A gripe A: graciñas Portugal
AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN (Galicia Hoxe:25-08-2009)
Se lembran, que seguro que si, cando foi aquela cousa do Prestige, os mariñeiros dicían que escoitaban o servizo meteorolóxico e mariño de Portugal pois daba datos máis precisos e certeiros que o servizo español e que se fiaban máis dos portugueses. Así é.
Pois o sábado 22 pasado estaba eu exercitando un dos pasatempos de verán que máis me seducen, ir á libraría Nós de Sanxenxo e comprar prensa portuguesa pois alucinantemente ao longo do ano en Ourense non hai ningún sitio onde se poida encontrar, cando vin unha entrevista que me deu cobiza.
Na contraportada do Jornal de notícias falaba o sr. Jaime Nina, á sazón director do departamento de doenzas infecciosas do Instituto Nacional de Saúde, que é o organismo que entende do tema da Gripe A, por outro nome, AH1N1, na nación do sur. Os ollos claros, suévicos se cadra, a mirada tranquila e directa e o sorriso escéptico que aparecen na foto e as declaracións tranquilizadoras xeraron en min confianza. Bo vento do sur.
El viña, loxicamente, a sacarlle ferro ao tema. Dicía que se deben limitar os diagnósticos só aos cadros clínicos graves e deixar de dar antivirais aos contactos próximos -excepto, claro, grupos de risco- e non obsesionarse coa contención do virus.
Pregúntalle o xornalista que pode acontecer coa fin da prevención. E contesta que a epidemia está a decorrer da forma que se prevía. E aclara textualmente "Esta é uma gripe normal. E de aquí a dois anos, tudo indica que vai ser a gripe sazonal, vai substituír á actual. Aconteceu com a gripe asiática (A H2N2), que fez desaparecer á anterior, que era uma estirpe AH1N1. E, quando veio a gripe de Hong Kong (H3N2), desapareceu a asiática. E a de Hong Kong está activa desde 1968 até agora".
E o xornalista insiste se a suspensión da prevención non vai favorecer unha maior propagación e aclara: "Na fase inicial, fazia todo o sentido tentar evitar a propagação do virus numa perspectiva de contenção. Agora que o virus ja ultrapassou a contenção, sería mosoquismo político e deitar dinheiro fóra, continuar a conte-lo."
Nós, superviventes do Ébola, das vacas tolas, da gripe aviaria, do cambio das tarifas eléctricas, das facturas da telefonía móbil, das ocorrencias políticas de verán, debemos ter fundadas esperanzas en sobrevivir á gripe deste ano que seica vén un pouco adiantada. Así que moita calma, un pouco de cama, algo para baixar a febre, uns agarimos e un libro para cando xa poidamos abrir os ollos. Menos mal que nos queda Portugal. Para tranquilizarnos. Muito obrigado, don Jaime.
88 comentarios:
Trinidad Jiménez- Villarejo debe dar ejemplo y vacunarse la primera.....
¡Que se vacunen ellos.....!!!!
Da para debate, sim senhor.
É xustificado vacinar a toda a poboación escolar?.
Que pensa facer vostede dr. Etxe en canto que persoal ensinante?
O problema desta nova gripe, é que no lugar onde comezou e dende onde se extendeu, foi que atacou dunha forma inusual a persoas que non tiñas problemas de saúde e persoas xovens.
Asemade a súa forma de contaxio, é moito maior que unha gripe normal (nuns días na arxentina déronse ata 100.000 casos).
¿É unha gripe normal? Si, pero un pouco máis virulenta e cunha maior velocidade de mutación, que ese é o verdadeiro problema.
En canto a vacinación, na maioría de gobernos, vaise facer nos casos de risco; como se fai coa gripe estacional, o problema e que os medios de comunicación non transmiten o que din as autoridades sanitarias competentes e transmiten o que lles interesa (alarmismo).
Na clínica dental onte había un cartel que avisaba de que non se atendía ás persoas con tos ou con febre. Un simple papel asinado pola dirección do centro. Iso pode facerse??
É certo, xa vai sendo hora de que en Ourense se poida mercar a prensa portuguesa e deixemos de vivir de costas aos nosos veciños.
Imaxino que si é unha clínica privada, ten bastante lóxica, Arume, que podia facerse. Un profesional da odontoloxía, autónomo, que pasa moitas horas ao día na boca de moita xente diferente, ten todo o dereito a mirar por a sua propia saúde e establecer un criterio, dentro da lóxica médica, pra non contaxiarse xa ás poucas horas de calquer enfermedade que lle faga cerrar a sua clínica , o prive da sua fonte de ingresos, e o faga desatender ao resto dos pacientes.
Outra cosa é si é un centro médico público, onde o profesional é un funcionario que ten garantizado o soldo a fin de mes anque enferme, e onde se pode garantizar a asistencia mediante sustitutos.
Sensatísimos razonamientos de XDC
Agora quedei tranquilo: A gripe AH1N1 desaparecerá cando chegue a gripe AH0N0. Non?
E dicir, a vacina para unha gripe é outra máis forte: gripe grande come a gripe peuqna. Foi así de toda a vida,... e nos rompendonos os miolos.
A Lugo por chegar non chega nin a gripe esa.
Ola a tod@s.
Arremángate, Maruxiña, arremángate ?
As imaxes que todo vimos na TV nas que aparecen as dúas ministras lucindo bata médica co antigripal elaborado no laboratorio militar é boísima: as pílulas poden ser mesmo o clásico antiviral militar que te deixaba k.o. un día enteiro na cama e ao seguinte resucitabas.
gripe espanhola ?
¿ Se fija hoy calendario de vacunación ?
No que eu poida, non me penso vacinar. Como dixo o poeta, "unha gripe é unha gripe é unha gripe".
¿Cando, onde, como con quen testaron as vacinas?
Non á paranoia coleutiva. Gripe = días de repouso, cama e aloumiños.
Coma sempre.
Para UDC_
Di vostede:
"Un profesional da odontoloxía, autónomo, que pasa moitas horas ao día na boca de moita xente diferente, ten todo o dereito a mirar por a sua propia saúde e establecer un criterio, dentro da lóxica médica, pra non contaxiarse"
Pois non señor, ISO NON PODE FACERSE. ünicamente de acordo coas autoridades sanitarias, e NUNCA DE MOTU PROPIO. ¿Ou os funcionarios non deben protexer a súa saúde polo feito de seren funcionarios? ¿Ou o autónomo non ten un seguro para o caso de baixa? En todo caso, debería telo, e sería culpa súa se non o ten contratado.
Deixar ese tipo de decisións nas mans do mercado e dos individuos pode ser perigosísimo. ¿Que será a próxima vez, negarlle a asistencia a un tipo que viaxou ao COngo por medo ao virus Ébola? ¿Non ve a cantidade de discriminacións que se poden ocultar nesa postura noxenta?
Cando falo de "lóxica médica" refírome desde logo a unha postura científica, acordada coas autoridades sanitarias. Afortunadamente, en materias científicas os acordos adoitan a ser máis sinxelos de acadar que en materia política.
Desde logo que un funcionario tamén ten todo o dereito a mirar por a sua saúde, e o dereito de uns a curarse non debe ser sinónimo de obligación, na práctica, de outros a enfermar.
Os centros públicos teñen á sua disposición todos os recursos do Estado para poñer á disposición dos seus traballadores infinitamente máis medios que os profesionáis privados, que inxectan ademáis nas arcas públicas cartos, fruto do seu traballo eficaz,para que eso sexa posible. A actividade privada financia ao Estado, a recíproca sólo e certa no caso dos amigos do poder.
De postura noxenta, nada. Será que a vostede lle da noxo todo que teña que ver coa actividade privada, verdadeiro motor da economía en xeral e dos recursos públicos en partícular.ero eso é o seu problema.
E eu diferencio moito aos verdadeiros profesionáis privados, que gana pacientes en base á sua verdadeira competencia profesional, dos funcionarios de mañá que imparten consulta por a tarde, torpedeando a eficacia do sistema público, pra conseguia clientes para a sua clínica "privada" que non o é realmente, pois ese pacientes foron desviados desde o seu despacho público.
Pode que vostede teña mitificado o sistema público da sanidade,en base a catro ideas políticas simplonas que leeu cando era adolescente, pero outros somoslle máis realistas.
E tamén lle digo que me gustaría ver qué faría vostede, ,se se vira no caso. En serio. Estou farto de coñecer hipócritas, sobre todo entre políticos, que falan de unha maneira e actúan de outra.Tan canso estou de eso, que xa me interesa cada vez menos cómo pensa a xente, ou como di que pensa, e máis cómo actuan. Falar é moi fácil.
Non teño mitificado nada, señor XDC. Tampouco ao sector privado. Ese mesmo sector que nega a atencion médica a alguén por tusir. Iso é o que fai vostede: permitir que haxa denegación de servicios básicos baseándose nunha postura acientífica.
Penso que se alaguén acode a ese centro e resulta rexeitado, o dentista pode ser condenado por discriminación.
Insisto: ¿que pasa se hai un par de noticias sobre o Ébola e un odontólogo se nega a tratar a un negro porque o seu pai provén do Congo? ¿Non pon vostede límites a esa "iniciativa privada" que tanto defende?
Por certo: basear as súas críticas en frases e posturas que eu NON DEFENDÍN reflexa unha moi pobre cualificación pola súa parte. Se cadra é vostede moito mellor falando de solipsismo e de cuestións de onanismo intelectual, pero de solidariedade e civilización anda bastante curto.
Eu teño a cualificación que teño, si é pouca ou moita é meu problema.
Vostede está presupoñendo arbitrariedade no comportamento dos profesionáis privados. Pensa que por seren privados, xa non teñen coñecementos, formación ou carácter o suficientemente maduro. Pensa que por seren privados se moven por entoxos ou "venadas".
De solidaridade, vólvolle decir que eu xuzgo por as obras. De boquilla, calquera pode ser solidario.
Imaxino que para decidir si a actitude de un profesinal nos casos que vostede menciona é discriminatoria estarían, chegado o caso, os profesionáis da xustiza, e non os ideólogos de turno.
E dígolle algo máis: A maioría dos casos de trato vexatorio a pacientes non se dan precisamente nas clínicas estrictamente privadas, por motivos obvios. E no sistema público hai casos de trato vexatorio a esgalla...
(E cando se da nunha privada, adoita a ser dun "funcionario de mañás", ao quen lle importa un bledo todo, xa me entende).
Vexo que o señor XDC púxosenos un pouco nervioso. Acougue, home. Evidentemente estamos a falar "de boquilla". ¿De que outra maneira querería vostede falar en Internet?
Pero, de boquilla, vostede defende o dereito á discriminación por causas subxectivas por parte dunha clínica privada. Eu non. Penso que esa diferencia -que vostede moi ben atribúe a causas ideolóxicas- é o que marca unha visión e outra da sociedade. E púxenlle a vostede exemplos nos que esa arbitrariedade pode chegar a ser ilegal. Mesmo afirmo que, de chegar alguén tusindo e non ser atendido nesa clínica, os xuíces poderían chegar a condenar a esa clínica.
Evidentemente, de boquilla. ¿Ou quere vostede pasar aos feitos? ¿Como pensa facelo vía internet? ¿Ou pretende que quedemos con padriños e demáis parafernalia?
Un pouquiño de cabeza, por favor...
Eso de que me puxen nervoso, díceo vostede por decir, e queda dito, claro. É un vello recurso cando hai poucoa argumentos.
O de causa subxectivas tamén o dí vostede, por decilo. Eu referínme en todo momento a causas obxectivas e fundamentadas. O que se guióu por "visceralidades" ideolóxicas foi vostede.
O de rexeitar a alguén por ser negro, ou por arbitrariedades semellantes, é ilegal nunha clínica nun bar ou nunha zapatería. Eso é de Perogrullo.
O de "un pouquiño de cabeza" é outra de esas progrulladas típicas que se din cando non hai nada que decir.
Imaxino que ese xuiz que según vostede condearía a un odontólogo por non atender a alguen que entra tusindo, tería que escoitar primeiro as razós esgrimidas por ese profesional. Tería que haber un xuizo onde se vislumbrase si houbo arbitrariedade, "dolo" etc. TErían que enfrentarse os diferentes dereitos das diferentes partes e a sua aplicabilidade ao caso concreto,que para eso están os xuices. Que si a cousa fora así de sinxela coma di vostede, podería dictar sentencia un programa informático.
Duvido moito que esa "arbitrariedade" sexa ilegal, sr. Loureiro, referíndose a unha clínica privada.
Eu concordo con Dacova.
- "A mi Xaime Delapierre!.
- "A mi la Legión!.
Ou como diría o noso, Sir Paku Vazquez: "mai hause es mai kastel!". (con acentu gallegu).
Volvendo aos feitos, señor XDC: vostede defenda a lóxica dese cartel amparándose no libre comercio e eu non.
Simplemente.
En canto ao de usar argumentos... uso os que me petan, evidentemente. Como fai vostede, evidentemente.
Celebro, por certo, a súa defensa a ultranza do sector privado na medicina. Alédome de que haxa xente como vostede, claramente de dereitas pero discutindo en galego. Iso é importante. Estou farto de que algúns imbéciles asocien o galego con ser de esquerdas.
Claramente vostede defende unha postura e eu outra: vostede está máis cómodo no sector privado e eu defendo o público. Coido que é a gran diferencia entre ser de dereitas e de esquerdas. ¿Que pensa vostede?
Pois que mezcla vostede allos con bugallos (carrabouxos noutros lares) sr. Loureiro.
O noso Dacova afirmou claramente que anoxaba dos médicos que mal atenden pola maña para derivar à privada pola tarde.
Agora ben, na privada cada quen é rei no seu. Xa ben o dicía Sir Pacú.
Non sei se o código deontolóxico médico obriga a atender en calquer circunstancia e eventualidade, (medicina-sacerdocio). Entón sí, falaríamos de deontoloxía e ética, pero de ehí a pasar a obriga administrativa e xudicial hai un abismo.
Por outra banda, moitos dentistas non son médicos. Moitos médicos dentistas obtiveron o título (e despois o convalidaron "daquela maneira" eiquí), pero moitos dentistas non lle son médicos. Entón tampouco sabemos se o código ético deontolóxico dos dentistas é parecido ó dos médicos.
E como non coñecemos o código deontolóxico, desbotando que a lei obrigue como vostede dí, apliquemos o senso común. Na miña aldea dín "o coñecemento".
Tampouco Dacova é de dereitas por llevarlle á contra ó fundamentalismo da igualdade e da función pública, un dos fundamentalismos de occidente do que "eu socialista me confieso" ( e pecador) padecín.
Hai que ver como o "fundamentalismo marxista" envelenou ó mundo, hora é xa de recoñecelo que estabamos errados.
Liberdade de exercício!. Liberdade de prensa. Liberdade de asociación.
Ou non?.
Non hai que desbotar que Dacova, e Loureiro sexan a mesma persoa.
Para imprimirlle tensión ó blog.
O libre comercio, do que por outra parte son máis defensor que do seu control por o Estado, non ten nada que ver con esto, parece bastante obvio.
Tamén non sei de onde saca vostede que eu defenda unha sanidade estrictamente privada, eso invéntao vostede, xeneralizando ao seu xeito un comentario sobre unha circunstanza coyuntural.
COntra o que vostede pensa ,hai moita xente non lle é de esquerdas nin de dereitas. Que vota PP, PSOE; BNG, ou o que lle peta cando lle peta. Por eso non ganan sempre os mesmos. O de ser de dereitas, pra vostede é un insulto, pra min é unha palabra que perdéu o seu senso fai moitos anos.
XDC:
Acúsame vostede continuamente de inventar cousas, e a verdade é que vostede inventa continuamente.
Un exemplo: "ser de dereitas para vostede é un insulto" dime.
Pois non. De ningunha maneira. Para nada. ¿Quedoulle claro? ¿Ou vai inventar tamén para darlle a volta á miña frase?
Que non inventa vostede?. Pois dígame de onde saca que eu sexa "claramente de dereitas". Eu podería decirlle que vostede é "claramente progre" (non de esquerdas).Igual non é máis que una impresión miña, pero o seu "chip" está moi visto.
Voulle decir algo que non tiña por qué decirlle. Nas últimas autonómicas votéi BNG. Por algunha extraña razón, sempre voto aos que penso que van "perder". Parécelle que eso é de dereitas?.
Lémbrolle que no BNG hai xente de dereitas.
En todo caso, a min paréceme grave ese cartel e a vostede parécelle lóxico. Penso que as nosas diferencias están claras. Para vostede eu son un "progre" -que polo visto é unha maneira despectiva de chamar á xente de esquerdas-, e para min vostede é de dereitas, que é a maneira de toda a vida de chamarlle á xente que reflexa a liña ideolóxica que vostede defende. E iso non ten nada de aldraxante, asegúrollo.
Saúdos. E, por certo: xuro que o señor XDC e mais eu non somos a mesma persoa.
Que votara ao BNG, non quere decir que eu sexa do BNG, nin moitísimo menos.
A vostede ese cartel parécelle aldraxante, pero é por as formas. EU podio concordar con vostede en que as formas quizáis non son as máis axeitadas, e desde logo ese non e o xeito que eu considero máis oportuno para unha información coma esa. Pero eu falaba do fondo, e non da forma, do asunto.
EU non lle son político e a mín todo eso das dereitas e das esquerdas entrame por un oido e sáeme por o outro. SOnlle persoa de ideas, non de ideoloxías. E non aplico ideoloxías a casos concretos.
Vostede pode pensar que eu son de dereitas. É un pensamento, simple, simplón diría eu. Un pensa que fulano é de dereitas, e xa está todo arreglado. "Unha conclusión é o punto onde un se cansa de pensar" que decía o outro. O mundo é máis soportable si se chega pronto a conclusiós simples, suministradas por un simplón "software ideolóxico", e logo se vai un tomar unhas cañas.
"E, por certo: xuro que o señor XDC e mais eu non somos a mesma persoa" (Loureiro)
Señor Loureiro, vostede pode xurar o que queira, pero iso de que non é a mesma persoa que XDC tereino que dilucidar eu, que para iso don Marcos e o consello de sabios ao seu dispor me nomearon dono e señor de todas as investigacións concernentes aos membros mais activos e mesmo aos participantes ocasionais do blog, cada vez mais escasos os uns e os outros por culpa dese artiluxio esmagador de cacholas que é o feisbú. Parecer non parecen a mesma persoa, pero nunca se sabe. Desde que descobrín a un membro activísimo e prolifiquísimo doutros foros facendo media ducia de papeis diferentes cos seus correspondentes alcumes e todos eles implicados nun diálogo a seis voces, xa non me fío nin da miña sombra. Por non fiarme xa non me fío que XDC, Loureiro e o detective non sexan os tres pés da mesma persoa.
Ósperas Dacova, fai o favor e vótalle ó Feixoo, carallo, así ata pode que vaian perder.
Os profesionáis coma bombeiros , policias, etc. vense moitas veces en circunstanzas en que porían en risco a sua vida no caso de socorrer a unha persoa sin os medios necesarios.SI algún quere facer de héroe, é cousas sua, pero en principio a ningún se lle esixe que arrisque a sua vida si, por exemplo nun incendio, non se mete dentro de unha casa ardendo sin o material axeitado, pra salvar a unha persoa.Desde logo que poden darse casos de neglixencia, e os tribunáis está pra dilucidalo. Pero en principio, eu polo menos, aplico a "presunción de profesionalidade" de esas persoas. Outros aplicarían a "presunción do escaqueo", especialmente en colectivos pouco simpáticos coma policías ou dentistas.Os bombeiros adoitan a caer máis simpáticos. No caso dos empresarios chegase xa á "presunción de delincuencia" en certos sectores ideolóxicos.
Certo, detective. ESto levaba un tempo de capa caida por culpa do feisbú ese. A ver si nos animamos de novo có comenzo do curso.
A mesma "presunción de culpabilidade" que teñen os médicos do SERGAS, polo que vexo.
Evidentemente un dentista privado debe ter medidas de prevención. Como pasa co SIDA. Debe telas, e negarse a atender a un paciente con SIDA é algo punible.
Aínda que vostede sexa de dereitas, prégolle reflexione antes de lle dar o voto a Feijoo. Pense en galiñas azuis, por exemplo.
Amigo Loureiro: a miña done é dentista, e ten unha clínica privada. COlabora tamén,semanalmente,có departamento de "pacientes especiáis" da Universidade de Santigo de Compostela, como voluntaria, desde fai moitos anos, onde trata a enfermos de SIDA, síndromes de DOWN, etc. Lóxicamente, tomando toda clase de medidas que a Universidade pon á sua disposición. Ten publicado artigos e dado conferencias en congresos sobre ese tema en Lisboa, Gottenborg, Londres, Sao Paulo, Sevilla, etc. A semana que ven marcha a Munich a outro congreso sobre o asunto ese dos "pacientes especiáis".
Teña a seguridade de que si nalgún momento se nega a atender a alguén na sua clínica privada e o deriva a outra, privada ou pública, terá as suas razós, e non será un capricho.
E non é porque sexa a mña dona. Eu penso o mesmo, en principio, de calquer profesional.
De onde saca vostede, amigo Loureiro, que é punible o feito de que un dentista se neghe a atender un sidaïco?.
U-la lei?.
Móstrenola.
Punir.
Vostede estudou nun catecismo dun deus vingativo e punidor por acaso?.
Tamén dou fé do que dí Dacova da sua dona ( non posuidora) é certo.
No vran, moitos profesionáis da odontoloxía privada sustituen aos "do seguro" por causa das vacaciós. Nunha porcentaxe elevadísima, preparan as citas dos pacientes pra que as intervencios "fodidas" as faga o sustituto. Esa é a verdadeira actitude usual de "escaqueo" dos representantes da mitificada función pública neste país.
http://www.sibi.org/ddc/vih.htm
punto 1. A discriminación é un delicto, e de acordo con punto 1 sería aplicábel tamén por SIDA.
No caso de que entre alguén tusindo, sen máis, e se neguen a tratalo, a demanda xudicial pode ser divertida:
"Negación de auxilio" -a dor de moas pode ser enorme-.
Insisto: pode ser divertido dende o punto de vista xurídico. Se a súa dona, señor XDC, é odontóloga, pregúntelle se pode deixar de atender a alguén por motivos difusos coma o de que alguén "tusa".
Despois gustaríame escoitar a opinión dun xurista. Supoño que, entre tanto solipsismo, haberá algún avogado (e o de "avogado" non o digo para ofender, non dubido da honorabilidade de ninguén...)
Saúdos. Retírome da descusión. Únicamente quería suliñar que aceptar unha discriminación así, sen máis, é unha deixación de dereitos básicos, uns dereitos que van moito máis alá de ser de dereitas ou de esquerdas.
(Retírome da descusión antes de ser baneado como en Croques)
Loureiro
Se o que quería era decirnos que a discriminación e a denegación de auxilio son delictos ,pra ese viaxe non facian falta alforxas.Unha perogrullada coma esa,sabémola, creo eu, hasta os que non somos avogados.
Se non entendéu que eu falaba de outra cousa, ou non quixo entendelo, é aparte.
Ninguén o vai banear,creo eu. A nosa discusión está varios enteiros por baixo do tono habitual de discusión que este blog tiña noutrora, e daquela os que teñen capacidade de facelo non banearon a ninguén.
Si se aburríu de esta discusión (eu tamén), pode iniciar ou plantear outra ,de calquera cousa que estime de interés. Imaxino que os administradores abrirán sin problema o correspondente post para o seu desenrolo.
Saúdos dun amigo "facha".
Dacova, es ben cruel con Loureiro, eu non me aburrín da discusión.
A mesma persoa que asina ese cartel (sen sinaturas, nin carimbo, nin nada de nada), pide aos señores clientes que asinen, baixo a rimbombante protección do colexio de estomatólogos de Pontevedra, o formulario no que asumen a responsabilidade de morrer no intento de serlles extraido un molar.
Eu creo que o gremio ese que tanto os protexe algo terá que dicir (se non as leis) sobre a decisión arbitraria (á marxe de privacidades e publicidades) de non atender ao que teña tos.
E van pasando os días e o relato de Caneiro sen comentar. Esto xa non é o que era.
Tamén lle debían facer firmar un papel có que declaran cando o dentista, ante determinados tratamentos, lles preguntan si toman certas sustancias, e minten, tal e como sabe o House, có correspondente risco, do que se faría responsable o dentista. E moitos casos semellantes no que o paciente se comporta como un vedadeiro irresponsable. Cando o vexa, Arume podiolle contar algús casos nos que ao que había que levar ao xuzgado era ao paciente.
No caso dos colexios profesionales, hay moito que falar, nos de outros colectivos moit máis que do dos dentistas.
Trini.....Da bicos aos outros Conselleiros/as de Saúde ?
Sí, sí, o noso Caneirinho, fanlle unha entrevista de dúas páxinas en "La Voz". E vese ben o hiperbólico que é, o grande hipocondríaco, teatreiro e ególatra.
Pero artista.
Será o prezo que teñen que paghare algúns para poder escribir. Refírome a hipocondriasis ( enfermedade nada despreciabel por a merma da calidade de vida). Xa coñezo a varios hipocondríacos que escriben.
E se non fosen hipocondríacos?. Farían algho?.
Definitivamente XDC non é que sexa de dereitas, é que é da dereita mais insolidaria e antropófaga. Supoño que seá un millonario coa súa quinta vixiada por profesionais da seguridade, porque se non o que é un tonto util para isa dereita.
Aos señores Lobo Neghro e XDC:
Hoxe atopei un artigo interesante
http://www.publico.es/espana/248478/inhabilitada/responsable/pub/admitir/grupo/discapacitados
Non é exactamente do que falabamos, pero negar un servizo por causas non xustificábeis, como poden ver, é delicto.
Saúdos. Sempre ao seu dispor para animar unha boa lea.
Quero supor que a razón do blog ficar varado no 25 de agosto é que os seus responsábeis andan entretidos na vindima ou vai ti saber se o que tratan é de vendernos a ilusión retrospectiva de que o verao aínda non rematou. O que non creo é que, apurados pola crise e ante a ausencia dos primeiros espadas, aqueles que levaron o blog aos mais altos cumes de popularidade, queiran botarlle a persiana ao negocio. E falando de primeiros espadas e pistoleiros mais rápidos: onde é que andan? A min dame na espiña que a maioría deles andan polo facebook, facéndose pasar por tenros e líricos rapazolos dispostos a todo e desexosos de ligar a 4 ou a 400 bandas. Que se lle vai facer, deulles por aí como se lles chega dar por outra cousa aínda pior. Aínda que eu non creo que a razón última sexa a de ligar, porque entón xa sería para falar do desesperados que andan ou da gravidade da crise persoan na que andan empozancados. Que triste me parece todo isto. Pensar que aquel home que nos enguedellou a todos e non mantivo despertos e ávidos de guerra dialéctica pola sua seriedade e o seu saber rigoroso poda andar ciscando os seus saberes e aqueixado dunha relación tormentosa e imposíbel en plan profesor Humbert Humbert cunha Lolita feisbuqueña, ponme os pelos de punta, e iso que teño poucos e os que teño están cansos e aburridos de resistir para nada, para acabar caindo irremisíbelmente. Estoume a referir, como non, ao señor Apicultor. Pero onde andas metido, calamidade? A ver se pensas que vas poder disimular os anos ou que vas facer valer o teu pedigrí profesoral para tirar tallada carnal de tanto libre albedrío que pulula pola rede. Si, home, si, a quen se lle diga que aos teus anos queres facerte pasar por un mozo de 15 e reverdecer loureiros... O mesmo digo do Arume, do Medela, do XDC, do Saavedra (non sei se será tamén un dos que andan atrapallados no chirimbolo ese)... En fin, non quería distraelos das suas ocupacións. Sigan, sigan dándolle ao conto, que o futuro é seu. Entretanto, o blog morre e non vexo que lles importe demasiado. Merecían que lles chamase traidores ao espírito do blog. Pero non o vou facer, porque a palabra "traidor" ponme moito respeito. Que teñan unha boa tarde.
Se alguén pode tirar rédito dese crepuscular avío, non está nada mal. Resulta comprensible, pero eu entrei aquí varias veces cum animo disputandi e a cousa quedou interrupta. Quitei, amigo detective, hai pouco o do cartel do quitamoas que aínda deu para debate interesante.
Eu, como comprenderá pola miña idade, non estou para lolitas: eu mesmo son un lolito disposto ao que sexa, non vaia ser. Eu vou ao feisbu en plan pasivo: eu sempre lle fun un pouco vago e, como natura foi conmigo xenerosa, non teño que facer moitos esforzos.
Agora ben: no feisbu se liga. Certifico. E non digo máis.
Sería bó debate ese declive dos blogs e o auxe do microblogueo, da parida compartida, do morde e fuggi do turista que vai a Santiago aplicado ás novas tecnoloxías. Pero aquí o deixo. Se hai que escribir e debater, aquí sigo.
De momento, amigo Detective crepuscular, este blog non ten mantedores nin hai unha equipa coherente para levalo adiante. Foi tirando, a trancas e barrancas, grazas ao esforzo e a iniciativas exclusivamente persoais.
Colgáronse textos alleos, e algúns deron para bos debates. Tamén se colgaron algúns -poucos- artigos persoais. Pero tamén houbo que se dedicou a quitarlle o ánimo de escribir a algúns.
Mais o certo é que a ausencia forzada de Marcos impide darlle un fío condutor ao blog, porque é insustituible, abofé. Con todo, varios amigos (O mesmo pero disimulando, etc.) manifestaron que o blog debía proseguir. Iso é o que queremos todos. Mais hai que saber facelo. E de momento non se puido facer moito máis.
Estaría moi ben, sería absolutamente fundamental, que todos vostedes, queridos/as amigos/as, fosen parte principal da dinámica do blog, no sentido de acoller aquí textos seus. Non teñen máis que facérnolos chegar. O método máis doado é colgalos primiero aquí como comentario e despois xa nós nos encargariamos de poñelos como post con ilustracións. Que non sexan moi longos sería o mellor. Un pouco chapuceiro pode parecer este método, pero é o máis cómodo, cando menos de momento.
Todos queremos que o blog non esmoreza, todos queremos dinamizalo. Temos que encontrar a forma entre todos e todas. Moitísimas grazas polo interese e polo cariño. De todo corazón. Como dicía un vellísimo programa de radio, son vostedes formidables!
Longa vida a As Uvas, longa vida a todos!
Fixen este texto para o meu blog, pero o cedo por se teñen a ben poñelo nas uvas. Nada me gustaría máis.
Concordan as análises críticas das pezas dramáticas do século XVII español en afirmar o profundo reaccionarismo de todas elas, sobre a base innegable de que todas conclúen co trunfo do estatus social e político dominante e co castigo da subversión ou da rebeldía de calquera signo. Esta afirmación pode valer, con todos os matices que agora non veñen ao caso (mesmo coa negación da mesma), para obras de contido político, estea ou non encuberto ou agochado con metáforas e traslacións oportunas. Pero para as comedias lixeiras (as de capa e espada ou de enredo), esa consideración aínda resulta menos sólida, xa que o que busca o espectador non é ningunha mensaxe sobre a inviolable constitución do réxime social senón a participación durante unhas horas nun conflicto (do que pode aventurar o final) que interesa nos seus propios termos. De feito, ben mirado, o nudo principal dunha obra de teatro do século XVII, aínda que remate de acordo con certas premisas sociais e, sobre todo, con certas expectativas poéticas que admitimos baixo o nome de happy end, amosa un mundo descomposto, repleto de fendas e tachas, que anuncia, se non hai remedio (e sempre hai porque existe o deus ex maquina das comedias), ruína. A xente acode ao teatro para ver ese conficto, para asistir ás leas entre os protagonistas. Quere que a resolución do problema quede para o último momento. Mesmo despreza ese final, porque no fondo resulta esperable. O poeta, se quere trunfo, éxito, fama, precisa enardecer e alimentar a polémica. Se non o fai, corre o risco de ver marchar pola porta aos seus queridos espectadores. Debe manter a tensión dramática, despois de urdila co artificio que a experiencia lle permite e co engado de enredos ou falsas identidades.
Creo que esta é a verdadeira estratexia dos grupos que procuran a perda de valor do galego nas institucións, despois de varios anos de acordos unánimes sobre a preferencia e a hexemonía do idioma galego (como lingua propia e lingua a conservar) nos distintos niveis da administración pública. Onde non hai problema algún, o político do PP (avisado e experimentado noutros enredos semellantes) trata de urdir conflicto. Non procura un fin determinado, a pesar das apariencias, non. Entende que o interesante é a polémica, a creación dun estado de ánimo en perpetuo debate. Desatende o final (aínda que necesita presentar unha proposta que sabe de antemán vencida) porque sabe que o que move (como os casos de honra no século XVII, que “mueven con fuerza a toda gente”) é o caso, o enmarañamento (o nudo) do asunto. O desenlace xa se verá: a verdadeira finalidade dunha proposta como a de López-Chaves hoxe* é a de provocar a lea e prolongala ata que o vencimento da peza, alá polas novas eleccións municipais, dea os froitos desexados: o aplauso dos seus por maquinar semellante alboroto. Que diso se trata.
Confésolle, perspicaz detective crepuscular, que teño andado e ando polo feisbú, ese instrumento do diaño. Nos ratos libres de que dispoño para me distraer, que tampouco lle son tantos, non vaia vostede crer. Cinco minutiños aquí, dez alá, con sorte media hora e botar unha parola cun amigo ou amiga nun chat que funciona malamente. E pode estar tranquilo, meu caro amigo, que os tempos do lolitismo xa lle pasaron. Agora, iso me teñen dito, xa non lle é coma antes nos que os homes maduros aínda tiñan oportunidade coas mociñas. Quizais se ligue, caso tal vez de afoutos blogueiros e contertulios eternamente mozos, mais non noutros nos que non pasa de ser un instrumento inocente cando non pueril. O reuma e outros achaques propios dunha idade provecta próxima á xubilación nun balneario de Baden-Baden, xa sabe.
Xa máis en serio, é certo que o blog está nun impasse. Xuntouse o verán, ese tempo detido, xuntouse a ausencia de Marcos, alma máter do blog. Mais todos desexamos que reverdeza. Eu comparto plenamente a opinión dos Amigos de Marcos: que todos nós escribamos algo, que sexamos copartícipes dos seus contidos. Eu, mesmamente, creo que colguei un ou dous propios en todo este tempo. Xoán da Cova varios máis. Pouca cousa, de certo. Por iso todos e todas tiñamos que arrimar o ombreiro. Eu comprométome, na medida das miñas posibilidades e capacidades, a facelo. Animo a todos a tal tarefa. Este blog foi glorioso, aquí houbo grandes e interesantes debates. Se somos quen de volver dinamizalo mancomunadamente, sería o mellor agasallo que lle podemos facer ao noso amigo. Vén xa o outono, vén xa o tempo de ter algo máis de vagar rotinario, son chegados os momentos de o blog volva ser, se non o que foi, cando menos algo digno de ser tido en conta.
Moi boa noite a todos/as.
Unha marabilla de Benigni, o outro día na festa do PD:
Fai ironía sobre o pouco apoio do PD. "Non se debe baixar do 2 por cento: este é o obxectivo do PD", di Benigni. Non sei por que me soa.
Ao anónimo que di que eu debo de ser un millonario con unha quinta vixiada por profesionáis da seguridade:
Como en todo o que diga ou o que pense vaia tan acertado coma neso, vai vostede de cú e marcha atrás. Que moito me temo que sí, xa din que para mostra chega un botón.
E volve o Loureiro coa chorrada de negar axuda por causas non xustificadas. Si eu en todo momento faléi de causas xustificadas, como é lóxico.
E vólvolle poñer o exemplo do bombeiro, que parece que non entendeu. Ninguén lle recriminaría nada a un bombeiro que non poidera salvar a alguén si para eso debría poñer en risco, sin os medios necesarios, a propia vida.E eso non significaría que fora insolidario en absoluto.
E, si un dentista ten que arriscar a sua saude e a sua vida por un empaste...manda carallo...
O que pasa é que queda moi ben nestes foros falar sempre en clave do vomitivo pensamento "políticamente correcto". É os que máis falan neses termos son precisamente os que logo en "petit comité" son uns peixes de carallo.
Aparte de eso, alédome de que o blog do noso amigo Marcos volva a ter certa actividade, anque sexa a costa de case ter que darme de ostias con un contertulio.
O inmortal Blog-Fénix das Uvas da Solaina!!
Enfado, perdón, engado para o Anónimo:
Quintas con cámaras de vixianza téñenas moitísimos do PP, sí. Pero, en número aproximado, moitos políticos do PSOE, eses que diante dos micrófonos falan de Liberté, Égalité, Fraternité, Solidarité,etc, e logo teñen á asistenta inmigrante sin contratar e pagándolle unha miseria. E, desde que tuveron algo de poder, tamén algús do BNG.
Qu´on se réjouisse ou qu´on s´inquiète de ces bouleversements, ils montrent que nous sommes déjà entrés dans un monde où nous pensons différemment le corps, le désir, l´autre, et même la réalité. S.T.
O que pasa é que queda moi ben nestes foros falar sempre en clave do vomitivo pensamento "políticamente correcto". É os que máis falan neses termos son precisamente os que logo en "petit comité" son uns peixes de carallo.
Canto sabe XDC.
diante dos micrófonos falan de Liberté, Égalité, Fraternité, Solidarité,etc, e logo teñen á asistenta inmigrante sin contratar e pagándolle unha miseria. E, desde que tuveron algo de poder, tamén algús do BNG.
Y los de Democracia Orensana son castos y puros?
Imaxino que serán coma os outros, ou peores.
Algúns de Democracia ourensana están "diagnósticados". Entón perdóaselles.
XDC teima en dicir que "Si eu en todo momento faléi de causas xustificadas, como é lóxico".
Si. Iso sería o lóxico. Pero o que discutimos é o texto: "Na clínica dental onte había un cartel que avisaba de que non se atendía ás persoas con tos ou con febre."
XDC xustifica tal cartel. Eu non. Considero que debe ser ilegal. Como a muller de XDC sabe -ou debería saber- unha inflamación dunha moa pode provocar febre. Así que o cartel excluiría, automáticamente, a pacientes que deben ser atendidos urxentemente.
Teima XDC en poñer exemplos absurdos de bombeiros, pero se nega a aceptar que seguindo a súa lóxica a mesma clínica podería negar, ante a noticia dun brote de virus Ebola no Congo, a asistencia ao neto dun congoleño, "por precaución".
As precaucións están moi ben. Pero deben ser controladas para evitar as discriminacións arbitrarias.
¿Ou é que o señor XDC non é quen de comprender iso? ¿Ou é que aborrece tanto neste vran -que xa remata- que procura descusións porque si?
Saúdos. E felicito ao blog por permitir as disensións sen banear a quen disinte. Pensei que era o normal, pero amargas experiencias fixéronme ver que non.
Aparta Loureiro verdeeee
deixa clarear a lúaaaa
(BIS)
Se non vexo os meus amores non vexo cousa ningunhaaaa
(BIS)
A intelixencia de XDC está en entredito, non sabe por onde sair.
Non é esta a única vez que XDC deixa entrever un chisco de resentemento cara á función pública.
No me extranaría que, a pouco tardar , vexamos na porta dalgunhas privadas : " Se reserva el derecho de admisión". Que pintan bastos? pois a correr para a Sanidade Pública ( na realidade é o que se ven facendo),tendo en conta o prestixio nacional e internacional que caracteriza os servizos sanitarios públicos españois esa actitude estaría máis que xustificada.
Vostede confunde "resentemento" con tendencia á crítica.
Teño criticado moitas veces, e seguiréino facendo, cada vez con máis argumentos creo eu, a existencia de funcionarios vitalicios como condición "sine qua non" para a existencia de un Estado forte. Cuestiónome a falacia de que a existencia do Estado sexa sinónima da existencia de funcionarios vitalicios, en especial nos termos en que existen hoxe. E non é envexa persoal, xa teño dito que tamén critico a existencia da monarquía e non é porque queira ser rei, eso non tería que facer falta explicalo, pero como se me obxeta tantas veces.De feito penso que a existencia de funcionarios vitalicios é unha lacra para a existencia de un verdadeiro Estado, que debería servir a todos, no canto de privilexiar a algús. Tamén teño dito que un organigrama que depende de persoas con nomes e apelidos é un organigrama do carallo, ou que a vitalicidade dos funcionarios será vista algún día como a dos gobernantes do pasado (en demasiados paises son ainda vitalicios e "insustituibles". Pero esa discusión xa está por algún lado en posts antigos, así que os recén chegados poden buscalos, e sólo tanxencialmente toca o tema que tratabamos.
Ó resentemento, de habelo, é o de certa xente de esquerdas cara os emprendedores privados, aos que siguen percebendo como os explotadores laborales de nenos nos contos de Dickens, ou como os esclavistas dos estados sureños de América nos anos anteriores á guerra de Secesión.
Volvendo ao caso, hai moitos casos cotidianos nos que a unha persona que entra nunha clínica dental non se tratan. Ás veces derívase a outros especialistas, como maxilofaciales,médicos xenerales. E, no caso de "pacientes especiáis" , como sídromes de Down, disminuidos físicos ou outros, caso de non dispor dos medios necesarios, derívanse a outros lugares públicos ou privados. Unha clínica privada atende o que atende, aquelo para o que está preparada, mesmo algunhas está especializadas en determinadas acciós concretas como endodoncias, ortodoncias , etc, e neses casos non conta con máis medios que os propios da sua especialidade. É totalmente lexítimo que si unha operación concreta cupón un risco certo e grave para o facultativo (eu faléi de "lóxica médica" desde o principio, e non de arbitrariedades), teña que ser derivado a outro sitio. Sempre, desde logo, respetando as formas e a dignidade das persoas, cousa que non explicitéi por estimar ser perogrullada, e por presupoñer esa conducta nos profesionáis e no seu código deontolóxico.Outra cousa é presupoñer o contrario por o mero feito de ser "un privado".
No caso dos síntomas aos que se facía referencia, efectivamente son síntomas da gripe A, e os profesionáis, según me contóu a miña dona, deben tomar precauciós e preguntar por o resto de síntomas coma taquicardias, etc, sempre coa mosca na orella por aquelo de que "os pacientes minten".
No caso do congoleño africano, aí tocóume vostede a fibra, e fíxome saltar,Loureiro.Como sabe toda a xente que me coñece, son un facha racista que non soporto aos "negros".
Fíxese nestas imaxes, Loureiro. SOn do mércores pasado, á noite. Uns cantos "negros" comendo nun plato oas mans. O que toma as imaxes, estaba tamén comendo coas mans, do mesmo plato, e disfrutando da festa. Era o único "blanco" da festa. Aposto o que sexa a que non sabe quén era.
Esquecín a ligazón: PREMER.
Mire qué casualidade!: a dona do que toma as imaxes tamén é dentista. O fulano tomóu nota dos datos de algús dos asistentes que precisaban asistencia odontolóxica, para mandalos "recomendados" á sua clínica. Pero seica é un insolidario asqueroso.
Unha última curiosidade.Eses "negros" aceptan a ese blanco entre eles con total naturalidade porque xa se vai defendendo na sua lingua. Polo que se ve, a lingua é un sinal de identidade máis forte que a cor da pel!. O que pasa é que, como o estudo de esa lingua non figura en ningún plan de estudos oficial, non poderá colgar ningún título na parede e seguirá tendo a mesma pouca "cualificación" que ten.
O de XDC é máis grave do que parece.
Encárgese de difundir esa sua última observación, Anónimo, faga o favor. Esa clase de cousas dan caché.
Bueno, bueno "Armani", remataches físicas, ou non remataches?.
Xa eu sempre o sospeitara, langrán.
Cantante. Artista. Ácrata.
A ver se cheghas a presidente do país, como o noso Lulinha que cando chegha a presidente do Brasil bótase a chorar porque é o primeiro diploma que lle dan: o de presidente.
Vaia, hom, aghora vai e resulta que non tes ninghun diploma. Colgha o de "bachiller", que algho é algho, aínda non hai moito dábache para levar o Don.
Tamén che podo eu procurare "papeles" en branco desos que dá a administración por facer cursinhos e cubrímolos. O selo e as sinaturas dos responsables xa os tenhen.
Hom, por falsificar, neste país xa se descubriron tramas de todo tipo: médicos, abogados, arqueteutos en Barcelona en tempos do Suárez e houbo que achantar todo porque eran moitos e ademáis bós profesionais; Títulos nobiliarios firmados por "El Rey". Souca "El Rey" colleu un cabreo monumental cando se enterou de que xente de confianza lle-los puxeran a asinar. O probe non pode comprobare todo.
Non teñas mágoa, Dacova, os papeis están moi devaluados.
E os billetes de banco, os cartos dito en román paladino, piore todavía. Souca son virtuais, non están respaldados por nada en concreto, polo menos o 90%, din os entendidos, é aire. E se funcionan é porque temos a necesidade e a creencia de que é así.
Pode vir un vento e barrelos?. Pode.
Eu cada vez quérolle máis á terra.
Como dín no meu pueblo: "as terras?. Pasa o lobo por elas e deixaas".
Os mirríficos diplomas e cartos desaparecen.
O único título que conservo físicamente, Lobo, é o libro de escolaridade da EXB, onde, na última páxina, o mestre escribíu: "Notamos en el alumno una cierta inclinación a la literatura". Cando queira, ensínollo.
Literatura, que bonito nome para unha rapaza, amigo Dacova! Que foi dela?
Imaxinéi que, sendo tan fermosa, non tiña ningunha posibilidade con ela , e non lle "entréi", amigo Arume.
Relendo o escrito, vexo que a alguén lle pode parecer estrano que as persoas afectadas de síndrome de Down podian precisar de atención odontolóxica especial. Explícome. Un síndrome de Down, ou un disminuido psíquico en xeral, pode non obedecer,ou mesmo non entender,instrucciós sinxelas do dentista. Ás veces non queren abrir a boca, ou se levantan violentamente do sillón, etc. Habitualmente fai falta suxetalos ou inmovilizalos entre varias persoas,cualificadas, normalmente coa colaboración dos pais ou titores, para que o profesional faga o seu traballo. Téñense dado casos de lesiós derivadas do comportamento imprevisible de esas persoas, que desembocaron en denuncias. Si o paciente é adulto ou moi robusto, chégase ás veces ao extremo de ter que realizar unha simple extracción con anestesia xeral. Ás veces poden tragar os algodós, ou determinados obxetos que usa o dentista, etc. Poden poñerse a berrar como si os estiveran matando ou agreder ó dentista, etc.
Outra curiosidade. Os dentistas teñen que atender ás veces a pacientes esposados. Presos aos que escoltan un ou dous policias desde o cárcere para que sexan atendidos. Algús de eles,peligrosos, ou buscando a oportunidade de escapar.
Vou aos Milagros do Medo, dentro de un anaco. Son moi devoto de esa Virxe, sobor de todo por o churrasco que adoito a comer todos os anos alí. Parece ser que os frades quitaron a auga bendita das pías, por medo ao contaxio da gripe . Imaxino que tamén pediran que non se bique a imaxe, coma pasóu có Apóstolo en Santiago. COmo na famosa película na que as bacterias venceron aos extraterrestres, a gripe A igual acaba definitivamente coa Igrexa, ao atacar o seu cerne, os ritos.
Dacova, a mín apuntaronme no dichoso libriño: "es un líder". E mira no que acabei, en lobo, e fuxindo da xente. No último tramo da miña adolescencia este ´"líder" padeceu fobia social. O máis anti-líder que vostede se poda imaxinar.
Anque no seu caso, non andaban errados. E o Arume provocoume unha risotada.
A ver se nos vemos nos milagres de Monte Medo. Eu tamén vou ó telderete do Jovito, que me é da xente, cos país, a disfrutar da feira.
Ghústame o museo que montou o Elixio Rivas. Etnográfico-arqueolóxico. Vaia ve-lo. O Elixio está a vender velas e pódeselle pedir a chave.
É curioso o das velas, despois de depositalas no templo, os frades recíclannas. Apañanas a feixes para revendelas. Non arden.E non teñen vergoña ningunha.
Por certo teño documentado o paso dun lobo nestas datas, de noite, por entre as rulotes dos feirantes, hai seis anos. Baixaría da serra a barrer sobras do moito que se papa nesa esmorga.
Ide a misa e deixaaivos de tabernas!
Outro problema caso da gripe A é o das salas de espera. Debe un dentista facer esperar a alguén con síntomas na mesma sala de espera que o resto da xente?. Debe mandar construir varias salas aparte, unha por persoa, coma no caso dos fumadores?. Pasa o mesmo coas salas de espera dos avogados, dos políticos etc?.
Non viría mal que todos aqueles aos que se lles enche a pluma escribindo sobre a literatura fácil dos dereitos "abstractos" escribiran de vez en cado algo de "literatura de soluciós".
Gustóume a asociacción de ideas terra-diplomas, Lobo. Para os nosos paisanos , os "diplomas" eran os anacos de terra, "enmarcados" en muros de pedra. Non sei se algo da veneración por os "diplomas" virá de esa asociación subconsciente. Fïxese que moitas veces o mellor dos diplomas é o "marco", con orlas e adornos coma noutros tempos se lle facían ás pedras que servían de "sinal de término". A idea pode ser fructífera, vouna analizar no que podia.
A xente que nunca saéu na prensa, cando sale, enmarca o artigo coma se fora un diploma, ou colecciona os recortes, coma se foran trofeos. Os que saen case a diario, consideran ridícula esa práctica. Busque vostede a analoxía coa xente que "pasa" dos diplomas.
Trinidad Jiménez Villarejo.....¿engulle panga del mekong?
Publicar un comentario