11 feb 2009


DE LETRAS E DE SIGNOS
Eluana descansa
POR ANXO TARRÍO VARELA, Galicia Hoxe, 11-2-09. Ilustración, A.Goyanes.

Aínda sentindo un total respecto por quen poida pensar doutra maneira, resulta moi difícil comprender cómo hai quen prefire ver sufrir unha persoa e todo o seu entorno familiar antes que ceder a unha eutanasia que, en casos como os de Ramón Sampedro ou Eluana, estaba máis que xustificada. Un querería saber se quen defende esas cativas (cautivas) vidas, cheas de sufrimento e desespero pasou algunha vez por ter na súa familia un caso semellante. Dá a impresión de que non, non saben o que é ter un familiar enfermo no seu día a día, con dores ás veces insoportábeis; con dependencias absolutas, dende inxerir a comida até todo o que supón o necesario mantemento diario da hixiene, e sen esperanza de volver a ter unha vida normal nunca máis. O cronista sabe de que fala.
Resulta inhumano impoñer as propias crenzas sobre o sufrimento dos demais, administrando así os males alleos sen ceder aos argumentos máis elementais acerca dunha vida sen posíbel aumento de calidade pola que se xustificaría a esperanza de que algún día volvería o enfermo a gozar de plena autonomía e dos praceres aos que acceden os que están con boa saúde. É tan elemental que mesmo dá algo de vergoña dicilo en voz alta. (...)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois tampouco. Non se trata do que o cronista pasou. Non,señor. Non se trata diso. Ben vidas sexan as emociós. Pero no caso de Eluana as cousas van moito máis alá. Moito máis alá. E non digo máis porque non quero ferir a ninguén. Xa falaremos.

Anónimo dijo...

Permítaseme, para ir centrando un posible debate sobre os conceptos que Anxo Tarrío manexa no seu artigo, e sempre coa imaxe esterrecedora de Eluana de fondo, reproducir unhas liñas que poden ir colocando as cousas no seu sitio. Aí van:

"Beauchamps e Childress entenden que a moral común actúa unhas veces de forma inductiva e outras de forma deductiva.
Para entendérmonos podemos falar de filósofos "inductivistas", que consideran que non hai máis ética que a do caso, e que as xeralizacións son só induccións incompletas a partir de casos; e filósofos "deductivistas", e para eles os principios morais son absolutos e deben aplicarse en todas as situacións.

Para o profesor Diego Gracia os filósofos de estricta observancia tanto inductivistas como deductivistas nunca aceptarán esta solución, porque a bioética encóntrase na liña do pensamento que apareceu a principios do século XX: a ética da responsabilidade.

O término ética da responsabilidade xurdiu en 1919, cando Max Weber contrapuxo "ética da responsabilidade" a "ética da convicción".
Wbwer considera que os valores son emocionais e irracionais na súa maioría, pero que desempeñan unha función importantísima nas nosas vidas. Ninguén pode prescindir deles, pero deben ser controlados pola razón, así pois a ética non pode estar soamente guiada polos valores, senón tamén polos fins.

A ética da responsabilidade basea a súa racionalidade na análise do binomio medios-fins; a ética da convicción nos valores.

A ética da responsabilidade di que o ser humano debe xustificar racionalmente os seus fins e os seus medios, pero sen establecer reglas tan absolutas que non caiban excepcións. Cando se defenden principios deontolóxicos tan absolutos apélase a instancias non racionais, ou non completamente racionais, como as crenzas e as emocións.

Os principios deontolóxicos non son absolutos, e cómpre aplicalos a cada caso tras unha detida análise do contexto, xa que doutro modo a decisión non podería considerarse responsable."

Penso, meus queridos amigos, que a cousa vai moito máis alá do que poderiamos pensar nun primeiro momento, e que debemos -talvez esteamos obrigados a- enfrontala con moita responsabilidade e, desde logo, con absoluto respecto e honradez.

Ramón Sampedro e Eluana Englaro poden meterse no mesmo "cadro deontolóxico", pero creo que hai moitas e moi relevantes diferenzas entre un e outro. Para empezar, a eutanasia e o suicidio asistido eran posibles no tempo moitísimo antes de que a técnica fixese posible alongar indifinidamente a vida dunha persoa en estado vexetativo ou coma irreversible, orixinando novos problemas éticos, que van desde a reflexión encol da vida e toda a axioloxía da que se quera rodear, ata a xustiza distributiva derivada dos gastos sanitarios e o seu reparto tanto individual como colectivo. Alglunha diferenza podemos tirar de aí.

Gracias por atenderme.

Anónimo dijo...

Estou moi de acordo con O MESMO,....
nun nivel teórico e para estabelecer un consenso social sobre a necesidade de aplicar as novas tecnoloxías á ética da profesión médica. Coñezo (superficialmente) o pensamento bioético, cando menos dende Potter a Diego Gracia. Pero o límite da teoría para min estabelécese no sufrimento concreto dun ser humano. O MESMO... parece afearme que eu aludise no meu artigo do mércores en Galicia Hoxe (co que non pretendía nin esperaba a acollida e difusión que xenerosamente Marcos lle fixo neste blog) á miña propia experiencia. Pois, mire, eu non podo elevarme a consideracións filosóficas cando vexo como sofre un familiar ou amigo sen máis remedio para o seu sufrimento que a morte, da que, de todos os xeitos, non o vai librar ninguén, antes ou despois, como é ben sabido. A emoción, para min, imponse neste caso (nestes casos) a calquera racionalismo, que, como todos sabemos, pode levarnos aos fornos crematorios dun xeito oximoramente frío e científico. Eu non podo dicirlle a un ser querido que se retorce de dor: "aguanta, que estás contribuíndo a que a bioética alcance estatisticamente o que teoricamente concebiu". En fin, comprendo a O MESMO e teño as mesmas ansias de alcanzar os principios de autonomía, de non-maleficencia, de beneficencia e de xustiza, a que toda comunidade plural e civilizada ten que aspirar, como reza o utilitarismo norteamericano, pero que quere O MESMO que lle diga? É o que hai, pola miña parte. E graciñas por me ler.

Anónimo dijo...

Verdadeiramente, non ten moito sentido que vostede e mais eu polemicemos sobre algo no que, no fundamental, estamos de acordo. Se respondo á, chamésmolle, súa réplica ó meu comentario é porque considero que debo dar algunha explicación, primeiro a vostede e despois ós blogueiros que teñan pasado por aquí.
Por suposto que eu non intentaba afear nada, ni, moitísimo menos, asovallar ninguén cunha lección de bioética. A cousa é máis sinxela. Eu só pretendía promover un debate sobre un tema do máximo interese. Debate que, á vista está, non se produciu. Ben, será que non son quen de cohonestar vontades e opinións.
Permítame, antes de proseguir, botar man dun feito que me parece relevante. Onte, na súa columna dominical en EL País, Manuel Vicent reflexionaba sobre o asunto da famosa cacería na que "pillaron" a Bermejo e Garzón. Estou seguro que vostede a lería. Magnífica, como case todo o que escribe MV. A conclusión, que comparto ó cento por cento, impecable: o verdadeiro escándalo consiste na exhibición cinexética deses señores. Un non espera ver xente dese suposto nivel -aparte o seu carácter institucional e representativo- moral e cultural, acribillando a balazos a animais indefensos e facendo ostentación diso. Onte tamén Mariano Rajoy cualificaba de "obscena" esa mesma cacería. Seguro, seguro que sacou o adxetivo, el ou os seus asesores, da reflexión de Vicent. Pois, xa ve, así como o contido da columna de Vicent subscríboo liña a liña, ó adxetivo utilizado por Rajoy teño que opoñerlle algúns reparos. Penso que non necesito explicalo.
Créame que lin o seu artigo "Eluana descansa" con atención e coidado. Agora mesmo está impreso sobre a miña mesa de traballo, lido unha vez máis e suliñado.
Vostede ten todo o dereito do mundo, sen necesidade de que sexa eu quen llo recoñeza, a falar desde a súa propia experiencia e desde o seu propio dolor. Tamén eu podería facelo. Aínda non transcorreu nin mes e medio desde o día que, estando eu con ela, morreu unha irmá miña. E tamén houbo "caso". Nesta ocasión por mor dunha simple sedación. Non había que desconectar nada, non había que suspender nada. Simplemente había que proporcionar a unha persoa condenada a morrer dunha morte horrible o acougo elemental que calquera ser humano -ou simplemente, ser vivo- merece. Pero eu non quero falar de Eluana Englaro desde a miña experiencia. Porque a trascende e moito.
Para empezar, non me parece xusto que vostede fale de eutanasia no caso de Eluana, cando é posible que, nin sequera etimolóxicamente, estivésemos perante un feito merecente desa cualificación. Ademais, facéndoo, vostede leva o asunto xusto onde as forzas da reacción e do escurantismo quixeron situalo. Falaron de asasinato, falaron de que a mataron, e cousas así. E isto facíao a máxima xerarquía da igrexa católica nun dos actos de impiedade e falta de compaixón máis flagrantes que recordo nos meus sesenta anos de vida. E no caso da miña irmá ou do seu familiar ou amigo -ser querido, dicimos, como longa enfermidade- non apareceu un Primeiro Ministro belixerante contra a familia e os médicos que -non se esqueza- estaban amparados e obrigados por unha sentenza do Tribunal Supremo. Un Primeiro Ministro que, remedando coma un bufón pervertido a Luis XIV, pretendeu erixirse el só no Estado. Berlusconi, no caso Eluana Englaro, intentou convertirse de goberno en estado.
Houbo e seguirá habendo, por desgraza, miles e miles de persoas ás que se lles obrigou a continuar unha vida que non desexaban ou que xa non tiña sentido ningún nin para ninguén. Pero, humildemente, penso que Eluana Englaro marca un antes e un despois neste terrible asunto da morte digna, dos coidados paliativos e, naturalmente, da eutanasia. Nunca antes que eu recorde a xerarquía da igrexa chegou a tanto. E nunca antes as forzas xenéricas e concretas da reacción ousaron tanto. E nunca antes se puxo de manifesto a hipocresía, a dupla moral que xamais, xamais deixa de habitar estas apodrecidas sociedades do primeiro mundo, onde a indixencia moral e directamente proporcional á opulencia material.
Rógolle, polo tanto, que me entenda, pero non do xeito que di que o fai na súa réplica, e que disculpe o mal que lle teña causado o meu comentario. Eu só buscaba luz. Pensei que, como tantas outras veces, podería achala neste fío. Por algunha razón non está sendo así. Eu seguirei buscando. É o meu natural. Vivir na dúbida non me molesta, pero ten que ser unha dúbida creativa. Eu teño que medrar. Vivir é medrar, aínda que a apariencia poida ser outra. A mellor maneira de medrar é medrar eticamente.

Saúdos cordiais.

Anónimo dijo...

Por se poidese resultar de interese a alguén, reproduzo o escrito dun grupo de catedráticos de dereito civil das universidades italianas. Eu podo traducilo para min. Non me atrevo a facelo para os demais. Penso que se capta o sentido. E, sobre todo, que reflexa o profundo debate social que se dá agora mesmo en Italia e que non me parece alleo ós cidadáns das Españas.


La legge del governo sul fine vita viola i diritti umani
No alla legge-tortura, sì al testamento biologico
Tutti a Piazza Navona sabato 21 febbraio ore 15.
Aderisci alla manifestazione
Passa parola su Facebook
I professori di diritto civile contestano punto per punto le aberrazioni della proposta di legge governativa.

1. Nelle ultime concitate settimane si sono verificate attorno al caso Englaro forzature istituzionali molto preoccupanti in sé e per sé, ma assolutamente inaccettabili quando si controverte di valori fondamentali della persona come il significato del diritto alla vita, la dignità dell’uomo, l’habeas corpus, il diritto all’autodeterminazione: temi che per rispetto delle radici stesse della convivenza civile in una società pluralistica richiedono di essere affrontati, in sede normativa, sulla base di approfondite e documentate conoscenze, di mediazione ed ascolto delle diverse posizioni etiche, e con procedure adatte a consentire la discussione, il confronto, la ricerca di un attento bilanciamento.

2. Ora il Parlamento sta per approvare in tempi stretti una legge in materia di direttive anticipate (c.d. testamento biologico). A quanto è dato di conoscere, la maggioranza pare intenzionata ad una discussione rapida di un testo fortemente limitativo del fondamentale diritto all’intangibilità del corpo. Verso questo obiettivo si procede a passi spediti, senza tener conto dei principi costituzionali di diritto interno e sovranazionale ed ignorando l’esigenza di rispetto di posizioni morali diverse.

3. Sembra quindi necessario richiamare alcuni capisaldi giuridici in materia:

a) La Convenzione di Oviedo, che l’Italia ha sottoscritto e di cui è stata approvata la legge di ratifica, dispone all’art 5, che “Un intervento nel campo della salute non può essere effettuato se non dopo che la persona interessata abbia dato consenso libero e informato. Questa persona riceve innanzitutto una informazione adeguata sullo scopo e sulla natura dell’intervento e sulle sue conseguenze e i suoi rischi. La persona interessata può, in qualsiasi momento, liberamente ritirare il proprio consenso”. La previsione non riguarda solo le terapie in senso stretto, ma ogni “intervento nel campo della salute”, espressione più ampia che può corrispondere a quella di “atto medico”, vale a dire qualsiasi atto che, anche a fine non terapeutico, determini un’invasione della sfera corporea.
All’art 9 si prevede che “I desideri precedentemente espressi a proposito di un intervento medico da parte di un paziente che, al momento dell’intervento, non è in grado di esprimere la sua volontà saranno tenuti in considerazione”, ove se da un lato non si qualificano i “desideri” come vincolanti, dall’altro è evidente che il rispetto va dato non soltanto alle “dichiarazioni di volontà” (men che meno alle sole dichiarazioni solenni come l’atto pubblico) ma ad ogni espressione di preferenze comunque manifestata.

b) La Carta dei diritti fondamentali dell’Unione Europea protegge il diritto alla vita (art.2) e il diritto all’integrità della persona (art.3) nel titolo dedicato alla Dignità, che è anche il primo, fondamentale diritto della persona (art.1). All’integrità della persona, in ragione della dignità, è consustanziale il principio di autodeterminazione stabilito nel secondo comma dell’art. 2, secondo il quale “Nell’ambito della medicina e della biologia devono essere in particolare rispettati: il consenso libero e informato della persona interessata, secondo le modalità definite dalla legge, ecc.” Ancora una volta il principio non è limitato ai trattamenti terapeutici, ma riguarda la libera determinazione nel campo medico-biologico.

c) La Costituzione italiana, che tutela l’autodeterminazione all’art. 13, configura all’art. 32 il principio del consenso come elemento coessenziale al diritto alla salute, e prevede che anche nei casi in cui il legislatore si avvalga del potere di imporre un trattamento sanitario, “in nessun caso possa violare i limiti imposti dal rispetto della persona umana”. Tale dignità non può essere intesa solo in un senso affidato a criteri oggettivi, ma implica il rispetto dell’identità senza la quale cade la ragion d’essere della dignità dell’uomo.

d) Il principio che consente il rifiuto di atti medici anche benefici è un’acquisizione consolidata della giurisprudenza europea, a valle di una evoluzione che risale alla fine dell’800; e più volte si è confermato che anche di fronte allo stato di necessità il libero, consapevole, lucido dissenso dev’essere rispettato. Un tale diritto di rifiutare le terapie, anche di sostegno vitale, non ha nulla a che fare con l’eutanasia, che consiste invece in una condotta direttamente intesa a procurare la morte.

e) Egualmente estraneo all’eutanasia è il principio condiviso in bioetica e in biodiritto per cui l’interruzione delle cure, anche senza volontà espressa del paziente divenuto incapace, debba essere praticata non solo quando le cure sono sproporzionate (c.d. accanimento terapeutico) ma anche quando esse siano inutili o abbiano il solo effetto del mantenimento in vita artificiale (cfr. l’art. L 1110-5, 2° comma, del Code de la santé publique, modificato dalla L. n. 2005-370 del 22 aprile 2005 “Relativa ai diritti del malato ed alla fine della vita”, e l’art. R 4127-37 del Code de la santé publique, modificato dal decreto n. 2006-120 del 6 febbraio 2006).

Confidiamo che il legislatore italiano saprà e vorrà tenere in conto questi principi e adeguare ad essi la disciplina delle direttive anticipate, evitando di espropriare la persona del diritto elementare di accettare la morte che la malattia ha reso inevitabile, di combattere il male secondo le proprie misure e - se ritiene - praticando soltanto il lenimento della sofferenza, senza rimanere prigioniera, per volontà di legge, di meccanismi artificiali di prolungamento della vita biologica.

Il documento è sottoscritto dai seguenti Professori di diritto civile:
(in ordine alfabetico)

Guido Alpa - Università di Roma La Sapienza
Giuseppe Amadio - Università di Padova
Tommaso Auletta - Università di Catania
Angelo Barba - Università di Siena
Massimo Basile - Università di Messina
Alessandra Bellelli - Università di Perugia
Andrea Belvedere - Università di Pavia
Alberto Maria Benedetti - Università di Genova
Umberto Breccia - Università di Pisa
Paolo Cendon - Università di Trieste
Donato Carusi - Università di Genova
Maria Carla Cherubini - Università di Pisa
Maria Vita De Giorgi - Università di Ferrara
Valeria De Lorenzi - Università di Torino
Raffaella De Matteis - Università di Genova
Gilda Ferrando - Università di Genova
Massimo Franzoni - Università di Bologna
Paolo Gaggero - Università di Milano Bicocca
Aurelio Gentili - Università di Roma Tre
Francesca Giardina - Università di Pisa
Biagio Grasso - Università di Napoli Federico II
Gianni Iudica - Università Bocconi Milano
Gregorio Gitti - Università di Milano Statale
Leonardo Lenti - Università di Torino
Francesco Macario - Università di Roma Tre
Manuela Mantovani - Università di Padova
Marisaria Maugeri - Università di Catania
Cosimo Marco Mazzoni - Università di Siena
Marisa Meli - Università di Catania
Salvatore Monticelli - Università di Foggia
Giovanni Passagnoli - Università di Firenze
Salvatore Patti - Università di Roma La Sapienza
Paolo Pollice - Università di Napoli
Roberto Pucella - Università di Bergamo
Enzo Roppo - Università di Genova
Carlo Rossello - Università di Genova
Liliana Rossi Carleo - Università di Napoli
Giovanna Savorani - Università di Genova
Claudio Scognamiglio - Università di Roma “Tor Vergata”
Chiara Tenella Sillani - Università di Milano Statale
Giuseppe Vettori - Università di Firenze
Alessio Zaccaria -Università di Verona
Mario Zana - Università di Pisa
Paolo Zatti - Università di Padova

(15 febbraio 2009)