Anécdotas co doutor Gallego
por Xoán da Cova.
Foto:La Región.
Inaugurouse hai poucos días en Ourense unha estatua adicada ao "médico dos pobres", o sempre querido doutor Gallego. Penso que non hai ourensán que non teña algunha anécdota que contar da súa capacidade como médico e da súa grandeza como persoa. Tamén espero que non falte un investigador que recolla moitas desas historias para ser entregadas á posteridade. A maioría de elas han falar de curacións case milagreiras, de acertos médicos en verdade sorprendentes. Pero moitas serán anécdotas simpáticas relacionadas co modo tan particular que tiña de tratar os pacientes. Eu vou contar dúas que a min me pasaron.
Tiña uns doce anos e quería ir, con moitos dos meus compañeiros, a un daqueles campamentos de verán que adoitaban a organizarse na época. Entre os requisitos figuraba un certificado médico que asegurase que non padecía ningunha enfermedade contaxiosa. Costara traballo convencer a meus pais de que me deixasen ir e, se lles dicía que me tiñan que levar a un médico para formalizar o trámite, se cadra mudaban de opinión para aforrarse molestias. Daquela, decidín ir só á consulta a lle pedir que mo fixese.
Tras agardar un bo tempo, pois a consulta estaba sempre a rebordar, chegoume a quenda. Segundo entrei pola porta, olloume de arriba abaixo, sen se sorprender de que un rapaz noviño, en principio san, fose ao médico sen a compaña dos pais. Preguntou estrañado: -E logo a ti que che pasa? Cóntolle o caso e contesta divertido: -E ti pensas que tes algunha desas enfermidades? Dixen que non e, mentres escribia o papel, dixo rindo : -Mira que vir ao médico por pensar que estás san! Cando lle preguntei canto debía, dixo que nada, Como todo o mundo ben sabe, xa daquela era o seu costume. Eu, que só tiña unha moeda de cincoenta pesetas, decidín aforrala e marchei sen nada pagar. El seguiu rindo e ollando cara min, acenando coa cabeza a un lado e a outro.
Pasados case dez anos volvín. Viña de sacar o carné de conducir e facía falta, outravolta, un certificado médico para os requisitos burocráticos. Entrei pola porta e, como a outra vez, preguntou: -Pero a ti que che pasa? Conteille o novo caso de burocracia médica e púxose a encher o papel. Nun momento dado, sinalou co bolígrafo a tapa dunha libreta que tiña na mesa, preguntando que cor era aquela. Respondín que era verde. Logo repetiu a pregunta sinalando unha carpeta vermella. Eu non sabía por que me interrogaba daquel modo. El debeu notar a miña estrañeza e aclaroume que tiña que comprobar que non era daltónico, porque se confundía a cor dos semáforos podía facer unha que valera por tres.
Preguntei canto era e volveu dicir que nada. Deixei mil pesetas (do ano 82) na mesa. Rexeitounaas asegurando que era moito, ao que lle respondín que, en realidade, só lle estaba a pagar 400 pesetas, pois as outras 600 eran a débeda de había dez anos máis os intereses. (Non sería mala idea que nos comentarios engadiran experiencias similares co devandito doutor os contertulios ourensáns, para ir creando documentación para ese futuro libro sobre un home esencialmente bondadoso).
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
11 comentarios:
Oin algunha xente falar desta grande persona. Penso que os monumentos son en vida, e coma se fose un agasallo, pero e que as veces non se chega en tempo. Ainda hay mais xente boa, coma o doutor, grande en humanidade, en principios.
Saudiños
Amigo MyM: Ese home rexeitóu todo tipo de homenaxes en vida. Mesmo rexeitaba as entrevistas nos medios.
Teño un amigo que fai entrevistas para unha tv local de Ourense.Tentóu entrevistalo, buscando a colaboración dos seus amigos máis achegados pero a sua reacción foi case violenta. Non quería saber nada de esa clase de cousas.
Dacova, lembra que seghún os médicos, "un home san é un home insuficientemente diagnosticado".
E aghora entran as transnacionais da química e dos medicamentos que moven máis que o petróleo e as droghas xuntos, no ranking de facturación están de segundas por detrás das armas, entran elas e xa se encargarán de diagnosticarnos a todos.
Tamén hai quen di que a saúde é o silencio dos órganos. Xa lera algo sobre ese home, ¿non tiña a consulta na rúa do Progreso, case á altura do Mercado? E o seu pagamento con xuros tamén ten miga, da Cova; igual interesaba saber se contestou.
Efectivamente, relativamente perto do Mercado, por fronte do Xardín do Posío. Ahí foi onde se desenrolaron esas miñas anécdotas, e onde hoxe está a estatua que, por certo, inda non fun ver. Anque nos últimos tempos levara a consulta á rua "Doctor Marañón", perto da sua casa.
Os cartos e os "juros" foron aceptados porque nesa segunda ocasión non lle din opción a rechazalos.
A mín o seu aspecto sempre me lembraba ao estereotipado de Sherlock Holmes. Xa saben que Doyle inspiróuse precisamente na persoalidade de un médico real moi agudo para a creación do persoaxe. E os creadores do Dr. "House" inspiráronse en "Ho(l)mes". A verdade é que a vida de ese médico ourensán daba para unha serie televisiva.
Lobo: un ser humano sano é unha construcción intelectual, un modelo canónico do que se sirven os médicos para estudiar.Como tantos modelos ideáis das ciencias. Non ten máis existencia que no mundo platónico. Polo tanto, o importante é coñecer o seu "rango de aplicación" e tratar sixelamente de manteñerse dentro de él.
parabéns, parabéns, parabéns.
Pois eu, no ano 84, fun a súa consulta porqie tiña un problema. Fíxome espir cando lle expliquei ónde o tiña (o problema): aí me tedes a mí, cos pantalóns polos xeonllos e espido para arriba. Miroume con deteñemeneto e dixo: "Oes, tés o mellor carallo de Ourense e arredores". Cando quixen pagarobxedtou:
-Non hai cartos que paguen a visión do teu nabo. Moito mellor que o de Xan da Cova.
Saín da consulta e ó día seguinte mandeille o frenillo que gardaba nunha caixa dende a primeira vez que fun a putas, alá polo 81, onde casualmente coincidín, no memsmo burdel, con Xaon da Cova.
Non tan casualmente, Anónimo.
Adonaissss!.
Non lle gustaban as homenaxes pero eu recordo que na miña aldea (Redemuiños-Quintela de Leirado) lle puxeran unha rúa -é a única que ten nome-, os seus amigos da cafeteria roxo, autoescola alonso e demáis da zona do Xardín do Posio.
Publicar un comentario