15 may 2009

Xurar ou prometer.
Alfonso V. Monxardín.La Region.12.05.2009.
Pallaso.Obra de Arturo Baltar. Ourense
Loxicamente, que cada un que faga o que queira. Xa nin é tema de conversación. Esa é a normalidade democrática que nos encanta a todos. Así, neste tempo de tomas de posesións de políticos, uns xuran e outros prometen, e todo ben. Iso que tendemos a crer que os que xuran son máis relixiosos e os que prometen máis laicos. E o feito de que o novo presidente de Galicia prometese e non xurase non lle estrañou xa a ninguén, pois iso da relixión e a política deben ir, cada vez máis, por camiños arredados. Lembremos que o señor Gallardón, alcalde de Madrid, xa lle gañou un xuízo a un xornalista falabarato da emisora dos bispos. Esa independencia, esa separación ,como todas as que afecten ás actitudes íntimas -relixión, sexo, etcétera-, están, por suposto, moi ben. Son temas transversais que nada teñen que ver coa dereita ou esquerda senón coa liberdade persoal de todos. Se cadra a promesa do noso presidente ten que ver com que empezase o seu ensino medio nun colexio relixioso e rematase facendo o vello COU no Instituto Masculino, como nos recorda constantemente, e propagandista infatigable dos seus ex-alumnos que é -volvo citala-, Anxeles Castro.E aínda que estes dous sentidos ‘ideolóxicos’ que se lle dá ás formas de compromiso no traballo político estean claros na interpretación popular, teño a impresión de que a etimoloxía está sendo retorcida. Porque loxicamente, xurar está relacionado con ‘xurado’, ‘xuramento’, ‘xurisprudencia’, ‘xurisdicion’, ‘xustiza’, palabras todas relacionadas co ‘ius-iuris’ latino, ou sexa da esencia da lei. Polo tanto, xurar sería realzar o compromiso coa lei, como xurisdición é o terreo onde ten valor de forza o que ‘di’ a lei, etcétera. Así, se un o desexa, pode ‘xurar por Deus’, ‘polos seus mortos’, ‘por Snoopy’ -como o pijo redomado na caricatura-, ou por calquera outro intermediario individual ou colectivo, existente ou inexistente, para que exerza de testemuña fidedigna. Pero se un simplemente o que fai é xurar, afirma só a esencia do máximo compromiso da persoa coa lei e a xustiza directamente. Algo laico e legalista.O verbo ‘prometer’ non me acaba de gustar porque non fai referencia á lei, que é a fonte do poder. E porque as promesas no mundo da política... en fin, xa me entenden. A metade delas viven menos que as bolboretas. Só cando Churchill prometeu o 13 de maio de 1940 ante o Parlamento ‘sangue, esforzo -inda que normalmente isto non se diga-, suor e lágrimas’, acertou plenamente. Empezaba a batalla de Inglaterra. En canto lle empezaron a caer as bombas alemás, xuraron todos, pero doutra maneira.

12 comentarios:

lourixe dijo...

Onde pode tomar un viño unha chairega de paso mañá pola tarde en Allariz?

O neto do Manuel das Vacas dijo...

Medela, lambón, contesta ou convida.

medela en vías de redención dijo...

hahahahahahahahahahahahahaha
Señorita Lourixe: Pode chamar a este teléfono
988440464
ou enviar e-mail
galeguistas@yahoo.com
ou deixar mensaxe no face, que é máis fashion.
O neto de Manuel das Vacas está tamén convidado.-

o niño dos desafectos dijo...

Sinto ter que exercer de notario da realidade, pero as cousas son como son: O Medela non está nen para contestar, nen para convidar, nen para acompañar a dona Lourixe a tomar un viño en Allariz, nen para compracer a ninguén, nen para nada de nada. Para nadita de nada. O Medela, por desgraza para el e para todos os confrades das Uvas, afastouse de toda actividade blogueira e caiu fatalmente na rede infernal do feisbush, perdendo todo contacto coa realidade e alleándose da vida cuotidiana e do común dos mortais. Unha tristeza. Sábeme mal dicilo con palabras tan horrendas e contundentes: O outrora impar blogueiro da Solaina vive nun estado de total cumplicidade onanista cos restantes membros desa rede que se estende como un tsunami e que se fai chamar feisbush. E non só é el o único solaineiro que anda nesa perda de tempo, que tamén hai outros que se meteron de cheo na boca do perigo. Eu non lles vou afear a conduta, porque xa son grandeciños para saberen o que teñen que facer, pero dame aquela que xente tan válida e entrañada nas Uvas desaparecera coa primeira que se lle presentou no camiño. Un pouco de respeito aos demais, señores desertores, escapistas, desleais, desafectos, traicioneiros. Por iso tamén digo que ou ben deixan o feisbush e tornan ao rego e piden desculpas por tanta desafección e escapismo ou ben Don Marcos e a Xunta Directiva da Confraría da Solaina se poñen serios e toman medidas contra deles, que poden ir desde a simple chamada de atención até a expulsión definitiva do blog. O Medela, o primeiro. E non me digades que non teño razón, porque a teño. Como xulgaríades vós que, despois da chamada de dona Lourixe para tomar un viño en Allariz, o Medela aínda non dera sinais de vida nen se dignara vir por aquí para oferecerse a ensinarlle todas as tascas da vila alaricana, que coñecer ben que as coñece? Como vai dar sinais de vida e oferecerse aos e ás demais quen caiu nas gadoupas do vicio e está todo o día enfrascado no cacharro de moda, despois de que monsieur Arume lle revelara os seus argumentos tan poderosos e engaioladores? Amigo Medela, se aínda che queda un chisquiño de amor polo blog, sai do buraco no que te metiches, compórtate como unha persoa e, como bon alaricano que és e xeneroso na bebida, leva de tascas a dona Lourixe Chairega.

o niño... dijo...

Vaia, adiantóuseme o Medela, o que invalida o meu post. A verdade é que non o vira. Outra vez será e me adiantarei eu a el. Agora ben, de onde ven ou sai un home que escrebe un post ás 12:26:oo AM? Eh, de onde? Non tivo tempo en todo o día para escrebelo?

Anónimo dijo...

Medela, get a life, dear...

pastor de vacas celtas dijo...

O Medela é legal, deu o seu telephone e o seu enderezo do net certinhos.

kallaikai dijo...

A cachena é de tronco africano. Arrenéghote demo.

lourixe dijo...

Que recibimento! Alfombra vermella, banda de gaitas, Medela&Co. agardando impacientes e, de fondo, as imaxes nun televisor da finalísima de Eurovisión. Nunca unha chairega se sentiu tan benvida e acollida!
Pola contra aquí e no feisbú debeu haber pouca actividade esta mañá, porque na manifa de Compostela estaban membros do núcleo uveiro máis selecto.

arume dos piñeiros dijo...

E non paraches, amiga. Levabas présa. Pero eses bicos quedan pendentes.

xdc dijo...

Caghonatós..!!!!

Déumo no corpo, LOurixe!

Púdenme chegar eu hasta Allariz, si estabas á hora da Eurovisión!!

A esa hora xa estaba eu libre de traballo!

Iba chamar ao MEdela, para preguntar!!!!

Pensar que precisamente paséi cerca de Allariz!
Á hora de Eurovisión!
Houbera evitado que me cichara o surtidor da gasofa, como ao Monxardín, en Rante!

lobo neghro dijo...

Eu da manifa non me enterei para nada. Con anterioridade quereo decir.

Estou desligado de algho?.