a Vigo ou á Coruña, os quioscos ofrecían unha ducia de publicacións cubanas e arxentinas; ilustradas a toda cor, abertas ao vangardismo literario, postas ao día no deseño... Conclúe: " A mí el separatismo político ni me asusta ni me preocupa; pero este separatismo práctico de los gallegos me parece algo muy serio".

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Este foi outro dos artigos que lín con interés o outro día, no Derbi compostelán,como vos contéi. Porque esa cuestión, con outras palabras, xas ma comentaran a móin fai anos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Digna de comentar esta noticia. Unha proposta interesante (aínda que veña da Uvigo, he, he) que non debemos deixar de comentar. Creo. Outra cousa é que esteamos de acordo, pero comentar e atender desde logo.

"Si queremos ser visibles en España y en Europa tenemos que apostar por una organización territorial de anillos urbanos y ciudades conectadas". Albino Prada, catedrático de la Universidad de Vigo y uno de los autores del estudio Chaves da economía pública galega editado por Galaxia, propone una reducción sustancial del ámbito municipal para que los ayuntamientos puedan cumplir adecuadamente con los servicios que requieren los ciudadanos. Su tesis expone dos vías para conseguirlo: eliminando, a través de fusiones, 35 ayuntamientos en las cuatro provincias y estimulando la creación de siete áreas metropolitanas o urbanas en Vigo-Pontevedra, Ourense, Santiago, A Coruña-Ferrol, Lugo, Lemos y Arousa. La legislación actual posibilitaría esta nueva distribución territorial, ya que las comarcas, según el artículo 40 del vigente Estatuto de Autonomía, pueden utilizarse para suprimir "los municipios que las integren". La legislación, papel mojado en la práctica, necesita de un "impulso a través de la voluntad política" que, según Prada, "terminaría con el minifundismo territorial".


Numerosos antecedentes en países desarrollados avalan su estudio. "En Toronto realizaron un proceso de transformación administrativa ejemplar", cita el trabajo. Aunque el caso más cercano es el danés, que el año pasado fusionó 271 administraciones locales para convertirlas en sólo cien. Y eso que el tamaño medio de los ayuntamientos en ese país era de casi 20.000 habitantes antes del proceso frente a los 8.790 que tienen, de media, los consistorios de la Comunidad Autónoma.

En España, el catedrático hace la comparación con Madrid, "ciudad y región global": entre 1948 y 1954 anexionó 13 ayuntamientos vecinos convirtiéndolos en distritos. "Ahora tiene unos seis millones de habitantes y se las arregla para atenderlos sin diputaciones. Esa comunidad autónoma coincide con el ámbito de su área metropolitana. En Galicia, con la mitad de la población tenemos cuatro provincias, cuatro diputaciones y 312 ayuntamientos". Tanto si se considera la primera opción, a través de la fusión de ayuntamientos, como la segunda, con áreas de expansión de las grandes ciudades "por mancha de aceite", los expertos creen que la Xunta de Galicia puede "tomar la iniciativa".

Hasta ahí, la teoría. En la práctica, Prada es bastante pesimista. Considera que su planteamiento choca con el interés de las ciudades de "hacerse visibles por su cuenta". Y lo avisa en su introducción, cuando menciona que "los problemas mayores que hay que afrontar son las medias tintas, el posibilismo, la chapuza, el conformismo, el inmovilismo, la rutina y la falta de ambición". En este sentido, el también catedrático Santiago Lago Peñas, coordinador de la publicación, señala que la propuesta "busca estimular políticas públicas acertadas, no nuevos organismos".

En este esquema, las directrices de ordenación del territorio, avanzadas en sus líneas principales por el gobierno bipartito, son "básicas" para despejar el camino a seguir. Sobre ellas correrán las nuevas infraestructuras ferroviarias que, con "una velocidad media de 200 kilómetros por hora", permitirán que todas las áreas urbanas estén conectadas en 30 minutos.

El estudio, que fue presentado ayer en Santiago por el conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, cuenta con aportaciones en medio ambiente, urbanismo, infraestructuras, educación, política industrial, control de gasto y fiscalidad de nueve expertos, todos ellos catedráticos de universidades gallegas. Según Xaquín Álvarez Corbacho, otro de sus coordinadores, "está planteado como un trabajo de reflexión para favorecer el conocimiento y la crítica sobre las políticas públicas". Una crítica que el conselleiro juzgó constructiva desde "el respeto" y que "permite sustentar la toma de decisiones políticas con el análisis". En este sentido, el capítulo desarrollado por José Caamaño Alegre destaca los avances realizados por el actual gobierno bipartito en materia de control del gasto, como la decisión de establecer un total máximo antes de elaborar los Presupuestos. Lo mismo ocurre con la creación de registros públicos de ayudas consultables a través de Internet, un "indudable avance en transparencia", cuya implantación por consellerías está siendo, sin embargo, lento. En el capítulo de los logros, Caamaño sitúa la Lei de Transparencia e Boas Prácticas, que apuesta por el uso de la red como principal vehículo de información y participación ciudadana.

Entre los desafíos pendientes, que quedarán como recomendaciones para el próximo Gobierno de la Xunta, está la necesidad de reforzar la integridad en la gestión financiera porque, "hasta ahora, la Xunta ni siquiera hace algo tan elemental como publicar en su web la liquidación completa y desagregada de sus Presupuestos".

Anónimo dijo...

Os concellos son instituciós que se instauraron cando apenas había máis que corredoiras, a xente andaba a cabalo, nacía e morría na mesma aldea, e a maioría das actividades estaban ligadas ao territorio e a ubicaciós físicas. O concello era algo así como unha "patria chica". Mesmo había sentimentos, xa non nazonalistas, senón "concellalistas".
As actuáis actividades humanas están cada vez máis desvinculadas do territorio (boa proba de eso é a nosa tertulia habitual) e, cando o están, as distancias manéxanse a outras escalas espacio-temporáis.

Si as instituciós teñen que ser o reflexo da actividade social, precisamente pra poder regulala, algo terán que cambiar. Si un concello non ten población ,xa me dirán que "actividade social" regulan. O xusto pra pagar ós funcionarios. Como un coche coa enerxía xusta pra mover o motor, pero non pra facelo andar: totalmente inútil.

Outra cousa é a "inercia mental" que nese aspecto amosan os dirixentes (cando gobernan, non cando están na oposición), e os "intereses creados" (colocación de amigotes, etc.) polo estatucuó.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Neste tipo de cousas é onde eu creo que o goberno progresista (no sentido amplo do termo) debe actuar. Un partido de progreso debe partir da idea de que o mundo que lle entregan para ser gobernado debe ser mudado: debe cambialo, sempre coa idea de melloralo.
Xestionar o que hai é simplesmente un engano. E non quero sinalar a ninguén como no chiste de Gila.

Digo esto co ánimo de animar o cotarro, ultimamente algo frío, coma o tempo.

Anónimo dijo...

Concello paréceme un término desafortunado. En parte porque na miña aldea existía o concello e a aira do concello sigue a ser o "omphalos". Oín moitas veces tocar os sinos "a concello" e como neno asistín como ouvinte a concellos. Ía un representante de cada casa ou "lume", home ou muller. En plena sociedade de Franco nós tiñamos institucións vivas e non misóxinas.

O outro era o "ayuntamiento", no que se falaba castelán, os funcionarios eran arrogantes e despreciaban a un, e eran institucións pobres e con escaso cometido. Non sei como poderíamos terlle chamado. O caso é que cando se crean os "concellos" democráticos, coincidindo co vaciado social da miña aldea, do meu "pueblo", o meu paradiso, pareceume unha usurpación e un signo máis de aculturación.

Sempre me pareceu que moitas institucións nos viñeron impostas e son alleas a nós. Pudemos ter parido "outra administración" e acabar dunha puta vez coas deputacións. Se non o facemos nós, faráo a economía dilapidadora.
A economía vai redefinir áreas estratéxicas enteiras, os países poderían ser conceptos antigos, e entramos na era das redes.

Anónimo dijo...

U-las redes escarlatas?.

Magnífico término.

E ó noso tecido, como lle chamamos?.

Anónimo dijo...

Exacto, Lobo Neghro.
Eu tamén oín moitas veces o "sinal de concello" na campana da aldea. Había algo de "sagrado" naquelas reuniós e nas decisiós que se adoptaban delas. E, efectivamente, a opinión das mulleres contaba na práctica moito máis que a dos homes. A maior parte das familias enviaban ás mulleres a decidir sobre aquelas cuestiós importantes.
Lembro unha vez que lle ardera unha palleira a un veciño e non tiña lugar axeitado pra facer unha nova. COnvocóu a concello pra pedir permiso pra facer unha no monte comunal. Decidíuse alí mesmo repartir a franxa máis próxima de ese monte entre todos os veciños da aldea por igual. Desde o atrio da eirexa se dirixiron ao monte con cordas e cintas métricas, en compañía de un perito. O monte quedóu repartido de mutuo acordo en parcelas en cuestión de horas, sen ningún tipo de problema. O veciño pudo facer a sua palleira. Esas parcelas figuran hoxendía no Sygpac tal e como se decidiron aquela tarde dun vrau xa lonxano.

Anónimo dijo...

Pero Arume, eso é moi revolucionario, agora que temos alcaldiños dos tres partidos e todos moi conformes, repartindo boamente o poder, ningún deles lle vai a renunciar o seu cachiño de pastel.
E agora en serio, xa Crespo, o anterior Presidente da FEGAMP, dixo que a actual distribución dos Concellos en Galicia era un disparate e que tiñan que desaparecer por absorción, fusión ou confusión a metade dos municipios.

Anónimo dijo...

O poder gústalle a todo o mundo, como a todo o mundo lle gustan os cartos, Herr Von der Stein. As diferencias están no uso que se lle da ,tanto a un coma ós outros.
E ao noso país fanlle falta dirixentes que deseen o poder pra outra cousa que non sexa enriquecerse eles mesmos e as suas familias. Pode decirme vostede que a xente non adoita a ser así. Pero eu penso que un dirixente non debe ser unha persoa normal en canto a gustos e apatencias.

Anónimo dijo...

Que outra cousa se pode dicir máis que se está de acordo co que din Prada et alli?