7 jul 2009

Las Confesiones do libro "La España Oculta".
Saavedra.Lugo.1928.
Cristina García Rodero.

O fanático, ¿nace ou faise?
ALFREDO CONDE.
El Correo Gallego, 07.07.2009


Fixo antonte sete días que no telexornal dunha televisón xeneralista deron a noticia de que en Xerusalem se montara a de Xehová e o Gran Rabino; algo así como la de Dios es Cristo, pero con kipá e filacterias. Resulta que non sei se o alcalde, se un empresario do sector -non me atrevo a escribir do ramo; por se falando de fundamentalismos sae algún e me corrixe por ponla, ou por calquer outra trangallada léxica- en fin, alguén, decidira axudar á xente abrindo ó uso público un aparcadoiro en sábado. Grave ofensa. Os ultraortodoxos consideiraron tal decisión unha profanación do día sagrado dos xudeos e armaron a que xa se dixo.

O fanático ¿nace ou faise?

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Está de moda o antisemitismo e estes galeguistas de ocasión e saldo queren gañar rápidamente credenciais de invictas conviccións democráticas dándolle caña ao xudeo, unha vella historia de chivos e expatriacións.

Susana Mancini dijo...

Non vexo que Don Alfredo dea caña ao xudeu en absoluto. Téñoo por amigo de Israel, coma min mesmo, o que non quere dicir que faga o papanatas fronte aos integristas. Que os hai en todos os sitios. Uns máis perigosos ca outros.
Eu tiña unha amiga xudía, grande comedora de xamón en Bos Aires, que fixo a "aliá" a viaxe a morar a Israel e que me contaba como alí os integristas -musulmáns e xudeus-apedreaban as charcuterías. Iso, si, cada un as súas.
Cada pouco voltaba a Bos Aires a disfrutar do xamón. Por certo que o ultimo qeu tomamos xuntos era un Louriño de Coren Uteco vendido alá.

Susana Mancini dijo...

Máis simpático é que me dixo que se dicía que os ultraortodoxos fodían cunha saba cun burato no medio, para non tocar muller máis alá do preciso.
Non sei se será certo, prometo enteirarme

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sábat sabatete, saba limpa e o padre astete..

XDC dijo...

Non hay que ir moilonxe no tempo pra atopar eso mesmo do lenço no noso país. Nos meus tempos mozos trataba a unha rapaza opusina que algo me contóu de eso...
Agora que o penso, haberá que probalo. Non deixa de ser unha perversión sexual tan respetable coma outra calquera...

Anónimo dijo...

Sabias palabras as súas, don XdC, sabias palabras.

Anónimo dijo...

Xa estamos co carallo do antisemitismo. Falando de Israel hai que collela con papel de fumar senón xa salta algún co sambenito invertido. Pois eu non me definiría como amigo de Israel e para nada son antisemita.

Anónimo dijo...

Gustariame que Alfred adicara tamén un artigo ao fundamentalismo idiomático que campea pola Xunta.