3 ago 2009

Os bárbaros

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Galicia Hoxe, 03.08.2009


Lembrarán vostedes o emblemático e en certa maneira enigmático poema de Constantino Kavafis "A esperar polos bárbaros", obxecto de múltiples disquisicións e lecturas. E permítanme agora que eu, para lle dar sentido ao que realmente quero expresar, parta da interpretación que da metáfora kavafiana realizou o Premio Nobel de Literatura J. M. Coetzee: toda unha parábola, como ben entende Enrique Gutiérrez Ordorika, sobre unha civilización cega e despótica que exhibe constantemente a súa cruel impudicia sen que sexa percibida polos seus tristes súbditos. O caso é que os bárbaros, no seu sentido máis negativo -non no sentido da "liberación" kavafiana-, xa están entre nós. Sempre estiveron aquí. Eu teño comentado nalgunha ocasión que, mentres presidía a Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne, os "bárbaros" autóctonos sempre se mostraron caladiños, de cabeza baixa e a viviren un certo estado de hibernación. Mais agora, amosando o seu perfil máis recoñecíbel, toman xa a iniciativa e a súa desvergoña e impudor brillan coma nunca, e acaso só os "tristes súbditos" semellen non percibir tal cousa. Vaia un exemplo. Un señor, que é doutor en Teoloxía Moral e profesor de Bioética, afirma que os galegos valoramos, e moito, o galego, como valoramos -engade- a torre de Hércules, o pazo de Fonseca ou as cantigas de Alfonso X, como un elemento do noso pasado, digno de ser coñecido e aprezado, "pero nada más". E despois sentencia que, estándomos como estamos nunha época de globalización, todo o que sexa reforzar a comunicación entre os seres humanos é correcto e todo o que supoña seguir mantendo reinos de taifas é incorrecto. O idioma galego é para este señor "un elemento do noso pasado", digno de ser coñecido e aprezado -concede o magnánimo doutor en Teoloxía Moral-, "pero nada más". E nese "nada más" está a condena a morte do idioma propio de Galicia, pasando por riba da mesma legalidade e desprezando a humanidade inmensa -literatura galega contemporánea incluída- que o noso idioma é quen de lle ofrecer ao mundo.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Lin o artigo dese señor do que non sabía que era doutor en Teoloxía Moral e profesor de Bioética e vomitei,vómito físico con posterior dor de estómago;outro etnicida mais.
Branca.

mariajesusparadela dijo...

Títulos terá moitos, pero a min paréceme que a cabeciña estalle ben baleira.

reis dijo...

gotaria saber o nome do senhor e onde escreveu, se fosse posivel.
há uns anos naide se atrevía a dizer isto, haberia que o pensara mas naide o dizia porque semelhava ser uma barbaridade, mas o que fai o ruxe ruxe e a propaganda feita duma maneira, há quem o ve normal, e a base de repeti-lo parecerá que é verdade.

xOsse dorrío dijo...

Canta razón tes reis, pero agora contan co alento duns poucos con moito poder económico e político e ó seguirlles a corrente eses outros bárbaros acaban recibindo un anaco de poder ou das súas riquezas. Non é o valor na defensa do que cren o que os fai actuar así, é covardía do que se sabe mediocre e quere subir postos na escala social a conta de deixar por baixo a outros moito máis brillantes.

Loureiro dijo...

¿Teoloxía moral? ¿Iso ven sendo como "intelixencia militar", non si, unha contradición de termos?

Donnacona dijo...

Non sei porque se usa o termino reinos de taifas como pexorativo, igual que o de Maquiavelico. Maquiavelo era un xenio, e nos reinos de Taifas non houbo esplendor?. Quero decir que no medio da miseria sempre resplandece algo. No estrume medran coghordos deliciosos. E os paus que nos dan fortalecennos.

Ata pode que a ghuerra que iniciaron contra nos faga que sobrevivamos. Pode que se tiveramos todo a noso favor iamonos antes o carallo.

Eu que sei, dame que todo alberga unha contradiccion. E os mortos estan mais vivos ca nos, e nos somos unhes mortos sen reconhecelo. Os ultimos seran os primeiros, e os ricos ( a dereita) non teran nada que facer despois do visible......eu ku cho sei.

Anónimo dijo...

-Ideología y lenguaje-
01/08/2009 La Voz ou Coz de Galicia , como ustedes prefiran.
José Ramón Amor Pan,din que doutor en Teoloxía Moral e profesor de Bioética.
Para Reis
Branca.

Anónimo dijo...

-Ideología y lenguaje-
01/08/2009 La Voz ou Coz de Galicia , como ustedes prefiran.
José Ramón Amor Pan,din que doutor en Teoloxía Moral e profesor de Bioética.
Para Reis
Branca.

reis dijo...

grazas, branca,

reis dijo...

nom o li, por fortuna para mim porque o médico prescriviu-me que nom podía ler a coz, que me sube a tensao moito. E nao penso le-lo.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Pois, talvez, debese lelo porque o textículo de marras -trátase dun texto breve- constitúe todo un monumento a estupidez e a intolerancia. Estupidez, porque os razoamentos non se sosteñen nin con puntais e a intolerancia xurra por todas as liñas. É agresivo, maleducado -no sentido xerénico que utilizarían as noasas nais, coitadas- e prepotente. Fíxome moita gracia a rotunda afirmación que contén -entre outras: "El idioma sirve para comunicarse, y punto". ¡Botarate do carallo, teólogo inmoral, bioético da univoquicidade! Para comunicarse tamén serve a música, e a pintura, e a escultura, e os aloumiños, e os actos sexuais e as hostias que se volven pans e os pans que se volven tortas, e o bater dos cascos dos cabalos sobre o tambor da fraga -isto non é meu, isto é de Lorca-, para comunicarse serve o arume arpado, os míos dos gatos, o ouvear dos lobos, o bramido dos touros no redondel de Pontevedra, -Pons veteris e non Pontus veteris, animais do carallo- e os aturuxos dos nosos guerreiros ancestrais. E o idioma serve para expresar todo iso e moito máis, e para interpretalo, para darlle o ser ontolóxico -perdón pola tautoloxía-, para trocar en metafísco o que é pura materia ou converter en líricos ós penedos, e para conseguir que outros sintan a pel ensapiñada pola emoción estética que poden transmitir as palabras. E para dicir nai e pai, fillo e irmán, quérote, entra en min, deixame entrar en ti. Para vivir, para iso serve o idioma, teólogo innobre e inmoral, bioético da univoquicidade, para vivir e para facer que todo canto nos rodea viva. ¿De que comunicación falas, cabestro? Colle un pau, unha vara de freixo, e lámbenos o lombo. Iso tamén serve para comunicar.

¿Por que serán tan burros os prepotentes?

reis dijo...

para o mesmo, pero disimulando... sigo a dizer que nom vou a le-lo, mas lerei e releri o seu que é un artigo fermoso, no que fala a cultura e o coraçao, sobor de todo o coraçao, grazas amigo, gostei moito da sua escrita, é moito mis sano pensar que o galego pode server para todas isas cousas e que é uma forma de expressao que tem tras sim um mundo, uma hestoria, e uma forma de expresar qualquier cousa que se faga na vida.

lobo neghro retornado da xira americana dijo...

O mesmo, pero disimulando é unha persoa ben interesante. Alén de educado e amable é sensible e con coñecemento.

Teño moito ghusto en saludalo. E vostede non é ninghun dos contertulios habituais; nin dacova, nin Medela, nin o Arume anque este último podería aproximárselle, nin o abelleiro, nin Xaime, nin o dr. Etxe, nin, nin...tampouco pode ser o Lamas....

Marcos?.
Parecido. Próximo...
Interesante.

O indio errante

o mesmo, pero disimulando dijo...

Agradecido polas súas loubanzas. ¿Por que dicir que non? Sempre sentan ben cando veñen de boa fonte; reconfortan e animan.

Efectivamente, Indio errante, eu non son ningún deses contertulios que citas. ¡Quen me dera! Xa quixera eu ter o un por cento das lecturas que atesoura Santiago Lamas ou o sempre comedido e exacto Arume dos Piñeiros. E a bonhomía de don Marcos.

A min adórnanme outras gracias. Como a Cantiflas en Ahí está el detalle: la facilidad de palabra.

Saúdos.

lobo cantinflasiano dijo...

Cantinflas, ese xenio hispano.
Temos que recuperar a cantinflas. Lembro unha película, vagamente, na que emigra os Uese-ei, en burro non lembro porque motivos,pode que unha herencia dunha mina, e puteaos ben puteados.Partinme de risa.

Déronlle estrela na vía esa de Hollywood. Chocáronme as súas maus e forma dos zapatos plantificados no cemento. Tiñan un raro e poderoso feitío.

Ate jà camarada.

Iacobus Von der Stein dijo...

Lobo, o mesmo elle de Lugo e ata fai pouco tiña un blog precioso que pechou e ando para que o reabra. Xa lle darei máis novas. Que tal de vacances, frére chaque fois moins loup

apicultor dijo...

Xa sei logo quen é "o mesmo, pero disimulando". Élle un gran escritor, Lobo neghro, como se pode comprobar simplemente co que aquí pon.

Un saúdo para tod@s.

lobo neghro dijo...

Mon frère Jacques: as "vagancias" estou a encetalas. Ir de viaxe ó estranxeiro é tremendamente cansativo, é un traballo erguerse a mantenta e non poder parar en todo o día. Ver museos ou monumentos acaba baldando a un.Doíanme as costas.
Enfrontarse ó descoñecido é estresante.

Confeso que pensar en ter que viaxar a Nova Iorque e Phyladelphia resultoume estresante do medo que me daba.

Se algho trouxen foi ghañar moita seghuridade en min mesmo e comprobar que pese a todo, pese a que nos ficharon na fronteira como vulgares delincuentes e nos cobraron por tal menester (p. que os paríu), os ianquis véñenlle sendo amables, persoas normais e tratables. Inclusible sérios nos tratos. Fíxese vostede, veume ben para esvaecer a miña pátina de "aldeano universal e prexuizoso".

Prezado amigho, topei unha placa onde se mencionaba Donnacona, saqueille unha foto, e no día seguinte perdín a máquina afoghada no río San Lorenzo en Montréal. Como son supersticioso, despois de comprar outra, nin se me ocurríu repetir tan singular documento para goce dos meus amighos. Non vaia ser que haxa unha relación causal.

Poden vostedes verificar a existencia de Donnacona co google ou con wikipedia.

Asdo. Donnacona, o indio errante

Iacobus Von der Stein dijo...

Benvido sexa a terra, lobo. Xa sabe que é un pracer charlar con vostede. Unha suxerencia. Por qué non nos deleita con unha descripción lupanar da súa viaxe as Américas. Teña en conta que poucas veces un lobo indoeuropeo -Medela dixit- cruzou o charco.