Pisco,
BIEITO IGLESIAS, ecg. 22-1-09
BIEITO IGLESIAS, ecg. 22-1-09
Agora mesmo estou pendente do baño que se dá un paporrubio nun pratiño con auga de chuvia. O volátil que alá onda nós (Ourense) se chama pisco, como o defensa central asturiano do Deportivo alcumado Piscu, pousou nun cameleiro de flores damnificadas polo vento e o torbón xélidos, para logo entregarse a delongadas ablucións, batendo a auguiña con asas e bico. Velaquí, plantificado na miña terraza, un perfecto emblema do inverno e deste mes de gatos á xaneira.
Teño un cartón postal adquirido en Florencia no que o primeiro mes do ano (gennaio) aparece representado por un pisco amouchado nunha póla espida polos fríos. A propensión a cantar xaneiras vénme do zodíaco, pois nacín o día de Reis, baixo o signo da Cabra, e a simpatía polo paxariño de pescozo vermello débese a certa complicidade ideolóxica. Porque o paporrubio é individualista, a tal punto que o seu canto pode traducirse así: Fai-pra-ti, fai-pra-ti, fai-pra-ti (con música de serea de ambulancia).
A invernía asóciana os escritores de humor saturnal coa morte. Joyce describiu a folipada de neve como unha mortalla a empanar Irlanda; Paulino Vázquez ensópanos na "chuvia escura, gris, mortal sobre as campas", no poemario Arcaico o tempo que respira, recén saído do prelo; e Emily Dickinson láiase da marcha do cuco e do ouriolo, que levan consigo ao emigraren toda a música do verán. A decir verdade, a poeta non menciona o cuco (isto corre por conta do tradutor ao castelá, que non quer escribir o feo nome de "chotacabras") senón a noitebra.
Os políticos son xordos á palabra calcada polos pés numerosos da poesía, se acaso agárranse ao sucedáneo das rimas do refraneiro. Por iso a Ministra de Fomento quixo combater os problemas de tránsito causados pola neve evacuando adaxios: "Año de nieves, año de bienes". Hai razón. Dúas posibles explicacións da crise económica: Ano de herba, ano de merda ou ben Ano de belota, ano de larota (fame).

2 comentarios:
O paporrubio!!! Qué bonitiño!!
É un paxaro moi amigo da xente. Si pasea por unha fraga, il vai segíndoo por detrás, vixiando a cantando. Fai compaña. Non coma outros, que escapan.
Deixáronme sozinho có meu paporrubio.
Medela. Vostede que sabe de esto. EN galego chamámoslle papo-rubio. E non papo-roxo, nin papo-vermello.
Cando eu me ruborizaba de vergoña por calquera cousa, o meu avó decía que me puña "rubio". A unha vaca que eu vía "marrón" , il decía que era "roxa"...
Cómo é eso das côres, no galego, e qué correspodencias hai ou non hai ó castelán ou o galego.
Dí a lenda que o paporrubio luxóu o peito coa sangue do Cristo cando lle quitaba as espiñas da fronte (tamén se conta da Anduriña). O sangue é entón "rubio"?.
Publicar un comentario