7 ene. 2009


CENTENARIO DE DARWIN

DARWIN FÓRA DAS ESCOLAS. ANDOLIÑA xoves 12 febreiro 2004.
Hoxe celébrase o Día de Darwin que convoca a científicos, antropólogos e estudosos de todo o mundo no 195 aniversario do seu nacemento na localidade británica de Shrewsbuy. Para conmemorar o evento programáronse actos en varias universidades de Inglaterra e Estados Unidos. Neste último caso téñeno máis difícil: hai aínda cinco estados norteamericanos –Georgia, Kansas, Kentucky, Oklahoma e Virxinia do Oeste- que poñen en dúbida nas escolas as teorías do pai do evolucionismo e só admiten a interpretación literal da Biblia. É a América “involucionista”, baixo o pulo da ultradereita relixiosa que logrou que, neses estados, case un 60 por cento da poboación afirme como crible a explicación bíblica da creación, fronte ao 9 por cento que se inclinou pola teoría da evolución (o resto ve ámbalas dúas como compatibles). Debe ser un espectáculo un profesor de Ciencias explicando a orixe do home e rebatindo a Darwin: gustaríame velo.
Por certo, tamén en Santiago de Compostela algún docente foi perseguido e expulsado por querer levar as teorías de Darwin ás aulas. O profesor Xesús Alonso Montero publicou hai anos un traballo en “Los Cuadernos del Norte” sobre a persecución do darwinismo en Galiza. O rector compostelán presumía a finais do século XIX de que na biblioteca da súa Universidade nunca entrara unha soia obra de Darwin. Pero todo iso sucedía hai máis de cen anos. Mira ti por onde levámoslle un século de distancia a Georgia ...

26 comentarios:

XDC dijo...

Un grolo por o gran Darwin.

Un home xenial por concebir unha Grande Idea Mestra (maiúsculas adrede) do pensamento humano.

Un home constante e traballador, por molestarse en ilustrar as suas ideas con unha gran cantidade de exemplos concretos recollidos coa minuciosidade de un coleccionista ao longo da sua vida.

E un home valente por enfrentarse a valores férreos imperantes na sua época.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Hai en Galicia algunha rúa adicada a Darwin?

XDC dijo...

Non sei. Pero no meu corazón ten unha Avenida.

XDC dijo...

Inda cando era eu neno tiven unha mestra que nos decía que Darwin estaba equivocado porque ,si na Natureza sólo sobreviviran os máis fortes, sólo habería elefantes, e non habería mosquitos, pois aqueles esmagaríanos todos.JAJAJAJ.

Pero boeno. Era a mesma que dixo un día que "vocal" se escribía con "b", porque viña de "boca".

Vanessa Medela 'A cavernícola' dijo...

Daquela, acreditar na teoría de Darwin é sinónimo de progresista. Todo o que teña a ver coa teoría da creación, sinónimo de fanatismo relixioso.
Entón, ler "El País", garantía de progresismo.
Ler "El Mundo", pois, equivale a comportarse como os protagonistas de 'En busca del fuego'.

Co fácil que era, e eu sen me decatar...

XDC dijo...

A teoría de Darwin fai tempo que está apartada de toda carga ideolóxica seria. Pertenece ó ámbito do estrictamente científico. O seu rexeitamento sólo pode proveñer da iñorancia, dito sexa sin ningún matiz despectivo, máis que do fanatismo relixioso.

XDC dijo...

A evolución das linguas, tan do seu interés, Medela, ten, por certo, moitos aspectos "isomórficos" coa evolución das especies.

XDC dijo...

Boeno, boeno. Xa sabemos qué pasa con certos estados sureños dos EEE.UUU. Pero non ven mal algo de música: Non é a versión que esperaban.

lucio dijo...

Anuncio, non escrevo(non sei galego), falo.
Darwin tamén conheceu o "sapocuncho", milhor dito, conheceu ô SAPOCUNQUEIRO, o auténtico,especie que perdura nas ladeiras e vals da Galiza dos tempos de Darwin. Grandes terras que evolucionaron do minifundismo fundamentalista o abandono radical. Galiza rural encomendada a vontade divina. Deus nos libre dos dogmáticos.

Anónimo dijo...

Sobre o (des)coñecemento da obra de Darwin na Galicia do século XIX:

Xosé Antón Fraga
Revisitando a Darwin

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/01/03/0003_7437188.htm

Revisitando a Darwin

Fecha de publicación:
Sábado 03 de enero de 2009

* Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (13 votos)
* Envíando datos... Espere, por favor.
* Gracias.
*
o -
o +
o Enviar
o Imprimir
o Volver

A conmemoración dos aniversarios do nacemento de Charles Darwin (1809) e da publicación do seu singular libro , A orixe das especies (1859), converterán o 2009 no Ano Darwin. Unha boa oportunidade para revisitar a biografía e a obra deste singular científico.

Unha obra, o darwinismo, que xa no momento inicial provocou un debate científico, filosófico, político e teolóxico sen precedentes. A teoría da evolución estivo presente en todos os ámbitos culturais como a plasmación na natureza da idea do progreso. En Galicia espertou un grande interese, como amosa o importante volume de intervencións arredor do tema. A súa difusión iniciase en 1868 e Xosé Rodríguez Carracido deixounos un testemuño: «Con el mismo calor con que se venía discutiendo la soberanía nacional y la separación de la Iglesia y el Estado, empezó a discutirse en los círculos intelectuales la mutabilidad de las especies y el origen simio del hombre».

Será en 1870 cando por vez primeira o famoso libro de Darwin acceda a un centro de ensino en Galicia. Aparece nunha lista dos que a Deputación de Pontevedra entregou ao Instituto desa cidade. E corresponde ao da Coruña a honra de adquirir os primeiros exemplares, nos cursos 1876-77 e 1878-79. Un feito que contrasta coa ausencia de tan singular publicación na Universidade de Santiago en todo o século XIX. Un claro síntoma de como foi recibida, mellor dito, rexeitada, a mensaxe evolucionista pola principal institución académica do país.

O debate arredor do darwinismo e a teoría da evolución, hoxe en día, móvese noutras coordenadas. A evolución é unha evidencia científica, polo que o seu cuestionamento obedece á ignorancia ou ao fanatismo. Outra cousa é que, como acontece en toda teoría científica no seu desenvolvemento, se discutan diversos elementos da mesma.

Da biografía de Darwin e do contido da súa obra, para min, salientan a persistente curiosidade do personaxe, a súa pretensión de rigor e unha comprensión da transcendencia do que estaba descubrindo. Tamén me interesan as dúbidas nas que se moveu na construción e difusión da súa teoría. Refírome, por exemplo, a eses vinte anos previos á publicación de A orixe? , preocupado pola reacción que podería provocar, unha cuestión que lle afectaba de xeito persoal, pois temía ferir os sentimentos da súa dona. Tamén ao tenso momento vivido en 1858, cando recibe o manuscrito no que Alfred Wallace lle comunica o descubrimento, de xeito illado, da teoría da evolución, o que cuestionaba a súa prioridade. Ou, mesmo, o xeito en que foi atribuíndo maior ou menor protagonismo a mecanismos alleos á selección natural ao longo do desenvolvemento da súa propia teoría.

O Ano Darwin motivará numerosos actos conmemorativos en todo o mundo. E os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) participaremos activamente nesta celebración universal, incluíndo colaboracións con outras institucións. Abranguen, entre outras, un programa específico no planetario da Casa das Ciencias, publicacións, encontros, novos contidos da páxina web e adecuación ao tema evolutivo de diversos módulos expositivos na Domus e Aquarium Finisterrae. A todo iso sumaremos a intervención estrela, unha exposición, na Casa das Ciencias: O asombro de Mr. Darwin . Tentaremos explicar a vivencia do mozo atraído polo coñecemento e goce da natureza e enfeitizado polo que observou na súa singular viaxe. E tamén a do home que construíu unha teoría revolucionaria, conmovido pola consciencia da súa transcendencia e impacto. Un asombro intelixente que foi parello coa aplicación dunha metodoloxía científica, amosando -asemade- o aspecto creativo da ciencia, un estimulante camiño de preguntas e respostas. Trátase dunha homenaxe a un científico xenial, pero que fuxirá da apoloxía. En última instancia, pretendemos achegar a teoría da evolución ao público, buscando que se cuestionen as ideas máis comúns, favorecendo unha postura crítica fronte a posicións irracionais.

Si, 2009, o Ano Darwin, será unha boa oportunidade para revisitar a biografía e a obra deste sobranceiro científico. Unha nova ollada que nos achegará ao coñecemento dun elemento substancial no noso xeito de entender o mundo. O que, de acordo coa afirmación de Johann Wolfgang von Goethe -«o home coñécese a si mesmo só na medida en que coñece o mundo»-, nos permitirá saber máis de nós mesmos.

XDC dijo...

Bó escrito o anterior.

Efectivamente, a teoría ten moitos detalles por desenrolar...moitos dos cales foron suxeridos por o mesmo Darwin!!.

Eso non ten nada que ver có rexeitamento das suas ideas fundamentáis.

Por poñer un exemplo:

Fai anos que a Mediciña non cree na bruxería ou na maxia para curar enfermedades. O feito de que haxa enfermedades todavía incurables, non quere decir que a Mediciña científica non valia, e haxa que volver á maxia. SInxelamente, que hai que seguir desenvolvendo a Mediciña.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A xente que rexeita a Darwin cre nas caras de Bélmez. Ou Belmez.
Agora se o Darwin dixera que os homes descendemos (nunca mellor dito) de Brad Pitt (algúns máis ca outros, obviamente) e as mulleres de Eva Mendes, seguro que non o rexeitaban tanto.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A de Filoloxía vai camiño de prescindir do estudio das sinécdoques e das hipálaxes. Non curan nin siquera a melancolía.

lobo neghro dijo...

E que foi de Wallace?. Totalmente eclipsado.

Sabedes quen foi o inventor do teléfono?. Sen dúvida moitos diredes que Bell. Pois hai apenas unhes anos, catro ou cinco, un tribunal dos Uese-ei recoñeceu que fora un coitado italiano do que non me acordo do nome.A história é cruel. Apenas falaba inglés e fora consultar con Bell sobre a patente do seu invento. Bell acudiu a oficina do rexistro creo que unha media hora antes.

Que foi de Wallace?. Se chegara practicamente as mesmas conclusións que Darwin; antes?. Non sei. O caso é que precipitou a publicación da obra de Darwin dirixíndolle o seu escrito e explicándolle os mesmos descubrimentos.

Para mín, este feito, engade probas unha vez máis do lado dos que pensamos que os inventos da humanidade prodúcense en varios focos a vez.

XDC dijo...

Efectivamente, Lobo Neghro. As ideas do Darwin foron desenroladas de xeito case paraleo por o Wallace.
A diferencia está en que o Wallace quedóuse na teoría, na "hipótesis". E o Darwin tomóuse o traballo de buscar probas prácticas en grande cantidade (e calidade). Xa sabe, como decía Edison, "cinco por cento de inspiración, noventa e cinco por cento de traballo". O Wallace quedóuse na primeira parte.

Traballar intelixentemente é mellor que traballar duro. Pero traballar duro de xeito intelixente, é mellor. Darwin fixo eso último.

xdc dijo...

Esa é outra das crueldades da vida: do segundo ninguén se lembra.

xdc dijo...

Podiolle poñer outro exemplo:
A parte matemática da Teoría da Relatividade (restrinxida) de Einstein foi desenrolada paralelamente, e en moitos sensos de xeito máis profundo, por un matemático chamado Henri Poincaré. Entre as conclusiós matemáticas e a sua interpretación física había sólo un pequeno o paso. Pero había que ter moitos "güevos" para dalo. Supoñía enfrentarse a todos os "intereses creados" no mundo da Cencia da época, enfrentarse ás Universidades, etc. Tuvo que ser EInstein, a quen lle importaba todo eso un carallo, que o dera.
O nome de Poincaré está escrito igual en letras de ouro na historia da matemática. Tamén Einstein houbera pasado á Historia sin a Relatividade. De feito, o Nobel non llo deron por eso. E patentóu centos de mecanismos, i explicóu multitud de fenómenos, mesmo xeográficos e xeolóxicos.


Eu sempre digo que preferiria que a frase de Armstrong ao pisar a Lúa tuvera sido: "Con este paso, temos un novo mundo por diante". A xente como Darwin ou Einstein atrévense a dar ese pequeno paso que abre un novo mundo porque non teñen nada que perder no que deixan atrás.

lobo neghro dijo...

Eso de que "había que ter moitos güevos para dar ese paso" dame moito que pensar.

Algún día descubriremos que a testosterona, e outras hormonas que aínda non descubrimos e producidas nos "güevos" son fulcrales na história do pensamento humano.

Hai unha vintena de anos lembro que se descubrira unha hormona secretada polo corazón. O corazón unha glándula?. Estou seghuro, ó tempo, e verédelo, que esa hormona está implicada na memoria. Como os antigos relacionaran xa O corazón co recordo. Record, recordo, a raíz e cor, corazón, xa o dín os fraceses: par coeur, e os portughueses, de cor.

A veces falando, ou escribindo que tanto ten neste caso, un elabora imáxenes ás que habería que estar mais atentos porque poden ser reveladoras de outras verdades non aprensibles.

lobo neghro dijo...

Tiffany. As magníficas lámpadas Tiffany. Creadas por o xoieiro Tiffany. Unha técnica de facer vidrieras de cores pero envoltas en tiras de cobre, máis maleable, en troques do chumbo europeo. Esa técnica permite ganar formas curvas e consagrou o "inventor".

Teño recollido e arquivado o descubrimento e verificación recente, de que a inventora foi unha muller que dirixía un equipo de 27 mulleres e traballaba para o tan Tiffany. Un tribunal tamén se pronunciou sobre o caso. Pero cecais teñan que pasar cincuenta anos para borrar todo-los libros impresos co nome dos usurpadores.

No de Darwin está claro.Cada quen no seu sítio. Debes ter bó corazón porque tes boa "mamoria" dacova. Daquelas no meu pueblo, no meu pueblo onde acontece caxeque todo, "mamoria" era sinónimo de "inteligencia". Fulano tenche moita "mamoria". E aínda algún tío do meu pai pensaba que a sede do coñecemento e discernimento radicaba no corazón. ó tempo e veredes de onde veñen as corazonadas que tanto temos descoidadas metidos a razonar, especular, facer capitalismo e abstraccións alonxadas das vísceras.

lobo neghro dijo...

Por certo dacova, algo lín de que Lamarck tampouco estaba tan errado.

Sólo que habería que aplicalo a outras escalas. O erro del estaba na escala. Tería máis xeito a escala bacteriana.

Ilústrenos sobre a cuestión e deleitenos coa súa prosa.

xdc dijo...

Tamén en inglés se dí "by heart" por aprender algo "de memoria".

O cambio de escala (de "orde de maxnitude") é un cambio de "mundo" en prácticamente calquera rama do saber, Lobo Neghro. Falar de especies (de animáis ou vexetáis pluricelulares) non ten moito que ver coa Microbioloxía á hora de aplicar certas leis. COmo a Mecánica Cuántica en relación coa Cosmoloxía, ou a Macroeconomía coa "Micro". Moitos dos propios conceptos deixan de ter senso ao cambiar de "mundo", canto máis as leis que os relacionan.

Sí que vin un documental de unhos científicos, creo lembrar que eran suecos ,que pretendía abrir unha porta ás ideas de Lamarck. Non habia por onde collelo.
É ben difícil de imaxinar cómo a sua aprendizaxe como individuo pode alterar a sua estructura xenética. Algo así como si un programa informático lle pudese plantar lume ao seu ordenador.

Ostia! son as 11!! teño que me erguer!!!

XDC dijo...

Neva en Ourense!!
Neve nos tellados!!

Tombe la neigeeeee
tu ne viendras pas ce soiiiiiir
tombe la neigeeee
et mon coeur s´habille de noir

tralarala ralaaaa

occam dijo...

O deseño intelixente non é cousa só dos red neck. No mundo islámico arrasa, e cada día máis. E a min eses danme máis que pensar que os américanos

XDC, moi precisas e interesantes as aportacións. Estou espcialmente dacordo con que para ter éxito en ciencia, sobre todo hai que traballar e teñen que sair mal moitos experimentos ata que o predito por unha xenial teoría sae ben.

Por certo, depois de teren citado a tantos persoaxes cómo é que ninguen fala da simbiogénesis de Margulis? (Doutora H.C. pola U. Vigo)

apicultor dijo...

Amigo XDC: ten unha mensaxe no mail homónimo.

XDC dijo...

A edición española de "Scientific Americain", "Investigación y Ciencia", saca este mes un monográfico dedicado á Evolución.
Estos son os títulos dos artigos:

-El legado de Darwin.
-Genética de la selección natural-
-Del átomo al carácter.
-El linaje humano.
-rasgos anatómicos del pasado.
-Evolución "por el bien del grupo".
-Cuatro falacias de las psicología evolutiva popular.
-La evolución en la vida cotidiana.
-Estratagemas del creacionismo.
-El homo sapiens del futuro.


En un de ese artigos ("La evolución en la vida cotidiana"), hai un apartado titulado "EL árbol de las lenguas",no que fala da aplicación das ideas evolutivas á transformación das linguas(páx.72), feito que xa adiantamos neste post (Qué carallo será eso de "palabras cognatas?").

XDC dijo...

Vaia. Di un dos artigos que o hipo, as hernias e algunhas máis son consecuencia de residuos evolutivos no noso corpo. Con dibuxiños e todo...