20 ene. 2009

Un discurso de talla.
Unha treboada de enerxía colectiva en Washington.
Que non nos defraude.

A estrea de Obama, de XULIO RÍOS, Galicia Hoxe 20-1-09

Por outra parte, as declaracións de Hillary Clinton ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado, auguran un cambio de rumbo, cando menos nas formas, asegurando que a forza militar será usada unicamente como "derradeiro recurso". A reivindicación dunha diplomacia intelixente resulta dos fracasos da ausencia de diplomacia e de intelixencia, da marxinación de principios mínimos e do exceso de soberbia fronte a propios e estraños. A dirección que tomará a política exterior de Obama, pese a todo, segue a ser unha incógnita, aínda que estas declaracións, o perfil dos nomes que se barallan para acompañar á titular da Secretaría de Estado e as reiteradas alusións e coqueteos con certo centrismo deixan atrás a orixinalidade prometida durante a campaña electoral. Chegou a hora do realismo.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Onde están os Wasp?

Iacobus Von der Stein dijo...

A mín que me rexistren eu non lle votei.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Juan Varela, Periodistas 21. O que máis me chamou a atención foi a cobertura (con perdón) de todo o acto (tamén con perdón). Non sei se somos quen de dar conta de todo. Eu, encantado, pero desde logo o "despliegue mediático" foi impresionante.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E xa volveu das Italias, amigo Marcos? Como lle foi?

XDC dijo...

A mín eso de usar a forza militar "únicamente como último recurso" non sei cómo interpretalo.

Jimmy Medela dijo...

CIDADÁN DOS EUA LEVEMENTE CONTRARIADO POR A POLICÍA NON O DEIXAR PASAR Á FESTA DE CORONACIÓN DO SR. E SRA. OBAMA. SR. ARUME, REPARE NO DESEÑO FASHION DOS CORNETES DE XEADO, CORNETES QUE ORLAN COMO CONDECORACIÓNS BÉLICAS OS ELEGANTES PANTALÓNS DO INDIVIDUO

lobo da cor de obama dijo...

A mín o que máis me chamou a atención foi comprobar que quen manda no matrimonio Obama é a muller, Michelle.
Xa podemos decir que nos Uese-ei xa teñen de presidente a un negro e a súa muller negrha.

Cando chegharon a casa branca, ela adiantóse e ía descaradamente saudar ó Bush. Rectificou no último momento e dirixíuse a muller do Bush. Debeu ensaiar moito, moito, moito, e aínda así "a cabra tira ó monte".

E non me malinterpretedes, non é que eu me considere machista, é que o protocolo é protocolo, e non acredito nas bicefalias, e menos que mande quen está na sombra.

Imaxinade que "coronan" presidenta á Hilaria, e vai o Clinton e adíantase a saúdar ó Bush. Habería excusa para decir:"C'est l'habitude". Como dixo un meu tío Xinebrino para disimular que non sabía conducir subindo polo lado do conductor.

Anónimo dijo...

non, ho, non o consideramos machista, lobezno, tan só un pouco acoquinado pola súa dona, por iso ve tal feito en todas partes

lobo neghro dijo...

Home, muller, en todas partes non.

Tamén vexo o banguelleira que é Michelle Obama ó andar. Eses xeitos tan pouco puídos de "estar". Hai un adxectivo no meu "pueblo", esvacuallada, imprópio para unha primeira dama. Observe vostede e verá como en pouco tempo evolúe para ben, entrarán asesores de imáxen a "blaquexala".

Marcos Valcárcel López dijo...

vOLVÍN, Arume: algo contarei, brevemente, da visita a Firenze.

lobo neghro dijo...

E il peghoulle o síndrome de Stendhal amigho marcos?.

Marcos Valcárcel López dijo...

case, pero foi pouco tempo e souben resistirme ...

lobo neghro dijo...

Repare vostede en como lle resistíu amigho Marcos, seghuro que foi tomando conciencia da respiración, respirando máis amodiño e marcando ritmos de inspiración e expiración. É o único xeito que temos de controlarmos as emocións. Os orientais sábeno de longa data, nós estamos a aprender.

Por certo Henry Beyle, alias Stendhal, debía ter unha sensibilidade de tal calibre que deu nome a dous síndromes. O segundo é o Beylismo, consiste nunha nostalxia que lle entra a algunhas persoas ó oiren tocar as campanas. Pode que Rosalía a padecese.

lobo neghro dijo...

Claro que nos os galegos ó Beylismo poderíamos chamarlle "Bastavalismo", en homaxe a Rosalía.
Parece que todos as ideas nos veñen de centroeuropa.