Da miña nacencia como lector
Marcos Valcárcel, La Región, 5-1-09
(Imaxe: Tetis implorando a Zeus, por Ingres)
Marcos Valcárcel, La Región, 5-1-09
(Imaxe: Tetis implorando a Zeus, por Ingres)
Lin dende pequeno, con entusiasmo de converso a unha nova relixión, e as miñas lembranzas do neno que fun lendo son pracenteiras e fermosas. Como a todos os nenos léronme contos e contáronme historias: difícil relembrar cales eran, pero recordo unha preferencia , dende noviño, polos contos de terror. Pouco despois descubrín unha fermosa colección de contos, que viñan ordenados por nacionalidades (‘Cuentos Rusos’, etcétera), creo que de Anaya. Moi neniño aínda, na casa do meu tío Exmelin devoraba os tebeos de todo tipo, os daquela época, e sobre todo ‘Hazañas Bélicas’ e ‘Zarpa de Acero’.E na casa dos meus avós de Ourense, a miña avoa gardaba dos anos de mocidade da miña tía Olguita a colección da revista ‘Chicas’, en varios tomos. Linos e relinos vinte veces cada un e quizais aí naceu a miña paixón polo cine: copiaba e debuxaba todos os días as caricaturas que viñas coas críticas das estreas: Gary Cooper, Spencer Tracy, Katharine Hepburn, James Dean, Liz Taylor, etcétera.
2 comentarios:
Os habituais do blog recoñecerán neste artigo un post meu nesta casa, maio 2007.
"Zarpa de Acero" era moi inquietante: tiña un estraño punto de terror e de personaxes torturados. E non poucas veces os guionistas dos cómics beberon da mitoloxía clásica.
Eu, até os vinte e poucos anos, lin absolutamente todos os cómics que había no mercado, como xa dixen naquel post de maio de 2007. E non minto nin esaxero.
Publicar un comentario