Graciñas, grazas... outra vez.
Tras case un mes de votacións e con case o dobre de participantes que na edición do pasado ano, xa están dispoñibles os resultados de O mellor do 2008. Queremos dar as grazas a todos e a todas os que participaron nesta enquisa e os nosos parabéns aos gañadores.
O mellor do 2008 segundo os lectores:
Mellor libro de narrativa adultos do ano: Festina lente (Xerais) de Marcos S. Calveiro.
Mellor libro de poesía adultos do ano: construcións (Positivas) de Eduardo Estévez.
Mellor libro de ensaio adultos do ano: Os Grouchos (Xerais) de Manuel O'Rivas.
Mellor libro para adultos traducido ao galego do ano: Lolita (Faktoría K) de Vladimir Nabokov.
Mellor libro xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais) de Xabier P. Docampo.
Mellor libro infantil do ano: Das novas cousas de Ramón Lamote (Galaxia) de Paco Martín.
Mellor libro infantil e xuvenil traducido ao galego do ano: Un casoiro ben mal amañado (Sotelo Blanco) de Bali Rai.
Autor/a do ano: Marcos S. Calveiro.
Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas.
Mellor portada adultos do ano: Pan e coitelo (Galaxia).
Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais).
Mellor editorial do ano: Xerais.
Mellor crítico/a literario do ano: Ramón Nicolás.
Mellor iniciativa literaria do ano: Cultur.gal
O mellor acontecido no 2008: Premios Nacionais/Recoñecemento a Xusto Beramendi e a Agustín Fernández Paz.
O peor acontecido no 2008: Consellería de Cultura e Deporte.
Mellor libraría: Libraría Arenas (A Coruña).
Mellor medio de comunicación: Diario Cultural de CRTVG.
Mellor blog: As uvas na solaina.
7 comentarios:
Campeooones oeeeeeeeeeeeeeeee
campeooones oeeeeeeee
campeoones oeeeeeeeeeeeeeee
capeoones eee o eeee
(mi re mi do mi reee
re do# re si re doooo
mi re mi do mi faaaa
sol fa mi do re si doooooo)
Parabéns, Marcos. Unha vez máis máis, o pobo é sabio, quem máis ordena...
Apertas fondas.
"O peor acontecido no 2008: Consellería de Cultura e Deporte."
HA HA HA!!!!!
Eu non sei que é o peor nin o mellor, pero debo dicir que me econtro moi a gusto nesta casa.
Gracias, don Marcos, e todos os concorrentes.
Vostede, o mesmo que me coñece, dixo que ía saír do armario. Qué, que quentiño se está na casiña, ca estufa, e escribindo do divino e do humano?. Seña home, diga en alto que lle gustan o viño e as mulleres -póñao na orde que queira, eu falo por min-, que anda todo bastante fodido, e que lamentablemente ZP, e o seu cónsul en Monte Pío non dimiten, e por riba convocan elecións para gañalas de calle.
Destápese, reivindique un parque eólico, fágase de Galicia Bilingüe, anime ao Medela a retirarse, métase co Apicultor por mandamais, chámelle facha ao XDC, xuntaletras ao Etxe, guaperas ao Arume, Lobo ao Lobo, e a mín pódeme chámeme o que queira, xa me dixeron de todo.
Non se preocupe, todos perdoan, pero non olvidan.
Picapleitos, que é Iacobus.
Por exemplo
Publicar un comentario