(Foto: Damián Villalaín)
Sae á luz a rede galeguista do PSdeG
O edil de Porriño Iván Vaqueiro lidera o colectivo
Galicia Hoxe, 15.07.2009
O edil de Porriño Iván Vaqueiro lidera o colectivo
Galicia Hoxe, 15.07.2009
Os galeguistas que hai no PSdeG reivindican o seu espazo. Un colectivo encabezado e coordenado polo concelleiro e secretario xeral dos socialistas no Porriño, Iván Vaqueiro, está a piques de saír á luz pública. Fanse chamar Rede Galeguista do PSdeG e este próximo sábado farán a súa presentación oficial, na galería Sargadelos de Compostela, ás 11.00 horas da mañá. O seu obxectivo é organizarse internamente dentro do PSdeG para potenciar o galeguismo no discurso e na acción política do partido e investigar máis a fondo os problemas propios do país. Queren que os aspectos de identidade, lingua e cultura galega se remarquen máis no discurso oficial que está a levar a cabo o PSdeG.
A rede conta xa coa complicidade de medio cento de agrupacións socialistas de toda Galicia que queren trasladar as súas ideas e propostas á dirección e á executiva do PSdeG, e non se descarta a presenza no acto do sábado dalgún membro da directiva dos socialistas galegos. O I Encontro Aberto da Rede de Galeguistas do PSdeG servirá, ademais de para a súa presentación pública, para constituír un foro de traballo e debate para propugnar o galeguismo dentro das ideas e as políticas do PSdeG.
O colectivo xurdiu a mediados de maio, impulsado polo edil porriñés a través do Facebook. Segundo relata o propio Vaqueiro no seu blog persoal, "cavilando sobre Ramón Piñeiro", deuse conta de que o PSdeG "ten un fantástico capital político pero ás veces denota certo esquecemento dos nosos referentes históricos do socialismo galeguista". "Tamén son dos que pensa (cada ano que me fago máis vello, máis), que ás veces parece que neste partido demos por perdida a batalla cultural e lingüística como se non fora moito con nós", engade. Por iso, "falando con algúns compañeiros", decidiu poñer en marcha o proxecto Rede de Galeguistas no PSdeG. Nun só día despois de abrir a páxina na rede social de internet, xa tiña 50 seguidores. Iso animou a seguir. "Se podemos canalizar esa forza na defensa do que Galicia nos demanda, saíndo á rúa polos nosos traballadores, defendendo sen complexos a lingua galega, a nosa cultura, as nosas xentes, o PSdeG dará un paso de xigante", defende, para aclarar que "o traballo dende a lealdade non é sinónimo de submisión, senón de autocrítica e de crítica positiva dentro das canles que nos marca o noso partido". Vaqueiro chama a directiva do PSdeG a non "aplastar a crítica interna" e anima o líder nacional, Manuel Vázquez, a ir un paso máis alá e potenciar o galego máis que o castelán. Tamén arremete contra a estratexia do seu partido de facer "oposición bronca". "Nós somos o Partido Socialista non o PP", afirma.

ACTO PÚBLICO, O SÁBADO
Falará o asesor de Pérez Touriño
No acto do sábado, baixo o título de "Bases para a construción do galeguismo socialista no século XXI", intervirá o propio Iván Vaqueiro para presentar o colectivo. Logo tomará a palabra Francisco Martínez Hidalgo, secretario de Formación da Executiva Local de Santiago, co texto "Galicia de todos". O director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, Luís Ferreiro, será o encargado de falar sobre "Galeguismo e socialismo" e tamén intervirá Damián Villalaín, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e asesor de Emilio Pérez Touriño cando este era presidente da Xunta. El ofrecerá unha visión contemporánea do galeguismo.

19 comentarios:
Dende unha posición nacionalista saudo a iniciativa que encontro moi positiva e prometedora.
Pois a ver se, despois de trinta anos no Parlamento, o PS de G se vai enterando do país en que está, para quen cómpre traballar e asume dun xeito serio e sincero, é dicir, en profundidade, que Galicia é unha nación con cultura e lingua propias. O PS de G ten un enorme potencial que aínda ninguén soubo canalizar cara aos intereses de Galicia. O primeiro erro histórico do nacionalismo actual foi non aceptar as propostas que o PSOE lle fixera ao PSG en 1977. E así nos foi. Pois agora: adiante Vaqueiro!!!
Non sei se chega a esa formulación. Con chegaren a idea, por outra parte cara ao socialismo dos últimos anos, do federalismo xa lles vale.
Sen teren que recurrir á idea de "nación con cultura e lingua propias", demasié pal body socialista e, sobre todo, para os seus votantes.
Porque supóñoos enterados de Molina for Major na Coru.
Buah, neno, de pinga...
Pois a ver se os queridos "compañeiros" galeguistas do PSOE defenden os nosos intereses fronte ao PSOE de Madrid. Dígoo porque dos 781 millóns de euros que nos corresponderían co plan de financiación vixente até agora, coa reforma do sistema de financiación vannos dar 590.
Vaia. Parece ser que tododiós de apunta ao asunto galeguista agora. É o reparto das tripas do BNG?
A min o de galeguismo paréceme descafeinado, e cada vez que ouzo a palabra naciòn , boto a mau as minhas pistolas.
No tocantes o que di o anònimo segundo , concordo e xa o dixera neste blog.
Disimulenme, perdin os òculos onte no rio san lourezo, xunto co aparato de fotos. Acababa precisamente de sarlle un retrato a unha placa que mencionaba o mentado Donnacona, persoeiro real, chefe da tribu establecida en Stadaconè, hoxe quéebec. O teclado é qqwerty e non me afagho. A dona da casa teno derramado, non a cnhecia e reulta ser de orixe xudeo e profesora de francès. manda truque.
Tenho que cortar. Adeus.
Perdoade.
Para min o término nacionalista està cheo de connotaciòns emocionais e màis ben neghativas. Eu usoo como carantonha cando me sinto atacado ou aldraxado. Usoo aghresivamente. É emocional.
O de galeguista non me satisface.
No tocantes ò do grupo galeguista no psoe paréceme a septima chorrada. Xa Ceferino, un Beira-boy dos que rexeitara a entrada do psg nos espanholeiros paghados por intereses centroeuropeos (psoe), encabezara unha iniciativa desas.
Pero poderiamos barrerlle as connotaicòns emocionais e "roxas" ò término "naciòn", porque eiqui se emprega sen complexos. "A liga das cinco naciòns". A nciòn Mohawk, a naciòn wendat-Huròn, a naciòn Mic-Mac. Naciòn é tan sinxelo como nacemento. Dirìamos:"Nacencia?".
Eu respostaria sen dùvidas: rural, galega.
Ergo son un prexuizoso.
E os do psoe tamén. Que galeguismo nin que conas!.
Camdo retorne, se tenho azos e reingreso no pso-é, eh?, para foder, creo o grupo budista do pso-é. bueno empezamos por un ghrupo de meditadores. e despois xa se andarà.
Desemulen os acentos americanos.
Naciòn, nacemento, nacencia?.
Amerindio-iroquoiien.
O indio errante
O ceferino e outras beira-boys como fernando ignacio gonzalez lage e creo que abel caballero, despois de rexeitaren a entrada no psoe, e despois do fracaso do seu partido psg, abandonaron o probe beiras descubrindo que o seu lughare natural era o pso-é. home non!.
o psoe non merece o que ten.
E mentras non "purifique"o seu pecado, que é o de acadar cotas de poder administrativo inxentes vendèndose como un producto de supermercado e sen apenas ideoloxìa nin cadros. Mentras non pase por unha catarsis, pouco futuro teremos. A sociedade necesita un partido socialista.
E sigho afirmando, socialdemòcratas, e socialistas do bloque vinde para o psoe. Os marxista-leninista a coaligase cos da fpg. E os galeguistas todos para coaliciòn galega.
Os indios, todos, a coaligarnos cos pobos autòctonos da terra. Evo Morales de primeiro presidente.
Stupendo. O único que sobrevivía era o PSOE. Pola cara bonita, seica.
Desculpen a relaxación, xa cheira a Nigrán.
Xosé Manuel, es tan escueto que non te entendo. Aprobas ou rexeitas?.
Que desapareza o BNG, única forza nacionalista que actualmente ten algunha incidencia social relevante?; que a UPG e outros nutran a FPG para dar testemuño independentista?; que volva CG co seu galeguismo sui generis? Home, rexeito o lote completo, xaora.
Por outra banda: desaparecen todos menos o PSOE. Moi ghuapos deben ser, e eu nin me fixara.
Escueto, por estival. Última brevería: volve unha moda periódica, esfolar o oso Bloque; vélense por se aínda alenta.
Non se estará facendo o morto, coma os gatos para pillar aos paxaros?.HAHAHAHA.
O pso-é refundàmolo. O psga de verdade.
Ba, ba, ba...
Variante dialecal: si, home, si.
Da Cova, non lle digo si nin non. Pero non morre o que aínda alenta.
DE algho hai que falare xosé manuel, senon si que moremos de verdade. Sei moi ben que é ba,ba,ba, pero...
Pois cóntolle eu outra polo mesmo prezo: nos mellores tempos do Bloque, un dirixente de Esquerda Nacionalista dixera que no futuro o PSOE, como forza socialista, podía acabar facéndose galeguista e uníndose a eles; ou cousa parecida. Converxencia tamén era.
Publicar un comentario