Estatuto ou non estatuto?
ANTÓN LOSADA
ANTÓN LOSADA
Galicia Hoxe, 20.09.2009
Disque o BNG quere arrincar a temporada outono/inverno co debate estatutario. E falta facía que así fose. Ningún dos argumentos escoitados até o de agora para non abordar xa a reforma vale un patacón. A crise non é escusa, a non ser que os nosos políticos recoñezan publicamemte que non saben facer dúas cousas á vez. E o da sentenza do Estatut tampouco vale porque isto non é Catalunya e porque canto pase co seu non debera limitar o noso. Máis que atrasalo, estes mesmos argumentos aconsellan pórse co traballo. Canto antes reforcemos a nosa posición como país, máis oportunidades teremos para afrontar con máis recursos o que veña.
Disque o BNG quere arrincar a temporada outono/inverno co debate estatutario. E falta facía que así fose. Ningún dos argumentos escoitados até o de agora para non abordar xa a reforma vale un patacón. A crise non é escusa, a non ser que os nosos políticos recoñezan publicamemte que non saben facer dúas cousas á vez. E o da sentenza do Estatut tampouco vale porque isto non é Catalunya e porque canto pase co seu non debera limitar o noso. Máis que atrasalo, estes mesmos argumentos aconsellan pórse co traballo. Canto antes reforcemos a nosa posición como país, máis oportunidades teremos para afrontar con máis recursos o que veña.
18 comentarios:
Vaia cutrada de artigo, se se lle pode chamar así.
A mi todo me parece tan óptimo que non sei como non era prioridade digamos un par de anos antes cando despois de rachar a famosa mesa deixaron morrer o conto todos os tres e agora é máis ca fetén imprescindible?
Non é un artigo. É un micro-artigo. Así como hai micro-relatos, tamén pode haber micro-artigos.
De Bloguzz sobre As uvas na solaina.
Este blog ocupa la posición 8759 de los 55152 blogs indexados en Bloguzz. En Gallego está en el puesto 17 de un total de 219 blogs.
Está mejorando su capacidad de generar buzz en los últimos días.
Su nivel de influencia absoluta es del 50%, es un blog influyente en la blogosfera. Es uno de los mejores blogs en Gallego.
Es un referente en la red acerca de Libros, uno de los mejores lugares para informarse sobre este tema.
Este blog foi todas esas cousas e máis cando escribía nel Marcos e opinaba máis xente.
Evidentemente os "Amigos de Marcos", non son nin remotamente tan xenerosos como el, que nos regalaba parte do seu tempo. Semellan cutrolos e obsesos só co seu, non vaia ser que non o rentúen todo como deben.
Eu creo que tanto o BNG como o PSdG fixeron todo o posible para que houbese un novo estatuto da pasada lexislatura, e que si foi unha clara prioridade, sobre todo para o BNG.
Foi a pechada cerrazón e a negativa do PP quen o impediu. Daquela, e dado que a situación foi invariable todo o tempo, optouse por conxelar o asunto.
Ora, do que non cabe dúbida é que sen un novo estatuto que estableza novas compentencias e financiación e as blinde, Galicia perde posicións e oportunidades.
De haber neste lexislatura un novo estatuto proposto polo PP -cousa que de momento dubido-, creo que ese sería un estatuto devaluado e moi por baixo das necesidades actuais. E se o PSdG se avén a negocialo á baixa -como parece-, imos ter un estatuto deficiente para os próximos anos. E iso pagarémolo todos, quéirase ou non.
A sombra de Nós retírase destes Amigos, non quere saber nada deles.
Eu creo que tan axiña como viron que o PP non estaba polo labor deixaron correr a historia. Quero dicir que tras as palabras de responso daqueles días, abandonaron absolutamente o tema.
A hemeroteca poderá proporcionar datos sobre as chamadas á revisión/reconstrucción do Estatuto en datas ulteriores. Silencio sepulcral. E a día de hoxe aínda ignoro por qué.
Tan seguros estaban de que ían gobernar unha segunda lexislatura que deixaron pendente a reforma estatutaria para a seguinte, cometendo o erro de non erosionar coa reforma ao Pp e traballando as suas contradiccións internas, unha proba mais da mala dirección do BNG durante ese periodo e da precariedade do pacto bipartito.
Tan seguros estaban de que ían gobernar unha segunda lexislatura que deixaron pendente a reforma estatutaria para a seguinte, cometendo o erro de non erosionar coa reforma ao Pp, traballando as suas contradiccións internas, unha proba mais da mala dirección do BNG durante ese periodo e da precariedade do pacto bipartito.
Eu supoño que non se volveu falar máis da reforma estatutaria porque non se quería queimar máis ante a opinión pública, aínda que o BNG seguiu a telo como obxectivo programático. Hai que ter en conta que para proceder á reforma era imprescindible o concurso do PP. Se non, non hai tu tía.
De feito hai unha proposta de reforma de estatuto presentado ao parlamento. Este é unha parte do preámbulo:
AFIRMANDO a nosa existencia como nación, explicitada nun feito histórico,
lingüístico, cultural, socioeconómico e político de ampla raigame e singularidade,
CONSCIENTES de que foi ao longo da Idade Media cando eses trazos se foron
definido até agromaren na Nación galega. A chegada dos suevos consolidou o
marco político dun Reino de Galiza que, mediado o século VI, xa se aprezaba
constituído. Nos séculos XII e XIII os avatares políticos dividiron este espazo
galaico xurdindo Portugal. Na Galiza mantivéronse uns trazos específicos que
permiten xa desde a baixa Idade Media identificar a Nación galega actual
enfrontando os intentos centralistas de Castela nos séculos XIV e XV. O papel
reivindicativo dos ilustrados precedeu aos grandes movimentos de defensa do
país: o provincialismo, o galeguismo e, na actualidade, o nacionalismo.
AFIRMANDO o dereito ao noso autogoberno, a dotármonos dunha estrutura
política propia e a definir a súa articulación institucional e administrativa acorde
coa nosa condición nacional, así como a configuración do nivel de
independencia ou dependencia a respecto doutras instancias,
AFIRMANDO o noso compromiso esencial e irrenunciábel coa democracia e co
dereito de todas as persoas e pobos a vivir en liberdade,
NÓS, O POBO GALEGO, dámonos e aceptamos o presente Estatuto, que
constitúe a norma fundamental e primaria da nación galega, e base para a
relación co Estado español, coa Unión Europea e coas restantes nacións e
pobos do mundo.
CONVENCIDOS de que o dereito ao autogoberno é de natureza fundamental,
que non pode ser outorgado nin limitado, os galegos e as galegas declaramos a
nosa libre e lexítima vontade de integrármonos na estrutura plurinacional do
Estado español, aceptando un acordo constitucional de interpretación dinámica,
evolutiva e aberta que debe conducirnos á construción dun Estado que avogue
por unha Europa dos pobos, na que queremos ser recoñecidos en total
igualdade con todos os demais países e cidadáns da Unión Europea.
Que ruín é o anónimo das 03:50:00 PM. Parece o típico "galleguiño", sempre rosmando, sempre pendente e ciumento dos demais, sempre falando mal dos veciños, sempre coa súa trécola amarga. Xente deste tipo foi a que deu a vitoria ao PP.
O Estatuto será cando teña que ser.
Bloguzz?. Díganos que posición ocupa o blog de Ana Bande tanto no nivel de influencia, ou sobre libros. Neste último eido creo que anda máis abundante que nós.
Ou ensínenos a pescar Maese Arume, quérese decir, onde se consulta eso?.
BLOGUZZ
Vaia por diante que eu non entendo destas cousas, mais dame a min que o Bloguzz ese non debe ser moito de fiar.
Creo eu que é ben raro que o blog de Arume dos Piñeiros ocupe dúas posicións diferentes como a 192 e a 213, alén de estar nuns postos tan baixos.
Igual de estraño é que non aparezan -ou se cadra pasoume desapercibido- os blogs Lándoas, Croques ou Ana Bande.
En fin, xa digo que eu destas cousas nin a máis mínima idea, pero non sei, non sei, non me creo moito este ranking.
Publicar un comentario