15 jul 2009

(Foto: A poeta Olalla Cociña Lozano)

A cuestión nacional repensada

Mulleres poetas reformulan o discurso político desde o de xénero

Galicia Hoxe, 15.07.2009
M. DOPICO
As poetas galegas que publican no novo século revisan, repensan o tema da nación, que non abordan desde a esencia ou desde un plano exclusivamente político, senón desde a denuncia de conflitos como a agresión á paisaxe ou a violencia de xénero. É unha das conclusións achegadas onte pola profesora María Xesús Nogueira na mesa redonda Nación e xénero nas poetas galegas e irlandesas contemporáneas, que se celebrou en Santiago no marco do IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
Nas obras publicadas do 2000 á actualidade, o discurso social que dominou a poesía ata os 70 non é abandonado, pero muda cara "á deslocalización", a distancia crítica, paródica..., en poetas que amosan a súa solidariedade cos conflitos da propia nación e doutras nacións, explicou Nogueira. Así, a cuestión nacional non é obviada, senón que se alude a ela a través do tema da identidade, (Olalla Cociña, Dores Tembrás...), da parodia (Pilar Beiro, María do Cebreiro...), engadiu.
Pola súa banda, a profesora Manuela Palacios presentou os debates en Irlanda nos últimos trinta anos sobre o concepto de literatura nacional. A emerxencia de mulleres poetas nos anos 80-90 deu lugar nesta illa a un cuestionamento das ideoloxías nacionais de finais do XIX e primeiros do XX.
"O catolicismo preservou", -en Irlanda do norte- "a identidade nacional durante o colonialismo", pero a Igrexa católica propuxo un modelo de muller -María, nai, virxe...- contra o que, salientou Palacios, as poetas reaccionaron, xerando un contradiscurso, alicerzado no feminismo. O nacionalismo tamén se apropiou do celtismo, e diversas autoras advertiron contra os elementos misóxinos e patriarcais da mitoloxía celta, segundo Palacios.
A tamén profesora Laura Lojo referiuse ao proceso de construción da subxectividade feminina na poesía irlandesa actual, oposto ás representacións patriarcais que, tanto no discurso colonial na literatura inglesa como no da resistencia irlandesa, consideraban as mulleres como seres pasivos e afastados do ámbito político. A escritora e profesora María do Cebreiro lembrou que "non hai xénero, senón xéneros, nin nación, senón nacións", e explorou o papel das mulleres que son á vez críticas e poetas na construción nacional e de xénero. "A crítica forxa modelos", salientou.
O Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos acolleu onte outras mesas redondas. Nunha delas, Anxo Angueira reivindicou a Rosalía de Castro feminista, "agresiva, radical e afouta", e Joaquim Ventura dixo que "Castelao non foi nacionalista, senón populista", na súa defensa dos explotados, tinguida de "moralismo".

27 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Non é por nada, pero descubrir a estas alturas todo isto ou é abraio do cronista ou ten que ter outras matizacións máis interesantes que, por suposto, aquí non figuran, por moito adobo de construcción, nación, xénero que lle poñamos.

Criselda dijo...

Non lle caiba ningunha dúbida de que ten interese. Estas rapazas están formadas, son intelixentes e miran con ollos moi críticos o que hai ao seu redor. Había que brindar por elas.

apicultor dijo...

De certo que todo isto hai xa ben tempo que se coñece, aínda que se cadra non tanto nestes pagos do noroeste, un tanto atrasado en certas cousas, como se sabe. Haberá, en todo caso, que agardar a ler tales relatorios para apreciar matices finos, que seguramente os hai ou debería habelos.

poesía duradoira dijo...

Eu que o repensen todo, que o critiquen, cuestionen, esnaquicen, despatriarcalicen, poñan patas arriba, pero ante todo que sexan boas poetas se queren ser críbeis. Brindemos por elas de momento e mais que brindaremos cando comprobemos que o seu compromiso coa boa poesía é mais que unha pose conxuntural ou unha febre pasaxeira.

SurOeste dijo...

Sempre a sospeita de lixeireza e insustancialidade cando se trata de mulleres creadoras.

Anónimo dijo...

As mulleres creadoras que mostren o creado e que deixen tanto de xustificarse. Ao fin son mortais, como Sócrates, ou non?

poesía duradoira dijo...

Sen os ter lido antes, diría o mesmo se se tratase de homes creadores. Primeiro haberá que as ler para facerse unha idea, digo eu. Se son poetas rachadoras, haberá que ver que é o que rachan.

Suxestión dijo...

O creado estase mostrando, anónimo. Non ten máis que ir ás librerías, facerse cos libros e lelos. Gástase un peso, home!

XDC dijo...

Pois como sexa como o "creado" por tantos "homes creadores", os pesos van quedar no meu peto.

Anónimo dijo...

Para que salga mais barato podían estampar un deses poemas rachadores aquí.

Anónimo dijo...

XDC: Para creador vostede e os seus amenos contos.

Anónimo dijo...

O que había que estampar era outra cousa, cutrecho.

xdc dijo...

A mín cando me chama a atención un libro na livraría, normalmente é por o tema que trata. Sempre lle paso as follas e leo algúns párrafos antes de mercalo. A verdade é que nunca me fixo se foi escrito por homes ou mulleres. En moitísimos casos, non sabería decilo, certos nomes extranxeiros son raros coma eles sós. E, cando o nome se escribe con inicial, inda máis. Merquéi fai pouco un dun tal Fernán Caballero que estaba moi ben.

xdc dijo...

Eu non son creador nin pretendo selo, sábeno ben os habituáis do blog.
Aparte, durante moito tempo, os que agora nos consideramos habituáis do blog ignoramos uns as identidades dos outros, non nos coñeciamos persoalmente, ni coñeciamos o sexo ao que perteñecían, e falabamos, discutuiamos e mesmo nos insultabamos sin saber si o faciamos con homes ou con mulleres. É o bó de este medio.

arume dos piñeiros dijo...

Eu coñézoas moi ben e sei que estas cousas levan moito tempo entre nós con talento sobrado: por iso me parece pobre a crónica.
Si sería de interese saber se as aproximacións deste tipo dan moito máis de sí. Digo que non sei se esas coordenadas xénero/nación dan para máis parolar, se atendemos á constante deconstrucción das mesmas. Ou se son pertinentes chegado o caso, visto que están sempre en discusión. Atendendo só ao que escribe o/a cronista (que xa digo non me convence moito), sería conveniente pensar se merecen a pena estes vieiros epistemolóxicos. Se son productivos.
Tamén pode ser, e o admito, que xa leve lendo isto, coas mesmas palabras e os mesmos argumentos, desde hai xa demasiado tempo.

arume dos piñeiros dijo...

Por certo, xa que se fala de poetas, o libro de Chus Pato, Hordas de escritura, é extraordinario. Non sei a que imos esperar.
Xa lle teño botado un ollo a Secesión. Hoxe ao mellor cae.

arume dos piñeiros dijo...

PROGRAMA DO CONGRESO DE ESTUDOS GALEGOS.

IMT dijo...

Polos vieiros epistemolóxicos extraviase con facilidade a experiencia é entón cando o entendemento nun sobreesforzo interpreta a dirección que sinala o cataventos e pronuncia a forma, caendo na sensibilidade que o son toca, ondas, palabras, e mais palabras, sentido, ido, atrapar o pasado no instante, reter o teu paso entre as letras. NADA.

Anónimo dijo...

Ante o crecente grao de agresividade:
"O que había que estampar era outra cousa, cutrecho."
Abandono definitivamente o blog.
Que o pasen ben.

novicio viciado dijo...

Eu, do que teño lido da autora que cita o señor dos Piñeiros, observo unha excesiva sobresaturación de significados metidos nunha olla exprés. Mais doutores ten a santa nai igrexa que nos iluminen, amén.

arume dos piñeiros dijo...

Non é obrigatorio gustar de Chus Pato e mesmo resulta saúdable escoitar esa expresión da pota exprés. Pero hai que recoñecerlle ambición literaria, adicación extrema ao acto da creación da linguaxe e uns resultados acordes, por fóra do común, coas pretensións percibidas desde o comezo do poemario.
Convence (que non ten por qué ser o que un busca ou precisa dun texto poético) ao/á lector/a de que hai corpo e carne nos seus versos. Que é o que ela pretende de principio ao fin.
E desde logo doutores terá a igrexa. Pero eu non son de ningunha igrexa e o principio de autoridade (malia o que hoxe comenta o ocultado polo correogallego.com Sarille sobre isto) mafunga. Do verbo mafungar.

poesía duradoira dijo...

Anónimo que "abandona definitivamente o blog": hai que ter un pouquiño mais de aguante e saber sobreporse ás circunstancias de aparente (por virtual) agresividade. Se todos e todas fixésemos igual, isto sería un deserto e non un blog. A min téñenme mallado por todos os cantos e, teimudo que son, aínda sigo aquí, e con ganas de instalarme para sempre. Don Marcos trátanos moi ben e os tertulianos non son tan maus como parecen; ladran moito e acostuman botarse en tromba (e ás veces en trompa) cuando ven alguén novo ou nova, pero logo recuan e amansan como feras domesticadas. Pero claro, convidado ou convidada, se nos acobardamos e deixamos atemorizar por un mangado de comentarios mais ou menos ferintes e pomos os pés en polvorosa, así non hai nada que facer. Aquí para adquirir unha miguiña de estatus tertuliano, hai que bregar moito e non deixarse amilanar así como así, porque entón estás perdido. Dimo a min, que despois do tempo que levo, non me atrevo a darme a coñecer e por iso cambio constantemente de nome. Para confundilos e desorientalos. E aínda así, non sei se o conseguirei, que non deixan pasar unha. Pero non me achanto e, semiclandestino e todo, sigo en pé de guerra contra o poder patriarcal que inspiran os tertulianos habituais.

arume dos piñeiros dijo...

Poesía duradoira: porque vén sendo vostede de Barcelona, que se non...

Anónimo dijo...

Poesía duradoira (ou detective crepuscular) is God.

lobo neghro dijo...

Saùdos, nobles amighos!.

Donnacona,o chefe de Stadaconé; Marcelino pan y vino; pastor de vacas; kallaikoi; o neto do manuel; toda unha xaramea de obispos auritanos agàs thé-minho; toda unha alcatea de lobos de toda-las pelaxes e cores; a letanìa; e sesenta heterònimos màis; saudàmolos desde Hochelaga aghora cristianizado oomo Montréal,Québec-Canadà.

"je me souviens".
Escrito nas matricolas dos carros.

Je me souviens de vous et de Marcos, moito, moito.
Apertas de irmandade.

"Vive le Québec libre!".
Berro de "DeGaulle" no balcòn da càmara municipal, ano 67. Anos aquiles!.

XDC dijo...

Eu non podio ser obxectivo falando de Chus Pato. Compartimos moitas horas de conversa xuntos, fai xa tantos anos.Fomos compañeiros de traballo algús anos. Téñolle un agarimo especial, ainda que haxa xa anos que apenas nos vemos. Un saúdo, se lees esto, Chus. Si non me recoñeces por o nick, diréiche que pasamos unha boa tarde coa tua familia, en terras da Limia, escoitando discos vellos de Renato Carosone, fai moitos anos...daste conta?.
Ten en conta a opinión do Arume,que de eso entende algo, amiga!

donnacona dijo...

A paisaxe unha achegha feminina?.