4 jul. 2009





Valcárcel: Medalla Castelao.
Marina Sánchez Soto.

La Región. 04.06.2009.
Fotografía: Maribel Longueira.

Que feliz vive Castelao sobre o teu peito! ¡Que digno lugar o cobixa! ¡Que corazón tan ardente de compromiso pola terra, tan ‘bo e xeneroso’ o agarima! Poucos atoparía igual, Marcos, poucos poden agradarlle tanto a el, aquel home de sensibilidade anxélica que quixo tanto ó seu pobo, digno discípulo es tí que tamén quixeches, como Daniel, dar o mellor de ti en ben de todos, o teu saber, o teu traballo e docencia, o teu esforzo e esperanza, digno home da nosa terra da chispa.

¡Como forxa o destino dos homes esta terra pequena! ¡como nos arroula con amor de nai coa súa lingua amorosa e melosa...

E nós, os seus fillos queridos, pechamos os ollos e volvemos soñar...! ¡Que mellores mans que as túas para agarrar este talismán espada-medalla coa que nos parece que che se pegan todas as túas batallas, noso gladiador! A viva voz cho dicimos: é un honor para todos os de Ourense -e para os nosos afiadores e paragüeiros de Nogueira de Ramuín- que sexa gardada en ti a medalla Castelao, no sagrario do teu peito.

¡Escoita!, son as voces dos teus alumnos (onte eran futuro) é a dos teus compañeiros de traballo, a dos que compartiron contigo utopías e realidades, é a voz dos que te len e a dos que se moveron por ti en aras da cultura... escoita, son as voces dos ancestros, dos pobos que nos deron o sangue, a dos nosos antepasados ilustres a quen ti lle devolviches tantas veces a voz, e a voz dos que te presinten...

¡Escoita, escoita a voz das gradas, noso gladiador! ¡ves! todos erran o teu nome.


Tamén o amigo González Tosar:O día:festa da palabra
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

3 comentarios:

XDC dijo...

Esta Marina...coñéceselle ben que é poetisa, hehehehh.

SurOeste dijo...

Por que? Pola sobredose de exclamacións?

XDC dijo...

Polo xeito en que escribe. Ou quizáis por que son moi amigo de alguén que a acompañóu á guitarra en varias ocasiós, na lectura pública dos seus poemas.HAHAHAH. :)