4 feb 2009


Hippies.
pan por pan 4-2-09

E logo que lle farían ós creativos da publicidade os hippies? Coinciden nas televisións dous anuncios, non sei se creados pola mesma man. que utilizan o movemento hippie como escusa: un dunha canle privada de TV e outro dunha marca de embutidos. Neste último o fillo rebélase contra o vexetarianismo dos pais e peca contra as raíces comendo unhas rebandas de xamón cocido. A linguaxe publicitaria usa o humor e o rexistro da parodia, pero aquí a caricatura é moi bruta: os hippies parecen parviños ou fumados que só saben mover a cabeza como os canciños decorativos que se levaban antes nos auto móbiles. O movemento hippie ten moitas variables a considerar: o pacifismo, o orientalismo, a música e a poesía, as drogas e a defensa do amor libre, etc. Defendía o hedonismo e rexeitaba o consumismo. Pero agora alguén lembrouse deles para todo o contrario. Serán os danos colaterais da crise.

36 comentarios:

Anónimo dijo...

Güáit is Güait
Dylan is Dylan

Güait is Güáit
Fifa Donovaln

esh como una luuus
en la oscuuuurridaaad
Guáit is Guáit
Jipi pipipiiiiiii

(Xuntemos as nosa máus para cantar. A tua non, ho, alternado home e muller):PREMER.

Anónimo dijo...

If iu ar góinnnn tu San Franciscouuu
Bi shor ti güear som fláuers in yor harrrr
If iu ar góinnnn tu San Franciscoo

yentel pípol tarararararaa

PREMER.

Anónimo dijo...

Non llo digan a ninguén, pero a primeira adoito a cantala eu nas "noites de cerveza e cordas" cando xa vou algo mamado.

Anónimo dijo...

A ridiculización do movemento hippie é contemporánea ao mesmo movemento. Mesmo esta transgresión comercializadora, basada nunha máxima publicitaria e retórica: o emprego do oxymoron (ou se queren a paradoxa) como efecto rechamante.

Anónimo dijo...

É que daqueles "polvos" (o hippismo como pasotismo hedonista) veñen estes "lodos" da chamada cultura "I" (do "eu"): o I-Phone, o I-Pod e todas esas trangalladas dirixidas ao autista que levamos dentro.
A primeira representación cinematográfica do hippismo, creo eu, aparece nunha película de John Frankenheimer: "Seconds", na que se amosan os primeiros corpos espidos desde a implantación do código Hays.
Tamén nun dos episodios de "Star Treck" creo recordar que rulaban por alí, nun dos planetas que visitaban Kirk e Spock, un mangado de hippies epicureos.
En fin, unha trangallada esta do hippismo típica de países mediterráneos, con moscas, pouca ou nula hixiene, e moitos cartos no banco de papá (por se hai que coller un avión de volta)

Anónimo dijo...

Por certo: a representación do hippismo na publicidade tamén é contemporánea da orixe deste movemento. Non recordan aquel anuncio de "La chispa de la vida"?

http://www.youtube.com/watch?v=dDSnjjdGh5M

Anónimo dijo...

Home, MS, non me sexa tan apocalíptico, que o do I está moi ben. E o do epicureismo non está tampouco mal.
Será trangallada, pero terá sentido.

Marcos Valcárcel López dijo...

SI, PERO LA CHISPA DE LA VIDA non pretendía ser ridiculizador. Como moito oportunista, era usar un hippismop light para vender coca-cola.

Anónimo dijo...

Al mundo entero quiero dar
un luminoso hogar
Con un balcón donde un gorrión
me venga a despertar (la chispa de la vida)

O verdadeiro título da canción que enlaza o MS é "I´d like to teach the world to sing" (Gostaríame ensinarlle a cantar ó mundo).
Ten razón, MS. Eran uns "nenos de papá". Polo menos, os que me tocóu coñecer a mñin.

Anónimo dijo...

A proporción entre os que creían seriamente na "ideoloxía" hippie, e os que a instrumentalizaron puntualmente pra buscar contactos sexuáis, debe de ser aproximadamente a mesma que hai entre os que aínda hoxe son "hippies", e viven dentro do posible dun xeito coherente có que pensasn, e os que fai anos que visten traxe e corbata.
Para os primeiros, dos que coñezo algún, o meu sinceiro cariño e respeto.

Marcos Valcárcel López dijo...

E non lembran vostedes cando viñera o grupo que cantaba LA CHISPA DE LA VIDA, ó pavillón dos Remedios, cunha exhibición de baloncesto USA?

Marcos Valcárcel López dijo...

Scott MacKenzie - San Francisco

preciosa canción
graciñas por colgala, XDC.

Marcos Valcárcel López dijo...

e con
MICHEL DELPECH " WIGHT IS WHITE "

alegroume vostede a mañá
graciñas de novo

Anónimo dijo...

Estou pensando en fundar unha comuna hippie. Quen se apunta?

Anónimo dijo...

Con quen? Porque estou pensando agora mesmo nalgún/ha presunto/a voluntario/a e o pavor recorre todo o meu corpo.
Será para o verán, non?

Anónimo dijo...

Apicultor, lembre que hai que comulgar fumando "maría", a mín séntame mal; practicar o amor libre e renunciar á propiedade.

Élle todo moi fodido.
Eu vivinlle no campo, nunha pseudocomuna, curiosamente na aldea do pai de dkv, alí onde pillaba as troitas á mau, e a naturaleza resulta tremendamente violenta. Aínda hoxe non me librei das pulgas.

De verdade que vostede se atreve?.

Anónimo dijo...

Unha comuna non é sinónimo de pulgas: en Capri teño entendido que hai unha. Por suposto, sen luxos: unha casa mirando para a Grotta Azzurra, uns cons para poder estar alí tomando o sol en pelotas, uns pommodorini, unhas olivas e unhas uvas, unha adeguiña con viño rescatado dun ristorante de novos ricos que non saben aprezar nada, unha lanchiña e máis nada. A Comuna di Capri. En fin.

Anónimo dijo...

Obviamente, unha comuna con reservado o dereito de admisión. Tache boa.

Anónimo dijo...

Iso da comuna di Capri debía de ser un hotel. Ao final do día sempre hai un room service que recolle as bandexas cos vasos e as cabichas de Malboro.
Creo que a día de hoxe aínda queda unha comuna ghipi aló por Negueira de Muñiz, pero deben de ser ghipis modernos. Eu véxoos contectados a Internet e ordenando fried chicken do Kentucky máis próximo, e tomando café con sacarina.

Anónimo dijo...

Efectivamente, Lobo. A aldea do meu pai, daquela (anos 70) xa abandoada, foi unha das primeiras "comunas" hippies en Galiza. E o meu pai foi un pioneiro en deixarlle a sua casa aos primeiros hippies que chegaron alá, e dos que me fixera amigo eu. Decía que, así, a casa no lle caería. Parte de razón debía ter, porque as casas de outros veciños caeron case todas ,e a nosa segue en pé. Logo, por problemas de herencias, etc, houbo que desaloxalos da nosa casa. Tamén debe saber que o meu irmao, o biólogo, pasóu longas tempadas vacacionáis cós "hippies" da nosa aldea paterna.

Anónimo dijo...

Pero Negueira de Muñiz non é comuna. Cada quen ten a súa casa, a súa individualidade. As comunas fracasaron. Moito me extraña que sobreviva unha en Capri. Habería que precisar os términos.

Comunidade alternativa non é comuna. Na comuna todo é de todos, e todo o mundo copula con todo o mundo, como no caso dos bonobós, e como xa me revelara un estudioso, normalmente hai un castrón que castiza en todo deus, macho ou fémia.
Acabo de lembrarme de Cuba, séxame admitida a comparanza, onde un Castrón manda en todos e impón o seu critério. Afortunadamente como o país non é unha aldea hai excepcións.

Vaia hó, agora temos que definir o término comuna para non confundirnos.
De que caste de comuna trata vostede camarada abelleiro?

Anónimo dijo...

O que dí DKV é verdade, en Parada dos Folóns, como en moitas outras aldeas, as casas que non foron ocupadas ruíron. Vin caer arquitecturas singulares con datación encima da lumiera de entrada, século XVIII, 1791, e outras por non deixaren os donos ser habitadas. Tamén, unha vez que se esfarelaban as paredes, de alì se reciclaba todo, táboas do sobrado para outras casas, como vigas para o lume, como arcas de táboas de castaño de 7 cm. de espesor para facer mesas. Pero o lume deu boa conta de parte do património etnográfico.

A primeira comuna non aturou dous invernos, despois viñeron parellas, indivíduos, artesans e agricultores, e máis tarde, a fináis do oitenta e princípios dos noventa os superviventes da droga. E fodeuse todo. Aghora é unha aldea fantasmal chea de silvas e xente que malvive coa pagha do risga e un chisco de trapicheo.

Os máis cabales están en Cataluña, nunha gran finca de un cento de hectáreas comprada en mancomunidade, pero cada quen na súa casa.

Anónimo dijo...

Os hippies poden querer vivir en comuna, pero non están obrigados a seren parvos. Polo tanto, entre Rodrigatos de Obispalía e as sunny beaches of California, sobre todo se hai que vivir á intemperie e fornicar a tutiplén, non queda demasiada dúbida.

Anónimo dijo...

O que me cái moi ben era aquel hippi italiano, o Angelo, que pastoreaba chivas. Coñecéuno vostede, lobo?. Vivía na casa da entrada ao lado da fonte. Tiña unhas enormes palnatas de maría no balcín. Qué ´foi de el?.

Efectivamente, Lobo. Moitos foron a Parada a morrer de SIDA. Algús, fillos de militares franquistas. Na casa a carón de a do meu pai vive un hippi que ven de vez en cando a pedir a Ourense, é coñecido, polo menos de vista, dos ourensás. Sempre me da novedades de cómo vai a aldea onde se crióu meu pai. Eu lembro todas aquelas casas en pé, Lobo, cando era neno.

Anónimo dijo...

Qué desatre de escritura.

Anónimo dijo...

Ángelo é amigo meu, está nesa finca de Cataluña, nas Garotxas. Fun a velos hai dous vraus. Ate entón vivira nunha roulotte, e nese momento acabara de autoconstruír unha casa ben fermosa con materiais ecolóxicos axudado por os outros membros da "comunidade". N0n teñen luz, nin hipotecas, sei que teñen unha nevera que alimentan con gas butano. A unhos cen metros está a casa de Javi e Marta, outros que fuxiron deiquí de Veredo, tamén en Villar de Barrio. O Javi e a Marta teñen un pequeno templo para facer meditación. Facían pan bio-integral que vendían en feiras. Agora pararon por a normativa demasiado esixente. Un fillo destos enmancipouse e construíu un chabolo con madeira nun dos múltiplos espazos que abundan nesa finca. Xunto co Ángelo retomaron as cabras que resultan uns animais providenciais e interesantísmos para ter a raia toda a inxente maleza, alén de producir.

O Ángelo ten unha vida singular, desde a súa infáncia de orfo en Sicilia, de neno da rúa iletrado, viaxando por todo o mundo sen nada, recalando nunha aldea no sopé de Sanmamede, curiosamente a aldea do pai do dkv. É un excelente "manual" artesano, tamén foi bó agricultor. Lémbroos a comprar burros de desguaze e soltalos en Parada deshabitada para que roeran a invasión do monte e para producir cagallóns estercadores-bio.

Vivín momentos intensísimos e deliciosos en Parada. Tamén estiven bloqueado por a neve e tiven que quedarme a dormir alí.

Gastei moita liberdade.

Lembro unha mañá de primavera na que a Montse e o ángelo, que siguen xuntos daquela maneira, foron a buscar unha planta silvestre, creo que eran follas de primavera, para facerme un postre exquisito rebozado en mel.

Montaran festas con rituales de paso a tutti-plen, bautizos singulares para os fillos, festas solsticiales, lunares, fumatas colectivas, inxesta de psilocibes da serra. A verdade é que os boto de menos.

Hai centos de anécdotas, como a vez que foran varios de pelerinaxe ate o Caurel con as cabras, atravesando montes, entrando en aldeas con dous veciños, montando festas alí onde ían pois sempre levaron instrumentos musicais desde gaitas a tambores de percusión. Contábanme o alborozo dos vellos invitándoos a quedar de veciños........

Fóronse hasta os collós desta terra.

Nin "alternativos" merecemos. Manda truque.

Anónimo dijo...

Eu apúntome a comuna se se pode beber e está proibido fumar

Anónimo dijo...

Vostedes disimulenme. Tiven que interrumpir por causa da neve. Folerpa con moita forza no so-pé de SanMamede, e coalla. Tivemos que retirarnos a outros tobos de menor altitude para que non nos pexara o manto.

Quería decirlle a Arume que o das pulgas non é metáfora.

Un día déuseme por traer esterco de cabra en sacos de plástico, tíñao eu por ouro biolóxico. Nunca tal erro cometín. No esterco debían vir ovos ou larvas de pulgas, e nunca máis fun capaz de eliminalas. Desde que tiven cans, e unha vez que os parasitaron deberon deixar outros ovos e larvas en todo-los recobecos, e ata hoxe. Sempre viña a cidade con algunha inquilina, e na miña casa son alérxicos. Unha soa faía unha desfeita. Optei por bombardear a casa con un cóctel que non sei o que era. Era de tal potencia que unha vez aberto había que abandonar a casa 24 horas. Ese cóctel hormonal estaba calculado para atacar a pulga en toda-las fases: ovos e larvas quedarían destruídos en seis meses. Radical.

Unhes dous anos despois á miña muller decláraselle un cáncer "hormonodependente", non relacionei ambas cousas ata que leo nun artigo na revista de Adega, Cerna, sobre a peligrosidade destes agresores hormonais. Estou alucinado. Anque non haxa evidencias contundentes e sempre deberíamos falar dunha suma de factores, incluso dunha sensibilidade ou potencialidade biolóxica na persoa. A mín quedoume unha forte dúvida.

A naturaleza é violenta. Alén de pulgas e outra bichuallada, sin esquencer o lobo, quen depredou no rebaño, inclusive algunha ouvella que eu soltara coas dos "hippis", tamén estaba o simple frío. Ás rapazas retiráraselle a regla .

Ehí souben do violenta que é a naturaleza.

Lembro, creo que foi Caride Ogando, na homenaxe a Marcos falando de que o mundo literario galego é violento e sectário. E a política non vexamos, e o mundo da empresa, e a naturaleza. E as comunas.

E sigo insistindo, estamos a confundir "Comuna" con "comunidade".
Temos que empezar por definir "comuna" e despois facer acta fundacional para entendernos. Maese Von der Stein, creo que alén de facernos de notário vostede non nos aturaría. Imaxine cando lle chegháramos cos psilocibes serranos e lle propuxéramos unha inxesta colectiva. Ía vostede marxinarse e estigmatizarse non participando?. E cando lle reclamáramos a súa parenta?, porque está prohibido frustrarse e reprimirse. Ou cando calquera o reclamase a vostede mesmo?. Ja.Ja.Ja. Que as comunas son aberrantes e contranatura!.
Os que aterrizan nelas teñen lacras psicolóxicas e eivas de todo tipo.

Creo que o que quere fundar Apicultor é outra cousa.

Anónimo dijo...

Dicíalle un, dunha comuna desas a quén tiña o carón: !Tódalas mulleres están boas agás a miña¡
Contestoulle o colega en voce baixiñoa e para que non se molestara moito: Tódalas mulleres están boas, incluso a túa.

Anónimo dijo...

A comuna que eu propoño sería exclusivamente espiritualista, e nela estaría desterrada toda actividade sexual, incluso a onanista. Unicamente meditación transcendental e ascetismo a tutiplén. De gurú, naturalmente, teriamos a Jimy de Rairo. Mola?

Anónimo dijo...

Bueeeeno. Todo é cuestión de probar.

Oíghame, que en "Shidarta" de Herman Hesse, o iluminado en procura da sabiduría, durante ben tempo probou no amor carnal. Que espiritualidade e sexo non están reñidas, ó contrário.
Foron os xudeos!. Foron os xudeos!.

Anónimo dijo...

Bueeeeeeeeno...aceptamos vicio de Onán como actividade sexual.

Anónimo dijo...

Outro motivo para non apostar por as comunas. Acostuman comer leituga, (segrega un látex sedante e fumable), e son herbívoros.
Precisamos dunha comunidade que non rexeite o porco, nin o cabrito, nin o viño, nin as enchentas.....

O de Onán é un reduccionismo atroz, válido en certas ocasións, pero non como método.

Anónimo dijo...

Haberá presentacións de libros, vernissages, rodas de prensa, ágapes culturais nesa comuna? Porque despois do que plantea o amigo Apicultor de espiritualismos varios, vai ser mellor comprar unha casa en Formentera.

Anónimo dijo...

Arume en Formentera non que iria moita xente, pero insisto que non me parece mal a idea do Apc, incluso ca súa dose de espiritualidade.
Pregunto, haberá elecións para elexir o xefe?. Poderán votar as mulleres e os nenos ?. Poderase repetir no cargo máis de catro anos?. A partires de que idade pasas ao consello de anciáns?.
É fundamental ir aclarando esas cousas dende o principio, non seña que nos apareza un listillo e que é vos faga traballar facendo cestos e bisutería, namentras está meditante transcendentalmente como quilarche a jefa.
No poblado abandonado de Sálvora poderiamos intentalo.

Anónimo dijo...

Aghora lembro "Formentera lady" de King Crimson.