22 ene. 2009


Espartaco - Quintana

Pero, se lles apetece, xa poden ir opinando.
ANDOLIÑA 23-1-09
É unha das escenas inmortais da historia do cine, na maxistral Espartaco, de Stanley Kubrick. Nunha paisaxe montesía repousan os escravos vencidos e encadeados. O xeneral romano quere saber quen é Espartaco, o líder da revolta. Tony Curtis, pesaroso, mira cara a Kirk Douglas. Este érguese dicindo Eu son Espartaco. De inmediato fan o mesmo dous compañeiros e logo un cento deles, todos co mesmo berro.
A secuencia tivo éxito en terras galegas. Primeiro inspirando o Vivamos como galegos, de Gadis, e agora co Eu son Anxo Quintana, da precampaña do BNG. Xa se fala do caso nos telexornais españois: o obxectivo de chamar a atención está logrado. O anuncio, con todo, dista de ser perfecto, sobre todo porque os protagonistas son actores galegos habituais na comedia televisiva galega e isto impide manter o ton épico orixinal. Quizais se buscase un rexistro de parodia, pero isto, se sae mal, é perigoso tratándose de publicidade electoral.
O que é certo é que o anuncio provocou o debate, para ben ou para mal. Está nos blogs e nalgúns mesmo se critica o seu suposto carácter mesiánico. O único que sucede é que a publicidade política véndese coas mesmas armas que as lavadoras. Aínda que sexa do BNG.

154 comentarios:

marcel swann dijo...

A campaña recórdame unha miga a outra que vin hai uns días referida ao lanzamento dun certo xornal eólico.

Poucas ideas e vagas ("un novo estatuto", "máis autogoberno", "Galiza nin se vende nin se enruga" [Efectivamente, Galiza non se vende, como ben lle reclamaron moitos galegos ao propio Quintana non hai moito], ou "denantes mortos que escravos" (E que somos escravos?).

A campaña destila puro e indisimulado presidencialismo: "Un individuo non deixa de dicir ao quen o queira escoitar..." e "Eu son Anxo Quintana". Para que logo saian algúns dicindo que era Beiras o que tiña un ego coma un piano...

Por outro lado, a mensaxe que se nos quere transmitir é que os escravos (os galegos) estamos contentos de seguir dependendo do Imperio grande mentres nos dean un chisquiño máis de "estatuto de nación". Aparcadas quedaron proxectos coma o de "autodeterminación", "construción nacional", etc.

E ningunha palabra sobre a crise, claro. Non sexa que se note que o BNG xa non é un partido de esquerdas.

Ollo de Vidro dijo...

La Voz de Galicia dixo que o vídeo de Quin tiña dous referentes principais: Asterix e Kevin Kline en "In & Out". O de Asterix pase, pero o de In&Out...

E polo demáis, se xa tiñamos ao mellor axente da súa maxestade con licencia para matar e ao presidente que olla pola xanela prensatibre coma pensando "e que carallo farei co Gaiás?", pois que veña tamén Spartacus "Quin" e que vivamos todos coma galegos contra o doutor Non.

Anónimo dijo...

un horror!!!!!!!!!!!!!!!, non me gusta nada, pode ser eficaz, 10000 visitas, pode ser.., pode...., pode.... pero a min paréceme un horror e quero que conste en acta.

ROSA dijo...

Unha vez feito e visto ese video propagandístico, non será que se pretendeu vender a posteriori que se trataba do Galo Invencible que levanta a Galia contra os invasores romanos en vez do Espartaquín que, derrotado, morre nunha cruz?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Que falen de min (ou Quin) aínda que sexa ben.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Kirt Douglas protagonizou -e penso que produciu- co mesmo director -Stanley Kubrick- dúas películas memorables. Espartacus, por suposto, a dignificación do "peplum", e Sendeiros de Gloria. É admirable asistir á transformación actoral deste home sen ningunha clase de preparación especial, nin estudos nin escolas, para meterse na pel dos seus personaxes. ¿Quen pode esquecer o seu papel de van Gog en O Tolo do pelo roxo -ou será vermello-? Kirt Douglas era -é- un actor versátil. Pasaba da comedia ó drama sen maiores dificultades. Sendeiros de Gloria é unha película atroz. Pois ben, eu acabo de ler a novela na que se inspirou, co mesmo título, escrita por un combatente británico -Hammfrey Cobb, perdón se non o escribo ben- e, xúrovolo, case acabo a lectura vomitando. Penso que estou indo demasiado lonxe. Levo un ano engolfado no estudo e intento de comprensión do Mal no século vinte. Esta é unha mensaxe para alguén que, creo, debe visitar este blog aínda que non sei se participa nos fíos. Levo un ano estudando as diversas manifestaciósn do Mal institucional. O outro non me interesa. Un home malo, un esquizofrénico, un psicópata... Pero cando é o Estado o que decide asumir o Mal como estratexia...

Eu estou aquí case aniquilado. As guindas son un pequeno repouso. O video de Quin... unha babecada. ¡Non sabedes canto lamento que Manuel Olveira Pico se prestase a esa trapallada! ¿Vós sabedes o tempo que levou rodar a escena na que os escravos se van erguendo un tras do outro para dicir "Eu son Espartacus"? ¿Cómo se pode entrar a saco no traballo doutro e na admiración de moitos? É que a ese actor eu quérolle. E díxenllo e persoa no Teatro Principal de Pontevedra hai aproximadamente un ano. Quérolle. Ser actor, xa se sabe. Foi o meu soño e non o conseguín.

Déborah Medela (Miss Cristosende) dijo...

Sr. Mesmo: Como lle foi na feira de Rábade?
Comeu e bebeu comó é debido?
Chovía?
Comprou un CD dos Camela?
Comprou un Rolex?
Topouse cun antigo compañeiro da mili, agora vendedor de motocultores?
Pasou con éxito o control de alcoholemia?
Manchou os zapatos de marca na lama?
Botou moza?

Razona tu respuesta, Mismo.-

Anónimo dijo...

Pois a min fíxome gracia. O esquema é moi previsible desde o principio, pero a reacción final do romano fíxome botar unha risa.
Non penso que con un vídeo así haxa que poñerse trascendentes (entrar a saco no traballo de outros, que si non fala da crise,...). Nunha brincadeira deste estilo non penso que caiba facer análises profundos.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Intentarei razoar a miña resposta, Medela. Pero, xúroche, que non entendo por onde vas. De veras.

Rebeca Medela (Miss A Pastoriza) dijo...

Nada, Mesmo, refírome a que Vde., onte, comentaba que ía ir comer á feira de Rábade; quería que comentase algunha cousa, caso ter ido, dese modo naturalista e un tanto psicodélico ao que nos ten acostumado.
Saúdos.-

Andrés dijo...

Non acho ningún ton mesiánico no vídeo, como gratuitamente lle apoñen algúns. Antes ao contrario, o spot ten un carácter lúdico, amábel e mesmo paródico. Por ningures se apreza ningunha pretensión de realismo, gravidade ou solemnidade, como se deduce das palabras coloquiais coas que recúa o romano. A caracterización dos diversos sectores sociais está estética e visualmente simplificada a posta, habida conta que non se pretende realismo ningún, senón ofrecer unha ficción, un relato que apela aos sentimentos de “sermos galegos”.

A presenza de Pico como romano é unha chiscadela total e unha mostra do carácter lúdico do anuncio. Non só cos termos nada severos nin graves, e si cómicos, cos que recúa como romano, senón coa súa propia presenza como actor. Para a maioría dos galegos, Pico asóciase a humor e comedia de costumes (consonte ás súas intervencións nas series da TVG), non a drama histórico.

O spot pode gustar ou non, pode parecer acertado ou unha frivolidade, pode parecer unha carallada ou unha intelixente e orixinal forma de chamar a atención, etcétera. Pero o que non é de recibo é consideralo mesiánico, criticar que non se fale da crise ou ver nel intencións que non están. Tamén é absurdo falar de "indisimulado presidencialismo": de indisimulado nada, ou é que Anxo Quintana non pode aspirar a ser presidente da Xunta de Galicia?

Francamente, coido que os prexuízos e a falta de sentido do humor non lle deixan apreciar a algúns o sentido orixinario do spot.

O BNG ten un programa de case trescentas páxinas (se non lembro mal). Pode atoparse na rede. Alí hai referencias a moitos asuntos serios, entre eles á crise económica e a moitos máis aspectos. Unhas eleccións non se xogan con palabras máxicas ou invocacións rituais (autodeterminacion), senón con propostas concretas en ámbitos concretos. E máis concreto que reclamar máis autogoberno mediante un novo Estatuto, non pode haber. Mais o programa ten moito máis ca isto. Algúns deberían tomarse a molestia de lelo con atención no canto de impugnar lapidariamente o proxecto político do BNG con dúas fraseciñas mal fiadas de suposta "pureza nacionalista".

Polo demais, é de supoñer que o Espartaco de marras non vai ser o único spot nin tampouco o eixo da campaña. Esteamos atento ás pantallas e ás declaracións do candidato. O spot era simplemente para abrir boca e chamar a atención. E abofé que conseguiu sobradamente os seus obxectivos.

Esbozar un sorriso de cando en vez no canto de estarmos permanentemente avinagrados, tamén é un xeito de construír país ou, cando menos, de facelo máis habitábel. Que non é pouco.

o mesmo, pero disimulando dijo...

¡Ah, iso éche ben fácil! Sobre as dúas e media cheguei ó campo da feira. Xa case estaba toda ela desmontada. Agora o tenderete para comer o pulpo éche unha carallada do... carallo. Fixeron un cobertizo lousado e pechado con paneis supoño que de metacrilato, corredizos. As mesas e os bancos siguen a ser os de sempre. Buscas un sitio -eu téñoo fácil porque son "da casa"-, sentas, chega unha digamos camareira e limpa a espazo que cómpre para que xantes pasando un pano máis sucio que o pau dun galiñeiro e tirando todo canto estea enriba do taboleiro ó chan. Eu teño man cunha das pulpeiras, e sempre lle pido a ela as racións. Pido dúas se vou só. Se somos máis, pois adepende. Levo a cámara dixital -diminuta- que me regalaron as fillas hai dous anos e fulmino co seu obxectivo a todo canto especimen interesante se me pon a tiro. Teño unha colección digna dunha enciclopedia antropolóxica. De tipos, quero dicir. De tipos enxebres. Se algún día podo mostrarche as fotos, verás algún con cara de cabreo. Ese descubriume enfocándoo. A pulpeira pon o pulpo, naturalmente, e os outros póñenche pan, viño, coitelo e servilletas. Ultimamente tamén podes pedir churrasco con todas as variantes cárnicas que son fáciles de imaxinar. Unha vez farto de pulpo, podes pasar ó postre, se queres. Cando vou só, quero. Cando me acompañan, non, porque sei que me é moi prexudicial. Queixo de castela. (Cando vou só baixo unha botella e media de viño tinto. Se vou acompañado, dous vasos, como moito tres. O Varón domado da doutora aquela) Logo chega o café. Se queres cunca limpa, póñencha. Pero eu prefiro que mo sirvan no mesmo vaso do viño. Café de pucheiro. Bótanme a culleriña enriba da mesa, dous pedras de azúcar, énchenme o vaso de café e logo de que eu rebaixe o volume -por acordo tácito coa camareira, máis fea que Picio, pero moi agarimosa- rechéanme o oco con augardente -por aquí chamada país e tamén "perrita", ignoro a razón desta última denominación-. Os máis ilusos pretenden, despois de todo isto, burlar á garda civil por pistas e carreteras secundarias. (Hainas belísimas por esta zona) Pero é aí xustamente onde despregan os seus operativos os xendarmes -nunha ocasión dirixínme así a un garda civil e o tío non acababa de aceptar o choio, mais tampouco non se decidía a retrucarme: señor xerdarme por aquí, señor xendarme por acolá-. Eu, despois da enchenta -se vou só, quede claro-, camiño ata un bar que fai esquina e pido un gin-tonic. Téñolle aprezo a esta beberalle porque haiche ben anos, por pura casualidade, estaba eu na cafetería do Colexio Médico de Lugo e chegou don Álvaro Cunqueiro a dar unha conferencia sobre farmacopea non sei qué, e cando lle dixeron que ía tomar, pediu un gin-tonic. ¡Carallo, se o pediu el! Eu teño unha variante: sempre expreso a marca da xenebra: tanquerai e se non hai, bifiter -xa, xa, xa sei que non se escribe así, pero lembrade a Unamuno, tan partidario de escribir igual que se falaba: aikapaenkala-. Unha vez consumido o gin-tonic, e sabedor de que os xendarmes andan pillando incautos nas corredoiras asfaltadas, eu collo a NVI, logo a autovía -A6- e doulle a razón a todos os que din que beber e conducir é cousa mala de mesturar. Sempre é nestas ocasións cando poño a proba a velocidade punta do meu fotingo: ata agora nunca din pasado dos 210. E non se nota nada particular. Nada. Se as rodas están ben equilibradas. Se non, si. Se non hai unha lixeira trepidación que repercute no volante e, consecuentemente, nas mans que o levan.

Zapatos de marca hoxe non levaba, pero lama sí que había. E un cura con sotana, xa ves o que son as cousas. Tamén había un alcalde. Ou varios, non sei. Pero un si que o había.
Agora xa estou na casa co bandullo circio coma o coiro dun tambor. Ata que haxa un escape. De gases. Nestes casos convírtome nun sexeito pouco sociable. Non falo con ninguén. Agás cunha señora de Orán que ás veces anda pola casa facendo cousas e que a min tenme completamente tolo de respecto e admiración, e coa miña neta. Se se me achega calquera das dúas, múdame o carácter ipso facto.
Á miña muller -dito sexa en sentido aditivo e non posesivo, non vaia ser- quérolle ben e moito, mais nestas ocasións é mellor facerse o parvo.

A quen non vin foi a von Pena. Tampouco non lle fixen caso e non fun ó bar da estación comer os callos. E é todo, polo momento, queridísimo Medela. Agradézoche a ocasión para despresurizar. Estaba inzando moito. Au revoir!

Benito Medela (ausente en Nueva York) dijo...

Grazas, don Mesmo.
Realmente, obrigado.
Xa sei que é un tópico, mais podiamos combinar para comermos o polbo por esa fascinante galaxia da Terra Chá.
Quería tamén ver, se é posible, algunha desas fotografías.
E enviar algún gin tonic... Agora que lembro... Si, don Xaime Steiner de Lugo: Aínda lle 'debo' dous gin tonic.
O seu relato destila... Certo regusto polo perigo, don Mesmo.
Saúdos, e obrigado de novo.-

o mesmo, pero disimulando dijo...

Ali onde está o perigo, nace a salvación, Medela. Hönderling ou algo así.

Ápertas fortes. Xa chegará o intercambio verbal vehiculizado a través de polbos, viños e outras mixtificacións.

Anónimo dijo...

Contención. Este espazo é para comentar o vídeo de Espartacus-Quin.

Xosé M. González dijo...

O vídeo saíu, e ao segundo ou terceiro día xa o hiperespañolismo cuasitronaba no ABC dixital; un dos comentarios dícía "centurión cutre" e en efecto con razón que lle sobraba: esa cara de aldea do Pico, tanto nariz e presumibles pernas fracas resultan ousadía no ámbito Russell Crowe.

Pouco despois, o medio de Sabón topaba elo para seguir a cadea e desprezar leve mediante titular virando Galicia a Galia que anda camiño de facer escola.

Talvez non tarden os nostálxicos do Antigo Réxime (sector, quizá, sebastianismo autóctono): con Beiras, isto, non pasaba.

Tamén dá para unhas risas. Guichada de ollos ao máis tradicional da casa ("o Imperio preocúpase"); referencia nun mito das loitas liberadoras; outra guichada, vía cinematográfica, aos maiores de cincuenta anos; o Pico remata enxebre.

Conclusión: o Arume si que sabe. Isto élles unha campaña, non o Teatro do Morcego. Teñan boa noite, de ida e de volta.

axolotl dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
arume dos piñeiros dijo...

A inspiración do video de Quin.

En todo caso, ninguén vai comentar o slip de Spartacus na foto elixida por Marcus?

XDC dijo...

O video non lle vai facer gañar un puto voto.
E vaille facer perder uns cantos que pudera ter gaños coa xestión.

Podería valer algo pra unhas elecciós internas no BNG. Pero pra unhas elecciós nas que votan todos os cidadáns...onde vai con esas caralladas, home, onde vai.

xdc dijo...

O autor do video debe ser un de eses que pensan que un spot publicitario evalúase atendendo ós criterios cinematográficos de unha cortometraxe. Un spot publicitario, en cuanto tal, evalúase por as posibilidades que ten de inducir realmente á acción, neste caso ao voto.

xdc dijo...

Si o video llo encargara eu, pagáballe en base ós resultados electoráis. Unha comisión por cada voto que se gañara en relación ás últimas. Habíase "comer o coco" de outra maneira, e aprender a razoar de outra maneira.

Anónimo dijo...

XDC, mellor que aconselles os teus amigos de Democracia Orensana.

Amigos de XDC de Democracia Orensana dijo...

Anónimo, por qué non te metes nas túas cousas e deixas de enredar.
Xa se ve que non tes ideas e so moita mala baba.
E máis, se o dixeras co teu nome, non estaría mal, para saber cales son os teus amigos e que o souberamos todos.

XDC dijo...

Boeno, home boeno.

Eu daba a miña sinceira opinión persoal, tal e como pedía o autor do blog no post.

Resulta que a publicidade é unha especie de ciencia "empírica". A efcicacia das campañas xuzgase por os resultados. Como unha teoría científica se xuzga pola súa capacidade de explicar os feitos experimentáis, e non por a sua beleza intrínseca.

Lóxicamente polo tanto, o único xeito de evaluar esas cousas é "a posteriori".
Pero o "olfato" desenrólase perdendo cartos propios nas campañas "xeniáis". E tamén, pero menos, gañándoos con "mediocridades".
Os meus amigos de D.O., que o son, sonlle moi "raritos". Pedir, piden opiniós a todo dios, mesmo a mín. Pero logo fan o que lle sale dos güevos. No fondo, só tratan de pasalo ben.

XDC dijo...

Por certo. O outro día dixéronme algo parecido, respecto ós "meus amigos da Solaina".
É unha marabilla ter tantos grupos de amigos!.

Anónimo dijo...

MANUEL RIVAS Luces
Quintana, Espartaco e os romanos
MANUEL RIVAS 23/01/2009

"O imperio está moi preocupado polo que está pasando na provincia galaica...". O imperio parece que anda estes días máis preocupado por outras imaxes, as da espionaxe fratricida do poder madrileño, mais é ben certo que un vídeo está a revolucionar o combate electoral na provincia galaica. É xa unha mera convención formal o separar precampaña e campaña e estes primeiros ganchos propagandísticos son talvez máis importantes que os golpes finais, nos que tanto confía a vella política. A rechamante peza titúlase Eu son Anxo Quintana, e foi lanzada nun principio dende o videoblog do candidato do Bloque Nacionalista Galego, un espazo chamado Quin.tv. En poucos días, a cousa, este videoclip ou spot de vía e factura alternativa, realizado por Antón Reixa, vén de acadar na rede o efecto soñado para un produto destas características: primeiro, provocar a atención, logo, a excitación e, finalmente, a expansión. O resultado: miles de visitas na canle propia e agora tamén no YouTube.
A cousa dun Quintana metamorfoseado en Espartaco está a ser moi debatida en diversos foros, con opinións apaixonadas e moitas veces humorísticas, mais iso é tamén outra mostra de éxito nesta fase política e para este candidato: sorpresa e polémica. É dicir, un papel protagonista, xusto cando algúns medios decidiran sometelo a un tratamento de espectro, técnica xornalística con singularidades enxebres que algún día merecerían un master, pois contamos con brillantes especialistas no escamoteo ou raspa informativa de seres vivos. O impacto que está a ter a cousa de Quintana demostra que un aparello respiratorio imaxinativo, tamén na provincia galáctica, pode atopar o ar necesario fóra dos dominios tradicionais.

Dise que "o medio é a mensaxe". Dise que "unha imaxe vale por mil palabras". E así unha chea de proverbios, non exentos de parvidade. O ovo cósmico, o big-bang, é o ter unha boa idea. Así foi e así será, nos petroglifos do Neolítico, na Galaxia Gutenberg ou na de McLuhan. Velaí temos a Bansky, o anónimo guerrilleiro artístico, que a partir dos muros das calexas marxinais de Londres está a proxectar os seus graffitis nos valados do universo. As ideas importan, e moito. Obama non existiría sen a diferenza do seu discurso. Mais afirmar todo isto debe levarnos a un miradoiro clave. A paisaxe da comunicación está a coñecer unha mudanza xeolóxica. Non é que vaia cambiar, é que está a moverse baixo os nosos pés, e ás veces a escachar como o xeo. En Galicia semella que estamos nun intre levítico. Soamente hai 13 liñas por cada cen habitantes con acceso a banda ancha. Mesmo semella vir a conto un verso de Fast, o autor de Espartaco: "I got no future, but lots of past". Non teño futuro, mais teño moreas de pasado, algo así.

Pero en Galicia case nada é o que parece. Tamén na mudanza da sociedade da comunicación coido que estamos por diante do que aparenta. Somos expertos de toda a vida en redes, aínda que non teñamos Rede. E xa os resultados da anterior campaña electoral, como ocorrera co "espertar marítimo" do Nunca Máis, non se explicarían sen as redes alternativas de Internet e a telefonía móbil. Agora, cando os candidatos fan a pegada de carteis, semella que asisten ao enterro da sardiña. Un excelente analista de medios, Juan Varela, de orixe galega, escribía hai pouco na súa bitácora Periodistas21: "Como está demostrando a campaña norteamericana, os candidatos modernos deben ser multimedia. E a súa arma principal é o vídeo, seguido polo activismo na Rede".

A todo isto, eu do que quería falar hoxe era de Pico Olveira e Howard Fast.

O Eu son Anxo Quintana é unha adaptación simpática, cándida, dun dos intres máis emotivos do cinema épico, o Espartaco de Stanley Kubrick (1960), baseado na extraordinaria obra de Fast, con guión do macanudo Dalton Trumbo. Aí é cando o represor Craso pregunta quen da multitude é Espartaco e unha a unha as voces van dicindo: "Eu son Espartaco!". A de Fast, esa si que era unha novela histórica. Aínda a les e notas como enmuxica, faísca nos ollos e pon os pelos crechos. Tanto Fast como Trumbo sabían o que era a represión. Foron perseguidos durante anos polos poderes ultras que borraron os seus nomes da vida laboral e pública. Fast estivo no cárcere por negarse a dar a lista de compañeiros que sostiñan o Comité de Axuda aos Refuxiados Antifascistas, creado sobre todo para axudar aos exiliados españois. Kirk Douglas, o intérprete de Espartaco, tivo gallas e decencia. Non parou até que os nomes de Fast e Trumbo figurasen outra vez en lugar de honra.

A min o que me marabilla do vídeo do Bloque é a actuación de quen fai de Craso, o represor romano. O gran actor galego Pico Olveira. É el quen crea o clímax, quen fai verosímil formalmente a peza. Ganas dan de berrar: "Eu son Pico, me cagho nas termas de Caracalla!". E niso os galegos somos como os demais. O que nos gusta nas películas é o que fai de malo. Por certo, quen fai de malo nestas eleccións?

Arume dos piñeiros dijo...

ROBERTO BLANCO VALDÉS
Tras su derrota estrepitosa en el frente ruso, que marcaría el principio del fin de su poder, Napoleón Bonaparte envió a su embajador en Varsovia una misiva en la que reconocía la facilidad con que se transitaba del cielo a los infiernos: «De lo sublime a lo ridículo no hay más que un solo paso», escribía el emperador a Víctor de Pradt.

Desconociendo esa enseñanza, y aquella otra de François de la Rochefoucauld («Para que en algunos hombres aparezca su lado ridículo nada más hay que buscarlo»), los responsables de la precampaña del vicepresidente de la Xunta han elaborado, hay que suponer que, si no con el entusiasmo, sí al menos con la anuencia de Quintana, un vídeo en donde el líder del BNG pretende servirse del mito de Espartaco, el esclavo tracio que se rebeló contra la República romana para conquistar la libertad. De este modo, al igual que en la maravillosa escena final de la impagable película de Kubrick interpretada por Kirk Douglas -donde, ya derrotados los esclavos, los romanos les exigen que identifiquen a quien dirigió la rebelión para obtener solo que, uno tras otro, todos acaben proclamando «Yo soy Espartaco»-, en el vídeo publicitario de Quintana, los actores cómicos (¡grandes cómicos!) de TVG cubren también al vicepresidente ante la pregunta de un romano de opereta: «Eu son Anxo Quintana» van gritando en pelotón, después de haberlo hecho el propio interesado.

Aunque, claro, lo que en la película de Kubrick resulta emocionante se convierte en el vídeo del BNG en un espectáculo grotesco, impropio de quien ocupa la Vicepresidencia de la Xunta.

Todo se reduciría, en cualquier caso, a un sonoro tropezón del equipo de campaña de Quintana, a no ser porque el vídeo de marras revela el permanente empeño del BNG de gobernar y estar en la oposición. Es posible que, en su día, Beiras o Nogueira, que realizaron en durísimas condiciones una larga travesía del desierto, pudieran haber reclamado para sí la mitología de Espartaco, aunque, conociéndolos, estoy seguro de que ninguno de los dos se hubiera prestado a la payasada del vídeo protagonizado por Quintana.

Pero, de ser algo, el vicepresidente no sería Espartaco, desde luego, sino, en todo caso, un romano que dirige unas de las legiones del ejército triunfante. Por eso, que quien viaja en coche oficial, está rodeado de secretarias y asesores, disfruta de todas las prebendas del poder, reparte parques eólicos y maneja una gran parte del presupuesto de la Xunta se presente en campaña como un esclavo perseguido no deja de ser una mercancía averiada destinada a que los votantes se traguen un engaño sideral: el de que el BNG que dirige Quintana es el mismo que el que, desde la oposición, combatió a Fraga.

o mesmo, pero disimulando dijo...

E a nós, carísimo amigo, un Anónimo pedíanos contención. Ssssssht! Silencio, contención, que este fío é para Espartaco.

Mirade como van saíndo cousas: Fast, Dalton Trumbo... Vítimas da intolerancia.

Que respondan os que son capaces de trivializar o sufrimento humano. E se trivializar é con "b", tanto mellor.

Eu non son Espartaco. ¡Quen me dera! Quen me dera selo ou, simplemente, ter o valor de ocupar o seu lugar diante da represión.

Espartaco, ¡meu Deus!

Só os suecos, na época máis negra do século XX foron quen de desafiar ó réxime de Hitler. De acordo, dixeron, de acordo, se temos que poñer a estrela de David, poñerémola. Pero o primeiro que o fará será o Rei. Eles si eran Espartaco.

Lin unha crítica moi dorida sobre un libro de moito éxito nestes últimos tempos: O neno do pixama de raias. O que máis lle doía ó glosador non eran os evidentes fallos estructurais da noveliña, senón que se trasladase a dor do Holocausto ós verdugos. Meditade niso. Se queredes, claro.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Ao mellor tamén se tercia facer unha variante electoral do famoso diálogo entre Laurencio Oliveira e Toño de Curtis sobre ostras e caracois.

XDC dijo...

We don´t need another hero...

o mesmo, pero disimulando dijo...

Isi xa é entrar en política, señor Arume. E eu por aí non vou.

(Ademais, declárome absolutamente partidario das ostras. Moitas teño comido. Caracois nin un)

E agora, ó mellor aparece outro anónimo e chámame homófobo, eu que sei!

Anónimo dijo...

Quintana é un traidor ao seu pais, un entregado. Quintana só pode ofrecer quintanismo, é dicir profesionais politicos galeguistas ao soldo de España e un futuro cunha nova clase glamurosa de pijos galegos.
Amigo Quin, porqué luxas o territorio coa corruptela eólica?
Por que enturbias o pais cun periódico inconsecuente, reaccionario y cun complexo linguistico de colonizado.
Dasme asco Quin.

XDC dijo...

1)Si do que se trata é de facer parodias simpáticas, entre os habituáis de este blog índa hai uns cantos que as farían, ben mellores.
2)Si do que se trata é de imaxinar o mellor dos mundos posibles, tamén hai bastante xente que é quen de facelo. NEste blog e por todas partes.
_________________________
Pero:

1)Facer que a xente se levante pola mañá o día das elecciós cun sobre determinado no peto e con toda a intención de ir metelo na urna.
Ou...

2)Gobernar prá "xente que hai".

Xa é máis fodido.

Supón unha certa "pasada pola realidade", e non sólo ter visto películas ou ter lido libros. Dito sexa sin ningún desprezo nin por unha cousa, nin por a outra.

Cañaaaaaaaa!!

xdc dijo...

A mín, o Quin, como persoa á que non trato, transmíteme sensaciós contradictorias.
Por unha banda,admíroo. Paréceme un tío "auténtico". Como, poñamos por exemplo, Jimi Hendrix. O que toca,é de verdade. Non o fai pensando en si vende ou si non vende discos. A sua música é esa, e punto. Ó que non lle guste, que non a escoite. Como si lle gusta sólo a él. Anque posiblemente, digo posiblemente, que non o sei, igual o poder lle fixo perder "autenticidade". Como os artistas "auténticos" que rematan tocando según os gustos do "público", xa non son artistas, son "roles".
Por outro lado, tamén coma con certos artistas, rechazo o seu "mesianismo", o seu "reduccionismo", á hora de explicar o mundo con catro simplezas da sua "comedura de coco" particular. Dame a impresión de que é un tipo có que non se pode falar. Só "recibir ordes". E esa xente non me gusta. Eu non fixen a mili.
Pero falo por falar. EU non o coñezo, anque temos amig@s comús.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Unha cousa é a estratexia lúdico festiva de precampaña que permite ter unhas 25000 entradas en iutuf e polo tanto que falen dun a toda costa, outra que poida ser estéticamente apreciado (mesmo con eloxios), e outra que teña unha repercusión no voto.
Sobre a primeira, hai que admitir o éxito. Sobre a segunda, hai que agardar discrepancias. Sobre a terceira, hai que recoñecer todas as dúbidas.

Con este comentario, con esta opinión, estou ensaiando o paralelismo sintáctico do discurso de Obama, a simetría gramatical do texto de Barack, o isocolon retórico do novo presidente dos EE.UU.

xdc dijo...

Por certo, amigo (internauta, que non o coñezo a vostede persoalmente) Marcel Swann, xa que a campaña lle lembra á do "xornal eólico", ocúrreseme que a eficacia "electoral" do spot poderíase estimar en base ás ventas de ese xornal. Vóulle preguntar ao meu kioskeiro.

Anónimo dijo...

Quintana auténtico, manda carallo!, que despistados andan algúns.
Quintana é un pailán con ínfulas.
Un novo rico
Un extasiado pola mediocridade
Un mesías autoimposto
Un tabeirón do Arnoia
Un bandido que trafica co que queda de pais.

Dixen dijo...

Que mala baba teñen algúns que, amparándose no anonimato, só pretender luxar e denigrar -nunca criticar racionalmente- a determinadas persoas (políticos, escritores, ...). Para eles todo o meu desprezo.

Anónimo dijo...

Hai que ser boiños,contidos e razonar como as santas institucións mandan, ter especial respeto as autoridades e nunca, nunca alporizar o verbo.

Iacobus Von der Stein dijo...

o mesmo, vouche dar unha sorpresa se me chamas por teléfono: 609 84 78 79.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O último episodio das diferencias entre os dous socios de goberno (que publica A nosa terra e reproduce EL PAÍS: non a Voz de Galicia) sobre o eólico é digno de ser empregado o día 1 de marzo no caso de que ámbolos dous perdan a presidencia da xunta.

Menos mal que diante teñen a Feijoo.

Anónimo dijo...

O de novo rico paréceme unha crítica ben racional, moi clara, mesías autoimposto tamén.
Quizais poda vostede (anónimo dixen) queixarse de que esta crítica está feita con mala baba pero non intente ignorar que, con mala baba ou sen ela, é unha crítica ben racional e ben entendible e coa que algúns estamos dacordo.
E xa que fala vostede de mala baba e anonimatos, non cre que deixándonos ese desprezo anónimo tamén peca vostede de mala baba?

MS dijo...

Ademirado XdC (e non é a primeiro vez que llo digo, aínda que non me vira o fuciño):

Os mesmos que fixeron a campaña "Vivamos como galegos" (Gadisa... esa grande empresa... galega) foron os que presentaron "Retrasocero", con Antón Reixa caracterizado de galaico-romano, anunciando a morte de Calígula con setenta anos de retraso. Mais agora que temos un diario eólico (con ascensores aéreos a mancheas para Quintana) os do pequeno imperio por fin ímonos enteirar do que pasa no Grande Imperio (español), y más en su lengua también.

Agora Reixa púxose de director doutra de romanos e dinos que tanto el coma todos nós tamén somos Anxo Quintana (ou "Anso", como di un dos rapaces de attrezzo vestido de mariñeiro, por iso de incluír a alguén da cras traballadora). Profesores de galego do mundo, retiraivos.

Non, agora en serio. Se todos somos Anxo Quintana ou non verase o día das eleccións. Galicia necesita un cambio radical e, visto o visto, aquí estásenos a ofrecer máis do mesmo. A que aspiramos? A catro anos máis de vicepresidencia de igualdade e do benestar?

Dixen dijo...

O meu desprezo vai para os anónimos das 01:54:00 PM (que ten os santos collóns de falar de "complexo linguistico de colonizado" e, ao tempo, escribir un y españolísimo) e das 03:00:00 PM. Este desprezo non ten mala baba ningunha porque ninguén coñece os seus nomes, a diferenza dos que eles insultan. Son os típicos resentidos de sempre, os que non deixan avanzar o país, os que tentan torpedear todo. Non merecen máis ca o desprezo.

Anónimo dijo...

O día das eleccións verase que moitos preferimos tragar a Quintana que a Torito ou a Feijo, pero que non teñamos nada mellor que votar non significa que Quintana o estea a facer ben.
E aínda pensando que este vídeo é unha merda pinchada nun pau podemos votar a Quintana.

apicultor dijo...

Francamente, eu tamén lamento que se utilice este blog para verquer insultos, insidias e calumnias a persoas con proxección pública e con nomes identificables (sexan da cor que sexan).

Creo que hai un punto que non se debe ultrapasar. Podemos criticar con maior ou menor acerto, máis ou menos arbitriariamente ou con máis ou menos rigor (incluso con ningún). Podemos mesmo tomarnos de carallada bastantes cousas (cáseque todas). Pero de aí a usar expresións tan directamente aldraxantes como "Dasme asco Quin" (ou perico dos palotes) hai un paso que unha persoa respectable e cun mínimo de educación, talante e criterio, nunca daría.

Pediría, por favor, que nos ateñamos a uns criterios mínimos de corrección (nada que ver co "politicamente corecto"). Pido, pois, unha reflexión ao respecto para non emporcallar este blog. Grazas.

apicultor dijo...

Eu creo, amigo Marcos, que esta secuencia en concreto non inspirou o anuncio de Gadis. Coido que máis ben se baseou en "Braveheart" de Mel Gibson.

Xosé M. González dijo...

Déixeo correr, Apicultor, non a apelación ao amo senón o outro; canto menos tino se dea, menos dura o cheiro á porcallada.

Canto ao tema: Rivas realiza alusión clave que non parece salientar aquí ("un papel protagonista, xusto cando algúns medios decidiran sometelo a un tratamento de espectro"); Valdés, coa súa particular versión semántica do termo imperio queda ben no papel e no medio. Seguimos en precampaña. Aínda ha chover de aquí ao voto.

apicultor dijo...

Ten razón, Saavedra. Por certo, como leva "aquilo"?

Anónimo dijo...

"O que é certo é que o anuncio provocou o debate, para ben ou para mal. Está nos blogs e nalgúns mesmo se critica o seu suposto carácter mesiánico. O único que sucede é que a publicidade política véndese coas mesmas armas que as lavadoras. Aínda que sexa do BNG."

Que mala baba!

Medela revirándose dijo...

Sr. Apicultor: O seu chamado á cortesía é acaído e certeiro. Evidentemente.
Podía acrecentar só unha cousiña? o artigo (desta vez asinado, con luz e taquígrafos), da autoría de Anxo Tarrío, tamén significou na miña humilde opinión un retroceso no espírito do blog, espírito que de certo contribuíu á concesión de cando menos dous galardóns. Refírome exactamente á frivolización de Tarrío sobre o feito de Betancourt invocar a virxe de Fátima na altura en que foi liberada do seu cativerio. E tamén me refiro á paupérrima calidade lingüística do dito artigo, inzado de castelanismos innecesarios, e con grallas ortográficas que provocarían o suspenso inmediato e sen posibilidade de recurso de calquera dos nosos rapaces que cursan a ESO.
Sabía, sr. Apicultor: No blog estámoslle afeitos a outro nivel... E ao bo logo se acostuma un, Vde. ben o sabe.
Seica Tarrío é profesor.
Madía leva!

apicultor dijo...

Disinto, amigo Medela. Aquela mención a Betancourt e á invocación á virxe de Fátima foi, quizais, un exceso involuntario e non reflexivo. Mais o autor é adoito correcto. Non o xulgue por un desliz.

Balonga dijo...

Akal publicaba en 1975 as leccións que G.Politzer impartira no ano 1935-37 na Universidade Obreira de Paris sobre o método dialéctico marxista, a saber:
1. Áchese todo en relación. (Lei da acción recíproca e da conexión universal).
2. Transfórmase todo. (Lei do cambio universal e do desenvolvemento incesante).
3.O cambio cualitativo. Se quento auga, a súa temperatura elévase de grado en grado. Cando alcanza os 100 grados, a auga entra en ebulición, transfórmase (Cambiase) en vapor. O cambio cuantitativo deriva necesariamente en cambio cualitativo.
4. A loita dos contrarios.

Se consideramos que o cambio cualitativo prodúcese en Galiza co movemento de NUNCA MAIS, o que fixo o BNG é achegarse á realidade do Pais, cunha intercomunicación fluída, que non depende tanto dun nome ou outro á fronte do mesmo, senón en ir un paso por diante para transformar a realidade.

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA APICULTOR.
O anuncio de Gadis bebeu en Braveheart, seguro, pero a película de Mel Gibson á súa vez copia o espírito épico de Kubrick, onde hai imaxes moi semellantes.

Medela na trincheira de Stalingrado dijo...

Sr. Apicultor: Non é pola invocación en si, porque cada un é libre, grazas a Deus, de crer ou non crer, ou de facer ou non facer o que quixer, sen que iso inflúa, felizmente, na súa categorización humana.
Refírome á frivolización en si. Porque Betancourt, teña a ideoloxía que tiver,(que descoñezo) tamén ten dereito á dignidade.
Tarrío cometería ese exceso involuntario e non reflexivo se a secuestrada for Michelle Obama e os secuestradores a camorra rusa?
E tamén penso que un profesor de galego debía cuidar a calidade lingüística dos seus textos. Non sei logo como lle podemos esixir aos nosos mozos que amen o noso idioma.
Madía leva!

P.D.: SI, XA O SEI, CONTENCIÓN.

apicultor dijo...

Non creo, Medela, que todo iso sexa suficiente como para crucificalo. Xa sabe como era aquilo de perdoar...

MEDELA PROMETE CONTENCIÓN dijo...

Mais quen son eu para perdoar, amigo Apicultor! Eso queda para outras instancias...
Tarrío describiu unha situación. Estaba a opinar.
E un servidor, sempre consciente da súa deficiente formación e do abismo cultural que o separa do tal Tarrío, tamén exerce o que na larga Castilla denominan 'derecho al pataleo'. Sabe por que, señor Apicultor?: Porque Tarrío publica un artigo como este e de non ser por medios como este blog, sería imposible para min poder desabafar.
Prometo contención, comportarme ben, propósito da enmenda e sesións de retro-feedback.

XDC dijo...

Jooooooodeeeer!!.

Estóu na cafetería "Vivian", de Ourense, rúa Sainza. O aire tolo que se está levantando partíu unha árbore da rúa, e caéu sobre un BMW aparcado.

Conspiracións Medela SA dijo...

Aquí, en Allariz, é tamén demencial. Non recordo, en dez anos que levo a vivir aquí, cousa parecida.
Ouviu, Dacova, fagan coidado mañá cando veñan, Vde. e máis o presidente do Kuomintang de Lugo, o camarada Von Steiner.
Xa encarguei o xantar, en casa Fandiño.
Espero por Vdes. na praza do concello, na vinoteca de Mari Micalla.
Dacova, non esqueza o computador portátil.

XDC dijo...

Ok. Messagem recebido.
Espero que non haxa unha comisión de veciños agardando, para impedirnos o paso, por seremos "persoas, non grazas" na Vila e Corte.
Entraremos por o cruce da carretera de Xunqueira. Ou por Outeiro de Orraca, desde o alto de Taboadela, ou desde a carretera da Merca. Ou por a carretera de Celanova. Ou pola vella de Xinzo. Ou...
É para despistar.

Mini Contubernio Kuomintang Medela dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajaja
Digo que fagan coidado polas tellas que están a caer...
E non padeza, existe o plan B.

Na radio dijo...

Anxo Quintana en La Ventana.

xdc dijo...

FUUUUuuu.

Estaba eu todo contento porque có aire que vai non fixeron o habitual botellón perto da miña casa, e agora có ruido do temporal tampouco vou dar durmido.

FUUU FUUUuuUUu

Este Eolo, como sopla.

Vaia agora lembro unha película chamada L´eolo. Nunha das primeiras esceas, o protagonista dí: "Italia é demasiado bela pra pertenecer sólo aos italianos". Imaxino que o Arume terá esa frase enmarcada, bordada a calceta, como o "home sweet home" dos ingleses.

Sopla, Eolo, sopla. FUUuU

Vostedes lembran o xogo dos "soplos e os cañotos"?.

Fuuuu.

Por qué, entre todas as posibilidades técnicas de xeneradores eólicos escollen sempre o "de hélice", de eixe horizontal, que precisa de mecanismo de orientación, e non se ve ningún dos varios modelos de eixe vertical,tipo Savonius, ou Darriehus? Algús modelos, hasta son bonitos:PREMER.
Imaxino que será tamén por o diferente rendimento a diferentes rexímenes de velocidade do aire. E por a diferente velocidade do aire ás diferentes alturas. Saberano ben os confesionarios, perdón, concesionarios, da enerxía eólica.

Si nós, os galegos, patentaramos un novo modelo de xenerador eólico, e o poideramos vendelo a todo o mundo!!
Quen poidera patentalo
quen poidera patentaloooo
meu amiiiiiiigooooo.

FUUUU.

Iste é un aire tolo, porque non ten intensidade nin dirección concretas. Non é "avisado", como o que adoita a soplar perto do mar. Alá,si é Nordeste, é Nordeste. Non anda cambiando de chaqueta.

LEmbran o conto do aire que competíu có sol, a quen fora quen de sacarlle a chaqueta a un home?. A min non me gustaba, porque prefería que gañara o aire.

FUUU.

Quen era o que decía que todo era aire?. Anaximandro?. Xa podia estar calado o Anaximandro ese.

FUuuUUU.

"Aire!!". Significa "Vai rañar o carallo!!".
"Tiralle do aire!!". Significa "Tócate o carallo".
Pois sí que ten razón o Marcos coa polisemia do carallo. E do aire.

FuuuUUU.

Cómo me gustaría abrir a fiestra e berrarlle ao aire: "Para xa, que non me deixas durmir!!!". E que parara de repente. E que os veciños que tuveran oído o meu berro se dixeran "Quén é Este, a que os ventos obedecen?".

FUUU.

Na linguaxe dos wolof, todo o que ten que ver có "lugar" empeza por "f". Por exemplo. Fi: aiquí. Fa: alá. Fan?: Onde..?. Foo?: onde tú...?. Moitos verbos relacionados dunha ou outra forma có espacio e cós movementos no espacio, empezan tamén por "f".
A saber cantas cousas lle escoitarán contar ó vento!!!.

FUuuuoOOOouuuIII FIiiI.

Hai unha baixa frecuencia, inaudible, que coincide coa das ondas cerebráis. Cando ten a suficiente intensidade, induce a un estado de inactividade mental. Teño entendido que está prohibido emitila. MEsmo en caso de guerra, Ginebra e todo eso. Pero imaxinen que o aire sopla sobre as chimeneas da cidade coa velocidade xusta como pra eso, e que durante unhos minutos estuveramos todos en "stand by". Imaxinen que nesas lendas antigas nas que se conta que de repente o tempo se paróu nalgún pueblo, pasara eso. Jeje. Boeno. POlo menos pode dar para un relato para os escritores que investigan o blog.

FuuuuUUU.

Parece que agora sopla menos. A ver se ma arrola, e podo durmir. Anque igual saio a cazar biosbardos, que é a noite tal.

xdc dijo...

Ósperas!!.

Eu estaba decindo a ver si os galegos inventabamos un novo xenerador eólico que non producira "contaminación visual", e parece que xa o inventaron. Anuncianno AÍQUÍ. Pero aínda non o dan a conocer!.

xdc dijo...

Si é este, non é tan feo:PREMER. A idea esa das láminas, coma as de unha persiana, que sa abaten có xiro, xa a vira eu fai anos, na teoría. Non sabía que se comercializaban.

xdc dijo...

Si tuvera unha de esas posta no tellado esta noite, dábame de baixa en Fenosa por un ano.

Anónimo dijo...

Mellor actor daría Beiras.
Tamén mellor vicepresidentee
Pero con quintana están as novas xeracións de pijos galegos.

arume dos piñeiros dijo...

Dacova: ten que recopilar esas marabillas qe escribe sobre os elementos. O último sobre o aire é antolóxico.
QUe vostedes o pasen ben na de Fandiño, onde creo que hai xa ambiente e expectación.

Markus Medela Wolf (espía desempregado) dijo...

Mensaxe cifrada para don Mesmo/Disimulando:
Mini-Contubernio en Allariz/Comida en Casa Fandiño ás 02:45/Fica Vde. convidado/Vai asistir o presidente do Kuomintang de Lugo, Von Steiner/Vai asistir o doutor alquimista Xoán da Cova (a. 'El hijo del viento')/Vai asistir este indigno servo de El Señor, malandro técnico de grao medio/Aperitivo na Micalla/Sesión de fotografías coa glamourosa musa Mary/Convido a chupito(s) de herbas na miña casa/Visita guiada por el pintoresco pueblecillo de Allariz/.
PRÉGASE CONFIRMACIÓN

p.d.: Chove...

arume dos piñeiros dijo...

Podía, amigo Medela, non me ser tan explícito: un deixou hai tempo de ser de pedra.

Medela á espera dos conxurados dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajaja
Arume continúa GOD; xa era GOD cando o meteorito aquel vitimou os saurios todos...
Ouviu, sr. Arume: Está agora a dar o sol. Un sol... Un sol que non presaxia nada bo. Non é o sol ese do que falaba Nietzsche... Aquel repoludo e alegre sol que nace, que sae de entre escuras montañas... E un sol tinxido de fatalismo, de baixa presión isobárica... Un sospeitoso sol, un sol parecido coa leve, sorprendente e ao cabo brevísima mellora que experimentan os doentes deshauciados... Un sol con feitío de OVNI... Un sol artificioso, como esas mulleres cuxo marido foi construtor, apañou cartos a moreas; esas mulleres que se maquillan en exceso... Esas mulleres que provocan o escachar das señoritingas de caldo á merenda casadas con funcioanrios de nivel 24... Nesta precisa altura en que estou a escribir, as nubes teiman en tapar o sol, e o sol teima en brillar... Coñece, sr. Arume, un vinilo dos Pink Floyd que se chama 'Obscured by clouds'? Pronto. Evidentemente o coñece.
Saúdos expectantes!

Anónimo dijo...

Teña vostede saúdos espectrantes, señor Medela.

o mesmo, pero disimulando dijo...

¡Cago na sota de bastos, tamén chamada pendanga! ¿E como non me avisaron antes? Acabo de ler a invitación. E o Iacobus puido ser máis explícito, cona, e non prometer sorpresas a cambio de chamadas telefónicas. Bo proveito. Síntanme con todos vostedes. Outra vez será.

Xosé M. González dijo...

Apicultor: saíu para aí agora mesmo. Xa lles explico.

Iacobus Von der Stein dijo...

Ainda que chegan os chupitos.

chiagn medela check dijo...

Aquí, no Faniño, en agradable compañía... Kuomintang, bo xantar, inmellorable compañía feminina... Que mais se pode pedir... Viva a república chinesa de allariz-lugo-lobeira- a auténtica... Non controlo... que movida... o licor d'herbas.... mari carmen... as aulas de wolof de dacova ao carallo... as camareiras do fandiño son bonitas... mari micalla é temén bonita... a avoa concha... roberto... miriam... os vellos tempos que nunca van tornar... eppppppppppppppsssssssssssssssssssssssss.... eeeeeeeeeeeeeeeeeeicarballeira.... viva lobeira... viva allariz... o eterno retorno... viva chihuahua... mi madriña... que cocido... que viño... que chupitos... steirner kuomintang mantén as formas ... a vella fidalguía terrachairaga...
meu deus
miña virxe do vido

medela abducido dijo...

virxe do viso
quería dicir

medela secuestrado por un OVNI dijo...

mi madriña que derrota
que decadencia
steiner fala e fala
dacova tamén
eu escribo
con dificultades
lobeira vén a min
verde e límpido amieiro
no segundo decorado
combates no firmamento
desde o santuario do viso
roberto
miriam
a miña avoa concha
todo agora é en play back
jumpin' jack flash
todo se esvaeceu na poeira
hai nevoeiro
epsssssssssssssssssssssssssss
amizade
honor
república de formosa
taipei
taiwan
lobeira
nacionalismo
galeguismo en estado puro

reis dijo...

Se Cesar Vidal, critica o video de Quintana,
Se o senhor Valdés nom gosta nada do video,
acho que algo bom terá o video,
nom me preguntem porqué,nom o sei.

arume dos piñeiros dijo...

O siloxismo imperfecto. Os escolásticos dirían que falso, amigo Reis.

Lancelot Medela de Stonehenge dijo...

Que importa o video de Quintana... Que importan os comentarios...
Que marabilloso micro-contubernio tivemos hoxe en Allariz, a California da Gallaecia!!!
A plana maior do Kuomintang, o partido nacionalista do mundo, arredor dunha mesa en Casa Fandiño, en Allariz, dando conta dun cocido maxestuoso, heráldico e emblemático.
Don Xaime Steiner de Lugo, que nos fixo rir ata escacharmos.
Don Xoán da Cova, o refulxente fillo do vento, acelerando, freando e catalizando o modo de vivir.
A bonita empregada de Casa Fandiño, Mari Carmen, Lady Lorelei rediviva, a poñer riba da mesa viandas, pan e viño a cachón!!
A sobremesa no Roi Xordo, coqueteando co colonialismo: Gin Tonic, chupitos, risa e máis risa... Rexouba e máis rexouba.
Aparición acaída do webmaster do blog, Xulio de Rabal e máis a señora, en canto Xoán da Coba, con guitarra emprestada, encetaba pezas dos Credence, dos Stones, de Donovan, do folc galego.
Descenso ao glamouroso inferno da praza maior... Mary Micalla, a musa, o eterno retorno. Que bonita señora, que familiar, que sincrónica, que déjà-vu!!!
Máis coñecidos, máis beixos, máis veciñanza. Non falta quen pregunte pola acompañante de Dacova, pola partenaire de Xulio de Rabal.
Os vapores etílicos estanse a disipar...
Mi madriña....................
Que lonxe están a miña avoa, Roberto, Miriam...

Lorelai Medela de Stonehenge dijo...

E a sombra do señor Apicultor planeando *irresponsablemente por riba de todos nós.


*Quérese dicir que o señor Apicultor exerce un espectral maxisterio sobre todos nós, sen sabermos con absoluta seguranza quen demo vén sendo e aludindo á súa persoa con suma precaución.

Xosé M. González dijo...

El é Anxo Quintana nada menos que en La Ventana.

arume dos piñeiros dijo...

Saír en La Ventana era ao que aspiraba desde sempre Quintana?
O "nada menos" de Saavedra, como debe entenderse?

Conxuras Medela dijo...

OS CONXURADOS, APRONTÁNDOSE PARA A ACCIÓN EN CASA MARY MICALLA

Bendicións Medela SA dijo...

OS CONXURADOS RECIBINDO A BENDICIÓN DE MARY MICALLA

+Bendicións Medela SL dijo...

OS CONXURADOS, POLO SI OU POLO NON, SOLICITAN MÁIS UNHA BENDICIÓN DA ESFINXE DO ARNOIA, E TOMAN OUTRO VIÑO

Aeroespacial Lobeira dijo...

ATERRIZAXE CASE FORZOSA EN CASA TINO FANDIÑO. TINO NON TEN PROBLEMA NINGÚN PARA APADRIÑAR A MEDOÑA CONXURA. O VIÑO COMEZA A FACER O SEU PERVERSO EFECTO

Anónimo dijo...

O ALQUIMISTA DACOVA, MÁIS COÑECIDO COMO 'O FILLO DO VENTO', EN ANIMADA CONVERSA CON DON XAIME VON STEINER, CÓNSUL HONORARIO DA REPÚBLICA DE TAIWAN EN LUGO E MEMBRO DA EXECUTIVA -SEN CARTEIRA- DO KUOMINTANG. OS EFECTOS DO VIÑO MADURO COMEZAN A SE TORNAR IRREVERSIBLES

Marcos Valcárcel López dijo...

CONXURADO, no meu ordenata non se ven as fotos, non sei se só me pasa a min ...

FIN DO MINI CONTUBERNIO dijo...

NO MOMENTO CRÍTICO DA SOBREMESA, NA ALTURA EN QUE MESMO O MELLOR DOS ETILÓMETROS REBENTARÍA CO ALENTO DOS CONXURADOS, EN PLENA FASE DE EXALTACIÓN DA AMIZADE, DESPOIS DE SUPERAR A VERBORREA FÁCIL, OS INSULTOS AO CLERO E O ATUAMENTO Á AUTORIDADE, POUCO ANTES DE ENCETAR OS CÁNTICOS REXIONAIS, O RENARTE AXENTE TAIWANÉS TENTA CAPTAR A DACOVA PARA OS SEUS FELÓNS PROPÓSITOS. DACOVA É ABSORTO NO COMPUTADOR. VON STEINER PARECE DICIR: 'ESTA BOTELLA SERÁ TUYA SI TE POSTRAS ANTE MI Y ME ADORAS'. O FILLO DO VENTO PARECE TAMÉN DICIR: VAI AO Cº.

Anónimo dijo...

No meu tampouco. A conxura que non existiu. Fantasías do Medela.

Medela experiente informático dijo...

GLUBSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS
Pois no meu si!!!!!!!!!
Vai ser que a conspiración so existe na miña mente, como Lee Harvey Oswald!!!!!
Non me queda máis remedio que copiar as páxinas e que os señores da Solaina copien e colen no seu navegador...

http://www.panoramio.com/photos/original/18187311.jpg

http://www.panoramio.com/photos/original/18187344.jpg

http://www.panoramio.com/photo/18187371.jpg

http://www.panoramio.com/photos/original/18187394.jpg

http://www.panoramio.com/photos/original/18187429.jpg

http://www.panoramio.com/photos/original/18187508.jpg

Anónimo dijo...

CARA OU CRUZ
Eu non
XOSÉ A. PEROZO
Hai no BNG un espírito de confrontación que cada dous por tres bota por terra a carreira de Quin cara a un centro nacionalista que, nalgún futuro próximo ou remoto, lles permita gobernar dun xeito hexemónico en Galicia, estilo PNV ou CiU. Unha parte da precampaña, que os nacionalistas teñen colgada na rúa, asegura que "cando se trata de defender este país, todos/as somos Quintana". Eu non son Quintana, e coma min moitos galegos e galegas que consideran que Galicia si somos todos, pero nunca desa forma personalista e homoxénea, senón dun modo plural, diverso. A filosofía da campaña, mesmo que se pretenda só simbólica, confronta coa idea xeral dunha comunidade democrática e aberta, imprímelle un nesgo unitario e excluente pouco acertado. Por desgraza para o líder do BNG, produce máis rexeitamentos que adhesións e amosa esa imaxe de "nós somos puros e o resto miseria" que estes días se desprende das últimas manifestacións publicadas por Aymerich, nunha clara e inoportuna confrontación cos seus socios de goberno. Ese sector frontista do BNG non axuda á identificación maioritaria dos galegos con Quin. Nin é posible que saiba estar no centro democrático.
GALICIA HOXE 25-1-09

Hermano político Ortimio Medela dijo...

Quen falaba nos 'pijos que votan Quintana?
Os 'pijos non teñen dereito a voto?
Alguén quere un país sen 'pijos?
Hitler quería un país sen hebreos.
Stalin, sen kulaks, nin hebreos.
Agora o obxectivo debe ser os 'pijos...

Acouga Medela dijo...

Calma, Medela, calma, despois dun contubernio ou dun temporal, calma.

O navegador manda un aviso -403 Forbidden-, sinal de que o ordenador onde gardas as fotos non as pode servir, está caído, ou fóra de servicio. (Avaría, falta de fluido eléctrico...)
Veño tamén dun apagón de luz, de 48 horas.
Na vida do blog me ausentei tanto tempo.
Pufffffffffffffffffffffff, qué atracón de entradas!.
Vou esgatuñando ata a primeira, verei de non indixestar.
Volverei.

lobo neghro dijo...

No meu tampouco se ven as fotos.
Tamén pon forbidden.

Anónimo dijo...

Perozo
Peroziño
Por que non nos falas
do teu partidiño?
Si, home,
dese que tanto che dá gustiño?

o mesmo, pero disimulando dijo...

Mal sabía o Quin e o Espartaco do que iamos acabar falando neste fío. ¿Que pensará o Anónimo que me pediu contención?

Medela, es un desastre. Un entrañable desastre, pero un desastre. O Contubernio debeu ser bo. Bo e xeneroso. Ó von Steiner heino chamar. Temos un viño pendente no Potente. Seguro que el o lembra.

Marcos Valcárcel López dijo...

E CON ESTE CHEGAMOS ÓS 100 COMENTARIOS. Moito deu de si o Espartaco!

Bisobrino político Evencio Medela dijo...

Podía unha alma caritativa e temerosa de Deus dicirme se furrula este hipervencello??
Obrigadinho.-


MINI CONTUBERNIO PART ONE

eu dijo...

Furrula, e vexo tres elementos para saír correndo.

Hija política Socialina Medela dijo...

jajajajajajaja
Obrigado, don Eu!!!!!!!!

arume dos piñeiros dijo...

Inapropiada ou ofensiva. Así figura na esquela dereita.
Juapismos.

Baldomino Medela dijo...

Aquí, os fermosos cabaleiros recibindo a bendición da non menos fermosa moura Mary Micalla


MINI CONTUBERNIO ii

Talleres Baldomino Medela dijo...

Os tres conxurados, con máis pinta de saqueadores de túmulos neolíticos que de homes de ben, compiten entre eles para ser o escollido pola moura, o designado pola divindade, o agrazado co matrimonio místico.

CONTUBERNIO iii

Maika Loureiro Medela (Miss Tui) dijo...

Non sei por que, mais acaba de se me ocorrer que as historias de piratas, si, 'A illa do tesouro', por exemplo, están relacionadas co saqueo dos túmulos neolíticos. Eses piratas enterrados xunto a un tesouro que non dá aparecido, ese mozo protagonista que pasa por unha e mil probas, ese vello pirata retirado... Ten todo un grandísimo trasfondo hindu-kush, sutti, 'celta' e sobre todo, cabaleirescamente indoeuropeo.

Aí vai a cuarta, con Tino Fandiño.

MINI CONTUBERNIO iv

Xosé M. González dijo...

Contuberniadores de garda: non lles ventou? Non lles nevou? Porque eu, na viaxe que onte tiven que facer a Becerreá por luctuoso motivo, quedei durmin aló. E hoxe á mañá o branco polas trazas ía máis para aló de Lugo.

Para o Arume: non idea teño das aspiracións rediofónicas de Quintana, que ademais presumo que foi chamado ad hoc. A miña estimación aludía ao lonxe e alto que chegou o resón do espartaquil anuncio.

E agora leo que tamén Perozo, en rexistro e mensaxe que, de pensar un nel, resultaría obvio por previsto. Pois nada, que siga a porpaghanda.

Urxencias Conspirativas Medela dijo...

Ola profesor González: Élle verdade. Non lembro unha noite como a do venres para sábado.
Ouviu? Domingo, en Lobeira, veu un golpe de neve que... Mi madriña!

MUDANZA CLIMÁTICA??

XDC dijo...

É cousa moi sinxela facer in video do que falara todo o mundo, e que saíra hasta na TV xaponesa. Bastaría con que saíra en pelotas, ou calquera carallada así. Outra cousa é que eso lle dera votos.

apicultor dijo...

Que tres delincuentes delicuescentes!

(dise así o último palabro, non?)

Xosé M. González dijo...

No presente ano, de mudanza nada. Confeso que, con este inverno bravo, teño un sosego que había anos. O tempo que ten que vir, cando ten que vir; os lagartos que non queren máis ca sol, pensen que, a pouco que a primavera responda, as colleitas han furar os sacos.

Ou sexa: leña e xarro, se hai catarro.

Xosé M. González dijo...

Da Cova: o dos votos xa virá, e ao mellor non minguan precisamente. Pero de momento ándase a outra cousa.

Karina Dasilva Medela (Miss Lobios) dijo...

Aquí, o glorioso camarada Von Steiner estaba no punto de solicitar de don Xoán da Cova, a afiliación ao Kuomintang lugués, aproveitando a argüída debilidade das defensas mentais provocadas pola xenerosa inxesta de viño, que de certo parecía provisto de máis LSD do que taninos.

Mini Contubernio part five

Iacobus Von der Stein dijo...

Debo ser un home con sorte, por que ca que caeo nesta fin de semana, que estiven o Sábado en Allariz e o Domingo en Compostela e non tiven problema na estrada e sempre con sol.
En Allariz tomamos os primeiros viños cun sol caralludo, os segundos xa non me lembro.

Sobrino de convivencia, Julio Medela dijo...

O señor Da Cova, alquimista homologado pola UE, dando evidentes probas de resistencia aos engados de Von Steiner.
O grao de intoxicación etílica tornábase irreversible.
O resto de comensais, a ollar para nós. O xerente do local, co número da Benemérita a man, polo si ou polo non.

MINI CONTUBERNIO vi

Se oyeron vivas al Cojo Manteca

xdc dijo...

Os votos virán porque aos outros pásalle como ao Buscón chamado Pablos naquela andanza: non hai por onde collelos. Pero eu falaba do video.
Si o que tratan có video non é conseguir votos sinón algo máis abstracto como "fomentar o espíritu nazonalista" en quen non o teña,entón sí que xa me esperrecho. Si o que tratan có video é o mesmo que o que se persigue cós mitins, esto é, convencer e estimular aos xa convencidos, entón perfecto. Quizáis.
Por certo. Cando o locutor de "La Ventana" lle pregunta ao Quin si en algún momento pensaron en retirar o video, en qué pensan vostedes que estaría pensando (o locutor)?.

xdc dijo...

Por cero X.M. González, non me compare a meteoroloxía invernal de Allariz coa de Becerreá. É que anda vostede por cada sitio...E os peregrinos do Camiño, qué farían, entón, con ese tempo?.

xdc dijo...

Reparen na composición cuasi-warholiana feita por Delapierre coa portada de un libro do MArcos. O ordenador está conectado á páxina das UvasPREMER.

XDC dijo...

Vostedes lembran aquel anuncio de fai anos,que fora encargado polo goberno para intentar que a xente vira menos a TV?. Trataba de un canciño que marchaba da casa coa sua equipaxe na boca, porque o seu dono xa non o atendía e sólo miraba para a TV. Seguro que o lembran.
Pois ben. Ese é un dos anuncios que se mostran nas escolas de publicidade como exemplo de fracaso total. Sinxelamente, porque conseguíu o efecto inverso ó buscado: a xente prendía a TV para ver si o vía. Si existira iutube daquela, sería un éxito de descargas. E deseguro que si lle preguntan a calquera si lles parecéu un bó anuncio lles van decir que caralludo.
Seguro que os responsables do goberno que o pagaron quedaron hasta contentos. Non eran cartos de eles, tratábase sólo de quedar ben cara a galería, non importaba en realidade conseguir o que aparentemente se pretendía. PAsa o mesmo con moitas campañas de tráfico ou contra o consumo de drogas. En realidade, a ninguén parece interesarlle que surtan verdadeiro efecto. Están feitas para o entreteñemento. Como o video do Quintana.
A Publicidade en serio, a que persigue modificar comportamentos, é cousa diferente a facer "películas".

Xosé M. González dijo...

Da Cova, con franqueza: neste momento, unha boa parte dos anuncios preelectorais marcan espazo e chaman a atención; non me parece que haxa moito máis, de momento. Obviamente, a virtualidade princiapal da espartaquiada non é fomentar. Fíxese, insisto, no que di o O'Rivas: "un papel protagonista [Quintana], xusto cando algúns medios decidiran sometelo a un tratamento de espectro"; meu dito, meu feito, La Ventana, Perozo, Blanco Valdés, As Uvas na Solaina, cen comentarios...

Canto a neve: obviamente, non teñen vdes. nada que facer en comparanza con Becerreá. A terra da miña señora, onde vou con frecuencia e houbo que ir por moi particular motivo esta fin de samana.

Anónimo dijo...

E a onde foi Manolo Meiriño, acompañado de Gaiarre, nunha viaxe memorable. Lémbrolle que foi vostede, en compañía doutros, quen me descubriu neste blog tan curioso personaxe. O cal agradécolle de veras.

xdc dijo...

Xa nos fixo entender o triste motivo da viaxe, Xosé Manuel González. Envíolle pertinente empatía.

Eu coñezo a comarca de Becerreá, mesmo estóu platónicamente (non me queda outra) namorado de algunhas rapazas da zona de Triacastela, son moi guapas. Tuvo vostede bó ollo en asuntos de amores.

Anónimo dijo...

Eu son nacionalista e non son Anxo Quintana, nin ganas que teño.

Anxo Quintana é o nome do político que vendeu o potencial emancipatorio nacionalista por catro cadelas e un contrato de asesoría de imaxe para uso propio.
Anxo Quintana é un tradidor, a historia non o absolverá.

lourixe dijo...

Vése que a Solaina non sofre as deficiencias de subministro -eléctrico, telefónico, internético e de augas- que as illadas moradas chairegas. Esgotei o stock de velas e menos mal que coa choiva e a neve aforrei viaxes á Fonte Santa (tamén chamada Auga dos Mortos por nacer ao pé do camposanto). Agora, 4 días despois, teño que apurar para me pór ao día e facer os deberes. Un saúdo especial aos contubernistas.

MS dijo...

Antolóxica resposta do presidente do goberno español á pregunta dun participante no programa "Tengo una pregunta para used". Hespaña está entre os dez países que máis armas exportan do mundo.

Participante: "Ten vostede idea de cantos civís palestinos mataron as nosas armas?"

Zapatero: "As nosas armas non se utilizan para iso"

Este nacho quérenos tomar o pelo ou é que cre que somos parvos????

O problema de querer contentar a todos por medio desa linguaxe de parvulario que emprega, chea de obviedades "tranquilizadoras", é que ao final acabará por non contentar a ninguén.

Anónimo dijo...

De romanos

De romanos es la película que nos cuenta el vídeo parido por el Bloque para la precampaña. Bien parido, por cierto, por quien tiene relaciones fructíferas con la televisión gallega, Antón Reixa, y con la inestimable colaboración de algunos actores que trabajan en ella. Y no es que sospeche nada, pero, ya que estamos en una de romanos, valga el proverbio de Plutarco que cuenta en sus ‘Vidas Paralelas’ sobre ‘la mujer de César no sólo tiene que ser honesta sino parecerlo’; por paralelismo, el artista que trabaja para la TVG no debiera trabajar al mismo tiempo para ningún partido político que está en el gobierno y que, por tanto, la dirige y maneja. Pero quizás sea el mezclar política con espectáculo, lo que me confunde. El que no se confunde es el propio Anxo Quintana, espectacular en su papel de Caudillo rebelde (frente a centurión, el jefe de la aldea es caudillo o druida, y de esto último no parece tenga cáliz ni madera). Pero, ¡más caudillajes no, por favor!, ni en broma o parodia.

De romanos también hablamos si nos referimos al segundo libro que publica la profesora María José Bravo, de título ‘El largo camino de los hispani hacia la ciudadanía’. Aquí sí que no hay broma sino estudio, con experta romanista que sabe de qué habla, no en vano ha investigado los cuatro siglos de paulatino desarrollo e integración de las comunidades indígenas que poblaban la iberia griega en el seno de la órbita romana. Especializadas bibliotecas, amplia bibliografía, orientación catedrática de profesor Dr. Antonio Fernández Buján, son mimbres de esta historia del derecho romano contada por María José.

Pues bien, con romanos por medio, entre artista peliculero y profesora universitaria sí podríamos asistir a buen duelo político, ya que a nadie se oculta que Bravo Bosch es histórica militante pepera y, más oculto pero no menos cierto, que ha sido llamada a ocupar algún liderazgo de su partido, que no ha podido atender por los tiempos que corren para ella actualmente, de cátedra y familia. Pero, seguro que algún día podremos ver a ambos en la discusión política, bien en la misma televisión gallega donde se ha incorporado recientemente como tertuliana, bien en la arena de la discusión de los cives y los tiempos indígenas de Galicia, con o sin vídeos caudillistas.


PercepcionesMoncho Conde-Corbal LA REGIÓN 27-01-2009

crítico dijo...

Moncho Corbal é sosísimo. Os seus artigos de "vida social" non teñen ningunha chispa. E o programa da tele local provoca somnolencia. Alguén lle debería dicir que o que fai non é o seu, non ho.

Xosé M. González dijo...

Agradecido, da Cova, sen formulismo.

Novidades na fronte: onte, Conde Corbal en La Región; hoxe, Eduardo Gutiérrez en El Progreso. "¡La lluvia de Inglaterra continúa! ¡Sigamos bajo la gotera!" (Alexadre Dumas, O visconde de Bragelonne).

A choiva era de ouro, o protagonista D'Artagnan e a tradución que teño non moi boa; suficiente neste caso.

Xosé M. González dijo...

E o calote da emigración, e o papelón do PSOE? Corremos piadoso veo sobre este there is no words?

XDC dijo...

Agora que fala da chuva de Inglaterra, lembro un anuncio de coches que saia fai pouco. O narrador iba falando de cousas que sucedían ao revés, e, entre elas, decía "a chuva vai para Escocia". A cousa é bastante incomprensible para quen non sexa inglés de nacemento, porque en caso contrario é pouco probable que coñeza a canción infantil "Rain, rain, go to Spain...".
O texto do anuncio foi literalmente traducido do inglés, pero esa frase debía ter sido sustituida por outra cousa, por exemplo "Chove pra arriba" ou algo así.
I é que para dedicarse á publicidade, a verdade é que que hai que saber de carallo...

XDC dijo...

Aiquí está a canción: PREMER.

XDC dijo...

Vaia. A edición local da Voz de Galicia en Ourense fala hoxe do video electoral que fixeran e emitiran fai uns anos uns aficionados chiflados nunha TV local ourensá, parodiando a película "300". COnsidérao "precedente" do video do QUin.

xdc dijo...

Mesmo da o enlace iutube para ese video, pero non o copio. Non ten maior importanza.
Imaxino que os que concebiron o video analizarían os seus efectos "prácticos" no seu día.

Xosé M. González dijo...

Pois aínda lle ten importancia, da Cova, porque a choiva de publicidade gratis continúa. Imaxino, eu tamén, que os de La Voz avaliarían ese aspecto.

Xosé M. González dijo...

Sen novidade nas sacas, iso si.

XDC dijo...

Eu, o que qeuro é ver cómo se solucionan os problemas de imprevistos tales como Prestiges, Furacáns, etc, que é en base ao que adoito a votar.

xdc dijo...

O das sacas é de xuzgado. Non sei se encabezar unha cuadrilla de encapuchados que as rouben recén chegadas de ultramar, e desparramen todas as papeletas por a bahía de Vigo, como cando foi das sacas do té de Boston, durante a revolución americana.

Xosé M. González dijo...

Vamos logo buscar o traxe de indio; aínda que igual non fai falta, co ben que o facemos.

XDC dijo...

VIDEO DOS AMIGOS DO DACOBA.

XDC dijo...

Aver: PREMER.

XDC dijo...

Texto do periódico:

ANTON FEITO

LOS 300 DE JACOME Y REPORTER

En el principio fue Rafa Reporter, después vino Antón Reixa, cuya agencia siempre trabaja para el BNG. Primero llegaron los 300 de Jácome. Luego apareció el Espartaco de Quintana.

Dos años antes de que en YOUTUBE circulara la versión galaica de Kirk Douglas, ya navegaba en el ciberespacio la batalla de Termópilas en las que 300 guerreros espartanos (300 vecinos que votaron Democracia Ourensan en 2003) intentan frenar al ejército persa (PP, PSOE, BNG). Son 8 minutos de imaginación, ingenio y pasión por Ourense. Ocho minutos fabricados por el talento de Rafa Reporter, que abrió el camino al EU SON ANXO QUINTANA.

Una auténtica delicia volver a verlo. No se lo pierdan: www.youtube.com/watch?v=BcJLmB2F6Q0

XDC dijo...

2003...como ven, hai quen está de volta de certas "ideas xeniáis".

O video pudo ser doblado sin dificultades, pero o Rafa (virtuoso violinista e un dos fundadores de "Arco da Vell", prefiríu facelo así).

Anónimo dijo...

Basta xa de tanta publicidade para Democracia Orensana.
Ese grupiño reaccionario e rosadiezista.

MS dijo...

Ourense (cidade, provincia) precisa de algo máis que unha produtora de vídeo con "ideas xeniais" para sacala do furgón de cola e pelotón dos torpres na que se encontra. Penso eu.

XDC dijo...

Para o Anónimo anterior, todo o que non sexan caralladas progres debe de ser "reaccionario".

O de rosadiezista non sei a qué se refire.

MS: Tén toda a razón. O que menos. nos fai falta son cousas así. De "xenios", "plataformas", e cousas así vamos sobrados, os de Ourense.

XDC dijo...

Pero cando ninguén lle tosía a Baltar, e o PP estaba no concello, na Xunta, e en Madrid, foron o único medio que se enfrentóu a eles, cós seus propios recursos, con aquel programa "Planeta Baltar".

E cando a película "hai que botalos" non se emitía máis que en "bng-tabernas", foron o único medio que se atrevéu á sua difusión masiva.

E así, unhas cantas cousas máis.

Algunhas, desafortunadas, como a torpeza da entrevista ao Marcos, desde logo.


O que pasa é que, como agora lle siguen dando caña ao poder, e éste é de esquerdas, agora son "reaccionarios".

Non pasa nada. Siguen sendo os mesmo grupiño de amigos "tocapelotas".

XDC dijo...

A ver si alguén ten 3.600.000 euros pra comprarlle a nave ó xornal "La Región":PREMER.

Xosé M. González dijo...

Voume para a II Liga de Debate. Páseno ben o que queda de semana.

MS dijo...

Outro que tal baila ou "Quien te ha visto y quien te ve":

(Xornal.com)

El alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, animó ayer en Buenos Aires a los emigrantes “a que voten, aínda que non teñan os seus documentos actualizados, para demostrar que queren participar na vida política española”. “Todos os españois temos dereito a votar, con todas as garantías, pero que non nos quiten ese dereito con ningunha escusa”, afirmó el dirigente socialista en una rueda de prensa con los medios de comunicación argentinos.

XDC dijo...

Nada, non hai problema.

Xa estaremos o X.M.González i eu, disfrazados de indios,pra coller todas esas sacas e desparramar o seu fraudulento contido por a ría de Vigo. Vanlle chamar "a marea do negro sobre blanco".

Vanessa Coucieiro Medela (Miss Cualedro) dijo...

Pódome unir ao motín do licor café?

XDC dijo...

Con vostede xa contabamos,Medela.

En toto caso, podíase unha boa performance. Un barco aparecendo polas Cíes e unhos indios nunha kayak abordándoo, collendo as sacas e tirándoas ao mar, todas as papeletas flotando, e os políticos noutras barcas colléndoas desesperados coa mau como cando foi do petróleo Prestige e os pesacdores. Que o faga o Reixa, que para eso cobra de carallo por esas cousas. O do motín do té, foi de noite, pero algunha licencia literaria hai que tomarse.

Anónimo dijo...

Que no voten y punto.
J.C. Caneiro-Voz
Voy a repetir dos sentencias que he escrito en numerosas ocasiones. Lo voy a hacer hoy, precisamente, día en que la Junta Electoral decide si declara válidos los votos de la emigración sin copia de pasaporte o DNI. Las dos sentencias que asumo plenamente son: 1, el voto emigrante es una solemne estafa; 2, los que permiten que la situación no mude con sus sucesivos Gobiernos nos engañan, nos toman por tontos, nos humillan y vulneran el espíritu de la democracia. Sé que la argumentación final de esta columna no resultará correcta desde el punto de vista político, pero uno hace tiempo que no procura el aplauso de los políticos: he dejado de creer en casi todos. Mi argumentación final es: si en ocasiones votan los muertos (se ha comprobado), si hay quien vota por cuarenta (se ha comprobado), si los partidos tienen agentes que actúan como auténticos caciques «bananeros» manipulando votos en el exterior (se ha comprobado), por qué continuamos permitiendo esta farsa. La permitimos porque el voto emigrante es voto al poder, antes al Partido Popular y ahora a los socialistas. Estos últimos pretenden que voten hasta sin carné. Votan también sin pagar impuestos. Votan los que nunca han venido ni vendrán. Votan y pueden decidir su vida, ciudadano. Como he dicho, hace años que no soy un tipo políticamente correcto. Por lo tanto, como colofón a esta columna escribo lo que muchos de ustedes sin duda piensan: que no voten, y punto. Y reitero: el voto de la emigración es una solemne estafa consentida, antes por el PP y ahora por el PSOE. ¡Qué vergüenza!