Vigo derrota á OTAN
Miguel-Anxo Murado
Hai que felicitar á Policía Local de Vigo por esa vitoria militar que conseguiu contra a OTAN. Como saben, a coalición multinacional, que ten unha flotilla de barcos de guerra na ría mal aparcados, quería establecer unha cabeza de praia, literalmente, en Samil, posiblemente coa intención de apoderarse da cidade olívica. Pero os municipais rexeitáronos combatendo ferozmente entre as sombrillas e os balóns de Nivea. Bravo, pois, polos axentes, que se suman así á longa lista de pequenas organizacións de baixo presuposto que conseguiron poñer en fuga á OTAN, ese organismo que naceu para defendernos dun ataque da URSS en Europa e que por iso, loxicamente, está despregado no Congo.
A OTAN pediu desculpas polo sucedido (aínda que eu non quedo convencido de que non o volvan intentar) e o alcalde Caballero, obsesionado con xustificar o seu apelido, viña dicir que se un conduce borracho a toda velocidade e logo se desculpa, xa vale e non pasa nada. Ben está sabelo. Tomen nota os vigueses desta xenerosidade edilicia. Pero eu penso que a OTAN, ademais de desculparse, faría ben en aproveitar este novo fracaso para revisar as súas tácticas e obxectivos.
Primeiro: a OTAN debería ser máis modesta e non medirse con forzas superiores en experiencia e motivación, como os talibáns afgáns e a policía local viguesa. Segundo: a OTAN tería que valorar o grao de apoio que teñen esas forzas entre a poboación civil. Por exemplo, debería saber que en Samil, no verán, hai miles de bañistas inocentes que, aínda que polo xeral desconfían da policía local a causa das multas, póñense da súa parte tan axiña como algún neno resulta ferido por unha zodiac. Terceiro: hai que revisar os procedementos operacionais. Por exemplo, agora xa sabemos que ir bébedo como un can non mellora a eficacia de combate das tropas. E cuarto e último: a OTAN ten que ter claros os seus obxectivos políticos. A pregunta é: ¿pódese establecer unha democracia moderna pola forza en Afganistán e en Galicia? En Afganistán levan oito anos e aínda non o lograron. ¿Que lles fai pensar que en Galicia ía ser máis fácil? ¿Non sería mellor empezar por medidas pacíficas, como a reforma do voto emigrante? É unha idea que lanzo.
Polo que se refire a nós, celebremos este momento de triunfo, a primeira invasión por mar que Galicia repele con éxito desde María Pita. Repitan todos comigo: «Gloria e o honor aos heroes de Samil».
Miguel-Anxo Murado
La Voz de Galicia, 15/8/2009
Hai que felicitar á Policía Local de Vigo por esa vitoria militar que conseguiu contra a OTAN. Como saben, a coalición multinacional, que ten unha flotilla de barcos de guerra na ría mal aparcados, quería establecer unha cabeza de praia, literalmente, en Samil, posiblemente coa intención de apoderarse da cidade olívica. Pero os municipais rexeitáronos combatendo ferozmente entre as sombrillas e os balóns de Nivea. Bravo, pois, polos axentes, que se suman así á longa lista de pequenas organizacións de baixo presuposto que conseguiron poñer en fuga á OTAN, ese organismo que naceu para defendernos dun ataque da URSS en Europa e que por iso, loxicamente, está despregado no Congo.
A OTAN pediu desculpas polo sucedido (aínda que eu non quedo convencido de que non o volvan intentar) e o alcalde Caballero, obsesionado con xustificar o seu apelido, viña dicir que se un conduce borracho a toda velocidade e logo se desculpa, xa vale e non pasa nada. Ben está sabelo. Tomen nota os vigueses desta xenerosidade edilicia. Pero eu penso que a OTAN, ademais de desculparse, faría ben en aproveitar este novo fracaso para revisar as súas tácticas e obxectivos.
Primeiro: a OTAN debería ser máis modesta e non medirse con forzas superiores en experiencia e motivación, como os talibáns afgáns e a policía local viguesa. Segundo: a OTAN tería que valorar o grao de apoio que teñen esas forzas entre a poboación civil. Por exemplo, debería saber que en Samil, no verán, hai miles de bañistas inocentes que, aínda que polo xeral desconfían da policía local a causa das multas, póñense da súa parte tan axiña como algún neno resulta ferido por unha zodiac. Terceiro: hai que revisar os procedementos operacionais. Por exemplo, agora xa sabemos que ir bébedo como un can non mellora a eficacia de combate das tropas. E cuarto e último: a OTAN ten que ter claros os seus obxectivos políticos. A pregunta é: ¿pódese establecer unha democracia moderna pola forza en Afganistán e en Galicia? En Afganistán levan oito anos e aínda non o lograron. ¿Que lles fai pensar que en Galicia ía ser máis fácil? ¿Non sería mellor empezar por medidas pacíficas, como a reforma do voto emigrante? É unha idea que lanzo.
Polo que se refire a nós, celebremos este momento de triunfo, a primeira invasión por mar que Galicia repele con éxito desde María Pita. Repitan todos comigo: «Gloria e o honor aos heroes de Samil».
32 comentarios:
Novos "Gibraltars"?
Creo que en realidade a policía local chamou á garda civil e xa se sabe como son os do tricornio.
Xa vexo que celebrades artigos de La Voz... ¿que? ¿xa está todo esquecido? ¿La Voz xa volve ser digna de ler por un par de artigos "graciosiños" en galego (a fin de contas, para iso é para o que val o galego, según La Voz)?.
BOICOZ.
Acertada intervención de la Benemérita
Este tipo de periodismo chistoso a min non me vai nada, a ironía cando está demais resulta epasmódica.
Hay que felicitar a la Guardia Civil
Murado é moito Murado, Anónimo, e xa escrebia na Voz, "cando a Voz era alguén" (Risco dixit). Murado non é "graciosiño": lea "Ruido", " Os soños da febre" ou "Fin de Século en Palestina".Sr. Anonimo: que hai psicoanalistas que curan o autoodio!Anímese....un par de consultas...
Si, efectivamente, Murado é moito Murado. Pero AS UVAS NA SOLAINA, na miña humilde opinión, non poden sobrevivir a base de incorporar artigos, máis ou menos interesantes, da prensa nacional.
Don Marcos creou un mundo arredor de si. Hai unha chea de contertulios habituais e menos habituais que concorren día a día, coma lectores ou como escribintes, á cerna deste magnífico blog. Penso que mantelo enceso vai máis aló de incorparar artigos, mellores ou peores, da prensa diaria.
¿Por que no se lle pide ós colaboradores habituais, ós amigos de don Marcos, achegas diversas, sobre temas diversos e sempre dende a liberdade, tanto creativa como de expresión?
É a segunda vez que propoño revitalizar ou manter vivo, talvez sexa mellor a segunda opción, este magnífico blog e o espírito de quen o creou. A primeira adheriuse un anónimo. ¿A esta quen?
Ó mellor cómpre facer unha xuntanza para dilucidar o futuro deste magnífico blog.
Pensádeo. Pero pensádeo en serio, por favor. En calqeura caso, eu ofrézome para todo canto faga falta, sen límites.
Pareceme moi ben a proposta de O Mesmo pero Disimulando. Mais ten que partir todo da vontade de Marcos, se quere que se siga o Blog ou non. Se quere seguir, entón estaría ben a proposta.
Comecei varios libros de Murado, pero non acabei ningún, abúrreme, Hai opinións e opinións, a miña non é favorabel para este periodista e escritor, que lle imos facer!. Non me resulta nada novedoso, os seus recursos soanme demasiado comúns, e o seu pretendido humor, para min que é espasmódico. Murado será moito Murado para quen o sexa, para outros non.
Naturalmente que a última palabra pertence a don Marcos. ¡Faltaría máis! Estamos tripando a súa casa. Pero eu fago a proposta desde o que vexo: unha aparente vontade de continuar a obra internáutica do noso ben querido amigo. Penso que cómpre facer algo máis que fusilar a prensa diaria.
En canto a iso do humor espasmódico, ¿qué é o que pasa? ¿ten tose, está acatarrado, padece contraccións involuntarias dos músculos...?
¿Atopámonos, unha vez máis, entre o oficio ben aprendido e a capacidade de sobrevoar a tona para acadar niveis sublimadores?
É que, ó final, a lingua é tan polivalente, que un se perde. (Pérdese un pouco, ¿eh?, que axiña se atopa, e moitas veces onde non quixera atoparse).
O humor para min é fino ou non é, precisa dunha sutil narratividade que se eleve por riba da tona dos tópicos, dos lugares comúns e das espectativas comunmente cumpridas. O humor sitúase no limite da racionalidade para contemplala perplexo na distancia, pero con compasión polo divino e polo humano. Espasmódico na vez de situarse nesa peculirar narrativa humoristica colocase na concatenación previsibel de chistes.
O oficio ben aprendido, e do artesán, eu distingoo do artista, do autor e do perfomantista.
Na lingua pode un perderse, pero tamén pode un encontrar o mellor xeito de dar conta do tempo actuaizando o ser.
O blog quen o fai son os que nel participamos, este blog ten unha pegada moi persoal. Ocurriron chispazos de intelixencia, novedosas relacións de materias e conceptos, momentos de utopica amizade e tamén se abriu un pandemoniúm de pesimismo social. O blog respirou, foi ledo, e sufriu, non sei se será posibel unha segunda parte, todo depende de se os que participamos encontramos algo mellor que facer.
Falcatruán: reafírmome en que o artigo é graciosiño. Falamos deste artigo, non de se Murado fixo a tese doutoral sobre a heteronimia replicante da orfebrería maniquea. Murado pode ser Deus nos seus libros, pero este artigo é "graciosiño".
E a miña crítica non é cara a Murado, senon cara a vós, que traedes artigos de La Voz, cando a cultura galega debe fuxir de La Voz como da peste.
Dádelle azas a La Voz, dádelle... e veredes que ben vos serve no futuro.
BOICOZ
É certo, a hostilidade da Voz cara o galeguismo, cara o nacionalismo e cara calquera posición de dignificación da cultura galega, merece unha resposta: a omisión.
Estimadísimo Anónimo das 07;58 PM de onte, ¿que se pode obxectar ás súas atinadísimas reflexións sobre o humor e a súa xénese e formulación? Nada. Penso que nada. Así que agradecido por tomar a molestia de atender a miña demanda.
Tampouco non lle hai moito que obxectar no tocante ó futuro do blog.
Aínda que non o expresase, quero deixar claro que as miñas propostas de continuidade teñen moi en conta a figura insustituíble de don Marcos. O blog é seu e el imprimiulle unha feitura, unha fasquía que, seguro, seguro, ningún de nós seremos quen de continuar. Con iso conto. Pero o blog en si mesmo constitúe un referente agora mesmo e desde hai tempo no mundo máis san e máis honrado da cultura galega. Erixíuse nun punto de encontro e de debate, normalmente debate de altura, que eu considero imprescindible o, polo menos, moi necesario.
De aí a miña teima en mantelo. Pero con algo máis que artigos petiscados aquí e acolá.
Nada máis. E gracias outra vez.
(Para vostede, o detective do crepúsculo)
Non son o detective pero agradézolle a súa consideración. Para que o Blog siga haberá que conxurar a Don Marcos Valcarcel para setembro, logo das vacións, e aos demais: Xan da Cova, Etxe, o Apicultor, Marcel Swan, Xosé Manuel González,Medela, Iacobus, Arume dos Piñeiros, Xosé Manuel Carreira, os novos que non coñezo ainda ben e aos desaparecidos Jim Morrison e Leituga One, que pode voltar como Two.
Pero mentres hai que vixilar, observar os efectos do sulfato, que o mildeu e traizoeiro... a preguiza, a abulía, o solipsismo.
Comamos e bebamos destas uvas porque nelas faise presente o ideal da comunicación.
¿Que pasou co solipsismo, meu querido señor? ¿Detecta vostede nalgún de nós un subxectivismo tan abafante que cómpre desbotalo canto antes desde bendito espazo?
Eu, por se acaso, a falta dun bo ribeiro -un viña meín, por exemplo- que levar ó bico, abrirei unha botella dun rosal selecto co que me agasallaron hai uns días. Un Quinta Couselo deses que se esquecen na escuridade das adegas e cando se reatopa déixanos absolutamente abraiados.
Abrirei hoxe unha botella. Por vostede, señor anónimo, e para escorrentar calquera caste de solipsismo. E polo espírito deste blog, sempre salvagardado polo personalidade do benquerido don Marcos.
Saúde e saúdos, meu amigo. (E todos os demais, claro).
Quizabes no vrao, non se desbota este decálogo, que alguén escribiu por algures:
1. Nácese cansado e vívese pra folgar.
2. Quere a túa cama coma a ti mesmo.
3. Folga polo día, pra que poidas durmir pola noite.
4. Se ves alguén folgar, axúdalle!.
5. O traballo é canseira. Non o toques! Toca o zoco!
6. Nunca fagas hoxe o que poidas facer mañá.
7. Fai o menos que poidas e deixa pra os demais.
8. Ninguén morreu de moito folgar.
9. Se queres traballar, acouga!, xa che pasará!.
10. Se o traballo fose saúde, viva a enfermidade!.
Trouxen do Québec o último libro dun psiquiatra francés chamado Christophe André. Nel, entre outras cousas, sostén a necesidade absoluta de non facer nada de nada de vez en cando, niente.
Xa é o segundo experto ó que llo escoito. Nin planificar.
Enténdese que é unha boa medida hixiénica para a psique.
Alguén o tiña en dúvida?. A veces hai que recordalo.
O indio errante.
Está ben. Síntome constrinxido entre a dupla reivindicación da parálise e a seria advertencia contra os males derivados do solipsismo.
Daquela,pasado xa o ferragosto, como collerei as vacacións en setembro, e paralizareime solipsísticamente no que queda de mes, despídome de todos ata outubro, D.V.
Adeusiño, compañeiros.
Graciosiño? O artigo é un ataque contra a OTAN e en concreto contra a ocupación de Afganistán, cun recadiño contra Feijóo (a falta de democracia en Galicia). Se logo hai quen ten unha fobia persoal contra o autor e escribe varios post anónimos nos que non di nada concreto xa é outra historia...
Se alguén se atreve a dicir que non lle gusta o autor Murado, sen mais trascendencia, e afirma que non aprecia o seu pretendido humor, non é unha opinión senón que:
"hai quen ten unha fobia persoal contra o autor e escribe varios post anónimos nos que non di nada concreto"
Vamos que opinar o seguinte:
O humor para min é fino ou non é, precisa dunha sutil narratividade que se eleve por riba da tona dos tópicos, dos lugares comúns e das espectativas comunmente cumpridas. O humor sitúase no limite da racionalidade para contemplala perplexo na distancia, pero con compasión polo divino e polo humano. Espasmódico na vez de situarse nesa peculirar narrativa humoristica colocase na concatenación previsibel de chistes."
é non dicir nada concreto (positivo para o autor do artigo)
Son o anónimo que critica que traiades artigos de La Voz aquí. Tal cousa sería desculpábel se, cando menos, tal artigo fose revelador de algo. Pero non é o caso: o artigo é "graciosiño".
Pretender que as críticas a Feijoo (moi lenes, case invisíbeis) que aparecen NUN ARTIGO GRACIOSIÑO de La Voz supoñan un cambio editorial nesta publicación, que lle dea xa carta de honestidade informativa, paréceme absurdo.
E prantexar a descusión nun "Murado si, Murado non" paréceme egocéntrico. Supoño que será o propio Murado quen escribe, se non, non mo explico.
BOICOZ
Sabes que pasa? Que non me creo nada do que contas... Que premio literario che gañou Murado para que lle teñas esa teima e teñas que disimulala tanto? Anda, conta...
Todo resúmese nunha palabra: BOICOZ.
Vese ben de que lado estades os que defendedes os artigos de La Voz: estades a prol dos intereses de Santiago Rey. En contra dos intereses de Galicia.
As cousas claras, dunha vez por todas.
BOICOZ ou derrota. Se seguides dando azas a La Voz, as cousas irán de mal en peor. Hai que poñer un límite. Algúns xa o puxemos. Outros andades enredando en solipsismos mentres a vosa Terra morre.
Rosebud, mellor que boicoz.
"Sabes que pasa? Que non me creo nada do que contas... Que premio literario che gañou Murado para que lle teñas esa teima e teñas que disimulala tanto? Anda, conta..."
Conto...Murado nominoume en Gran Hermano.
Chegeui onte de Italia. Saiban que probei moitos viños para ver con cal deles brindaría polas súas saúdes, amigos/as. Un Casanova di Neri (Brunello de Montalcino, amigo Saavedra) foi o elixido. E así foi tomado. Que o saiban.
Brindamos e libamos, saboreamos virtualmente, resultado: moi económico para o invitador, insipido por mais sinestésia que se forzo para os invitados.
Grazas polo convite Arume.
Un brindis solipsista.
Benvido Arume, mágoa que non poidese ver ningunha das tres mulleres máis fermosas de Italia, xa que logo según nos conta Roberto Benigni atópanse en Francia, a saber: Mónica Bellucci, Carla Bruni e A Gioconda.
Terá de tornar máis veces eilí.
Boandanza
Adiviña:
A quen leva Benigni nesta FOTO?
Se eu puidera adiviñalo.
Se eu puidera velas.
Se eu puidera escribir ben.
Publicar un comentario