16 may 2009

Dedos de Pedra (II)
por Xoán da Cova
O bar de Folies Bergiere.Manet.1882
Aparte de tocar música, Dedos de Pedra tamén pintaba, como xa apuntou algún contertulio deste blog nun comentario á entrega anterior. É desta segunda faceta da súa personalidade da que trata a historia de hoxe.

Paseaba eu unha tarde, á hora do café, pola rúa dos viños de Ourense. Estaba perto da súa casa, polo que non foi estraño toparme con el. Díxome:"Imos tomarlle un cubata, e logos bótasme unha man nun pequeno choio".

A historia era a seguinte. Había algúns meses que un coñecido empresario ourensán lle encargará uns coarenta cadros para decorar algún tipo de instalacións. Dedos de Pedra fora pospoñendo o momento de comezar a pintalos até o último día, que era precisamente aquel. Só dispuña desa tarde: debía entregalos o próximo día. Aínda nos entretivemos un chisco tomando unhas copas e falando. Imaxinei que era un "procastinador", alguén que o deixa todo para o derradeiro momento. No entando, agora decátome de que o que facía era, en realidade, "cargar as pilas da inspiración". Porque o traballo fundamental xa tomara forma na sua cabeza.

A media tarde, fomos á sua casa. Cun par de cubatas enriba, levaba as "pilas postas". Sacou unha presa de cartóns brancos, deses que se usan para pintar acuarela, e tamén a paleta de cores. Púxose a pintar acuarelas coas mans. Non o poido dicir con exactitude, mais o tempo medio en pintar cada cadro debía andar polos dous ou tres minutos. Espallaba tres ou catro cores coa man e dáballes todo tipo de formas. Eu estaba alucinado. "Este vai ser unha cidade de noite", dicía. Botaba un groso de pasta de cor negra, espallábao, e logo unha pingas de branco, que remataban por ser "as luces da cidade". Trazaba todo coas mans, xogando cos matices de gris, as difusas contornas de todo tipo de estruturas arquitectónicas: parques, pontes, edificios... "Este vai ser o mar, con barcos". Mandáballe un viaxe á cor azul, con pingas de outros colores. Tiña que calcular rapidamente os diferentes tipos de posibles contornas para que non se lle acabaran unhas cores antes que as outras.Tamén facía algunhas representacións de Cristo nas máis coñecidas situacións que detallan os libros de Historia Sagrada.

O meu traballo consistía en coller o cadro recén pintado e buscar un lugar axeitado pola casa adiante, para poñelo a secar sen que a pintura se derramase. Non daba feito. Ao principio érame sinxelo achar lugares onde colocalos coidadosamente. Sofás, mobles, mesmo unha ampla superficie do chan, na que, a pesar de ser tan grande, axiña tiven dificultades para camiñar, pois quedara cuberta de fermosas acuarelas de todas as cores, hipnóticas, imaxinativas. Nunca vira eu nada igual.

Sañimos ás poucas horas abríndonos paso cara á porta da entrada, observados por moitos dos personaxes pintados que quedaban secándose, cheirando ás substancias químicas propias do oficio de pintar. Tiñámonos gañado uns cubatas. Definitivamente, o encargo entregaríase en tempo e forma.

(Continuará)

6 comentarios:

XulioDRabal dijo...

A guinda do texto:
Intrígame, Dacova, il sería moito pedirlle unha foto deses cadros de Dedos de Pedra.
Se están ó dispor do público, ou sabe da pista dalgún,seguro que Trebi, o noso audaz fotógrafo, ou eu mesmo me brindo, para ir buscar unha imaxe para subir.

lobo neghro dijo...

Desos eu non sei, pero o martes mesmo acabo de ver un cadro un no bar do Santiaghu Rodríguez, o fillo do Manuel, en Cartelle. Preghuntade por él.
O fillo do Manuel acaba de abrir unha tapería, o bar era da casa, e tamén ten casa de turismo rural ou algho parescido.
O autor chámase Atanes.Non vaia ser.

A arte é controvertida.

apicultor dijo...

Parabéns por esta segunda entrega.

XDC dijo...

Pois inda hai uns cantos por aí, Xulio. Xa lle diréi de algún.

Tamén lle vou decir outra cousa: Cando algún cadro non lle salía ben, tirábao a papelera, e facía ben. Pero había unha cousa que facía mal feita, na miña modesta opinión. Ás veces viña un amigo a pedirlle algo de cartos, un persoaxe da cidade, tamén bastante coñecido, que lle pide cartos a medio Ourense por a rúa. Él decíalle: non che dou nada, pero colle un de eses cadros que hai na papelera, véndeo por o que podias, e xa tés cartos. Eso era algo moi mal feito por a sua parte. Anque iba sin firmar, o estilo era reconocible. Así chegaron a moitas paredes cadros de él, comprados por catro cadelas e de baixa calidade que desprestixiaban aos auténticos, nos dous sensos, o artístico e o económico. Pero qué lle quere. Igual a amizade era máis importante para él.
Eu tiña unha acuarela que me agasallara, pero non sei ben onde está,despóis de algús cambios de residencia. Posiblemente en algún baul na casa dos meus pais.
Xa lle digo, hei de averiguar por onde andan, e dígollo.
Posiblemente, o que dí Lobo sexa de él. Pero igual é dos "fallidos", non o sei...

xdc dijo...

Xulio, si quere subir unha imaxe similar aos cadro de él, ésta que atopéi en internet escrbindo en Google "acuarelas abstractas" está asombrosamente no estilo:PREMER.

xdc dijo...

Para que se divirtan un anaco, copio desde outra web unha historia escrita por un amigo, o músico Julio Somoza.A mín, fíxome rir. Julio Somoza, ao que moitos contertulios ourensáns coñecerán, é na actualidade o teclista da afamada orquesta "Los Satélites".

Vai:



UNA DE MÚSICOS

Estaban don Dacapo y don Calderón en la doble barra del final. A esto preguntó Calderón:

-¿Tú con quién has estado?

- Yo con mozarts buenas y malas, pero siempre utilizo el con DO.

A todo esto llegaron dos notas muy buenas que estaban de paso, ¡estaban más salidas del pentagrama! Aunque eran dos terceras menores, sus plicas y sus corchetes denotaban a medio tono convertirse en mayores.

Eran de LA RE DO, y vivían en el II, V, I de la calle tonalidad mayor, tenían los ojos celesta. ¡Qué buen preludio! Yo estaba muy alterado y me hizo un crescendo el tono bajo,

-¡Vaya, don Dacapo, MI RE Las, si están para hacerles un fagot!

La negra estaba confusa y la blanca tenía un puntillo, y tuvimos un contratiempo en la tercera parte del compás, ¡y eso sin copa! Total, que rápidamente nos ligamos a ellas ya que éramos bastante ostinatos.

De pronto hubo una fuga, y surgieron unos eventos por la sección de vientos, hasta el bajo [WINDOWS-1252?]D… ¡Esto es un en RE DO! Yo me llevé a la negra que era muy melódica, y me gustó mucho su comportamento.

-¿Te hago un arreglo?

- SI MI SOL.

Y me puso la apoyatura en tono cromático ascendente. Me dijo:

- Esto te va a costar unos DO LA Res.

- No me importa, tú cógeme los bemoles por encima del becuadro y sosténmela bien.

¡Me hizo un mordente, hummmmmm...! ¡Qué sonata, vaya solo de flauta dulce!

Ella se quitó las MI MI. ¡Cómo canta, le huelen las A SI LAs y tiene la garrapatea la gachí. Menos mal que cambió de postura.

- Ten cuidado, negra mía, que tengo cuerda para rato y te voy a transportar a otra tesitura.

Mientras tanto, en el silencio de la noche, don Dacapo estaba con la blanca, que era un poco frigia, pues tuvo que esperar a que se templara.

- ¡Tranquilízate, yo no me en FA DO.

¡Nada, no encontraba la forma! Contrabajo y con sudores, pues estaba sin viola, y no daba en la clave, ¡con lo FA SI que esto es!

El primer movimiento fue muy suave y se la metió de LA DO. Aunque estuvo disminuido unos compases, y tuvo por momentos una quinta aumentada. Al final le metió la quinta justa.

El segundo movimiento fue más intenso: ya estaban totalmente de acorde con la situación. ¡Cómo corría la nota! Luego me dijo:

- ¿Por qué no nos vamos al tresillo y te hago un RE LA MI DO en el SOL FA?

- ¡Qué temperamento! Jazz ta bien por fagot, vamos a DO MI.

A la mañana siguiente me dijo:

-¡Hay que ver lo bien que Ron Carter anoche!

- Mira niña, chupa MI LA que la tengo LA SI A, y si eres DO SI, volveremos a empezar, y luego tocata y fuga, que tenemos que acabar.

Esta es la odisea de dos señores y de dos notas, RE LA MI DOs en tresillo y SOL FA, demostrando qué derroche musical relacionan con un cantar. Y cantando y cantando, a la negra y a la blanca nos vamos tirando