Vinte anos do "Boletín Galego de Literatura"
Galicia Hoxe, 03.06.2009
por ANXO TARRÍO VARELA.
Galicia Hoxe, 03.06.2009
por ANXO TARRÍO VARELA.
Pastor Outeiral.Lenzo.
Corría o mes de maio do ano 1989, o primeiro dende que o Parlamento de Galicia acordara unirse á proposta da Real Academia Galega sobre a figura a homenaxear o Día das Letras Galegas, que daquela recaera en Celso Emilio Ferreiro. Había tempo que no Seminario permanente de literatura galega para o COU nos formuláramos a posibilidade de iniciar unha publicación dedicada "exclusivamente a acoller traballos de Análise, Crítica e Teoría literarias (?) onde o interesado atope información xeral e recente sobre Literatura que lle permita estar enteirado do que ocorre, cando menos, no seu entorno inmediato, é dicir, na área cultural de Occidente". Ese era o desideratum que se emitía no texto de presentación do primeiro número, maio de 1989, enteiramente dedicado a lle facer unha Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, de quen se analizaron diversas facetas da súa musa poética. O propósito, xa que logo, era publicar traballos sobre calquera literatura do mundo ou sobre calquera manifestación artística na que, como o cinema ou o cómic, tivese a literatura unha presenza máis ou menos colateral, máis ou menos necesaria. De feito ese obxectivo cumpriuse abondo e a estas alturas da revista pódense ler traballos críticos e historiográficos sobre moitas literaturas de ámbito internacional.
A revista saíu daquela con deseño do arquitecto Pedro de Llano, renovado sobre esa idea por Alejandro Vidal a partir do número 21, e con ilustracións do pintor Xosé Freixanes. Non se comprometía a ningunha periodicidade fixa e sairía cando houbese material digno dunha publicación universitaria. Só algúns números despois se acolleu a unha periodicidade semestral que mantivo até hoxe en día, cando acaba de aparecer o número dobre 39-40.
Fóra da serie numerada da revista, o BGL contabiliza ademais dúas monografías, unha, de 1992, sobre Álvaro Cunqueiro e outra, de 2002, sobre poesía estonia en tres linguas: estonio, galego e inglés, con primorosas ilustracións da artista estonia Vive Tolli e un título ben suxestivo: Vello ceo nórdico. Poesía estonia contemporánea, baixo o que se recolleron textos de dez poetas daquel país báltico.
Tamén foron monográficos os números 26 (Bibliografía sistemática de Teoría literaria, da enteira autoría de Arturo Casas), 27 (Literatura e cinema), 32 (Literatura infantil), 33 e 34 (Literatura comparada) e 35 (Olladas do cómic ibérico).
Pasaron vinte anos, xa que logo, dende aquel primeiro momento tan ilusionante e o Boletín Galego de Literatura está en plena madurez e continua actividade. Sería moi prolixo enumerar aquí, para agradecelas, a cantidade de colaboracións con que contou, tanto polo que se refire aos textos, enviados nalgunhas ocasións dende as máis variadas latitudes do planeta, como ás ilustración, que, agás en catro ocasións, correron sempre a cargo de artistas con raiceiras galegas. Pola súa parte, o Servizo de Publicacións e a Imprenta Universitaria da USC foron cómplices imprescindibeis nesta xa longa camiñada. Beizóns.

5 comentarios:
Quero enviarlle parabéns a Anxo Tarrío polo seu labor á fronte do Boletín Galego de Literatura, publicacion imprescindible para o coñecemento e promoción das nosas letras.
Carallo para o cadro de P.O. O vin nunha exposición hai dez anos e non puiden esquecelo xamais: debe de ser ún dos cinco o seis cadros epres da historia da (para)pintura. Noraboa ó que escolleu a ilustración. Fuxo...
Parabéns para o Boletin e para o Anxo Tarrio.Teño disfrutado moito, con varios dos boletins. Imprescincível o de Cunqueiro.
Moi agradecido ás Uvas... pola reprodución do artigo sobre o Boletín Galego de Literatura; tamén a Criselda e Pinstassilgo polos seus comentarios, que boa falta fan para seguir adiante. Apertas para tod@s. Anxo Tarrío.
parabéns, parabéns, parabéns.
Publicar un comentario