15 may 2009

O sitio do meu recreo.
Roberto G. Méndez.Galicia Hoxe.15.05.2009.
FOTO: Axencias
O blog de despedida a Antonio Vega encheuse de cancións de Antonio Vega, que se despediu así, digamos, de si mesmo.

...HAI UNS ANOS, non moitos, como tres, a London Review of Books, prestixiosa revista literaria británica, como saberán ou acabarán de deducir polo críptico nome, publicou They call me Naughty Lola (Chámanme Lola a Travesa), unha selección dos anuncios aparecidos nos entón oito anos de existencia da súa sección de contactos. Hai alí tanta soidade como noutras seccións que se parecen de publicacións que nin de lonxe, pero hai tamén moita máis literatura e ningunha contemplación. Por exemplo: "Home calvo, baixo, gordo e feo, 53, busca muller curta de vista con enorme apetito sexual". Por exemplo: "O amor é estraño, pero agarda a ver os meus pés". Por exemplo: "Muller asmática e con varices, 93 anos, busca home menor de 30 con pulmóns para empurrala ata a oficina de Correos no alto do outeiro". Por exemplo: "Todos riron de Cristóbal Colón. Astrónomo por conta propia, 47, pode probar que o mundo ten a forma dun grande ovo. Todo o que necesita é o amor dunha muller e 40.000 libras. Admítense cheques". Por exemplo: "A túa idade é inmaterial. O teu aspecto é irrelevante. Pero fóra bromas co teu saldo bancario". Ou en fin: "A miña muller ideal é un home. Síntoo, mamá". E un único final case feliz, que eu saiba: "Unha vez atopei aquí a miña parella ideal, pero resultou ser un anuncio que eu mesmo enviara anos atrás e esqueceran publicar".

POBOAMOS O MUNDO de mensaxes, supoño que se quere dicir aquí, para acabar descubrindo que falabamos sós. Cando o outro día morreu Antonio Vega, que parecía irrompible pero vese que tampouco, alguén habilitou un blog para que os fans se despedisen e o sitio encheuse de cancións de Antonio Vega. Cancións de Antonio Vega para despedir a Antonio Vega. Antonio Vega despedíndose de si mesmo. Antonio Vega descubrindo, por fin, para quen cantaba, e desde onde. Onde nos levou a imaxinación. Onde cos ollos cerrados. Etcétera.

10 comentarios:

XDC dijo...

HISTORIA DE UNHA GUITARRA


Eu tiña, fai anos, unha guitarra española, normaliña, das de toda a vida. Xa tiña acumuladas algunhas historias ela mesma, pero non as detallaréi. Limitaréime á historia de outras que tuven despóis, como consecuencia de sucesivos cambeos...
Atopábame eu tocando con esa guitarra, na compaña de un rapá que tiña nas mans outra, tamén tipo española, de cordas de nylon, pero moito mellor: Electrificada, con entradas de jack e balanceada, con "cutaway", con unha caixa máis grosa do habitual. Compráranlla os seus pais, emigrantes en Suiza, queñes lle mandaban tamén,desde alá, cartos cada mes para vivir. Varias persoas me dixeran xa que ese rapá tiña problemas coas drogas, anque o seu aspecto non o daba a entender. Propúxome que as cambeáramos. Que eu me quedara coa sua, e él coa miña. Cando lle dixen que a súa era moito mellor, díxome que non lle importaba, que o feito de que a miña guitarra tuvera sido miña, tiña para él moito valor. Inda hoxe non sei cómo interpretar ese comentario que me fixo.
O caso é que as cambeamos. Desde logo, saín gañando eu. Existen varias fotos de prensa na que esa guitarra aparece tocada por diferentes persoas ás que lla prestéi en diferentes actuaciós en diversos locales de Ourense.
Un amigo, poseedor de unha tenda de instrumentos, cando ma víu, díxome que tiña un cliente que andaba buscando unha coma esa, e que ma cambeaba por outra calquera das que tiña na tenda, hasta unha marxe de precio. Eu non tiña especial interés, pero engadíu que podía seleccionar tamén libros de música hasta un certo precio, e engadilos coa oferta. O caso é que saín da tenda con unha "Jasmine" de Takamine, e con unha chea de libros de partuturas.
Tamén esa guitarra saéu fotografada en diversas ocasiós na prensa ourensá, anque case nunca tocada por mín.
Un día visitóume o pintor ourensán P***, e preguntóume se lle podería prestar unha guitarra a un amigo seu, madrileño, que estaba en Ourense por unha tempada e non trouxera ningunha canda él. Ao parecer, era un rapá ao que lle gustaba moito tocar, e tiña "mono" de guitarra. Eu mostréille tres ou catro que descansaban nos seus respectivos soportes, e díxenlle que escollera unha. Quedóu un anaco mirando para elas e, non sabendo por cal decidirse, díxome que volvería máis tarde con ese amigo, para que él mesmo escollera.
Aparecéu ás poucas horas con él. o chaval era máis baixo ca mín, agachaba a cabeza como avergozándose de algo. Non iba moi ben vestido. A sua larga melena ocultáballe o rostro. Naquelo, o meu amigo P*** díxome: "Preséntoche a Antonio Vega".

Eu non estaba moi seguro de estar desperto, observando cómo Antonio Vega probaba as guitarras unha por unha. abrazándoas como si as amara, como si foran a táboa á que se aferra un náufrago para non afogarse. Ao final, decidíuse por a "Jasmine". P*** xa marchara, non lembro por qué causa, e eu acompañéi a Antonio Vega por as xa case solitarias de Ourense hasta o lugar no que me dixo que dormiría aquela noite. Moi pertiño de onde nacéu Alexandre Bóveda.
Non conto máis cousas de Antonio, porque as protagonistas de esta historia son as guitarras. Debéu ser por aquela época cando lín no periódico unha triste noticia. Un rapá aparecera morto, con todos os indicios de terse suicidado, na sua vivenda, por a zona da carretera vella de Celanoza. As iniciáis e o domicilio coincidían coas do rapá para o cal que tanto valorara unha guitarra por o mero feito de ter sido miña.
Penso agora qué vidas internas tan similares poderían ter vivido, un músico famoso, e un anónimo aficionado, ambos mortos moito antes do momento que a natureza, seguramente, lles tiña asignado, e cómo unha historia de guitarras enlazóu as suas vidas de un xeito que hasta agora, sólo coñecía eu.

A "Jasmine" seguíu despóis a dar tumbos por o mundo. Si non cambióu de dono, anda agora por Madrid nas mans, de un músico de orixe colombiano. Pero esa é xa outra historia...

XDC dijo...

Como tuveramos algunha charla interesante, Antonio Vega deixárame o seu número de telemóbel. Apuntéino cuidadosamente nunha axenda, e non me acordéi de él durante un tempo.

Un día, ao abrir esa axenda, vin o seu número, lóxicamente escrito na páxina da letra "A", a primeira. Decidín chamalo para preguntarlle cómo lle iba a vida.
Él non debía lembrar que lle tuvera dado o número a ninguén e, ao ver na pantalla o prefixo 988 de Ourense, debéu de pensar que era a sua moza quen o chamaba. Descolgóu, susurrándome fermosas palabras de amor, si darme tempo nin a que eu lle dixera nada. Cando, totalmente azorado, lle dixen que non era quen él pensaba, quedóu tan cortado que, improvisando unha desculpa, colgóu.
Lóxicamente, nunca máis o volvín chamar.
(Non é literatura. Foi totalmente certo).

arume dos piñeiros dijo...

Pensar que foi vostede por un instante La chica de ayer!

XDC dijo...

Non creo que P*** se enfade si revelo a sua identidade e enlazo a sua páxina.
Vai:PREMER.

xdc dijo...

Comproben que na sección de "amigos" de esa web está con Antonio Vega

xdc dijo...

Hai máis de unha con Antonio. Tamén con outros artistas coñecidos, entre elas unha con Quessada e fillo.

Xosé M. González dijo...

Vai xuntando as historias que nos conta, da Cova? Copiar e apegar, debería.

Á "Historia dunha guitarra", igual debía incorporarlle como epílogo o episodio da chamada.

XDC dijo...

JAJAJAJ Este Arume...

Boeno...
Imaxino que non ten moita importanza. Pero, para posibles historiadores, mitómanos ou numerólogos do futuro, apunto o dato: O número de teléfono móbel ao que o chaméi era o 649 291 450

AGora sí. Bórroo definitivamente da miña axenda.

XDC dijo...

Buffffffff...

Estou vendo que en cada unha das fotos de "amigos" de P*** hai miles de historias agachadas...anímense os contertulios ourensáns a detallalas que deseguro que as coñecen...non vou contar eu todo...

XDC dijo...

Amigo XMGlz: O que escribo neste blog, bó ou malo, que eso non me corresponde xuzgalo, é para o blog. Nin copio nin pego. A quen lle guste, si o quere copiar, que o copie, como ten feito o MEdela con algún texto que escribín e que, por algunha razón que non alcanzo a entender, lle fascinóu.
Aquelo de "Santa Rita, Rita..."