Alucinante ...
Mándame Monxardín a imaxe da que fala nun artigo máis abaixo, O OLLO CUADRADO. Hai que velo para crelo.
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
19 comentarios:
"Accesos de Galicia" Ministerio de Obras públicas. Dirección General de Carreteras. Creación e Impresión Siasca Talleres, S. A. Madrid, 1971. Presentación de Gonzalo Fernández de la Mora.
O de Lalín, cousa de aprendices
E logho que ten de particular?.
Modernízanse as estradas e modernízanse as pontes. E as aldeas con "bloques" e "aurelita".
Iso, que soterren esa "vía de penetración", e de paso tamén sepulten a réplica da ponte- rotonda, o hórreo-lámpada, os servizos-invernadoiro, a pasarela centro-comercial, a gran muralla-miña...
Políticos sensatos!
En Xunqueira de Ambía non tivemos tanta sorte cos políticos. O seu paso polo noso concello a Vía Nova foi destruida, primeiro, trala desecación da Lagoa de Antela e, máis tarde, coa concentración parcelaria.
E o "rañaceos" de ourense, A Torre, tamén hai que demolela. Non cheghan as escadas dos bombeiros, en caso de necesidade, nin a metade. É unha armadilla para os que nela moran.
Kamarada Dorrío. En Bobadela A Pinta, peghado a Casasoá, destruiuse un pedazo de lombo da vía XVIII, da que falamos. Foron os veciños, despois de eu ter feito unha petición a administración con rexistro de entrada para que pasaran aquel eido a masas común e indemnizaran ó particular. O proprietário estaba de acordo. Como non fixeron nin puto caso, o proprietário cargouse o lombo polo que discurría a vía novo. Lombo que soportou moitas lexións romanas e a entrada dos primeiros cristiáns de sur a norte.
Aínda quedan dous lombos en Bobadela, pequenos, de vinte metros de ancho e unhes trinta de longo. Fixeron masas comúns , unha de elas inzada de vidos. E as dúas bastante abandonadas. Eu aínda distingo vagamente algo do trazado polo tipo de vexetación que é homoxénea e diferenciada.
Coas pistas tronzaron literalmente os dous lombos que quedan.
Os eidos nos que estaban os lombos que destruiron están agora abandonados. Todo sucedeu nos noventa en plena era FRagha. A debacle foi levada a cabo pola administración e por a nosa xente. Non esquezan.
Que podemos facer?.
Pouco se lle pode facer. Dende o BNG presentamos iniciativas no concello para protexelas e conservalas e o Sr. Gavilanes 'afeitouse pra riba', deixando como única vía, a xudicial.
Pero claro... armar guerra cos veciños non é de 'bos' veciños e menos de 'bos' políticos.
Da imaxe, a min aínda me chama tanto a atención a aparente supresión do Barrio da Ponte. Se a evocación non engana.
O coche do debuxo debe de ser un seat 1500 ou, en calquera caso, un auto cómodo e elegante. Pensaría o debuxante que sería para orillar na nova paisaxe?
O barrio da ponte quedaría aínda, prácticamente na sua totalidade, á dereita da fotografía.
A foto esta feita na dirección da corrente do río. As montañas do fondo son as do pôr do sol.
Xa, xa, por iso digo. Na outra beira, por certo, xa debeu chover desde que había tanto verde; con ou sen centro comercial. Se non me engano.
Alén das campañas de "o principal é o principal" ( José Paz e outros tres, Conde Corval?.. ), para salvar este histórico teatro; ou as de salvar as Burgas do bng pre-municipal; ou a de convertir o banco de España en museo da cidade (Monxergas e outros solainescos); as do antigo cárcere etc...poderíamos escomenzar a propor a demolición da metade da Torre de Ourense, ata a "escala" do alcance das escadas dos bombeiros. Outros atrevéranse tamén a propor a restitución da Igrexa de San Francisco ó seu lugar orixinário ( Monxardín?, Pepe Bouzas?), ó mosteiro do mesmo nome. Estou dacordo.
Poderíamos facer unha lista de desagravios á cidade.
"Diafanizar a ponte das burgas", quitándolle masa pétrea.
Pedide, pedide, algunha idea se concretará.
Ademáis, os politicos non gastan, e tarde ou cedo acudirán a esta canteira.
O último piso da Torre pode habilitarse para os propios bombeiros, como observatorio. Mal será que estando eles alí vaia arder. JAJAJA.
Non sei si o propietario seguirá a ser o S. Igual o vende barato. Digo eu. Total...xa me entenden.
OUTRA DE ALUCINE: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Parientes/ediles/copan/oposiciones/San/Cibrao/elpepiautgal/20090113elpgal_2/Tes
Parabéns polo premio P. E. N. Galicia 2009!
Moitos parabéns polo PEN, señor das Uvas!
Graciñas, Dorrío e Folerpas. Eu sabía a nova hai días, pero hoxe chegou ós medios e tamén deron unha entrevista ó respecto no DIARIO CULTURAL da Radio Galega.
A min a ponte así modificada gústame, que lle queredes?. Non entendo porque vos rasgades as vestiduras?.
Tamén sodes ben totalitarios e elististas, sempre a impor os vosos criterios estéticos.
Publicar un comentario