31 may 2009

Os homes que fregan os pratos son mellores na cama.
por Dulce Suevia
A Nosa Terra, 29.05.2009
"Sol ardiente de junio". Frederic, Lord Leighton

E non porque o digamos eu e todas as mulleres do mundo (menos as das tribos rancias), se non porque así o indica un estudo que recupero agora para darvos algo no que reflexionar a os homes con orellas (e sen elas)...
Segundo o encabezado:
–Os que non fregan nunca e esperan que o faga a muller buscan unha naiciña ou serventa, así que non nos van servir de nada na cama xa que van esperar que llo fagamos todo nós.
–Os que deixan todos os pratos no fregadeiro até a fin de semana van por prioridades, así que se servirán eles mesmos se tentamos pillalos ás présas, e só se os deixamos a pan i auga ata o sábado daremos feito que se esmeren.
–Os que teñen lavalouzas e van gardando os pratos nel segundo os usan, colocándoos de modo adecuado, vanse esmerar do mesmo modo cando boten un polvorón. Os que os meten así como caian, van facer a súa tarefa camil tamén en plan despreocupado.
–Os que a pesar de ter lavalouzas, deixan todos os cacharros no fregadeiro até que se lles enche a cociña de moscas, non serán cumpridores e deixarante a medias.
–Obtemos un novo mito sexual: Se xa tiñamos os panadeiros e bombeiros, agora faremos fila nos restaurantes agardando pola hora de saída dos fregapratos.
–Este estudo é cousa dunha tipa farta de darlle ao estropallo.
E xa, se chegas ao piso do teu ligue nocturno, busca escusa para achegarte até a cociña e decidir que é o que vas facer!
Por suposto, o artigo que comezaba con este encabezado fala da harmonía do fogar á hora de facer as tarefas entre os dous, así que isto son meras observacións que levan á esperanza, pequena, de facer que algún dos meus amigos teña a casa en condicións menos putrefactas cando eu vaia de visita.

33 comentarios:

apicultor dijo...

Quedo contento coa taxonomía do artigo, porque eu estaría na categoría dos "que teñen lavalouzas e van gardando os pratos nel segundo os usan".

lobo neghro dijo...

Non deixa de parecerme unha distorsión lamentable. E parece que artigo o escribiu un home con óptica machista.
Vomitivo

XDC dijo...

En qué categoría entramos os que temos fregadeiro e lavalouÇas, pero nunca usamos nin o un nin o outro, porque comemos con cubiertos e platos de plástico, que van de xeito inmediato ao lixo?.

lobo neghro dijo...

Na categoría de ecoloxistas.

etxe dijo...

Nos pouco ecológhicos, apurados, de exaculación precoz polas presas... ;)digo eu. É ghroma.

lobo neghro dijo...

Díghoo à Sério.
Aghora vai e estudan que os que utilizan manteis de papel e pratos de plástico dun só uso, etc...son máis ecolóxicos que os animáis que usan augha a eito con xabóns escumosos, lexívias, e toda a química enzoufadora de auga.

No tocante ó sexo, todo é sexo, sexo válido, sempre que o/os/as/aoas/oaoas/aaoos/ooas/elemento neutro/, e todo o imaxinable posible; e non teman imaxinar porque a vida os há de superar, estén dacordo.
Sempre que os interfectos estén dacordo. Haxa concordancia.
Dacordo?.
E si hai que porse dacordo con un mesmo,(elemento reflexivo), como era eso dacova?, pois vale tamén, non se avergonhe noble irmau, o que vostede pense, por moi inverosímil que sexa, outro/a/elemento neutro, o hà de estar executando.


Me caghonosp. curas que nos reprimiron a todos, e outros tiveron máis mala sorte e lles tocaron a pirindola, ou peor.

Hostia, estoume autoreprimindo.
Conseghírono!.
De momento.

lobo neghro dijo...

O elemento neutro existe.
É unha categoría sexual, ou de xénero, tan válida como outra calquera.
Se se poñen vostedes a imaxinar en posibilidades de xéneros tamén teñen que considerar esta última aparición. Disque son o tres por cento da humanidade, e queren organizarse como os gays para ter dereitos e supoño que cando tal acontece para ter poder.

E o dacova, que é matemático, xa nos pode ir ilustrando, reflexivos, simétricos e neutros, a mín soame a algo..

Témome que boa parte deste tres por cento da humanidade esté metido no sector relixioso, tratando de impornos a súa lotería.

Moitos andan soltos.
E non pasa nada.

lobo neghro dijo...

Para sermos solidarios e equitativos e políticamente correctos, cando os "elementos neutros" acaden poder mediático teremos que decir: "miembros/miembras/elemento neutro".

Despois, como a humanidade sigue indefectiblemente avanzando, descubriráse o elemento simétrico, ou xa está descuberto?.
Os bi?.
Ahhh.

lobo neghro dijo...

Fuego Lolita, mi capitán!.
De J.A. Valente

xdc dijo...

O enunciado dí que "os homes que fregan os platos, son bos na cama".

Non dí nada dos que non os fregan.

No dí "Os homes que fregan os platos, e sólo eles, son bós na cama".

Non pode deducirse que os que non os freguen, sexan malos na cama.

XDC dijo...

Recientes investigaciós dan pé a pensar que foron as mulleres, as femias, as que, nos albores da humanidade, deseñaron as primitivas ferramentas.

A mín dame a impresión de que a intelixencia humana desenrolóuse porque a especie, por un lado "fíxose neno", e por outro "fíxose muller".

xdc dijo...

O de "facerse neno" consiste, como todo o mundo sabe, en que moitas das características da "infancia", que noutras especies teñen unha duración concreta e limitada no tempo, na especie humana persisten toda a vida. Os expertos chámanlle "neotenia", e tense analizado desde ópticas anatómicas, fisiolóxicas e psíquicas.

O outro,o de "facerse muller" xa é unha hipótesis particular, pero si se paran a pensalo, non debe de ir moi descamiñado. E non ten nada que ver con aspectos culturáis. Falo prácticamente de bioloxía, de etoloxía.

Pode que mesmo unha cousa esté relacionada coa outra. Todos somos primeiro mulleres, por o que a "neotenia", aproxímanos a ese estado.

lobo neghro dijo...

Dacova, eu empecei a ser feliz cando me decatei que tamén nos podiamos xuzgar. Non te deixes arrastrar por o xuízo dunha muller.

Se o tema é asunto de dous, é asunto de dous, quérese decir, e así o comprobei, que un non é o mesmo con unha persoa que con outra. Levado ó dos pratos, nunha casa dáchese por freghalos e noutra non. Que carallo!.

E se é asunto de un, é asunto de un.

E se é elemento neutro, é elemento neutro ( non vaian enfadarse).

E se andamos en leas de poder, nós tamén emitimos xuízos: " tu a mín non ma levantas".

Leas de poder, that's the question!.

Quen foi esa vaca que dixo no texto: "non nos satisfacen adecuadamente", metáfora de non lavan os pratos. E digo vaca, porque o meu pobo, que é moi sabio, inventou a palabra "esvacoallada" para aquelas que foden pasivamente sen aportar nada, estiradas como vacas...

Para Etxe, sempre che quedará o recurso de decir: "tu a min provócaseme exaculacións precoces". É certo. Acontece con unhas e non con outras, porque facer sexo non deixa de ser un "sistema" onde todos os elementos están implicados.
E seghimos demasiado apeghados a xenitalidade a pesares de haber outras cousas "no ceo e na terra, Horacio, que non soñaron as túas filosofías".

Manda truque!.

lobo neghro dijo...

"Non serán cumpridores e deixarante a medias".

É o máis retrógrado, miserable e machista que levo lido en moito tempo. Desgraciadamente é parte desta p. cultura que temos que superar.
Mágoa que moitas mulleres entren nela á trapo.
Se esto non é machista que veña deus e o vexa.
Os homes a cumprir e as mulleres esvacoalladas ( función fiminina-pasiva?, non-si?).



Eu deserto de occidente.

Ederonio, Episcopum Auritano dijo...

"Fuegho, Lolita, mi capitán!".

lobo neghro dijo...

As mulleres fixeron as ferramentas?.
E segundo me contou a miña avóa a pedra alta da Antela, O men-hir que lle deu nome a nosa lagoa, dacova, chantouno unha muller, unha fada-virxeMaría-cristianizada, traghéndoa (anta)desde o monte da Farria cara Trandeiras. Traghéndoa á cabeza e fiando nunha roca. Caeulle alí.

Sempre pensei que esta lenda encriptaba a mensaxe de que as erectoras destes falos-calendários-cósmicos foran mulleres e non homes.
Nunca ninguén antes alzara esta hipótese.
Porque tiñan que ser homes?.Seghuimos a ver toda a história desde o noso etnocentrismo.

lobo neghro dijo...

Con licencia das súas caras, como diría Etxe, teño que me deitar.
Amanhã acompañareinos de novo.
Teñan unha boa noite.

Anónimo dijo...

Seica allos pican, señores Lobo Neghro e XDC, nonsi?.

XDC dijo...

Hum. A sua historia da "anta" é moi similar á do que na miña aldea se chama "Penedo da Escada" ou "Penascada". Tamén contaban os vellos que o trouxera unha "moura" á cabeza, fiando nuna roca, e o chantara alí. Según contan os mais vellos, tiña pintado o debuxo de unha escada (petroglifo?), que eu xa no coñecín, e que non existe porque romperon aquela parte do penedo para facer casas coa pedra.


Sr Anónimo: Eu sonlle un pésimo amante. Sempre o fun. Cando era neno, as rapazas preferían aos rapaces trastes. Eu era un bendito porque estudara nas monxas. De mozo, preferían aos meus amigos futbolistas, viriles e fornidos. Eu non o era ni me gustaba o fútbol. Aos trinta preferían aos funcionarios, para casarse e ter unha estabiliadade.Eu nunca o fun. Nos coarenta, que é o entorno no que me atopo agora,non queren saber nada dos homes. Levo "fodido" toda a vida, con ese tema...

Estaquilla dijo...

A qué se refire o título do post? Tal vez que o home que está asilvestrado nin frega os platos nin fai a cama? ou aque aquel que pasa o ferro e non deixa a roupa ciscada alá por onde pasa é un fenómeno da natureza e cotiza en bolsa? Segundo a doutora Ochoa , este sesudo estudo resúmese tanto para homes como para mulleres nunha dicotomía clara: o pringao-espabilao masculino-feminino denominado de xeito científico neutro “porcus-porci”. Esta especie esquencida por Darwin na súa teoría adoita ter confianza plena nos trasnos urbanitas, nas nifas, ou nos silfos domésticos, que traballan polas noites, permitindo ao dono-a da casa sair tranquilamente noite e día sen preocuparse pola louza, pola cama ou de si hai ou non biandas na neveira.
A dedución é obvia: dado o alto porcentaxe de mulleres que fregan os platos a cotío a muller resulta ser unha masquina sexuá de longa evolución “per causa imperativa” . A xenerosidade humana fai o resto e dado que fomos sempre ben aprendidas para "eso" non ten nada de raro querer compartir a potencialidade sexuá e o gosto polos trasnos. De momento non podo dar novas sobre as actuacións dos trasnos e fadas na cama pero claro entón , o mellor, estaríamos xa a falar do mesmo demo.

Nota básica: Cómo atraer os trasnos, fadas, e demáis amigos da cociña.
-Enterrar tres moedas douradas, no patio ou nunha maceta.
-Colocar na fiestra unha copita de mel que só sexa para eles.
-Atráelos con fentos e palmeiras, as súas prantas preferidas.
-Chamálos con amor, con oracións específicas ou de calquer outro xeito amable e ben intencionado.
- Pagarlle a alguén para que disfrazado de trasno ou fada deixe a cociña como unha patena.

Iacobus Von der Stein dijo...

Hermano Lobo: O único neutro que existe e coñezo e o xabón Lagarto, que non sei se cadra co tema.
¡Ay!, cantos pratiños freguei, para nada.

XDC dijo...

Eu, o único neutro que coñezo é o neutrón. E non é tan neutro como parece. Aislado, descomponse en protón, electrón e neutrino, nun tempo medio de desintegración de trece minutos. Anque ese electrón é coma outro calquera, chámase, en virtud de esa orixe específica "raio gamma".
E inda non bebín nada...manda carallo...

medela celta indoeuropeo matriarcal dijo...

Cun título como o do post, xa de seu atinxido esoxenamente de castelanismo (en galego é “fregar a louza”) non é de extrañar que o fondo da cuestión se vexa tamén distorsionado por unha batalla que non é propiamente galega, a do patriarcado vs. feminismo. A sociedade do noso país é matriarcal. Lobeira é matriarcal. Ourense é matriarcal. A Coruña, Vigo, os chalets acaroados dos arrabaldes de Compostela son profundamente (mal que lles pese) matriarcais.
E, evidentemente, o matriarcado retroaliméntase de machismo. O home de California, de Barcelona, de Manchester, non precisa mallar co puño no mostrador da tenda-bar e dicir que na casa manda el.
É claro, desde hai séculos mete un xornal na casa.
O home de Lobeira, de Ourense, de Monte Alto, de Lavadores, de Labacolla, emigra; xa pode ser peón da construción en Canarias ou enxeñeiro na Nasa; non lle queda máis remedio que facerse valer nunha sociedade na que non é peza fundamental. Ese conflito home/muller, solucionado nas sociedades industriais en favor do home, aínda está por resolver onda nós, desde o neolítico. Non é casual a lenda que conta Lobo Neghro, sobre mulleres inventoras das ferramentas. E tamén non é por un acaso que as mulleres son vítimas de maltrato, sobre todo en sociedades patriarcais/feministas.
Ah, sen ánimo moralizante ningún, paréceme unha parvada categorizar sobre quen vén sendo e quen non mellor ou peor na cama. Igual que relacionar machismo e feminismo.

Jacques Delapierre dijo...

Chapeau, monsieur Mèdela.

arume dos piñeiros dijo...

Se Galicia é matriarcal, necesito eu ter o concepto ese moitísimo máis claro: vamos, para ser sincero, teño que ter o concepto oposto ao que agora teño (que tampouco é grande cousa) para acreditar no que di, amigo Medela.

SurOeste dijo...

Pois que conste en acta que no meu galego é "fregar de vertedeiro".

Que perdidiños andades, rapaces, non deberiades falar disto que vos senta mal: védesvos retratados e non saídes nada favorecidos.

Saúdos

lobo neghro dijo...

A imaxe da moura, cristianizada en virxe maría, fiando na roca e portando a Antela na cachirula, foi publicada nun Boletín Auriense por T. Vega Pato, e citoume. Outras veces non o fixo, sobre todo no tocantes á vía XVIII, a estrada da mourindad. As imáxenes vertidas eiquí, coincidindo coa de dacova que me parece estar no certo cando fala dun petroglifo, parécenme poderosísimas.

lobo neghro dijo...

Para Arume. Eu si considero que permanece matriarcado, que é matrilinealidade. A miña casa é a da miña nai, onde vivín cos avós, maternos, e con tíos irmaus da miña nai. A figura de algún meu tío materno é tan poderosa como a do meu pai. A miña avóa materna era a mamá Angelita e a miña bisavóa materna era a Mamá Benita de Poedo. Figuras tan importantes como a da mai.
Emigrados a França comprobo que a miña prima ó casar toma o apelido do marido, e cando morre, póñenlle no "puntión": María Planas, né Garcia. A cultura materialista e consumista, outamente evolucionada e capitalista dos franceses borráralle o apelido de "jeune fille". Esto mesmo lle acontece a unha miña prima casada no país vasco con un Burgalés que pasa a ser señora de Juez. Paréceme moi burgués, "señora de".E repugnanme e sublevánme ambos os dous casos.

A nós non se nos ocurre nin por asomo tal chiripitiflautez. A miña nai, a miña tía, todas as mulleres da miña aldea, que non se aculturicen conservan o seu apelido.
E a "estructura" casa é fundamental. Nada de famílias nucleares.
O matriarcado refírese máis a matrilinealidade. Herdaríase o apelido da nai, porque é o máis certo. Do pai, sempre existíu un quince por cento de deriva.

Eu considero, en base ó vivido, que o substrato matriarcal en galicia sigue sendo poderoso.

lobo neghro dijo...

Para Iacobus Von der Steim.
Eu pretendía coas miñas aportacións liberar un chisco ós homes, da escravaxe de ter que cumprir. Parece que non o conseguín, ou non se me entendeu.Mágoa.

Aínda non tiven vaghare de ir socorrer ó dacova.

Veño da aldea de limpar unha finca. Costoume 230 ouros hectárea, considéroo baratísimo. Un tractor-triturador que acabou atugándose nun lameiro e tiveron que vir con unha pala a sacalo. Xa me avisara o meu pai de que a naturaleza ía poder conmigo. É certo, medra máis rápido do que eu podo cortar. Certo a biomasa pode ser un recurso. EStán nelo. O Sineiro dixo que en oito anos hai unha nova xeneración de biodiésel.

Como levantamos moita bichuallada sorprendeume unha cigoña coa súa visita. Pouco despois vin unha especie de can neghro con estraños andares, era un cochino xabaril que veu a emborcallarse na lamagorza que fixera a pala mecánica. Cheiraba intensamete a piorno cortado, a erva fresca, a lameiro. Os gamóns ( asphodelus albus) estaban espléndidos. Empezan a florecer os chuchameles (lonicera periclimenum) e os xitaniños escomenzaron a campaña das flores que resulta ser árnica ( árnica montana). Véndena a traveso de intermediarios ós alemáns.
Poderosa e misteriosa economía.

xdc dijo...

Hum...teño entendido que está teóricamente prohibido collela, a árnica.
(Eu tamén sempre collo algunha)

xdc dijo...

Ósperas. Cometín un erro imperdoable. Os electrós, fruto da desintegración do neutrón son "radiación beta", non "rayos gamma". Joer, que fallo, en qué estaría pensando eu. COusas de no ter estudado o grego...

lobo neghro dijo...

Os xitanos collen árnica a eito, con baldes e fouces.
Pode que esté protexida en algúns parques naturales,non sei.

Anónimo dijo...

parabéns, parabéns, parabéns.