28 jun 2009



Domingo, 28 de xuño de 2009,
Entrega
ás 12:00 horas
medallas Castelao 2009.

Galardoados:

  • María Tarsy Carballas Fernández.
  • Fernando Diz-Lois Martínez.
  • Luciano García Alén.
  • Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
  • MARCOS VALCÁRCEL LÓPEZ.

A última hora nos medios:
Información de Galicia Hoxe.

Fotogaleria de A Nosa terra.

Fotogalería El correo Gallego.

A noticia en La Región.

As medallas Castelao en La Voz de Galicia .

Xornal.com

Galiciaé.

Opinións:

Marcos, militante nacionalista.La Región.Manuel Herminio Iglesias.24.06.09

"Don Ramón e a dereita". Antonio Piñeiro.La Región.24.06.09

Merecida homenaxe. Andrés Hervella.La Región. 27.06.2009



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Haberá que ver a TVG para estar con Marcos de Auria.

Anónimo dijo...

Como deixades que Feijóo vos diga o que é ou non ser galeguista?
Marcos, tes a medalla ben merecida pero agardaba algo de crítica contra este goberno anti-galego e de defensa da lingua no discurso conxunto.
Unha aperta e noraboa!

Xosé M. González dijo...

Estiven diante da televisión, vin e escoitei. De momento, parabéns a Marcos. Do resto, habemos falar.

XDC dijo...

Escoitóu tamén as voces desafinadas no acorde final do himno galego?. Esas "terceiras picardas" desorientan ao máis pintado!. Pero hasta lle quedan ben. Dan idea das "múltiples sensibilidades" do país. HAHAHAHA.

Xosé M. Gonzálezasuvasnasolaina.blogspot.com dijo...

A primeira en comentalo foi a miña muller; confirmou decontado a filla maior, que canta nun coro de voces brancas. A min os oídos abouxábanme; por certo, non se vía o coro: sería, para maior escarnio, gravación?

Múltiples sensibilidades... pois non se me ocorrera. Os cordiais fronte aos irados, segundo a actual retórica presidencial. Eles nunca desafinan, xaora, seica, madia leva.

Anónimo dijo...

Mais que escoitei vin como moitos dos alí presentes, dignos cargos políticos eles,movían os beizos sen ter nin a mínima idea da letra do noso himno.
Que pena! Canta sabeduría se perden! Canto desacougo lle fixeron sentir a Rosalía, Castelao,... En fin.

Amigos de Marcos dijo...

Cando tivo ocasión de falar, Marcos Valcárcel falou alto e claro (véxase o seu discurso na entrega do Premio Otero Pedrayo reproducido nun post recente). Moi alto e moi claro en defensa da lingua, señor Anónimo das 12:46:00 PM, como sempre fixo ao longo da súa traxectoria.

De resto, quen teña a posibilidade de ver a obra colectiva "Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos", poderá ler o texto de Caetano Díaz (páx. 76), no que o director de Galicia Hoxe conta cales foron as palabras que Marcos lle dirixiu a Núñez Feijóo un día que o atoparon nun restaurante: "Equivócaste convertendo o galego en arma de confrontación para sacar vantaxe política. A nosa lingua é patrimonio de todos e Galicia non tería sentido sen ela. Vas polo camiño equivocado".

Nesta ocasión das Medallas Castelao, Marcos non pronunciou ningún discurso nin tampouco houbo "discurso conxunto". O que houbo foi a intervención de agradecemento de Fernando Pérez-Barreiro Nolla en nome de todos os galardoados, pero a mesma non foi consultada con ningún deles, como acostuma a suceder nestes casos.

As cousas como son.

Amigos de Marcos dijo...

A modo de anécdota, pódese comentar que os amigos de Marcos presentes no acto da entrega das Medallas Castelao portaron nas súas solapas un autocolante artesanal feito por Monxardín que puña "+ galego +". Cando estes se achegaron a Marcos unha vez rematado o acto e aínda dentro do recinto, este tamén pediu que se lle puxese tal autocolante na súa solapa.

Xosé Manuel Carreira dijo...

A ver se os que non temos TVG podemos velo desde o Youtube.

David Paz Nóvoa dijo...

Infumable discurso de Feijoo. É difícil repetir tanto a palabra galeguismo en tan pouco tempo para non dicir nada. Penso que non se entendeu nin el, trabucándose todo o tempo. Co seu discurso Franco podería ser tamén galeguista (a súa maneira cordial). O lema será: "imos contra o galego, pero cordialmente".
Por outro lado, o que importa. Sentín emoción ao ver a Marcos nese lugar que tanto merece. Os que non merecen estaban diante.

Para os que o queiran intentar de novo tedes a páxina agalega.info.

Anónimo dijo...

Aí teñen a retrarmisión das medallas. Deben ter instalado o Windows Media Playar ou equivalente, senón levaraos/as á páxina na Galega clicando por riba da icona.

Helena dijo...

Sentín non poder estar, porque tiven que ir a Trasalba xa que considero un deber asistir ao plenario do Padroado. Pero sei que merecía a pena acompañar a Marcos e que sentiría orgullo de ser amiga súa. ¡Parabéns! Poucas se entregaron tan merecidas -e seica tan do agrado do rianxeiro- como a túa.

Anónimo dijo...

Dada a forma en que a periodista presenta a noticia, dá a impresión de que máis que un acto de entrega de medallas Castelao, trátase dunha ocasión para que o Feijóo mande un recadiño ideolóxico fronte "ós outros".

XDC dijo...

A xuzgar por os titulares da prensa de hoxe ao respecto, efectivamente parece que o protagonista do acto foi o presidente da Xunta.
Por outro lado, eso entra dentro da temdencia habitual dos políticos a acaparar o protagonismo. Ou, case mellor dito, a tendencia dos medios a concederllo.

Anónimo dijo...

Si señor. No galeguismo cabemos todos. Cabe o sr Baltar, o detentador da maior empresa de Ourense. Cabe Galicia Bilingüe, claro que si, tamén eles defenden o galego. Mesmo cabe Jiménez Losantos, pois se todos os galegos somos españois, tamén, por que non, os españois de ben poden sentirse galegos mentres encartan unha de percebes ou beben un bo Ribero.

Criselda dijo...

Despois de ter lido en varios lugares o contido do discurso, digo eu que os galardoados merecían outra cousa. A teor das palabras do presidente, podía ter a medalla un representante de GB, que tanto traballa pola liberdade en Galicia. Xa non se corta nin diante de Castelao para pregoar que o galeguismo se pode facer contra o galego. ¡Insólita forma democrática, abofé! ¡E insólito o país que tal consinte! ¡QUE VOLVA FRAGA, PLEASE!

Criselda dijo...

Despois de ter lido en varios lugares o contido do discurso, digo eu que os galardoados merecían outra cousa. A teor das palabras do presidente, podía ter a medalla un representante de GB, que tanto traballa pola liberdade en Galicia. Xa non se corta nin diante de Castelao para pregoar que o galeguismo se pode facer contra o galego. ¡Insólita forma democrática, abofé! ¡E insólito o país que tal consinte! ¡QUE VOLVA FRAGA, PLEASE!

Anónimo dijo...

Non se esforcen, amigos, creo que Feijóo non le este blog, polo que non poderá coñecer as súas acertadas críticas.

Anónimo dijo...

Feixóo: O meu é un galeguismo conci-liador.

Xeiteiro dijo...

Qué grande eres, Marcos!. Un abrazo inmenso, irmán.

XDC dijo...

Vaiá. Non chegaba ben có "talante" dos do PSOE ou coa "concordia" dos do BNG, agora ven o PP coa "cordialidade".

A mín, desde que lin "rebelión na granxa" danme prurito ese tipo de expresiós.

Anónimo dijo...

Noraboa Marcos por un premio tan merecido.
RAF