4 jul. 2009


Meténdose en Honduras.
Alfonso Vázquez Monxardín.
La Región 4.07.2009.
Imaxe: Lenzo de Leandro.

O mundo occidental desenvolvido parece que ten mala conciencia. Se cadra ten algo que purgar, non sei, pero a min non me presta moito considerarme culpable de ‘pecados’ feitos por outro seres humanos ou por outros gobernantes hai centos de anos. Parece certa -aínda que tamén pode ser inventada con verosimilitude, que para o caso tanto ten- a vella anécdota do galego que cando era interpelado de malos modos por un americano -mexicano ou arxentino, non sei- dicíndolle ‘sus antepasados vinieron acá a explotarnos’, retrucaba dicindo: ‘Serían los suyos, que los míos los tengo enterrados en Galicia’.

Pois si, temos un certo complexo que nos impide ver como frutifican os camiños de normalidade e liberdade que desexamos para nós e tememos falar coa claridade do emigrante popular. O máis obtuso da intelectualidade europea xogou irresponsablemente á respectabilidade da alternativa violenta e insurrecional -primeiro o Che e logo a narcoguerrilla das FARC- mentres tomaba viño francés en copa de cristal fino e cantaba cancións revolucionarias en calquera cafetería da gauche divine no barrio parisino de Saint Germain. Pois si. Témolle ás varias varas de medir. ¿Imaxina alguén un presidente dun país europeo, sen apoio parlamentario nin do seu propio partido, en contra da opinión da xunta electoral central e da corte suprema de xustiza, e destituído polo Parlamento do seu país, que intentase montar un referendo paralelo sen garantías ningunhas, co obxectivo explícito de perpetuarse no poder? Inimaxinable, ¿non é? Pero se isto o situamos nunha república de Hispanoamerica, todos podemos opinar e condenar só con ver ao lonxe algo de cor caqui. Con dúas varas etnocéntricas, podemos dicir que só os nosos militares poden evolucionar. Antonte franquistas, hoxe forzas de paz no mundo. Un orgullo. Pero en Iberoamérica, ¡ca! Así, hoxe, en Honduras, lonxe de ver aos uniformados como defensores das instruccións da cadea de mando do país, vémolos como golpistas, pero ¿un golpe militar que pon de presidente do país ao presidente que designa o Congreso -Roberto Michelettie que sinala que as eleccións presidenciais que tocan se celebrarán o 29 de novembro? Pois os nosos medios van polo camiño fácil e falar dun golpe militar, a todas luces inexistente. Parecemos absolutistas que pensamos que o ditado polo presidente está por riba de toda cuestión e lei. Tal que Chávez.

Para máis esperpento, a comunidade internacional, con Obama á cabeza, acaba de reaccionar cunha inocencia incrible, con moi escaso ollo e cargada de prexuízos. Vaise arrepentir. Sen presa. Se cadra é só unha cuestión de bigotes. Todos os políticos que o teñen, acaban pensando no poder absoluto. Stalin, Hitler, Franco... e arestora o ex presidente de Honduras, Manuel Zelaya. Que se poñan de acordo, que pode haber moito mal.

107 comentarios:

Anónimo dijo...

solución

arume dos piñeiros dijo...

Eu non me atrevería a ser tan tallante, á vista das noticias non sempre claras. Que un grupo de militares acuda á casa do presidente a arrestalo e botalo fóra do país non parece a mellor maneira de facer cumprir a lei. De feito, a discusión sobre se é un golpe de estado ou unha restauración constitucional segue vixente. Logo nada parece claro.
Chama a atención, iso si, a rapidez (e contradictoria compracencia) con que algúns se empregan cara a un lado e esquecen durante semanas que existen outros lugares no mundo que padecen o autoritarismo.

Xosé M. González dijo...

E unha designación congresual baixo o feito consumado dun golpe militar ofrece algunhas dúbidas canto a imparcialidade.

O fenómeno de Honduras chégame da seguinte maneira: presidente que é líder dun partido (ex-)conservador, agora filosocialista e con amplo apoio nas capas populares (ou desfavorecidas); convoca un referendo para modificación constitucional en orde a superar a limitación de mandatos presidenciais; opóñense primeiro ás súas políticas gobernativas e despois á tal convocatoria sectores sociais e políticos acomodados no statu quo e tradicionalmente filoestadounidenses; hai asonada.

Pódese estimar que a medida de forza tenta manter a actual vixencia constitucional e evitar o risco ditatorial da extensión de mandatos; tamén, por outra banda, que Zelaya estimou necesaria a modificación das regras para facer posible unha ampla mudanza socioeconómica en favor dos sectores populares (ou desfavorecidos). En todo caso, conviría ter en conta dous extremos: o referendo sería unha convocatoria ao sufraxio universal por parte de autoridade lexítima; a acción militar, irregular e autolexitimada.

A reacción internacional aparenta de libro en materia de dereito político. O caso é que como veñan dadas a partir de agora.

Anónimo dijo...

Creo, sei e coñezo que Monxardín non sabe do que fala neste artigo.

AVMF dijo...

Sei que é arriscado falar do tema, e que me podo equivocar, pero quería ver unha voz discordante dentro de tanta unanimidade politicamente correcta de pura condena liñal e simplona do "golpe".
Entre pro-americano e pro-venezolano tampouco vexo a cousa clara. Ademais que o O'Bama tamén o condenou...
E que lle teño manía tamén, aos que queren prolongar o mandato máis alá do que ditan as leis de cada país. Séntense imprescindibles, e fóra a iagua e o pan, nada o é. Ademais esas imprescindibilidades sábese como empezan pero adoitan ter mal fin.
En fin, xa veremos como vai a cousa. E se me engano, pois non pasa nada. Non son o presidente do goberno. Son opinador libre e, se cadra, ousado.

arume dos piñeiros dijo...

Comprendo perfectamente esa intención: eu fago sempre o mesmo. Pero, en verdade, o asunto é máis complicado (ademáis nun estado crítico) do que parece, aínda ben informado. O que quere dicir que calquera solución resulta dificilísima.
Pero estou de acordo plenamente en que mudar as leis para perpetuarse, manterse ou favorecer a súa estadía no poder é, por natureza, sospeitoso. E estou absolutamente de acordo en que unha máxima de aplicación universal (para min, obviamente) é a de desexar para os outros o que desexas para ti e á inversa: aquelo que ti rexeitarías aquí rexeitalo onde sexa. Ese delirio de preferir réximes autoritarios porque o país en cuestión é diferente do noso paréceme inaceptable. Ou como lin outro día nun artigo: que polo mero feito de que EE.UU. teña interese en Irán hai que sospeitar (case por sistema) sobre a bondade das protestas contra o réxime autoritario de Ahmadineyad e toda a corte de líderes máximos e gardiáns da revolución: alguén podería minimamente admitir siquera a posibilidade de que tal cousa houber neste país?

Xosé M. González dijo...

Non deixemos logo de lado unha evidencia: países diferentes, sociedades distintas, rara vez toleran ben o mesmo tratamento: o líder iraní non é Zelaya; como tampouco Cristina Fernández é, digamos, Mary Robinson.

Son evidentes risco e costume da perpetuación no poder; tamén será innegable a perpetuación da extrema desigualdade social. Algúns din que para conxurar dous males e achegar un único ben está a socialdemocracia; pero xorde a dúbida puntual en forma de Carlos Andrés Pérez ou Bettino Craxi.

Italia é asunto aparte, si; e cada cousa, unha cousa diferente. Ata os golpes militares, véxase Portugal, 1974: por certo, Salgueiro Maia volveu para o cuartel cumprido o acto necesario de rebeldía institucional. Farao Zelaya, se volve?

Anónimo dijo...

Caramba Monxardín pero a súa non é unha opinión mais nun blog, é un artigo impreso nun medio que conta con muitos lectores na provincia de Ourense, e por tanto crea opinión. Un pouco de responsabilidade.

XDC dijo...

Monxardín: Os seus artigos, sobor de todo cando son "políticamente incorrectos", encántanos a moitos lectores, entre os que me conto, á marxe do moito ou pouco que poidamos concordar coas opiniós que neles se verten, que eso é outro asunto.

O que da noxo son as paternalistas evocacións á "responsabilidade" que tanto empregan aqueles aos que a boca se lle enche de perogrulladas tales coma "Falamos de cousas serias", e perlas así. Adoitan a empregalas políticos (profesionáis ou frustrados) , de eses que sólo falan e pensan en termos de consignas.
Un artigo non crea opinión, salvo que esa opinión esté xa latente en amplas franxas da sociedade.

Xosé M. González dijo...

Discrepo: hai artigos, nomeadamente de pluma autorizada, que poden provocar opinión ou iniciar unha corrente. A de Monxardín, sobre todo en Ourense, non é nesta altura unha sinatura calquera, por singularidades coma a que cita o da Cova, tan estimable se a unha consabida unanimidade preferimos o debate que leva máis alá.

Eu non coincido con AVMF nalgunha apreciación hondureña coma anteriormente nalgunha outra israelí; ora ben, en ambos casos me deu motivo para ler algo máis. Eu ben que llo agradezo, tamén é responsable diso.

Anónimo dijo...

O XDC tampouco vai acertado desta. Non sabe daquelo ao que ser refire o que di.
Atrevido é, pero non chega e queda curto.

Anónimo dijo...

Monxardin ten acertos e erros, neste caso errou, outra cousa é que o erro ata poida ser divertido, pero hai temas de especial gravidade, epecialmente cando hai suspensión de liberdades e mortes.

arume dos piñeiros dijo...

Un chourizo non pode ser socialdemócrata. Pode militar nun partido desas características, mesmo dirixilo e mesmo aproveitarse diso para gobernar (e de paso roubar) un país. Pero non é un socialdemócrata. É un chourizo. E non precisamente ibérico.

arume dos piñeiros dijo...

A min de todas formas me impresiona esa forma de falar: X acertou, Y errou. Onde dan os resultados?

Anónimo dijo...

A capacidade de ser impresionado é moi importante, demostra vida emocional.
Os resultados, ao final, sempre ao final.

Xosé M. González dijo...

E cando se sabe se era chorizo (ou socialdemócata)?: antes do acto, durante ou despois do acto?

Fágase extensivo a calquera outro tipo de adscricións.

Anónimo dijo...

Sempre me preguntei por que se lle chama "chourizo" a un corrupto ou a un ladrón?.

XDC dijo...

Desde logo que non teño nin idea do tema. De feito sólo sei do asunto o que leo nos xornáis (o último,lido esta tarde, sobre ese presidente, en " A Nosa Terra").
No caso dos artigos de opinión, ,os argumentos máis que predecibles, según quen os firme ou o medio no que se publiquen.
Tamén, algunhas cousas que me contan inmigrantes hondureños, que no terminan de creer de todo o que está pasando.

E, xa que esquecín decilo antes, concordo bastante có "espíritu escéptico" que destila o artigo do Monxardín.

XDC dijo...

Por certo, o prefacio sobre a "gauche divine", para enmarcar.


Arume: O seu razonamento sobre os chourizos é bastante acertado. E creo que hai exemplos próximos en algún partido que lle é afin.Pero non sei qué senso ten falar de "ser" socialdemócrata á marxe das oportunidades que se poida ter para deixar de "selo". Ao final un "é" o que fai. E si non ten oportunidade de facer nada, en realidade non "é" nada.
Tampouco sei qué senso poder ter que un partido "sexa" socialdemócrata. on sei se certos adxetivos teñen senso real aplicados a outras cousas que non sexan persoas.
Bueno, vou dar unha volta ao aire, que estou un pouco confuso...

XDC dijo...

Mais ou menos, o que pretende suxerir X.M. Glez no seu último comentario, coido.

arume dos piñeiros dijo...

A categoría de chourizo (alcanzada con escasos esforzos na meirande parte das veces) invalida a outra de xeito automático. A pesar de que algún queira sobrepoñer a categoría de socialdemócrata por ver de arranxalo ou de aprobalo ou de suavizalo, como unha especie de patente de corso (máis ben de corsario).
A iso me refiro. Como se puxo o exemplo de Craxi como socialdemócrata, apunto que, tras a súa fuxida como prófugo da xustiza, de socialdemócrata non lle quedou nada. Probablemente nada tiña, pero sempre quedaba o beneficio (neste caso un beneficio de carallo) da dúbida.

rive gauche dijo...

O interrogante tonto da noite:

E non será que os que antes de meterse en materia lle dan un repaso crítico á rive gauche e á gauche divine para deixar claro o seu amor á liberdade por acima de todo é porque teñen os "chourizos" ideolóxicos pendurados na rive droite?

Anónimo dijo...

O señor Monxardín esquece que un dos exemplos máis sangrantes de acumulación e abuso de poder, de manipulación da opinión publica, de corrupción política e de relación coas "tramas negras", dase en Europa: en Italia, diante dos fuciños dos egocéntricos intelectuais europeos.
Quizais tamén desexe neste caso unha intervención do exército para rexenerar a vida do país.
Que se estaría a dicir aquí se Berlusconi fose sudamericano?

Anónimo dijo...

Ollo coa gauche divine. Hoxe, na súa maior parte, apoiaría o plantexamento de Monxardín (que (ooh la, la) tamén soa a gauche divine)

xdc dijo...

Un socialdemócrata é, por o mero feito de selo, moral ou éticamente superior a alguén que non o é?.

arume dos piñeiros dijo...

Si, amigo XDC. Polo mero feito de selo, si, non por exercitalo. Porque para selo precisa dunha serie de ideas políticas (por suposto morais tamén) que o situarían por riba doutras ideoloxías. Para min, sen dúbida. Máis ca un jomeinista, un chavista ou un fascista. E, por suposto, ca un democratacristiano (;)). Sen nengún xénero de dúbidas.
Para outros, xaora, non.

xdc dijo...

Non entendo ben que é eso de "ser" algo sen "exercitalo".
O verbo "Ser" é un pouco confuso. As linguas nas que non existe, evítan certos problemas "existenciáis". O feito de "ser" socialdemócrata ten que decidilo un mesmo, ou, como en outros asuntos, teñen que decidilo os demáis, quizáis outros socialdemócratas?.
Eu voulle deixar certas cuestiós ontolóxicas ós filósofos, e limitaréime humildemente a xuzgar á xente por as sua obras. Que dentro da sua cabeza que "sexan" o que queiran. A historia está chea de exemplos de gobernantes con "ideas elevadas" que foron verdadeiros desastres para os seus paises. QUizás porque para gobernar, como para arreglar coches, aparte de ter "ideas elevadas" igual tamén hai que saber.

arume dos piñeiros dijo...

Hai plantillas socialdemócratas, en distintos tamaños segundo a flexibilidade moral do individuo. Como tamén hai plantillas democratacristianas, aínda máis flexibles, a gusto case do feligrés consumidor. Tamén as hai conservadoras, ríxidas en apariencia, moldeables con apenas unha mínima inversión. Plantillas nacionalistas tamén hai, pero son tantos os tamaños que se confunden coas outras.
Hainas tamén totalitarias pero estas sempre son para calzar aos demáis.

Anónimo dijo...

Andan vostede moi mestos, mellor descansen dense uns paseos, repiren profundamente polo bosque u praia, osixenen o pensamento e logo volvan mais afinados e ocurrentes, salvo o anónimo que recurriu a el cavalieri, para por en evidencia a mestura de Monxardín.
Descansen.

arume dos piñeiros dijo...

FERNANDO SAVATER, oreando que é xerundio.

Cuando la falta de espacio impone jubilar viejos libros de la biblioteca (sea para mandarlos al sótano del que ya no saldrán o a alguna entidad benéfica a la que quizá no lleguen), siempre siento una punzada de escrúpulo: "Tratado de jardinería en Babilonia... ¿y si pasado mañana me da por volver sobre ese asunto?". Los únicos de los que prescindo sin la mínima reticencia son los volúmenes del inacabable marxismo y su materialismo dialéctico. Dejando aparte unas cuantas cosas del propio Marx, el resto de esos "clásicos" primarios y secundarios, los Lenin, Mao, Garaudy, Althusser, Marta Harnecker, incluso mucho de Lukács y demás compañía, resultan hoy inimaginables como posible relectura: aún peor, parece incomprensible que los leyésemos algún día del remoto pasado. Son incompatibles con las mínimas pautas de ecología intelectual.
Están escritos en una lengua artificial, pretenciosa y mortecina en la que es imposible decir nada digno de interés o cercano a cualquier forma de verdad. Incluso parecería, si no fuese por su intrínseco aburrimiento, que son una especie de parodia intelectual con toques inesperadamente humorísticos. ¡Y las abstrusas polémicas internas en que se enredan con inexplicable saña! A su lado, cualquier disputa entre teólogos bizantinos parece de rabiosa actualidad...

En uno de sus mejores libros recientes, Cólera y tiempo (Zorn und Zeit, Suhrkamp, traducción española programada para el próximo febrero), Peter Sloterdijk sostiene que los partidos comunistas y sus teóricos han acumulado y manejado un capital simbólico de cólera destructiva en el que se mezclaban los elementos de insurrección secular aintiestatal con otros de milenarismo religioso, lo que les hizo especialmente invulnerables a los argumentos y trágicas evidencias históricas de signo contrario. Sea como fuere, hoy resultan ya indigeribles como utopía razonada. Parece cierto el aforismo de Gómez Dávila: "Comprendo el comunismo que es protesta, pero no el que es esperanza". Los que siguen perpetuando la vieja cantinela, como Toni Negri o Alain Badiou (que recomienda volver al auténtico "maoísmo originario" como si tal cosa) resultan ya exhibicionistas de lo arcaico, como esos originales sofisticados que se enorgullecen de no tener móvil o no saber manejar el ordenador.

Uno de los pensadores españoles más invariablemente sugestivos, Antonio Escohotado, está publicando una obra monumental titulada Los enemigos del comercio (Espasa), una detalladísima historia del nacimiento de la propiedad privada y sus adversarios, de la que ha aparecido por el momento el primer volumen que llega hasta Marx sin entrar aún en él. Es un trabajo de enorme erudición y combativas propuestas que no puede dejar indiferentes ni a quienes mantengan planteamientos más opuestos. He leído el primer volumen con apasionado interés y aún espero con mayor afán el segundo, pero también con cierta melancolía por el resultado de la empresa. Siento al leerle la misma sensación que ante los esfuerzos de los ateos anglosajones que refutan minuciosamente las pruebas tomistas de la existencia de Dios y denuncian las fechorías eclesiásticas a lo largo de los siglos. Porque probablemente es un esfuerzo vano tratar de refutar intelectualmente creencias que no fueron adoptadas por razones inteligibles sino que responden a sentimientos que rechazan los límites morales y sociales de nuestra condición y no se resignan a la humilde tarea de intentar solamente interpretarla y aliviarla con prudencia...

Anónimo dijo...

Tendo en conta a tectónica epistemolóxica de Sabater, afianzada entre Angel Canibet, o mais reaccionario de Unamuno e a FAES, non me extraña a súa valoración.
Non perdo mais o tempo adicándollo a un pseudofilósofo "cañí" que tanto dano fai aos outros, entre os que nos encontramos os galegos. Aparte de feo, é fanático do nacionalismo español, e cursimente sentimental. Un adefesio, un espertento, unha bosta de boi.

Anónimo dijo...

¿Sería tan amable de dicirnos quen son eses autores descoñecidos que cita: Sabater e Canibet? Moitísimas grazas.

rive gauche dijo...

Título do artigo de Savater: El sepulcro vacío.

Resumo do artigo: Sé-pulcro y vacío en tus comentarios y acabarás en la rive droite como mis amigos Monxardín, Arcadi, Rosa...

Anónimo dijo...

A interpretación que o pseudofilosofo cañí fai de Sloterdijk, falsea ao filósofo alemán, como sinala o profesor Oliveira e amais teñoo comprobado.

Anónimo dijo...

Amabel anónimo que pide información sobre Angel Canibet e Fernando Sabater, se non é abusar da súa paciencia que sustitúa as b(s) polas v(s), fágao, e encotrarase orientado na dirección da resposta.

Anónimo dijo...

E se queren falamos de Sloterdijk, ou do divino centro, pero a proposito do cañí, non penso emitir un bit mais.

rive gauche dijo...

Ai, aquela foto de Savater con Mayor Oreja prestándose ao xogo suxo da direita... Desde aquela, o "libertario" irredutíbel quedou inmortalizado para a historia do pensamento como o Mayor Oreja da filosofía. E niso segue, vaciando os sepulcros da esquerda esquisita e ilexíbel, entanto Feixóo vacía o galego co aplauso do filósofo da Orella sepulcral.

Anónimo dijo...

Entre os libros que eu baixei ao soto, están tamén os de Sabater. Digo a verdade!
Por outra parte, non hai moito vin algún nunha feira de libros de ocasión, entre tratados de xardinería babilónica, Mortadelo e Filemón e cousas así. Restos de edición. Dous euros a unidade.

rive gauche dijo...

Estamos en El País. Na páxina da esquerda ven o artigo de Savater e na da direita vese a Arrabal na rodaxe da película Ushima-Next facendo de emperador cibernético. Eu ríome mais co "emperador" surrealista que co filósofo orelludo. "El guión me emociona, es un canto a la esperanza anarcoizquierdista" e "la primera película del género post-Pánico", declara Arrabal. Anda, Oreja filosófico, a ver se superas a visión de futuro do emperador de ficción. Anda, atrévete, deslumbra aos moitos fans que tes na Solaina.

arume dos piñeiros dijo...

Dá resultado, abofé. Ou amafé.

Anónimo dijo...

O último en rir, non é quen pensades.

Xosé M. González dijo...

Non vexo eu que a socialdemocracia supoña ennobrecemento moral, non máis ca outras -que non todas- adscricións políticas. Ancha é a forma, por certo; terá que ver algún sumidoiro estatal con socialdemocracia exercente?

Deixémolo así, sen nomes.

Anónimo dijo...

Pois eu sigo sen saber quen é o tal Cabinet ou Cavinet, póñase con b ou con v.

xdc dijo...

Aparte de insultos e descalificaciós a autor e a artigo, non leo eu contraargumento ningún.

arume dos piñeiros dijo...

Savater eche moito Savater, amigo Dacova.

xespir dijo...

Sava-ter-ou-non-ter, esa é a cuestión.

XDC dijo...

Saba (ter) está como un camión (a Leticia) (según dín)

Xosé M. González dijo...

Supoño que será Ángel Ganivet, o regeneracionista.

Sen mala intención, desculpa pola hipérbole: quedará algún socialdemócrata en Gondomar?

arume dos piñeiros dijo...

Ofcors, Saavedra. En Donas coñezo eu a un, que non ten piscina. E en Mañufe hai outro, que non pagou para non pagar, vostede me entende. En Borreiros había hai tempo dous, pero venderon a casa a un de Morgadáns, escasamente socialdemócrata. E en Vincios, está o famoso Leonardo. De Gondomar capital, só coñezo os callos (demasiado graxos para o meu gusto) do Mineiro e a pastelería sobrevalorada (non sei se socialdemócrata) de Copena, onde nunca comín pastel ou tarta que me admirase.
Nesa vila (na que viven tantos exvigueses) creo que hai máis democratacristianos, moito deles sobrecolledores.

Xosé M. González dijo...

Coñece as roscas do Cristaleiro?; iso si que paga a pena, sobre todo as escuras e particularmente os recortes. A min a Copena de Nigrán tampouco non me entusiasma nada; de feito, polo pan imos á Trento de Panxón se non media viaxe a Baiona con parada na Isolina de Sabarís.

Recoñecido polas súas novas políticas gondomarenses. Eu, así de esguello, ata dubido no dos democratacristiáns, bando diverso; Frente de Juventudes e liberal-ladrillismo si que xa non lle digo que non, por algunhas contas e moitas trazas.

Así e todo: veremos no 2011.

Xosé M. González dijo...

Disque.

Susana Mancini dijo...

Eu tamén son forofo dos recortes do Cristeleiro. Esas bolsas acuguladas de antirosquillas, dos buratos compactos son algo así como a esencia da antimateria.
Por outra parte, son do partido da Pintora no tocante a pan e empanadas e no das Adrianas de Baiona en canto a doces.
E o que menos me gusta da Valverde de Panxón é que no papel poña Panjón. Do resto, tamén fan empanadas, sempre que lle leves o condumio, bárbaras.

arume dos piñeiros dijo...

Moito cambiaron as honduras. Agradécese tal erudición, mesmo para pouco larpeiros coma min, empanadas aparte.

XDC dijo...

Non é problema ningún que no papel poña "Panjón". Basta con que lea ese "j" como leen os arxentinos o "ll" (máis ou menos). Ou, sin ir máis lonxe, como o leería un portugués (máis ou menos). Ou mesmo como o lería un inglés. Ou un francés. Máis ou menos.

rive gauche dijo...

Don Arume, "Savater eche moito Savater" de Dios. Sen dúvida. Léase o artigo de hoxe sobre a herexía que representa UPyD para comprobalo. LOS HEREJES IMPRESCINDIBLES. Calquer día surpréndenos afirmando que a FAES é un centro de formación de herexes e de espallamento de ideas heréticas. Lendo o que dixo onte Aznar e ligándoo co artigo de Savater, non me estrañaría. FAES, UPyD, Aznar, Savater... eis a nova herexía contra o totalitarismo nacionalista. Viver para ver.

arume dos piñeiros dijo...

Non fai falta engadir que non fai falta estar de acordo cunha persoa para que a súa forma de escribir poda resultar atractiva. Savater escribe ben, os seus artigos sempre interesan e del sempre se aprende algo. Sobre todo a litigar. Que ben nos vén, porque se hai que contrarrestar dialecticamente o que el escribe, convén ter semellantes ou mellores folgos intelectuais.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Eu teño un libriño, ou sexa, un opúsculo, escrito por unha moza de cuxo nome non me acordo aínda que queira e ó que non teño acceso neste momento -ó libro, enténdase- por unha razón tan sixela como que o libro está na miña casa de Lugo, e eu estou nunha oficina acristalada, unha peceira sublime chea de luz de neón. Ben, ¿qué diaños quería dicir eu? Pois non me acordo... ¡Ah, si! Nese libriño ou opúsculo, que tentaba facer un estudo detallado sobre o arco visigótico de Pan-ón, a moza facía unha exposición minuciosa da etimoloxía do topónimo que nos ocupa. Pero eu tampouco non me acordo, como é natural, xa que ese libriño ou opúsculo lino hai máis de trinta anos. ¿Que lle imos facer? Acórdome de que o teño, mais non me acordo do que di. Ou sexa, que ven sendo coma se non o tivese. En realidade, a maior parte dos libros que un vai colocando minuciosamente nos andeis, están aí coma se non estivesen. A min os únicos que me interesan hoxe son as cento cincuenta e tantas edicións da Illa do Tesouro que teño. Para elas fixen un moble e téñoo na casa de Begonte. Veredes. Téñoo en Castelán -a maioría-, en Galego, en Portugués, en Bable ou Asturiano, en Euskera -dúas edicións-,e Catalán -dúas ou tres, non lembro-, en Valenciá, en Francés, bastantes, en Italiano, dúas, en Árabe, unha e penso que resumida, en Inglés -unha chea delas-, en Bretón, lingua curiosa que tamén posúe o ñ, letra que os galegos, segundo parece, no deberamos posuír, en Alemán, en Neerlandés, en Ruso, en Mexicano -porque a traducción ó mexicano está en mexicano, supoño que se me entende- e. agora mesmo, non me veñen máis á cabeza. Así ata cento cincenta e tantas. A miña colección de Illas do Tesouro. O meu adourado Long John Silver. Ademais teño un disco de pizarra, de gramola, no que pode lerse: Películas Sonoras, La Isla del Tesoro, e un Long Play de 1956 no que se conta a novela. Trae o eleco de actores e algúns son dos máis famosos das radionovelas da Sociedad Española de Radiodifusión. ¡Tempos! E teño unha colección de diapositivas supoño que para narrar a historia mentres se proxectaban. Admítense aportancións, tanto en linguas ibéricas coma en calquera outras.

Ben, ¿e a que viña isto? Pois a verdade, non o sei. Eu só quería dicir que o problema, ó parecer, non é, estimado señor XDC, que no papel poña Pajón anque logo se pronuncie a jota ó xeito portugués ou francés ou inglés. O problema é que nos papeis poña Panxón ou dixo o Xeografía. Iso é o que din, vaia, que eu xa dixen noutro fío que non son filólogo nin lingüísta nin sociólogo ou antropólogo.

Ala, disimulen e perdonar, ¿eh?

rive gauche dijo...

Pois eu, señor Disimulando, cando se adentrou en A illa do tesouro, pensei que ía rematar en La infancia recuperada, do ilustre Savater, que lle deica un dos capítulos (Un tesoro de ambigüedad), recordándolle desta maneira a don Arume que ese é o Savater mais salvábel e non este, que si, que escrebe ben e que é un brillante polemista e que se ten por herético e heterodoxo defendendo as ideas de Aznar e de UPyD.

Anónimo dijo...

É que hai xente transupermegapostmoderna que comulga, si, con lo que mola en Madrid, que es lo mas guai, gente que no es nacionalista, claro, por eso se guía por la capital. Ohhh....divino Savater...es que por aquí hai mucho obcecado, por las provincias ya se sabe, brutos, burros, provincianos. Y tu eres imprescindible incluso para esos tuzaros nacionalistas que abrirían una botella de champán en el caso de que te pegasen un tiro.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Tamén teño -e lin- ese libro do ilustre Savater, e no tocante á Illa do Tesouro estou bastante de acordo co que di. Non é difícil, por outra parte, entender os sentidos que transitan esa magnífica novela. Eu teño pensado ocuparme dela, pero será labor de vello, para cando estea xubilado. Ó mellor escribo as miñas memorias analizando ó milímetro a gran aventura de Stevenson. Pero xa nese libro -talvez irreprochable, non sei- do filósofo do que falamos, podemos descubrir certas tendencias súas. Por exemplo no capítulo que dedica a 20.000 leguas de viaxe submariño. Un clásico e claro exemplo do texto como pretexto. Se non hai nada que dicir, o mellor é non dicilo. Ninguén lle obrigaba a escribir sobre esa novela de Verne. Verne ten moitas outras das que falar. Por exemplo a entusiasta defensa do poder da civilización occidental que hai na Illa Misteriosa. As ciencias e as letras ó frente da organización e a supervivencia, un enxeñeiro e un xornalista,Ciro Smith e Gedeon Spillet, os traballos menestrais do mariñeiro Pencroff, a polivalencia iniciática do xove Herbert (?)e, como non, o fiel e eficiente servicio do negro Nab, naturalmente liberto. Savater será moito Savater, pero Verne éche moito Verne. Os filósofos frívolos, como eu ousaría definir a Savater, que tanto escriben e tanto se prodigan, que asoman o careto en tantas fiestras... ¡hum! Eu creo que cómpre pensar a ritmo lento. Pero, en fin

Anónimo dijo...

en fin que...?

arume dos piñeiros dijo...

Que levante a man o que non le a Savater? Sempre resulta estimulante, como demostran todos os participantes cando recoñecen ter perfecta idea do contido do último artigo publicado en EL PAÍS.
Bastante máis estimulante ca moitos outros escritores que parecen concordar (máis ou menos) coas miñas ideas, no hipotético caso de que algunha vez logren concordar suxeito e predicado. E bastante máis entretido e valioso que moitos outros (mesmo algúns mortos, recoñecidos como clásicos tan incontrovertibles como esquecibles) que por acá e por acolá temos por gurúes. E non digo nomes, que logo me reñen na casa.

XDC dijo...

EU lin un dos dez mandamentos, que empezaba algo así como: "Pero que teima tés Tí con que te amen, joer..."

XDC dijo...

Tamén lin outro que lle daba moita caña aos terroristas que (din que) hai en Euskadi, e que llo agasalléi despóis a unha rapaza familiar de unha "víctima do terrorismo", e que mo agradecéu... moito.
E tamén lin outro dun tal Amador, e algún máis.
A "imaxe fixa" que teño do Savater é mandándolle unha de chipirós no Lepanto de Ourense, despóis de dar unha conferencia no Ateneo ourensán, hai moitos anos. A algún non lle gustara a conferencia porque ao parecer sólo falaba para as rapazas de boas pernas que estaban diante.

detective crepuscular dijo...

Cometín un dos piores pecados de ortodoxia que se poden cometer: cedín ás pulsións do home-masa e fun ver pasar o Tour pola Avinguda del Paral.lel. Para compensar, vou incorrer na heterodoxia de ler a Savater ou a calquer outro autor da Biblioteca FAES, da que é bibliotecario de honor e máximo responsábel ideolóxico O Heterodoxo de Onésimo. "Quiero decirle a Mariano... Sólo la defensa decidida, muchas veces a contracorriente, de las ideas, sólo la determinación de decir la verdad, aunque eso moleste a los guardianes de lo políticamente correcto..." E non só heterodoxo, senón tamén contracorrente, e antisistema, e iconoclasta, e irreverente, e defensor da liberdade, e guardián do políticamente incorrecto, e socialmente comprometido coa lingua dos mais desfavorecidos, os pobriños "castellanoparlantes" en Galiza, Euskadi e Catalunya, que sinten nas propias carnes do espírito a discriminación e ven como a sua lingua é reducida á mínima expresión no camiño do exterminio definitivo. "El que quiera saber castellano en Cataluña tiene que irse fuera, si tiene dinero, porque las autoridades sectarias que gobiernan en aquella comunidad lo tienen prohibido", ou algo parecido dixo tamén o heterodoxo e defensor dos direitos lingüísticos dos mais desprotexidos. Isto é o mundo ao revés. No que se sinte cómodo Savater. O XDC pedía o outro día "contra-argumentos". O que pasa é que os de Aznar, Feixóo e Savater non son argumentos, son argumentiras. Tecidas do revés.

Anónimo dijo...

O Arume ten unha devilidade.

Anónimo dijo...

Todo Savater para Arume.
Savater campeón oé oé oé...

arume dos piñeiros dijo...

Téñolles moitas debilidades. En realidade, eu mesmo son unha debilidade miña. Pero dame a impresión de que por aquí hai xente que le máis ca min a Fernandín, de forma análoga aos que escoitan a COPE pola mañán e len as prédicas de Pedrojota ou ven intereconomía para reforzar as súas conviccións (non sei se febles de máis) ou para tomar esas doses de adrenalina imprescindibles para sobrevivir na xungla.
Eu leo a Savater porque me gusta como escribe, como litiga e como resolve con humor e ironía a lideira dialéctica. Outros, repito, cos que coincido ideolóxicamente, non lle chegan nin á altura das savatas.
Pero sirva esta pequena defensa savaterina para que lembremos La Infancia recuperada, ese libro extraordinario que tanto marcou a boa parte da miña xeración.

Anónimo dijo...

Pois Arume comase a Sabater todo con patacas e de postre a infancia recuperada. Outros vivimos e pensamos prescindindo del por completo, e tan panchos.

r dijo...

A opinión de Arume respecto a Savater demostra que o Dos Piñeiros, adoece gravemente de formación filosófica que con non a da compensado con outras materias. Cada un da de si o queda.

arume dos piñeiros dijo...

A miña formación filosófica deixa moito que desexar, sen dúbida algunha. Preferín escoller matemáticas no bacharelato e tiven moi mala sorte cos profesores de filosofía na carreira (un auténtico inútil). Preocúpame esa lagoa no meu escaso bagaxe intelectual, pero abofé que leo a Savater por polígrafo e non por filósofo.
Pero vou deixar esta polémica: porque parece que son eu e non Savater o punto de fricción. E a min os puntos de fricción que me gustan son outros.

Anónimo dijo...

A fruición está entre vostede e Sabater Arume. Por min goste del canto queira, pero non me negará que como político, que o é, é un españolista redomado.

Anónimo dijo...

Don Arumes adoecerá de moitas cousas. Non así de ser un analfabeto funcional fachendoso que nin sabe escribir e que suspendería calquera curso da Eso, como o patán precendente.

Anónimo dijo...

O patán precedente era o das 11:54:00 PM e das 12:08:00 AM, o mesmiño dado que ten a mesma elegancia na escritura.

arume dos piñeiros dijo...

Nunca dixen que Savater non o fose: el mesmo o proclama. Pero creo que non estamos a discutir a súa posición política (aproveito para dicir que comparto con el o seu rexeitamento radical da superstición relixiosa, ese pleonasmo), senón a súa altura intelectual, que é, ao meu xuízo modesto, grande. Estou seguro, como digo, que ninguén deixa pasar sen lelo, a pesar dos cabreos considerables que algún pode (e intimamente desexa para autoafirmacións elementais) conseguir.

Redomado tamén significa "muy cauteloso, astuto".

arume dos piñeiros dijo...

Pola tarde, se teño un minuto de tempo, o podo traducir. Se queren. Agora voume mercar peixe e despois á Casa da Cultura para apoiar o movemento Galego, patrimonio da humanidade. Ás 12,30.
Pero agora déixolles esta proclama umbertina, que dará que falar. Supoño.

UMBERTO ECO, Il nemico della stampa
Sarà il pessimismo della tarda età, sarà la lucidità che l'età porta con sé, ma provo una certa esitazione, frammista a scetticismo, a intervenire, su invito della redazione, in difesa della libertà di stampa. Voglio dire: quando qualcuno deve intervenire a difesa della libertà di stampa vuole dire che la società, e con essa gran parte della stampa, è già malata. Nelle democrazie che definiremo 'robuste' non c'è bisogno di difendere la libertà di stampa, perché a nessuno viene in mente di limitarla.

Questa la prima ragione del mio scetticismo, da cui discende un corollario. Il problema italiano non è Silvio Berlusconi. La storia (vorrei dire da Catilina in avanti) è stata ricca di uomini avventurosi, non privi di carisma, con scarso senso dello Stato ma senso altissimo dei propri interessi, che hanno desiderato instaurare un potere personale, scavalcando parlamenti, magistrature e costituzioni, distribuendo favori ai propri cortigiani e (talora) alle proprie cortigiane, identificando il proprio piacere con l'interesse della comunità. È che non sempre questi uomini hanno conquistato il potere a cui aspiravano, perché la società non glielo ha permesso. Quando la società glielo ha permesso, perché prendersela con questi uomini e non con la società che li ha lasciati fare?

Ricorderò sempre una storia che raccontava mia mamma che, ventenne, aveva trovato un bell'impiego come segretaria e dattilografa di un onorevole liberale - e dico liberale. Il giorno dopo la salita di Mussolini al potere quest'uomo aveva detto: "Ma in fondo, con la situazione in cui si trovava l'Italia, forse quest'Uomo troverà il modo di rimettere un po' d'ordine". Ecco, a instaurare il fascismo non è stata l'energia di Mussolini (occasione e pretesto) ma l'indulgenza e la rilassatezza di quell'onorevole liberale (rappresentante esemplare di un Paese in crisi).


E quindi è inutile prendersela con Berlusconi che fa, per così dire, il proprio mestiere. È la maggioranza degli italiani che ha accettato il conflitto di interessi, che accetta le ronde, che accetta il lodo Alfano, e che ora avrebbe accettato abbastanza tranquillamente - se il presidente della Repubblica non avesse alzato un sopracciglio - la mordacchia messa (per ora sperimentalmente) alla stampa. La stessa nazione accetterebbe senza esitazione, e anzi con una certa maliziosa complicità, che Berlusconi andasse a veline, se ora non intervenisse a turbare la pubblica coscienza una cauta censura della Chiesa - che sarà però ben presto superata perché è da quel dì che gli italiani, e i buoni cristiani in genere, vanno a mignotte anche se il parroco dice che non si dovrebbe.

arume dos piñeiros dijo...

SECONDA PUNTATA (os blogs copian as limitacións de caracteres dos feisbus e twitters)

Allora perché dedicare a questi allarmi un numero de 'L'espresso' se sappiamo che esso arriverà a chi di questi rischi della democrazia è già convinto, ma non sarà letto da chi è disposto ad accettarli purché non gli manchi la sua quota di Grande Fratello - e di molte vicende politico-sessuali sa in fondo pochissimo, perché una informazione in gran parte sotto controllo non gliene parla neppure?

Già, perché farlo? Il perché è molto semplice. Nel 1931 il fascismo aveva imposto ai professori universitari, che erano allora 1.200, un giuramento di fedeltà al regime. Solo 12 (1 per cento) rifiutarono e persero il posto. Alcuni dicono 14, ma questo ci conferma quanto il fenomeno sia all'epoca passato inosservato lasciando memorie vaghe. Tanti altri, che poi sarebbero stati personaggi eminenti dell'antifascismo postbellico, consigliati persino da Palmiro Togliatti o da Benedetto Croce, giurarono, per poter continuare a diffondere il loro insegnamento. Forse i 1.188 che sono rimasti avevano ragione loro, per ragioni diverse e tutte onorevoli. Però quei 12 che hanno detto di no hanno salvato l'onore dell'Università e in definitiva l'onore del Paese.

Ecco perché bisogna talora dire di no anche se, pessimisticamente, si sa che non servirà a niente.

Almeno che un giorno si possa dire che lo si è detto
(09 luglio 2009)

Xosé M. González dijo...

Disgústame bastante a figura de Fernando Savater. Disgústame a súa biografía (como lector/espectador, a el deséxolla moi feliz), o modo enunciativo, a exhibición. Xa que logo, a miña lectura dos seus textos foi bastante escasa, superficial e actualmente é casualidade. Innecesario resultará puntualizar a distancia en materia nacional, onde a lóxica de Savater parece non xa obxectar, excluír a miña; puntualizo a incomodidade co entrevisto en materia relixiosa, onde -coma noutras cousas- non disocio o taxativo do prepotente. Quizá é asunto de estilo, aínda que o dubido: non hai máis que velo.

Dito isto, recoñezo o mérito de quen en momento que resultou adecuado publicou unha síntese ética que deicada ao seu fillo era instrumento proposto para máis adolescentes; que conste: tamén encontro mérito en Jostein Gaardner. Recoñézolle o valor do prolífico, que se lle deu diñeiro mellor para el. E, sen reparo, a calidade da prosa e construción lóxica, á marxe do maior ou menor rigor e fondura na concatenación de conceptos argumentais.

En efecto, comprendo que un filólogo ou lletraferit estime a prosa de Savater. Qué terá que ver unha cousa coa outra.

detective crepuscular dijo...

Savater apela á Constitución dun xeito abusivo e inquebrantábel, como se esta fose a liña de fogo que non se pode traspasar, o círculo fechado do que non se pode sair, o recinto político onde está permitido xogar baixo a advertencia de infracción das regras de xogo pola mais mínima. É así como Savater, infancias e filosofías aparte, se aferra teimudamente ao absolutismo constitucionalista para negar calquer tentación "totalitaria" (aquí temos outra das palabras comodín que fixo carreira nestes tempos de aznaridade políticamente incorrecta) do nacionalismo insurxente. Mais ou menos como cuando se apelaba á indisolúbel unidade da patria común de todos os españois. No artigo de onte referíase en duas ocasións: "cooperación de urgencia entre socialistas y populares para configurar una alternativa constitucionalista al nacionalismo" e "para entenderse entre españoles que comparten precisamente para eso una lengua constitucionalmente reconocida". Constitución, constitucionalista, constitucionalmente. É dicer, contra o nacionalismo: Constitución, Tábuas da Lei, bíblicas sentencias. Un amante de Voltaire e do seu Tratado da Tolerancia non pode cair nestes aferrollamentos constitucionalistas. Apelaría Savater ao uso da forza no caso de que o nacionalismo, democráticamente, se excedese nas suas propostas e ultrapasase os límites políticos consentidos (precisamente pola forza da unidade intraspasábel)? E que conste que non digo isto para tocarlle as pelotas a don Arume. Dígoo, porque é pública e notoria a afeizón de Savater aos bombardeos. Tense apontado a todos. Lembro que cuando A Guerra do Golfo e os primeiros bombardeos contra Irak era coñecido como "O piloto filosófico dos B-52". E que dicer do "sentido común" que pregoa o filósofo? "No es más que sentido común denunciar que en ciertas autonomías haya dificultades para educar o realizar actos administrativos en la lengua común del Estado." Etc. Non quero estenderme, pero o que é de sentido común o que na Galiza, por exemplo, a lingua que ten dificuldades é o galego, a que debera ser a lingua común de todos os galegos. O que é de sentido común é que "o nacionalismo español -que ten a sua financiación e os seu estatuto ben resolto desde hai varios séculos- é o que se dedica a marcar territorio e a ondear bandeiras rojigualdas." En Galiza, Euskadi e Catalunya. Pero iso o piloto filosófico non o ve. Non llo deixa ver a Constitución.

Constitucionalmente.

arume dos piñeiros dijo...

A min, amigo detective crepuscular a quen envexo por ver onte a chegada do Tour (viu a Cruyff no coche do Radobank?), este tipo de comentarios seus son os que merecen a pena.
Acepte as miñas felicitacións e exténdase o que queira para ben de todos/as.
Marcho para a praza da Constitución (hehehe).

apicultor dijo...

Pois a min, en materia relixiosa, a posición de Savater paréceme impecable e necesaria, xustamente pola existencia da postura taxativa e prepotente -e aquí si que acaen á perfección os adxectivos- da xerarquía eclesiástica española, sempre tan voraz.

XDC dijo...

En qué consiste exactamente a "formación filosofica"?. En coñecer a enorme cantidade de chorradas que escribiron os considerados como maiores filósofos de todos os tempos?

o mesmo, pero disimulando dijo...

La Codroniz, revista que nunca debeu morrer e cuxa morte demostra como foron, son e poden chegar a ser as cousas, publicou unha especie de xogo no que contrastaba algunhas frases dos grandes filósofos con outras do acervo popular.

LO QUE NO ME ANIQUILA, ME ENGRANDECE, F. Nietche.

LO QUE NO MATA ENGORDA. Juan Pueblo.

É posible, penso eu, que a palabra "filósofo" resulte excesiva hoxe en calquera caso e aplicada a calquera. Agás no seu estricto sentido etimolóxico. Mais, ¿que ven sendo a sabiduría hoxendía?

XDC dijo...

Vou propoñer o cambio de nome na taxonomía. Nada de "homo sapiens", nin siquera "homo ludens". O mellor: "Homo Chorrens".

XDC dijo...

Eu preguntaba qué era a "formación filosófica", non un "filósofo". Filósofos son moitos que nin sospeitan que o son...
Tampouco é o mesmo un filósofo que un profesor de filosófía, ou un licendiado nesa materia. Como un licenciado en Belas Artes non écase nunca un artista.

XDC dijo...

Case non me entendo nin eu. É culpa das tres cervexas que xa levo a estas horas. Fanme poñer moi filosófico. E, si hai rapazas perto, moi cariñoso.
E, si hai que darlle unhas ostias a alguén para defender ao Arume, tamén llas dou.

xdc dijo...

Aux armes, citoyens!

Anónimo dijo...

Arume, unha lectura filosófica pode sentar tamén moi ben no verán, e así de paso vai un pouco mais alá de Savater, que coido que lle sentará, de verdade moi ben, bote man mesmo do mentado por aquí Sloterdijk, recoméndolle a Critica da Razón Cínica. Se coñece a Teoría Crítica, pasarao moi ben, e se non tamén, non concordo con moitos posicionamentos de Sloterdijk, pero é inxenioso e de argumentación potente.
Bo verán

Anónimo dijo...

Arume, unha lectura filosófica pode sentar tamén moi ben no verán, e así de paso vai un pouco mais alá de Savater, que coido que lle sentará, de verdade moi ben, bote man mesmo do mentado por aquí Sloterdijk, recoméndolle a Critica da Razón Cínica. Se coñece a Teoría Crítica, pasarao moi ben, e se non tamén, non concordo con moitos posicionamentos de Sloterdijk, pero é inxenioso e de argumentación potente.
Bo verán

Anónimo dijo...

A formación filosófica consiste en percurarsea, vostede que sabe alemán XDC encamiñese pola "bildung" e deixará de dicir este tipo de parvadas.

XDC dijo...

Na miña mente resoa a voz dos filósofos da escola esa de Frankfurt am Maine, Herbart Str. 12, non, non, eso era outra cousa, decíndome que a cervexa é un xieto de escoitarme a mín mesmo, un xeito de ser humano...Hips!

XDC dijo...

Hum...moi ben anónimo...a construcción de un mesmo...o destiño é o camiño, e todo eso...a filosofía, un xeito de vivir...unha fiestra para ver o mundo...Ja, ja, natürlich, ich verstehe, Hips...

Anónimo dijo...

Die Nachxustotternde Welt,
bei der ich zu Gast
gewsen sein werde, ein Name,
herabgeschwizt von der mauer,
an der eine Wunde hochleckt.

Anónimo dijo...

Materia relixiosa?
A de tonterías que se escoitan, de xente que non repara ni no que acaba de dicir e fala con frases feitas, como pensa, por pensar.

XDC dijo...

A materia e a forma relixiosas, o chamado hilemorfismo relixioso existencial,en oposición ao materialismo dialéctico trascendental, que, obviamente, veño de inventalo eu, máis ben de lembralo mayéuticamente, coma un demiurgo que tomóu demasiadas cervexas e acariña o gato de Bohr que resucitóu ao terceiro día,no interior da caixa, na que tamén se atopa o demiño que deixa pasar alunhas partículas , desde un recinto frio a outro quente...HIPS!

Xosé M. González dijo...

Eses detalles que achega o detective (en quen felicito e celebro a paciencia ou intención que eu non tiven: polo visto leuno, e ben) constitúen outra parte relevante de causa no meu case estrito afastamento de Savater. Por razón máis filosófica (en fondo con forma) ca política (persoas e igrexas): que do último apenas lle teño lido/oído; nin moita gana teño.

Xosé M. González dijo...

Prometo que non lera o último espeluncar comentario antes de publicar o anterior a este. Lémbrame un empeño pendente: ler a Niels Bohr; un saúdo, da Cova, por moitos anos evidenciando a trivialidade cargante.

XDC dijo...

O lenzo de Leandro que encapitula o post, parece ter influenzas do M.Escher...Hips!...

XDC dijo...

O gato era do Schrödinger, non do Bohr, trabuquéime.Anque igual lle gardara unha cria ao outro.

Mañá casa a miña irmá, na mesma eirexa na que eu a tiven en brazos mentras a bautizaban (fun o padriño). Pillaréi unha boa cogorza á saúde de todos vostedes, mentras reflexiono sobre o paso do tempo newtoniano...
Lembran aquela frase que dixera un alto militar durante a Segunda Gran Guerra: "É tempo de bombas"?. Pois eu cambeoa por: "É tempo de bodas".

arume dos piñeiros dijo...

Cen comentarios: celebro este post polo que significa de recuperación do grapes at the sun style.

apicultor dijo...

Hoooomeeee, que quere que lle diga, señor anónimo das 04:39:00 PM. Élle ben fácil de entender o que se quere dicir aquí coa expresión "matería relixiosa", que eu tomei prestada do amigo Saavedra.

Claro que, para precisión terminolóxica e corrección expresiva, a súa, abofé que si. E sobre todo, clarividencia tamén a súa: é moi rápido en ditaminar quen di tonterías (sempre os demais) e quen non (vostede mesmo). Creo que ao que fai se lle chama "dummheit" en alemán.

En fin...

Anónimo dijo...

En fin...que?

Arume recoñezo que é vostede extraordinario,atento e considerado como moi poucos, faría un excelente chamberlain. Todo un detalle a súa notación dos 100 posts.

Materia relixiosa!, é como se eu lle digo a vostede, que debe ser un ateo dos fanáticos: Pois a min, en espíritu marxista, a posición de Sloterdijk paréceme impecable e necesaria,

Anónimo dijo...

Canta razón tiña o señor apicultor, jajajaja, a resposta que lle da o filósofo rancio é de traca. De onde narices sacan estas especies en vías de extinción que eu quero un para o meu zoo, jajaja.

Anónimo dijo...

Anónimo anterior ten vostede moita gracia, podería extenderse mais?

Anónimo dijo...

Cala, home, no fagas máis o ridi, e vaite dar co cilicio na sede do Opus, jajaja.

Anónimo dijo...

Vaia troll totalitario!
e algo bastante desequilibrado.

Anónimo dijo...

Non lle faga caso anónimo, o pobre ándalle adoecido.