Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
Malos tempos! Mordor prepara o seu ataque definitivo. O do BNG e o PSOE son miudezas para eles, o ataque de verdade é á lingua. Tras amolecela durante estas décadas, agora tentan a machetada definitiva. Non escoitades como a afían nos lobbys coruñés e vigués?
Eu non quero ser pesimista, pero... eis o que nos pode esperar despois desta desfeita electoral en Galicia:
(1) Dous partidos aínda máis españolistas: o PP controlado desde Madrid por Rajoy, e un PSOE españolista controlado por José Blanco. Neste contexto, darannos un estatuto de segunda división.
(2) Unhas infraestruturas que o goberno español non se vai dar présa en rematar: autovías que aínda están no plano (Lugo-Santiago; Lugo-Ourense), AVE, portos e aeroportos.
(3) Un Estatuto de segunda división, moi por debaixo do que acadaron en Cataluña.
(4) Un financiamento que non teña en conta a dispersión xeográfica, o envellecemento da poboación e o noso déficit en infraestruturas.
(5) Incremento da porcentaxe de nenos/as que teñen o español como lingua inicial, non só nas cidades senón agora tamén nas vilas, co cal, en vinte ou trinta anos, a meirande parte dos nenos nados en Galicia terán como lingua materna o español.
Algunha vez plantearase en Galicia un discurso político que vaia máis alá destes clichés españolismo, galleguismo, nacionalismo, sucursalismo, tomados ademáis como entes compactos, de todo ou nada? As enquisas habituais tiran destes conceptos para trazar a composición sociolóxica dun país (ás veces, as formas das enquisas son as que determinan a composición do país, pero esta é teima deconstructora miñs que merece consideración ulterior). Esas preguntas sobre se un é máís ou tan na dicotomía galego/español funcionan para o que funcionan. As outras sobre a liña de puntos entre o 1 e o 10 para desenrolar que nivel de nacionalismo posúe o enquisado son máis interesantes e ofrecen datos máis precisos. Pero na discusión política falamos de partidos nacionalistas e non nacionalistas, de españolistas ou non españolistas. Curioso que os votantes camiñen nun continuum entre distintas opcións e nós sigamos empeñados en calibrar aos partidos cos maximalismos ao uso.
Por primeira vez en moito tempo teño a sensación de que o análisis político non explica todo o que pasou o día un. É como se faltara algo. Algo que por outra parte nunca chegaremos a saber. Que papel xogaron os poderes fácticos, os grupos económicos que xa teñen importantes intereses en Galicia. Como moveron os seus peóns. Os que inevitablemente se fixeron visibles ( La Voz de Galicia) xogaron forte pero, e os outros que tamén sinten danados os seus intereses? Non é demasiado oscuro e absurdo o asunto de Oia ou do coche ou das sillas? Quen foi o responsable deses erros? É certo que as elecións se perderon na Coruña e o seu entorno? É certa a frase do coñecido editor a Touriño: Quítame de ahí a ese camillero o lo quito yo? Despois de todo somos un país pequeno pero os intereses en xogo son moi grandes.
Se é certo eso de :"quítame de ahí a ese camillero o lo quito yo", teremos que solidarizarnos co Quintana. Eu creo que xogou forte, e con criterio. E conxuráronse varios factores, algúns non controlables, outros sí contra a continuidade.
Parece que en La curuña, cidade en la que nadie es forastero, acostúmase a decir eso: "medasuneuroneno, o teloquitoyo".
Falando de españolismo (concepto que si ten un referente, sr Arume) e de la curuña...
Eis unhas declaracións de Méndez Romeu a un boletín noutro tempo moi crítico do vazquismo. Para que entendan algúns o que é o españolismo e os "perigos" polos que pode pasar o PSdG:
-¿De qué manera hay que replantear los pactos?
-Alejándonos de las posiciones del BNG y defendiendo a ultranza que se cumpla nuestro programa.
-¿Sin llegar a romperlos?
-Las rupturas traumáticas, repentinas, hay que explicarlas. Lo que hay que hacer es un proceso gradual de alejamiento y de defensa de nuestra propia identidad; siempre nos han votado por lo mismo, por lo que identifican al Partido Socialista: las políticas sociales, avance de los derechos civiles, mayor redistribución de la riqueza... Ese es nuestro ideario, no los asuntos identitarios, lingüísticos, el debate del Estatuto de Autonomía y otros asuntos de carácter simbólico. Es importante decirlo en A Coruña porque, además, lidera una gran área de influencia que también está sufriendo los mismos resultados electorales que la ciudad.
-¿Siempre dice "La" Coruña (como repite en la entrevista)?
-¡Pero si yo nací en La Coruña, nada menos que en el barrio de la Pescadería, que ahora quieren llamar Peixería!
-¿Qué le parece el uso que dan a la casa de Casares Quiroga?
-¡Alucinante! Ninguna persona normal consiente que se mancille la tumba de sus antepasados. La casa de Casares Quiroga era el mausoleo dedicado a la memoria de los republicanos coruñeses. Que se haya llegado a deteriorar indica la insania del pensamiento nacionalista, la incuria y la capacidad de sectarismo que tiene el nacionalismo. Afortunadamente, parece que va a haber un golpe de timón pero es un insulto sobre la tumba de nuestros muertos, que merecen un respeto.
Permítame, amigo MS, sugerir que, en honor á verdade, o que atopo nestas expresións de MRomeu é antinacionalismo. E probablemente españolismo, pero non de forma explícita. O de Casares é outro cantar. Que podemos discutir. En todo caso, velaí un exemplo dos riscos de empregar categorías rotundas. Así non vamos a ningures. Non digo que non existan esas categorías: de feito, é o que lamento.
Eu non acabo de entender qué é o que non entenden os gurús da Galicia Ceibe e Proletaria.
¿Tan lonxe da realidade están uns?
¿Tan lonxe da realidade situáronse outros ó pousar as nádegas na cadeira presidencial?
De acordo, de acordo, tamén Lenin e Trosky decidiron durmir sobre as alfombras do Pazo de Inverno cando a revolución de outubro.
De acordo, si, de acordo.
(Desde logo, por moito que o pretendades, eu non penso chorar. Polos mortos non se chora. Se cadra, unha bágoa máis ou menos por un vivo... Se cadra. Non sei)
Aldo Moro morreo sabendo que quen o condeaba a morte eran os seus propios correlixionarios. Berlinguer que dirixía o partido que puido cohesionar e modernizar Italia nunca chegou ao poder, Alguén llo impediu. Giulio Andreotti, o que se bicaba coa Maffia,morrerá e levará os seus segredos á tumba. Só nos legará a súa colección de campaiñas.Calvi,o banqueiro de Deus, rematou os seus días pendurado dunha ponte do Támesis. Licio Gelli creou a logia Propaganda Due pola que xa se paseaba Berlusconi.Este último fíxose rico e prepotente, controlou os medios de comunicación o fútbol e, en definitiva as vontades dos italianos. Pero iso é Italia.Pode ser que aquí as cousas nunca cheguen a ser así, aínda que un paso nesa dirección tense dado nestas elecións. Ou non?
Vostedes non cren que o asunto eólico debeuse levar con maior intelixencia? Xa non digo polos atrancos habidos e por haber, desde dentro e desde fóra. Quero dicir: pode resolverse un concurso desa magnitude, un par de meses antes das eleccións, con todo o proceso de reclamacións por diante?
Xa ven que non entro no fondo da cuestión do plano éolico nin da bondade do concurso e dos seus resultados.
Cando se vexan con certa perspectiva darémonos conta do importantes que eran para o país as políticas do BNG, nomeadamente as máis emblemáticas: galescolas, o Banco de Terras, as Normas do Hábitat, o Consorcio de servicios sociales, o Concurso eólico, etc.Quizais cometeron erros na forma de implementalas pero eran fundamentais para o desenvolvemento do país. Estou certo que moitos votantes de esquerda, desafectos de última hora, lamentarán ter sido tan severos no seu xuicio ( se non empezaron a lamentalo xa). Para mostra, o concurso eólico: trátase de desposeer dos dereitos a empresas , caixas e cooperativas galegas que asumiran desenvolver industrias asociadas para entregalos descaradamente a grupos empresariais e multinacionais alleas. La Voz de Galicia actúa unha vez máis de ariete ao sevicio deses intereses e Feijóo terá que pagar os servicios prestados. Non é tan dificil de ver. Basta con abrir o xornal e comprobalo!. A única esperanza: o grupo de afectados desposeidos terá que reaxir ante unha maniobra tan burda e esperemos que, nalgún momento, o faga tamén a opinión pública.
Reseñas - Tanaka Sen'o, The Tea Ceremony
-
*Que é o sadō / chanoyu?*
Probablemente escoitáchedes falar algunha vez do *sadō*, a Cerimonia do Té
xaponesa: é unha antiga arte performativa que se de...
Silvia Nanclares, Nunca voló tan alto tu televisor
-
Buenos días, amigas. Después de cuatro años sin escribir aquí es un enorme
placer estar vivas y poder dar pasos atrás para reiniciar algunos sistemas
qu...
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
ARDEN OS SANTOS DA PONTE
-
As nosas vidas son paralelas,pero non tanxentes. Tan lonxe. Acordei cedo,
por volta da sete e, co sol en timidez aínda. Deiteime no sofá, cos
personaxes do...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
Xapón
-
O ser humano perfecto, Jorgen Leth.
*Hoxe, tamén, experimentei algo que agardo comprender dentro duns días.*
Con música, con outras preocupacións, todo ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
24 comentarios:
Quintana, que fixeches!
Onde nos levaches!
Non sería unicamente Quintana. Tamén todos aqueles que, coma ti, se deixaron levar. ¿Ou non?
Si ten razón, señor, eu deixeime levar polo cabreo contra o pijismo No bng.
Do árbol caído todos fan leña.
Malos tempos! Mordor prepara o seu ataque definitivo. O do BNG e o PSOE son miudezas para eles, o ataque de verdade é á lingua. Tras amolecela durante estas décadas, agora tentan a machetada definitiva. Non escoitades como a afían nos lobbys coruñés e vigués?
Eu non quero ser pesimista, pero... eis o que nos pode esperar despois desta desfeita electoral en Galicia:
(1) Dous partidos aínda máis españolistas: o PP controlado desde Madrid por Rajoy, e un PSOE españolista controlado por José Blanco. Neste contexto, darannos un estatuto de segunda división.
(2) Unhas infraestruturas que o goberno español non se vai dar présa en rematar: autovías que aínda están no plano (Lugo-Santiago; Lugo-Ourense), AVE, portos e aeroportos.
(3) Un Estatuto de segunda división, moi por debaixo do que acadaron en Cataluña.
(4) Un financiamento que non teña en conta a dispersión xeográfica, o envellecemento da poboación e o noso déficit en infraestruturas.
(5) Incremento da porcentaxe de nenos/as que teñen o español como lingua inicial, non só nas cidades senón agora tamén nas vilas, co cal, en vinte ou trinta anos, a meirande parte dos nenos nados en Galicia terán como lingua materna o español.
Algunha vez plantearase en Galicia un discurso político que vaia máis alá destes clichés españolismo, galleguismo, nacionalismo, sucursalismo, tomados ademáis como entes compactos, de todo ou nada?
As enquisas habituais tiran destes conceptos para trazar a composición sociolóxica dun país (ás veces, as formas das enquisas son as que determinan a composición do país, pero esta é teima deconstructora miñs que merece consideración ulterior).
Esas preguntas sobre se un é máís ou tan na dicotomía galego/español funcionan para o que funcionan. As outras sobre a liña de puntos entre o 1 e o 10 para desenrolar que nivel de nacionalismo posúe o enquisado son máis interesantes e ofrecen datos máis precisos.
Pero na discusión política falamos de partidos nacionalistas e non nacionalistas, de españolistas ou non españolistas. Curioso que os votantes camiñen nun continuum entre distintas opcións e nós sigamos empeñados en calibrar aos partidos cos maximalismos ao uso.
Cando o pais acade un grao de normalidade aceptabel, plantexarase, Arume, sen dúbida. Pero até entón paréceme que vai mais do mesmo.
Historia dunha subida a iate. Para non maximalistas.
Por primeira vez en moito tempo teño a sensación de que o análisis político non explica todo o que pasou o día un. É como se faltara algo. Algo que por outra parte nunca chegaremos a saber. Que papel xogaron os poderes fácticos, os grupos económicos que xa teñen importantes intereses en Galicia. Como moveron os seus peóns.
Os que inevitablemente se fixeron visibles ( La Voz de Galicia) xogaron forte pero, e os outros que tamén sinten danados os seus intereses? Non é demasiado oscuro e absurdo o asunto de Oia ou do coche ou das sillas? Quen foi o responsable deses erros?
É certo que as elecións se perderon na Coruña e o seu entorno?
É certa a frase do coñecido editor a Touriño:
Quítame de ahí a ese camillero o lo quito yo?
Despois de todo somos un país pequeno pero os intereses en xogo son moi grandes.
Se é certo eso de :"quítame de ahí a ese camillero o lo quito yo", teremos que solidarizarnos co Quintana. Eu creo que xogou forte, e con criterio. E conxuráronse varios factores, algúns non controlables, outros sí contra a continuidade.
Parece que en La curuña, cidade en la que nadie es forastero, acostúmase a decir eso: "medasuneuroneno, o teloquitoyo".
Falando de españolismo (concepto que si ten un referente, sr Arume) e de la curuña...
Eis unhas declaracións de Méndez Romeu a un boletín noutro tempo moi crítico do vazquismo. Para que entendan algúns o que é o españolismo e os "perigos" polos que pode pasar o PSdG:
-¿De qué manera hay que replantear los pactos?
-Alejándonos de las posiciones del BNG y defendiendo a ultranza que se cumpla nuestro programa.
-¿Sin llegar a romperlos?
-Las rupturas traumáticas, repentinas, hay que explicarlas. Lo que hay que hacer es un proceso gradual de alejamiento y de defensa de nuestra propia identidad; siempre nos han votado por lo mismo, por lo que identifican al Partido Socialista: las políticas sociales, avance de los derechos civiles, mayor redistribución de la riqueza... Ese es nuestro ideario, no los asuntos identitarios, lingüísticos, el debate del Estatuto de Autonomía y otros asuntos de carácter simbólico. Es importante decirlo en A Coruña porque, además, lidera una gran área de influencia que también está sufriendo los mismos resultados electorales que la ciudad.
-¿Siempre dice "La" Coruña (como repite en la entrevista)?
-¡Pero si yo nací en La Coruña, nada menos que en el barrio de la Pescadería, que ahora quieren llamar Peixería!
-¿Qué le parece el uso que dan a la casa de Casares Quiroga?
-¡Alucinante! Ninguna persona normal consiente que se mancille la tumba de sus antepasados. La casa de Casares Quiroga era el mausoleo dedicado a la memoria de los republicanos coruñeses. Que se haya llegado a deteriorar indica la insania del pensamiento nacionalista, la incuria y la capacidad de sectarismo que tiene el nacionalismo. Afortunadamente, parece que va a haber un golpe de timón pero es un insulto sobre la tumba de nuestros muertos, que merecen un respeto.
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009030800_2_266704__A-CORUNA--METRO-Jose-Luis-Mendez-Romeu-Tuvimos-soberbia-escuchar
Moito lle ten que agradecer Touriño a Méndez Romeu no asunto dos sobresoldos aos funcionarios.
Como aturou tanto tempo a soberbia deste submarino españoleiro de Pacuvázquez é algo que nunca dei entendido.
Permítame, amigo MS, sugerir que, en honor á verdade, o que atopo nestas expresións de MRomeu é antinacionalismo. E probablemente españolismo, pero non de forma explícita.
O de Casares é outro cantar. Que podemos discutir.
En todo caso, velaí un exemplo dos riscos de empregar categorías rotundas. Así non vamos a ningures. Non digo que non existan esas categorías: de feito, é o que lamento.
Quintanaaaa, Quintanaaaaa
Te llevan muy dentro del almaaaa
Sueñan contigo despiertoooosss...
PREMER.
Calla votante no llores mássss
Tu sabes que todo debió ser asíiii
Nunca sabrás que pasóoo
ES mejor que seas asiiiíi
PREMER.
Tanto chorar nin tanta ostia. Brila o sol. A ver si esta Xunta elimina as mimosas invasoras do monte galego .Qué peste!.
Eu non acabo de entender qué é o que non entenden os gurús da Galicia Ceibe e Proletaria.
¿Tan lonxe da realidade están uns?
¿Tan lonxe da realidade situáronse outros ó pousar as nádegas na cadeira presidencial?
De acordo, de acordo, tamén Lenin e Trosky decidiron durmir sobre as alfombras do Pazo de Inverno cando a revolución de outubro.
De acordo, si, de acordo.
(Desde logo, por moito que o pretendades, eu non penso chorar. Polos mortos non se chora. Se cadra, unha bágoa máis ou menos por un vivo... Se cadra. Non sei)
Aldo Moro morreo sabendo que quen o condeaba a morte eran os seus propios correlixionarios.
Berlinguer que dirixía o partido que puido cohesionar e modernizar Italia nunca chegou ao poder, Alguén llo impediu.
Giulio Andreotti, o que se bicaba coa Maffia,morrerá e levará os seus segredos á tumba. Só nos legará a súa colección de campaiñas.Calvi,o banqueiro de Deus, rematou os seus días pendurado dunha ponte do Támesis.
Licio Gelli creou a logia Propaganda Due pola que xa se paseaba Berlusconi.Este último fíxose rico e prepotente, controlou os medios de comunicación o fútbol e, en definitiva as vontades dos italianos.
Pero iso é Italia.Pode ser que aquí as cousas nunca cheguen a ser así, aínda que un paso nesa dirección tense dado nestas elecións. Ou non?
PSOE tiróu parlamentario ao PP en Óurense.
Pouco a pouco, as cousas vanse aclarando
premer
Estas cousas non lle interesan á "nova" oposición?
CLIC
Vostedes non cren que o asunto eólico debeuse levar con maior intelixencia? Xa non digo polos atrancos habidos e por haber, desde dentro e desde fóra. Quero dicir: pode resolverse un concurso desa magnitude, un par de meses antes das eleccións, con todo o proceso de reclamacións por diante?
Xa ven que non entro no fondo da cuestión do plano éolico nin da bondade do concurso e dos seus resultados.
Cando se vexan con certa perspectiva darémonos conta do importantes que eran para o país as políticas do BNG, nomeadamente as máis emblemáticas: galescolas, o Banco de Terras, as Normas do Hábitat, o Consorcio de servicios sociales, o Concurso eólico, etc.Quizais cometeron erros na forma de implementalas pero eran fundamentais para o desenvolvemento do país.
Estou certo que moitos votantes de esquerda, desafectos de última hora, lamentarán ter sido tan severos no seu xuicio ( se non empezaron a lamentalo xa).
Para mostra, o concurso eólico: trátase de desposeer dos dereitos a empresas , caixas e cooperativas galegas que asumiran desenvolver industrias asociadas para entregalos descaradamente a grupos empresariais e multinacionais alleas.
La Voz de Galicia actúa unha vez máis de ariete ao sevicio deses intereses e Feijóo terá que pagar os servicios prestados. Non é tan dificil de ver. Basta con abrir o xornal e comprobalo!.
A única esperanza: o grupo de afectados desposeidos terá que reaxir ante unha maniobra tan burda e esperemos que, nalgún momento, o faga tamén a opinión pública.
É probable que non haxa desafectos: un supoñer. Senón retirada dos que lle deron a ocasional confianza, por botar a Manoel I, nas de 2005.
Publicar un comentario