7 ene. 2009


Zapping.
PAN POR PAN mércores 7 xaneiro.
Imaxe, Christine Dumbsky.
Está claro que a Televisión ten outras linguaxes, outros medios e outras teimas. Por, exemplo, nos últimos tempos, a obsesión pola neve. Cada dez minutos sae un reporteiro dalgún programa nun pobo asolagado pola neve, entrevistando a algún paisano aterecido: é como se os xornais titulasen todos os días NEVA E SEGUE NEVANDO en letras grandes. A TV domina moi ben a linguaxe fragmentaria, a mensaxe rápida, breve e pouco substanciosa.
Velaí os múltiples programas de zapping con contidos morbosos ou escatolóxicos, curiosidades de bichos e animais, batacazos e choques de coches ou motos e algunha desgraza, ademais de artistas aspirantes a un record Guinness. Con todo ese barullo faise unha televisión fácil, tantas veces repetitiva e, sobre todo, barata. Co auxilio ademais de Youtube onde hai un catálogo millonario de chorradas diversas para copiar e difundir na pantalla de TV.

1 comentario:

xdc dijo...

Voulles contar un conto, para os seus fillos pequenos.


Un pobre velliño cun caiado pedía unha limosna na rua. Pasóu un home con xesto apresurado, e non lle fixo nin caso. Pasóu logo outro que o miróu con desprezo. Pasóu logo outro que lle sonreíu de xeito amable, e lle deu unha moeda.
Cando o último transeunte levaba camiñado uns cincuenta metros, arrepentíuse de terlle dado poucos cartos e volvéu sobre os seus pasos. Pero, para a sua sorpresa, xa non estaba o velliño. Nin naquela rua nin nas próximas. Parecía como si o tragara a terra. Había algo misterioso en todo aquelo.
Non pudo apartar da sua mente aquela sensación extrana en todo o día. Cando chegóu á casa á noite prendéu o televexo. Asombróuse de ver ao velliño na pantalla, en primeiro plano, falando cara él e dándolle as grazas ao único viandante que, como se viu nas imáxenes posteriores, se apiadara de él. Era un famoso actor que facía un programa con cámara oculta.
Non paróu de soar o telemóbel nas horas seguintes. Chovíanlle chamadas e mensaxes de felicitación de todas partes.

-----------------------------

Igual hai que adaptar certos relatos clásicos aos modernos formatos televisivos, pra que lle chamen a atención aos rapaciños de agora....