28 abr 2009


Camilo Nogueira e o sacrificio.
Alfonso Vázquez Monxardín.
Galicia Hoxe 28-04-2009.
Coñecín a dous Camilo Nogueira. Un era camareiro na cafetería Alaska no Parque de San Lázaro de Ourense e outro ao político que coa fundación do Partido Obreiro Galego abriu a esquerda autóctona de Galicia aos aires da modernidade e aceptación do sistema político democrático. Camilo grazas a moitas cousas, á súa forma de ser e ó seu éxito profesional en Sodiga, sabía que había un mundo enteiro por descubrir máis alá da Lavacolla e tiña unha profunda sensibilidade galega, de esquerdas e europeísta. O Sr. Nogueira Román, ex enxeñeiro de Citroën, lémbreno, foi o político máis activo dos primeiros parlamentos autonómicos e grazas ao seu impulso lográronse fitos históricos. Ducias de leis e concreción de inciativas como a traída dos restos de Castelao en 1984. Ou sexa, como era imperativo ético e histórico, durante a nosa primeira lexislatura; nada máis que Galicia tivese algo de poder de seu. Tres anos despois da aprobación do Estatuto; tres anos despois tamén do 23-F; ao ano seguinte da aprobación da Lei de Normalización Lingüística e cando xa estaba implantado o ensino do galego en todos os niveis. Claro que tamén eran os tempos en que o nacionalismo maioritario, léase a UPG e adherencias, aínda non entendía nin aceptaba claramente o sistema democrático -ata 1987 seguiu a alianza estratéxica con HB-, as súas normas, e nin sequera o resultado das eleccións ou das decisións do Parlamento. Así, aquel violento boicot contra a traída dos restos de Castelao a Galicia estivo adobiado de constantes insultos ao Sr. Nogueira.
Como Camilo Nogueira é boa xente cando os seus insultadores daquel día asumiron, en reviravolta pero sen autocrítica, as súas posturas (simplemente xurar a Constitución, condenar a violencia e tratar de ampliar o marco legal para Galicia desde a lei) por ser boa xente digo, foi capaz de traballar con eles de novo. Así conseguiu escano no Parlamento Europeo e desenvolveu a frenética actividade que todos lembramos ante a indiferenza dunha parte importante dunha forza política pexada de arcaico antieuropeísmo.
E agora pídenlle as familias que controlan o choio o sacrificio de renunciar a ocupar un par de meses escano no Parlamento Europeo por mor dun misterioso trato feito cunhas forzas políticas das que agora se desligan para unirse a outras máis radicais. ¿Mellor ninguén en Bruxelas que Camilo Nogueira? Alá eles. Así lles vai.

Na foto, obra da autoría de Camilo Nogueira, pai.

43 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Concordo en todo agás co último parágrafo. Non se pode dicir que as forzas coas que se coaliga agora o BNG son radicais, son de esquerda soberanista, como o foi o BNG sempre. Radical é, por exemplo, ir nunha alianza con partidos da dereita, nacionalista, pero dereita ó fin e o cabo, como son PNV e CiU.

A min tampouco me parece ben que non se lle permita a Camilo Nogueira que ocupe esa paraza os meses que restán de lexilatura. É mais, a súa presenza é moi necesaria para Galiza e o galego neste momentos. Ninguén está facendo máis pola conservación das linguas minoritarias que a Unión Europea e compre estar alí máis presente ca nunca para evitar que o Sr. Feijóo se lle de por cometer unha barbarie coa nosa lingua eliminando o famoso decreto.

Non hai moitos días a UE ameazaba a España de conxelar fondos europeos si non respetaba as súas recomendacións sobre a contrucción de vivendas no litoral. Ese é o camiño, hai que facer que Europa, baixo a coacción da retirada de fondos, free a derogación do Decreto do galego na ensinanza.

Para iso é imprescindible que Camilo Nogueira esté en Europa este tempo, pois a outra europarlamentaria (para moitos unha gran descoñecida pese a levar alá 5 anos) vai estar de campaña en Galiza para renovar o seu posto.

marcel swann dijo...

Así lles vai e así lles irá, e senón tempo ao tempo: "arrieritos somos, etc".

ms dijo...

- Qué noxento o adeus pola porta de atrás que lle da o BNG, politicamente, a Camilo Nogueira...

- Que triste que un partido no que os independentes son a maioría dos afiliados estea dominado por unha camarilla, o upegallismo quintanista, que aínda non fixo autocrítica do que pasou hai uns meses (e dos catro anos de goberno anterior).

- Que tristeza comprobar que os candidatos máis hábiles/capaces son relegados por vultos pertencentes, por obrigada cota, a esta ou aquela familia política.

Anónimo dijo...

Non me atrevería eu a chamarlle oa BNG de hoxe "esquerda soberanista".

Anónimo dijo...

En fin, Camilo Nogueira en Europa defenderá o portugués, non o galego. Cómpre expresalo con propiedade.

Hai que saber retirarse a tempo, home.

xOsse dorrío dijo...

Certo, hai que saber retirarse a tempo, pero nisto o tempo (o de cada persoa, a idade) non ten nada que ver. Camilo Nogueira ou X. M. Beiras ten moito máis que ofrecer que moita xente nova, escasa e/ou de ideas esgotadas. Un exemplo témolo na actual Tenenciadalcaldía de Ourense.

Concordo tamén que o actual BNG (o dos usurpadores, que diría Beiras) ten pouco de soberanista, por iso eu falo do BNG de sempre.

Anónimo dijo...

A ver que eu me aclare:

1) Camilo Nogueira traballou moito na primeira lexislatura da autonomía. E non terá nada que ver que o partido nacionalista con máis votos e deputados fose arteiramente expulsado do parlamento?

2)Se o partido de Camilo era tan moderno e chachiguay, e a UPG e adláteres tan chungos tan chungos... Por que o partido de Camilo foi perdendo apoio e a súa representación parlamentar mentres que os outros subían en escanos?

3) Nos 90, cando o partido de Camilo xa non tiña representación no parlamento, e o BNG experimentaba un ascenso meteórico, Camilo foi tan xeneroso que aceptou volver traballar coa UPG. Como diría Trillo, manda huevos.

4) É tan boa xente, que agora di que o BNG lle ten manía. Porque claro, hai un pacto asinado ante notario por el mesmo e a xente de CiU e PNV (ante notario!) coas condicións da coalición que se presentou ás europeas. Que son, por outra parte, bastante lóxicas. E se CiU pide que se cumpla o pactado, e o BNG di que efectivamente, hai que cumplir co que se pactou no seu momento (polo propio Camilo, non o esquezamos), resulta que a executiva do BNG lle ten moita manía a Camilo polas súas críticas e prefire que non haxa ningún galego en Europa a que estea el.

Este é o político tan serio e que tanto louvan, e polo que vexo vostedes comparten estes argumentos.

Claro, o máis lóxico é incumplir os acordos cuns aliados e estratéxicos e deixar a credibilidade e seriedade do BNG á altura do betún, porque al señorito le hace ilusión decir que vuelve a ser eurodiputado a só UN MES de que finalice a lexislatura!!!

manuel dijo...

A un pódelle gustar Camilo Nogueira ou calquer outro,e saltar o pactos asinados como mañá esquecerian outras normas que non lles gustasen, mais ir parar sempre as maldades da UPG, que aínda que traballara arreo non lle chegaria o tempo para facelas, e algo que di máis do que parece. Iso si, todo baixo o paraugas dunha suposta interpretación exacta da vontade dos votantes.Videntes!
Vaites! Vaites!

lobo neghro dijo...

Lémbrolle unha análise a Pedro Arias, o economista que se cambiou ó pp pasando antes por o psoe, un analise brillante onde afirmaba que o psg do "Camiliño" non ía a ningures porque eran unha xentiña que non se arriscaba. E en política hai que arriscarse. Uns pequeno-burgueses. Co tempo a tese demostrou ser certa. Co tempo comprobei que moitos seguidores do "Camiliño" son auténticamente conservadores, verbo os doctores Etxe e Markus, nosos contertulios.

Polo demáis a analise do último anónimo 1:58 resúltame moi atinada.

Iacobus Von der Stein dijo...

Non saio en defensa de Camilo Nogueira que se defende a si mesmo, pero acudir a un presumible pacto con CiU e PNV, para non ocupar o escano no Parlamento Europeo, non é de recibo.
O PNV, tendo anunciado Touriño a data das eleccións, sinalou o mesmo día sen consultar co BNG, saltándose o GALEUSCAT por alí enbaixo.
De aí que o da firma ante Notario é máis unha disculpa para que Nogueira desapareza.

arume dos piñeiros dijo...

Eu quedei intrigado co camareiro Camilo. Non nos conta nada máis Monxardín. E polo nome da cafetería, Alaska (como Nagasaki ou Avenida), tan de anos cincuenta.

AVMF dijo...

Pois o camareiro traballou alí uns anos. Eu, cliente habitual do Alaska, e daquelas no POG,tiña bastante trato co rapaz, que me contaba o estrañadas que quedaran unhas enfermeiras na residencia cando o atendían que lle preguntaban se el era, en serio, Camilio Nogueira. Que tiñan a idea de que era máis vello, etc.
Así pois, un día que veu o C. Nogueira político, leveino ao Alaska e presenteille ao camareiro. O certo é que foi un encontro frío. Non tiñan nada que dicirse, máis ala da casualidade, etc. Despois volvino ver hai anos pero non dou lembrado que fixera da súa vida.

A ver se teño un momento á tarde e lle contesto ao anónimo dos catro puntos. A verdade é plural. Pero el está, globalmente enganado. Creo

AFP dijo...

Camilo Nogueira foi, aliás, um dos máximos exponhentes políticos do regeneracionismo e defensor da tradiçom galeguista e da nossa ortografia histórica. A el, coma ao Beiras, destinou-se-lhe umha saída pouco decorosa que a história e o tempo emendarám deixando claro a que está cadaquém. Acho que Camilo Nogueira devia ocupar esse escano europeu por enquanto nom se celebrem as eleiçons europeias.
Sobre as nova coaligaçom do BNG para as mesmas considero que é umha aliança normal e natural com a esquerda soberanista e que o "extranho" era ir da mao do PNV e de CiU, forças da Direita, o que nom tira de que se fagam pactos com eles para acadar objectivos estrategicos comuns que afundem na configuraçom dum Estado espanhokl plurinacional, cada dia um pouco mais longe pola reactivaçom do nacionalismo ultramontano espanhol e do seu centralismo.

marcel swann dijo...

Respóndolle ao anónimo dos "catro puntos":


1) Non entendo moi ben o que quere dicir. En todo caso, recórdolle que Esquerda Galega (Camilo) opúxose á expulsión dos deputados do BNPG-PSG que se negaran a acatar a Constitución en 1981. Houbo tamén por aí algunha abstención na votación na que se decidiu botalos, e que aínda está sen aclarar.


2)O partido de Camilo era tan chupiguai que, anos máis tarde, o BNG aceptou moitos dos seus postulados (Europa, papel do nacionalismo na autonomía, etc), sen recoñecelo. Por iso o BNG, que tiña moitas máis organizacións detrás, subeu.

3) Camilo entrou no BNG (non na UPG), un tanto despois de que o fixesen os seus compañeiros do PSG-EG. (Se estou errado neste punto, que alguén me corrixa). Pero repito: (1) Camilo non entrou na UPG; (2) O PSG-EG decidiu disolverse dentro do BNG. A UPG, non.

4) Non sei quen ten razón, pero o menos que podía facer o BNG é apoiar a Camilo e favorecer os nosos intereses en Europa.

AVMG dijo...

Meu señor anónimo:

Eu véxolle os catro puntos que sinala, claro, doutra maneira:

1)Cando os deputados do BNPG decidiron facer deixación dos seus labores e responsabilidades parlamentares por unha cuestión puramente formal -xurar a constitución- estaban cometendo un gravísimo erro, como despois recoñeceron na pura práctica. (Eu xurei a constitución para facerme funcionario e outros que eu sei, con toda lóxica e razón, os principos fundamentales del moviento, para ser profesores, por exemplo, no tardofranquismo, e fixeron ben e non lle caeron as orellas). Quero alguén máis listo ca min me aclare, por favor, ¿que foi o que cambiou tanto na sociedade -á parte da pura táctica política do BNG- para que o que antes estivera mal -xurar naquel "parlamento de cartón"- agora estea ben nesta "cámara de Galicia", pero sen asumir que o de antes fora unha equivocación?
Honraría ao BNG asumir unha historia plural respecto dos primeiros anos da autonomía concordando en que a vía autonomista, posibilista, reformista de EG era a adecuada.

2) O Partido de Camilo -léase o POG- EG- foi perdendo apoio porque eran catro gatos con moito charmant, moi ben valorados, moi preparados, pouco votados e con moitas présas por participar na construción do país.Por iso, algúns marcharon ao PSOE e outros ao BNG cando se pechou o negocio. Tamén subiu o BNG porque repescou a un Beiras Torrado ata daquela fóra de xogo polo tanto sen posibilidade de crítica directa á traxectoria naqueles tempos da UPG, aínda a pesar de todo o mal que lle fixo no tempo dos alcumes de "pseudonacionalismo, etc." por volta dos setenta e moitos. Tamén era Beiras unha figura maís atractiva mediaticamente que Camilo, -ese filouniversitarianismo de nós- e cunha organización detrás que traballaba forte para si, con grande agresividade para con todo o mundo. ¿Lembramos as tractoradas contra a autonomía o 4 de decembro?
3) Efectivamente, a pesar de ningunha autocrítica -os totalitarios poden esgazar unha organización pola metade pero endexamais farán unha autocrítica-,a pesar de ningunha autocrítica digo, asumiron, de facto, o comportamento político de EG. Así pois, non vexo contradición en que Camilo "esquecese" e quixese intentar traballar, mesmo liderar, inxenuamente, a aqueles que sen dicilo viñeran á súa praxe de ideas. E como foi entendido socialmente como unha reunificación, unha moderación do nacionalismo baixo postulados asumibles -autonomismo, constitucionalismo, progresividade na ampliación de competencias, etc.- veu o avance.
Algúns, sen esa autocrítica e recambio radical dos que mandan, nunca creremos a sinceridade da evolución de determinados dirixentes. Lean o blog do Sr Rodriguez coa análise da traída dos restos de Castelao. Sen autocrítica e sen vontade de evolución, o tema é que "aquí non pasou nada" nunca. Nin sequera agora.
3) A coaligación Galeuska que agora termina, sacou en Galicia 139.000 dos 790 mil votos en todo o estado. Algo lle debería tocar. (Lembren que Camilo co escano adxudicado en primeira instancia, acabou perdéndoo por 334 votos). Ou sexa creo que os socios deberían ter un compromiso cívico político e moral neste momento.

Por outra banda, o de "socio fiable" no cumprimento fiel dos pactos cos outros socios da coaligación, a min, perosalmente, depois do comportamento nos bipartidos de Galicia e cidades, dáme a risa.

En fin. Xa foi. Non vou seguir que non nos imos pór de acordo.
Son libre. E así penso que a UPG fixo moito ben e moito mal. Moito ben na extensión de organizacións de masas en moitos campos, sindical, cultural, etc. E moito mal, en espallar unha cultura política, esencialmente contraria ao cmoportamento do galeguismo histórico, integrador e positivo, e do que agora, flipantemente, quere facerse herdeira única. E nada diso.

Perla dijo...

Neste enderezo Amesanl pódese asinar o manifesto en defensa dos dereitos do galego.

Xosé M. González dijo...

Pasaron días, e esta tarde veu o acougo para ler a última contribución do autor da entrada. Encontro nela moita razón coincidente coa miña e algunha pouca disidente: máis ca nada, alcances posibles da expresión autonomismo e o sentido da risa (quizá mesmo sardónica) en relación coa 'fidelidade' nas diferentes xestións bipartitas. Asuntos menores, como for, ou menos actuais có caso referente.

Ao coñecerse a renuncia de Guardans, a miña persoal reacción foi entender que dous meses de Camilo Nogueira en Europa supoñían unha oportunidade -mínima, xaora, pero máis val migalla ca ningún pan- a disposición do nacionalismo galego en véspera electoral; ler que como decontado o BNG demandaba a súa renuncia supuxo sospeita no sentido que varios contertulios xa indicaron. Algo certamente feo.

Ora ben, a dirección frontista exhibe un acordo de coalición que marca termos inequívocos en caso de relevo; declara sinaturas rubricantes, incluída a do seu candidato. Este, sería de esperar, acepta a súa postergación; ora ben, se antes manifestara resistencia, agora presenta algunha reluctancia: a aplicación da cláusula prevista dáse, conforme o seu concepto, por ser el quen é. E aí xa non percibo o alcance da súa disponibilidade no caso de o BNG querer incumprir o pacto.

Para ser franco de todo, comunico a miña sospeita de que no momento de asinar, Camilo Nogueira probablemente non leu a totalidade do texto que firmaba, é o que me parece a min, que miro letra por letra ata os contratos da Microsoft. Engadirei a persoal convicción de que pactos e documentos están para ser cumpridos, tamén cando afectan os amigos. Ben sei que a política presenta episodios feos; ora que non quedaría demasiado ben neste foro -principalmente se nos declaramos libres daquela servidume- facer propósito ou lamentar ausencia da prevaricación moral. Supoño que o termo non levará gravame de inxustiza.


Tal e como pintan as correlacións, non encontro improbable encontrar a Camilo Nogueira, dentro de oito días, compartindo candidato e liña da UPG no proceso orgánico. Outro efecto, paradoxal agora, da incómoda política. Sexa o que for, comparto sen receo que tanto el coma Xosé Manuel Beiras non foron ben tratados -nin convenientemente aproveitados- dentro da súa organización nos últimos cinco ou seis anos. Xa dixen que comparto non pouco do que máis arriba queda escrito.

apicultor dijo...

A política, amigo Saavedra, fai estraños amigos de cama. Sexo do malo, o da política, digo. Moitos van de imponentes e conclúen de impotentes. Do malo, efectivamente.

Testemuña dijo...

Non sei se será sexo ou comercio, pero onte vin a Isabel Pérez, concelleira de Cultura do BNG de Ourense (e membra da UPG), como falaba en perfecto castellano (el de los tiempos compuestos) atendendo a un cliente nun establecemento de comestíbeis. Se isto o fai un cargo público que en teoría defende o galego e a cultura galega, que nos podemos esperar?

Xosé M. González dijo...

Algo parecido pode dar que pensar a cousa, Apicultor; en efecto. Con todo, o que me parece máis relevante é esa coincidencia final entre os que propugnan o pasado. Ora que tamén lle digo unha cousa: chegamos a isto porque a situación actual non ten parangón conningunha outra; así lle mo parece a min. Este é o século XXI, aínda que non se saiba se todos queren tal cousa.

apicultor dijo...

Non facían falta tales alforxas para a viaxe, dado que finalmente vai haber un pacto entre dous "inimigos" enfrontados duramente até hai dous días: UPG e Encontro Irmandiños. O chamado postquitanismo agrupado en +BNG acabará entrando no reparto de cargos, que é do que vai en realidade o choio.

Os paganos de todo isto son, coma sempre, as bases, utilizadas como moeda de cambio. Porque para chegar a tales pactos "desde arriba" foron sometidas previamente a unha tensión innecesaria nas diferentes comarcas coa confección das distintas listas para a elección de delagados.

O resultado de todo este proceso foi que, en non poucos lugares, naquelas bases se xerase desunión, desconfianza e polarización, chegando mesmo a casos de inemizades persoais.

Para esta viaxe non facían falla tales alforxas. A sensación que dá todo este espectáculo é que, unha vez máis, os dirixentes do BNG están moi por baixo, xa non só do país, senón da propia militancia.

Nada novo baixo o sol, que dicía o adaxio clásico.

Xosé M. González dijo...

Pois voulle dicir unha cousa: non sei se a militancia, se flúen ben información e debate, vai permitir desta volta que se impoña a componenda. Indicios non faltan.

Ou sexa que igual acaba a cousa contra prognóstico, tipo Zapatero. Cousa que sería excelente como sistema, aínda que meigas fóra en relación co exemplo aducido; paga a pena, en todo caso.

Xosé M. González dijo...

Resulpe como resulte, teño certa impresión distinta á súa: había máis desunión, desconfianza e polarización interna no Bloque hao tres meses da que hai agora. Por factores diversos, que ao mellor hoxe é tarde para desenvolver.

Así é que haxa boa noite.

ms dijo...

Eu non vendería a pel do raposo antes de cazalo.

De momento, o único que fala clariño, mesmo en linguaxe facilmente comprensible, é Beiras. Diante disto, que ofrece o quintanismo upegallista ou o upegallismo quintanista (tanto monta, monta tanto)? Máis ambigüídade calculada? Máis do mesmo, eles, que foron os que case afunden o Bloque?


P: Por que defenden que cómpre refundar o Bloque?

R: Non se trata de volver a fundar o BNG, de repetir hoxe en 2009 o que foi a Asemblea de Riazor. Trátase de retomar o proxecto estratéxico do Bloque como eixo de toda a súa política. Un proxecto de autodeterminación, de emancipación nacional e social. No argot celtibérico de hoxe, un proceso soberanista. Todas as políticas do BNG deben estar enfiadas por ese proxecto tanto na sociedade como no asociacionismo social máis activo, a empezar polas asociacións dentro da fronte nacionalista en planos como o sindical, labrego, cultural, feminista, ecoloxista, etc.

Xosé M. González dijo...

Swann, hame perdoar que llo diga: seguir falando a estas alturas da conxunción quintanoupegallista supón estar ben lonxe da situación real. Son outros os realmente conxuntados, e hai cada vez máis evidencias e testemuños. Non mo crea a min, pero, se quere, pode ir lendo.

Por outra banda, gustaríame penetrar o alcance da expresión "falar claro"; e, aínda máis, saber que é o raposo.

Xosé M. González dijo...

Máis datos para quen se interese.

Xosé M. González dijo...

E máis.

arume dos piñeiros dijo...

Alternativa pola Unidade, Lealdade e Operatividade no BNG.

ms dijo...

1. A primeira na fronte dos upegallos:

El líder de la corriente del BNG 'Encontro Irmandiño', Xosé Manuel Beiras, negó hoy la existencia de un pacto ya cerrado con 'Alternativa pola Unidade' --en la que se aglutinan la Unión do Povo Galego (UPG) y militantes independientes en torno a la candidatura de Guillerme Vázquez--
2. E fungueirazo número dous para os quintanistas:

(...) y reprobó que los quintanistas pretendan "bipolarizar" la formación frentista.

En rueda de prensa, Beiras criticó que el sector liderado por el portavoz parlamentario del BNG, Carlos Aymerich, trate de "establecer un eje de mayorías y minorías" en torno a las dos corrientes que obtuvieron más delegados y que presentarían su candidatura a la portavocía nacional de la formación nacionalista.

"El BNG siempre estuvo en contra del bipartidismo, porque hace tabla rasa de la pluralidad", incidió, al tiempo que precisó que hay "tres listas" al Consello Nacional --al que sí se presenta 'Encontro Irmandiño' a través de la candidatura denominada 'Listas Abertas', apoyado por Esquerda Nacionalista y afines al ex eurodiputado Camilo Nogueira--.

De este modo, insistió en que el Bloque "es un frente en el que no caben dinámicas de mayorías y minorías", y apeló a que las tres corrientes "suscriban unos puntos mínimos de compromiso" para que el Consello Nacional "refleje la pluralidad del frente". En este extremo, recordó que 'Encontro Irmandiño' hizo público un documento en el que se explicitan "las condiciones para la negociación".

3. O que espero que non paseAunque Beiras afirmó no haber mantenido todavía ningún contacto con las otras dos corrientes del BNG, no descartó la posibilidad de que las dos opciones mayoritarias "quieran pactar entre ellas" y dejar a los 'irmandiños' "fuera". "Pero no quiero ser mal pensado ni hacer juicios de intención", zanjó, a preguntas de los periodistas.

Xosé M. González dijo...

Si, Arume, ata igual parece que están reñendo. Do resto falaremos noutro momento; unha das cativas do accidente (saberán de que lles falo) era coñecida e ás oito teño que estar no tanatorio.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non lera o seu artigo, amigo Saavedra, máis irónico do habitual: non sei se ese aceno retranqueiro de máis retrata mellor ca nada a voráxine dos tempos mudados e por mudar.
Pero hai que recoñecer que ese ApULO que queda moi serio non é: de aí o apócope ou tallada. Digo eu.

Xosé M. González dijo...

Tendencia didáctica, quizá, levada ao extremo; se tal, o resultado é de profesor cargante. Non sei que dicirlle, Arume.

Xosé M. González dijo...

Non pasarei eu por deostador de Beiras. Neste foro seguramente terei tomado a súa defensa máis veces ca ninguén, dando lugar por certo a algún debate con algunha calor; nin o Apicultor nin o Arume me deixarán mentir ao respecto, para aviso de menos habituais ou permanentes.

Beiras é figura fundamental do nacionalismo galego no século XX; fixo grandes cousas que deron grandes resultados. É tamén persoa con momentos volubles e caprichosos, non sei se particularmente cando a autoestima sofre; no 2001, poño por caso, cando protagonizou a derrota que inaugurou o devalo electoral do BNG, pareceu facer responsable ao pobo galego, aparello mediático e que sei eu cantos elementos máis, en ton crispado, con escaso autodominio e, xaora, cámaras diante e recreándose.

Beiras non foi ben tratado cando o seu relevo; portáronse mal con el e el retribuíu o maltrato dunha maneira seguramente gratificante para a súa persoa pero certamente nocivo para a organización que -sendo aínda súa- non o parecía case en absoluto. Con todo, o que se lle debía era demasiado como para facer que prevalecese o agravio; e as cousas posiblemente poderían levar acomodo co tempo.

Xosé M. González dijo...

Non houbo tal acomodo, e percibín que tivera aí parte fundamental un contorno -de Beiras- xurdido a partir de cambios na cúpula, perda de influencia dalgunha figura e acollida desta á sombra do león. Todo acabou no Encontro Irmandiño.

Estiven na semblea nacional onde xurdiu tal colectivo; escoitei varios discursos de Beiras; son da opinión de que o apoio acadado se debe en grande medida a tales discursos e o capital político de quen os pronunciou. Leo desde aquela cousas do EI; encontro fundamentalmente carraxes diversas, pingas de ideoloxía (altermundista?) moito menos concreta e coherente cá de calquera outra instancia interna do Bloque e Beiras, moito Beiras; este último factor é o único que -ata o de agora- me interesa de tal grupo.

Xosé M. González dijo...

Beiras debe ter un papel relevante dentro do BNG; nunca debeu deixar de telo. Martiño Noriega, para min, é unha incógnita; os destiladores de carraxe seguen sen interesarme.

O BNG, arestora, ten dúas instancias de especial relevo e Beiras non está en ningunha. Sempre houbo na fronte dinámica de maiorías e minorías, Beiras participou dela e foi el quen dixo o de "fillos de Marx e da Coca Cola". Espero que se encontre para el un lugar máis útil có de repartidor de fungueirazos. Moi satisfactorio, polo que se ve, para certo consumo. Pero que non gaña unha puñetera elección fóra nin -ben se ve- dentro.

E podemos seguir falando.

arume dos piñeiros dijo...

Dou fe da posición de Saavedra sobre este asunto. Agora ben, cal é a opinión de Beiras sobre Saavedra, militante exemplar do BNG? Eso sería máis interesante: se vén XMB por eiquí ou visita estes fogares de Breogán, que conte.

Xosé M. González dijo...

Arume, nin se me tería ocorrido. Pero leva razón que lle sobra, sería ben interesante; fico á espera, que non á espreita.

Chámanme para cear, haxa boa noite.

Xosé M. González dijo...

Isto é falar clariño. Probablemente ninguén conteste, e só actúen os etiquetadores.

Pero oxalá me equivoque, e alguén diga algo máis alá do panexírico. Penso que Beiras xa non o debe precisar.

ms dijo...

Iso, X.M Glez, non é "falar clariño". Quen están detrás dese documento? Os que apoian a Aymerico? Que é o que lle están pedindo a Beiras? Que se retire para lles deixar paso a eles? Por que non cren que os do Encontro Irmandiño o que desexan é un BNG plural? Que é iso de que non existen correntes (incluídas as socialdemócratas e as independentistas) no BNG? E logo (tal e como comenta un dos que deixaron a súa resposta no blog) como é que Aymerico foi o outro día falar cos da "Mocidade Socialista Galega?

Isto é o que me temo que está a pasar:

- Hai unha UPG que quere seguir mandando na sombra. Onte fíxoo co quintanismo e coa inmensa maioría de independentes.

- Logo están os responsables (coa UPG) de perder as eleccións, e que agora se chaman +BNG. Queren eliminar a competencia facendo do BNG un "partido", mandar eles, e absorber a todos os independentes. Máis ou menos o que fixo durante estes anos a UPG. Que ideoloxía hai detrás de +BNG? Seguir na indefinición de Quintana: populismo + autonomismo + burrocratismo?

O resto son os paganos do asunto. Para a UPG e o +BNG, "ou estás con nós ou contra nós". Espero que, despois desta fin de semana, non asistamos a unha desas esceas de voda, cando lles cantan aos padriños (os que pagaron o convite) aquilo de "Que se besen!"

Xosé M. González dijo...

A iso é ao que lle chamo eu etiquetar. Cando empezamos pedindo apelidos, empezamos mal; se seguimos supoñendo intencións -sobre todo entendendo, a priori, o que queremos entender-, seguimos peor. Xa sei que os tempos asembleares son dados á simplificación de datos e peche de fileiras; pero un sempre espera (particularmente nun foro coma este) que os suxeitos das emocións deixen unha regañiña para a dúbida ou certo sentido crítico; en particular con respecto ao partido -posición- que un mesmo escolleu.

Non pode ser? Lástima. Eu sigo propoñendo diálogo e debate con respecto a textos e propostas. Neste caso, ben respectuosas, comprensivas e pacientes. Sígoo propoñendo, pedindo algo máis de sutileza. Que non pode ser? Buscaremos outro lugar ou outra interlocución, se é que queda.

arume dos piñeiros dijo...

A min me gustaría debater: dígolle a verdade, amigo Saavedra que reclama subtileza. Pero aínda non entendo ben case nada.
Soa a cousa doméstica e recoñezo que perdo moitas claves. Non sei se ao común dos lectores lle pasa o mesmo. Pero a min, dígollo, cóstame moito seguir o choio. E mire que leo case todo.
Teño que recoñecer tamén que tiña a metalinguaxe de organización marxista moi enferruxada (case tanto coma un sommier-valado) e para recuperala necesito moito moito Netol.

arume dos piñeiros dijo...

Non sabía que existía esta páxina web

arume dos piñeiros dijo...

Permítanme este anuncio: Somier Numancia. Non dou falado.