30 jun 2009



Villares: "A mensaxe é: abriuse a veda sobre a lingua galega"

De entrevista de LUIS POUSA (El Correo Gallego)

(Autocolante -da fábrica caseira de Monxardín - na lapela de Marcos Valcárcel e amigos, na imposición das medallas Castelao en Santiago. [xdr])

A conflito en torno o Decreto de Normalización Lingüística afectará á cultura galega?

Si. Hai debate político en torno á lingua, e hai unha desafección dunha parte da sociedade galega respecto do galego. E está o triunfo da mensaxe, que non comparto, de que aquí hai inmersión lingüística. O que obriga a pensar para o futuro políticas lingüísticas distintas. Sería un erro moi forte que esas políticas lingüísticas se pensasen como unha contraposición galego/castelán, pois o futuro é o multilingüísmo. Imaxinemos que toda a xente se pasase a falar en español e abandoase o galego. Que utilidade tería iso para Galicia? Eu non acabo de velo. Temos máis valor falando galego, español e inglés que soamente falando español e inglés. A xente non se dá de conta de que iso supón que te teñan en conta, que te respecten un pouco. Os partidos políticos teñen que facer un exercicio de realismo e responsabilidade, baixar o diapasón e entrar nunha situación de certa concordia, que eu creo que si é posible. Hai que considerar a lingua non como un problema senón como un recurso.

Debe someterse a lingua galega a un plebiscito?

Home non, o plebiscito da lingua son os falantes. A consulta que está en marcha deriva dun compromiso electoral; é unha solución só para iso. Isto levanta un aire de sospeita sobre a lingua. A mensanxe está clara; abreuse a veda sobre a lingua galega. O cal é lamentable. Pois unha cousa é que baixe número de falantes, e outra que se culpabilice a unha lingua. Temos que ter en conta que, polo menos a medio prazo, Galicia non será nin monolingüe galega nin monolingüe española. Iso esixe administrarar da forma máis intelixente posible uns recursos, que son dúas linguas. Nisto estamos implicados todos, por iso as solucións teñen que ser integradoras e non provocar unha fractura.

Hai que volver ó consenso lingüístico?

En efecto. No debate que se abreu hai unha falacia. Os galegofalantes somos bilingües e os que estan promocionando a idea dunha Galicia bilingüe, no fondo o fan contra o galego, propugnando no futuro unha Galicia monolingüe e non unha Galicia bilingüe.



20 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Isto último foi algo que sempre me chamou a atención... só defenden unha Galicia bilingüe os que só falan unha lingua: o castelán. Os demáis, os que falamos galego, non nos queda outra que ser bilingües.

Criselda dijo...

Por iso mesmo é tan cínica esa asociación que apela ao bilingüísmo social, non persoal.
Pero que se amolen. Teñen fachenda do que non é máis que unha carencia. Así hai que vendelo tamén.

Anónimo dijo...

O bilingúismo enmascara baixo esta denominación o seu desexo monolingúista en español, e Villares oculta baixo a denominación de multilingüismo o seu desexo bingingüista.

Anónimo dijo...

Cada día están ustedes más duros. Primer principio: MecagoenGaliciabliningüe. Segundo principio: No creo que el idioma gallego esté "priorizado" sino, al contrario, se emplea más, administrativa y políticamente, el castellano. Tercer principio: Es ineludible defender esos campos en los que el gallego está siendo un "segundo" idioma o una opición para que llegue a todos los ámbitos de un país en el que es (o debe ser) su manifestación lingüística normal. Pero, por el amor de algún dios, si quiero emplear otro idioma (castellano, inglés, portugués, francés, suajili), déjenme utilizarlo libremente sin que nadie me tilde de "españolista", "retrógrado", "mercenario", "traidor" y otras alegrías. Y, francamente, prefiero emplear un castellano con cierto rigor al gallego de Feijoo, Touriño, Ana Kiro y otros energúmenos. Galicia bilingüe no: pero bilingüismo (¿citamos nombres y se quedan ustedes en dos?) por qué no. A voleo: Rosalía, Dieste, Cunqueiro, Otero, Blanco Amor, Risco... ¿Mejoran ustedes la nómina "unilingüe"? A no ser que Franco (Camilo), Caride, Méndez, Reigosa, Casares y otros sean mejores (literariamente hablando). Mejor no seguir por ese camino porque aburren ustedes a las ovejas, hostia. A lo mejor es que el gallego cae (según parece) no por el idioma en sí sino porque está en manos de una panda-mafia de mediocres que es una mierda. Como el castellano, tal vez. Pero ahí no hay problema. Que vos dean, cieliños.

Anónimo dijo...

Anónimo español: VTPC

Criselda dijo...

Rosalía non vive nestes tempos e é moi arriscado metela no bilingüísmo cordial. Soergueu unha lingua que ninguén usaba na literatura e iso só se fai desde un grande amor por ela. O futurible máis probable é que fose hoxe unha escritora monolingüe, como tantas outras e outros aos que o país lles debe agradecemento e nunca desprezo. E non me saian con que deixou de escribir galego ao final da súa vida sen indicar o porqué. Conten que Galicia a defraudou con durísimas críticas de moralina barata por un artigo. A súa foi unha resposta aos desagradecidos ao seu traballo de defensa da lingua e da diginidade de Galicia, fóra e dentro dela. Como morreu axiña, non se sabe o que faría tras daquel desgusto de lle pediren os "fariseos" que se rexenerase perante Galicia e, como se pregunta ela, ¿de que? ¿de defender a súa lingua?
Sobre Cunqueiro, Otero e Blanco Amor só desexo que os que pensan como Vde. teñan coa lingua a actitude deles.

Xosé M. González dijo...

Cordialidade lingüística en estado puro. Anónima, claro. Inicial relatorio de agravios tras pelame retoricamente axiomático; desfile nominal sumarísimo, estilo ancha es Castilla, e implicación vexatoria; non é demérito o orneo final con couce no aire.

Xaora, non contestan a nada do que se lles di. A mandar.

xdc dijo...

XMGlez é God! jajajaj

Anónimo dijo...

Que le dean a Xosé Manuel González, a ver si aprende a expresarse aunque sea en sueco.

Anónimo dijo...

A algúns só lles sae o galego da boca para insultar, coma este anónimo (mar jun 30, 11:24:00 PM) que di "que vos dean, cieliños"), ou para perdonar vidas ("neniño", "rapaciña", etc).

Por outra banda, o último anónimo parece que ten dificultades coa súa lingua porque ese "dean", sen acento no "a", parece sospeitoso...

o mesmo, pero disimulando dijo...

A viaxe ó país dos ananos non rematou, e medo me pon pensar que ha durar moito aínda.

Expoñer evidencias non serve de nada, mais non se me ocorre outra cousa: unha sociedade na que funcionan ou operan dúas linguas non sempre pode ser cualificada de bilingüe así, sen máis.

Houbo un momento, chegada a autonomía, no que se deu en falar da "koiné". Pois ben, a lingua litúrxica dista moito de ser unha koiné, unha lingua culta afastada do pobo, propiedade das castes superiores. O galego que se emprega na política e na telegaita cando no é lido, é un auténtico desastre. Hai unha fonda falta de respecto cara a lingua por parte dos nosos ousados persoeiros. Mentres, os posuidores permanentes e primixenios do idioma, seguen a falalo sen complexos tal e como o fixeron sempre. E polo medio móvese unha morea de xente -entre a que me conto- que vive este problema con bastante desconcerto.

O de Galicia Bilingüe non precisa moitas dilucidacións.

Eu non son filólogo, nin lingüísta nin sociólogo ou antropólogo. Algunhas ideas teño, naturalmente, sobre a cuestión que nos ocupa. Aínda a risco de resultar o cazador cazado, atrévome a facer unha proposta: ¿por que non abrimos un foro de debate sobre este asunto? Se os administradores do blog o aproban, podiamos -os que queiramos- expoñer en algunhas liñas o que pensamos sobre este polémico asunto, e logo imos debatindo puntos. É a miña proposta. Naturalmente, sen dar de comer ós trolls. Saúdos.

cabalo trollano dijo...

Señor Disimulando, aos trolls hai que darlles de comer sempre, porque se non morren e iso é o pior que lle pode pasar a un blog. E mais neste momento e con esta política, na que a nosa lingua corre o perigo de converterse nunha lingua-troll.

Sobrevivindo dijo...

Durante os anos de Fraga Iribarne, a consigna era deixar que o cadáver do galego (e da cultura galega en xeral) apodrecese de ina(nic)ción. O bilingüísmo harmónico, que non era nin unha cousa nin outra, quedaba bonito. As voces críticas que podían saír nos media eran poucas e moi temerosas de don Manué.

Agora o PP pasou á ofensiva. Xa non hai pax Fraguiana que cadre. Con todo e afortunadamente, os que criticamos esta política de demolición contamos agora con Internet, especialmente coa participación da xente nos blogs.

Anónimo dijo...

Pareceme moi ben o que propón o detective do crepúsculo.

Xosé M. González dijo...

http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/

O Detective do Crepúsculo dijo...

¿E logo o Detective do Crepúsculo virei sendo eu, Anónimo do 2 ás 2,32,00 PM? Está ben, non é un mal título.

Non desboto a idea de levar a cabo nestes fíos a proposta que fixen, aínda que sexa en plan monólogo, se ben ó caso. Dúas cousas, polo momento.

Unha da pasado: Nos tempos gloriosos do Deportivo, o Superdepor. Cando Bebeto, Mauro Silva e algún outro ilustre brasileiro acodían á TVG para seren entrevistados, falaban sempre castelán. Ten sentido, naturalmente, que un brasileiro que vén traballar a España, aprenda castelán. Pero, ¿resusltaba tan difícil facerlles comprender que na TVG podían falar tranquilamente no seu idioma? Ignoro se se lles solicitou que así o fixesen, mais sospeito que non. Esta anécdota, polo menos para min, constitúe todo un manifesto sobre a situación da lingua. ¿Ou non?

A segunda de agora mesmo: Sobre as oito/oito e pico desta mañá, escoitei na radio unhas declaracións do actual conselleiro de educación. Non me interesa agora do que falaba, que xa tiña delicto. Interésame COMO falaba. Saían da súa boca frases enteiras en castelán con algúnha palabra galega polo medio e ó contrario, frases -sempre moi deficientes- en galego, entreveradas dalgún termo castelán. Pero a cualidade dese termo demostraba a postura diante da lingua do señor conselleiro.

A diferencia disto co castrapo é moi singular e significativa. O castrapo todos sabemos o que é, do mesmo xeito que todos coñecemos a súa orixe, a súa motivación. Xa dixen que eu non son lingüísta nin sociólogo, pero ousarei aventurar que o castrapo consistía, basicamente, nunha deformación das palabras case sempre, aínda que non só, no eido fonético. Intentábase castelanizar o galego, por razóns sobradamente coñecidas. Pero o galego que falaba na radio o señor conselleiro non era castrapo. Non era nada. Era a mostra máis absoluta do total descoñecemento dunha lingua que, por motivos políticos, se ve na obriga de utilizar e cara a que sinte unha absoluta falta de respecto. Considérase lexitimado a falar desa maneira que describín máis arriba, pasando polo arco do triunfo o máis elemental sentimento de vergonza, propia ou allea.

Queden aquí as dúas anécdotas por se axudan á reflexión.

XDC dijo...

O Castrapo somos todos.

Algunha suxerencia para o novo director do AGADIC, Fasero, que me consta que ten bós amigos entre os habituáis de este blog?.

O Detective do Crepúsculo dijo...

Pois seremos, non digo que non. Mais afírmome na diferenciación entre castrapo e o outro, que aínda non sei como chamalo.(Seguro que xa ten nome).

Laméntoo, pero non sei que AGADIC e moito menos Fasero. Non podo achegar suxerencias.

detective crepuscular dijo...

Señor "O Detective do Crepúsculo", non lle vou chamar usurpador de alcumes nen ladrón de identidades, pero que saiba que aquí o home dos crepusculos é este menda, que tal foi a encomenda (hehe) que no seu momento me fixera don Marcos: "Ti farás de detective crepuscular. Perténcenche, pois, todas as investigacións no gume do crepúsculo." E así foi como me axeitei ao papel crepuscular asignado polo donos deste territorio de uvas e solainas. Que quere que lle diga, isto vai por número de benzón bispal (non esqueza que don Marcos é bispo de Ourense) e no dos crepúsculos lévolle a dianteira. Os alcumes son os alcumes e vostede verá o que fai co seu. Eu ben sei que vostede descoñecía a existancia do "detective crepuscular" e que non o fixo con malicia, pero... Agora ben, se se encaprichou co alcume e pensa que lle vai que nen escollido a propósito á sua personalidade virtual, dígamo, que entre "cavalheiros" todo se pode arranxar, e se teño que inventar outro pois invéntoo e que non se diga que este é un territorio hostil á convivencia alcúmica.

o mesmo, pero disimulando dijo...

¡De ningunha maneira, mon ami! Se o copirrai é seu e ademais outorgado por don Marcos, non hai máis que falar.

Non obstante, permítame puntualizar que non é o mesmo, nin moitísimo menos, DETECTIVE DO CREPÚSCULO que DETECTIVE CREPUSCULAR. Estou seguro que me entende.

Saúdos.