22 feb. 2009

FÍO MUSICAL, vía Tacho

Xa pasou a Chuvia, pero Dizzy e Louis teñen algun problema coa Umbrella.
3 minutos deliciosos

4 comentarios:

MS dijo...

O DÍA QUE MORREU A MÚSICA

Este mes de febreiro cúmprense 50 anos da morte de Buddy Holly (Charles Hardin Holley) nun accidente de aviación. Buddy Holly foi un pioneiro do rock and roll en moitos aspectos, e non só porque comezou a súa andaina como músico cando moitos aínda non tomaban en serio este xénero musical.

- Moi poucos artistas de rock and roll coma el gravaron tantos éxitos no tempo tan curto de dous anos. Velaí teñen “Words of love”, “Peggy Sue”, “That’ll be the day”, “Fade away”, “It’s so easy” ,”Crying, waiting, hoping”, “Every day”, “True love ways”, etc.

- Foi o primeiro artista que loitou pola súa independencia como artista. Buddy Holly compoñía, tocaba e producía a súa propia música, nunha época na que o normal era que os artistas de rock gravasen a música escrita por outros e se rodeasen de produtores externos. Velaí o caso de Elvis, que non compuxo unha nota na súa vida e cuxa traxectoria foi controlada polo coronel Tom Parker.

- Musicalmente, Buddy Holly foi un innovador no estudo de gravación, como se pode ver na riqueza dos seus arranxos, na introdución de instrumentos que non se empregaran no rock até daquela e no dobrado de voces e instrumentos. O seu grupo, The Crickets, estableceu a fórmula xa clásica dos cuartetos de rock: dúas guitarras, baixo e batería.

A súa influencia nos músicos dos anos 60 e posteriores foi inmensa, e mesmo chegou a músicos punk coma The Clash. Bruce Springsteen dicía que antes de entrar en escea tocaba cancións de Buddy Holly para continuar sendo fiel a si mesmo. Moitos grupos tocaron versións dos seus temas: The Beatles (Words of Love), The Rolling Stones (Not Fade Away), etc.

Buddy Holly foi a gran esperanza perdida do rock and roll. Eu teño clarisimo que de seguir con vida Buddy Holly estaría a anos luz de cumes de décadas posteriores coma Bob Dylan, os Beatles, os Rolling Stones, os Who, etc.

Para cando morreu, o rock estaba morto en certa maneira e non rexurdiría até a invasión dos grupos británicos. Elvis, despois de volver de Alemania, dedícase a facer películas musicais kitsch e engordar. Eddie Cochran morre nun accidente de tráfico. Jerry Lee Lewis casa cunha menor e o escándalo magoa á súa carreira. Little Richard deixa a música pola relixión, e Chuck Berry pasa cinco anos no cárcere envolto nun escándalo de prostitución.

No nadal de 1958 e nas primeiras semans de 1959, Buddy Holly gravou na cociña do seu apartamento de Nova York varias demos de temas que acababa de compor. Se van a esta páxina poderanas escoitar:

As últimas cancións de Buddy Holly

Algunhas delas levan 50 anos sen ver a luz, salvo en bootlegs de moi escasa calidade sonora.

Nos primeiros días de febreiro de 1959, dous días antes da súa morte, un rapazolo chamado Robert Zimmerman (máis coñecido como Bob Dylan) asistiu a un dos seus últimos concertos. Despois de velo sobre o escenario, Zimmerman recordaría que sobre a cabeza do seu ídolo había un halo de luz.

XDC dijo...

O Dizzy e a sua característica trompeta torta, apuntando cara arriba. Decía que soaba mellor así. O equivalente á "luz indirecta", pero en son. Imaxino.

_______________________________
DIÁLOGO:

-Dime o nome de un istrumento musical que empece por "U".
-Mmmmmmm. Pois non caio...
-UNHA trompeta, parvo...
-Boh!. Eso ten trampa...
-Boeno. Pois dime logo o nome de un instrumento que empece por "D".
-Mmmmmmmm. Pois non sei...
-DUAS trompetas, ghoder!.
-Cágho na tós!. Fodíchesme de segunda!!.
-Boeno. Pois dime logo o nome de un instrumento musical que empece por "T".
-TRES TROMPETAS!. Agora non ma metiches!!.
-TROMPETA, home. Trompeta...

Anónimo dijo...

Vaia preocupación!

XDC dijo...

Xa sabedes que as trompetas dos mariachis teñen que estar un pouquiño desafinadas para seren verdadeiras trompetas-mariachi.

Imaxinade, `por exemplo, a melodía de "No tengo trono ni reina,ni nadie que me comprenda..." nunha trompeta perfectamente afinada. Daría noxo.