27 ene. 2009


BLOG DE RODRIGO ROMANÍ

Querido Marcos: Esta é unha comunicación oficial, ;-), desde o departamento web da CRTVG para comentarche que, por fin, o programa de Rodrígo Romaní "Astrolabio" xa ten Blog [http://blogs.crtvg.es/mu/astrolabio/]. O programa que fai Romaní na "Radio Galega Música" sáese do habitual no panorama de radios e, coma bos "connoisseurs", nas "uvas" saberedes aprecialo. ( Aqui están tódolos programas dos últimos dous anos http://www.crtvg.es/programas/?p=31&m=2 ). Que o disfrutedes.
Asdo: Tino Santiago.

1 comentario:

Xosé M. González dijo...

Tremenda masa, tremendas Shakira e Mercedes Sosa. O blog queda incorporado aos Favoritos, aperta ao Tino e ao Rodrigo, se len isto. E quen ben sabe ben podía chamar, que este ano xa hai botelos.