UN ESTATUTO PARA CRER NO PAÍS.
(Dende a palabra dende o corazón -primeiras Andoliñas-).
(9 outubro de 2004).
A situación política creada nos últimos meses está a formular as posibilidades dunha reforma da organización territorial do estado, onde as comunidades con mayor vontade de seu –Euskadi e Cataluña- xa están a propoñer as súas alternativas. Galiza, definida nacionalidade histórica por ter votado o Estatuto de Autonomía antes da guerra, debe facerse escoitar. Alguén debe erguer esa voz se o goberno galego non o fai: Fraga afirmou hai pouco que o noso país era unha rexión máis.
Sobre este tema falou Anxo Quintana antonte en Ourense. Falou claro, directo, mesmo didáctico: un alumno de primeiro de bacharelato podería seguir ben o seu fío argumental. Entenderano tamén os votantes? Expuxo un formulamento de nacionalismo pragmático e cívico onde conceptos como a “débeda histórica” con Galiza se enchen de contido na necesidade de contar cos instrumentos necesarios para atender as demendas dos cidadáns na súa vida cotía: na sanidade e na educación, na cultura e no artellamento da economía... Quintana valorou ademais o labor inmenso dos precursores: o esforzo de Castelao e Bóveda que nos permite falar hoxe de Galiza
como nación histórica e a nosa aspiración, xusta e merecida, a camiñar sen mimetismos, pero a un ritmo non inferior do de Cataluña ou Euskadi.
Desta vez, os cambios estructurais non teñen por que caernos do ceo, como sucedeu no inicio da transición democrática, en paralelo a Cataluña e Euskadi. Desta vez, será preciso algo máis:para empezar, crer no país, afirmou Quintana. Que non é mal programa...
Fotos de Pepe Trebolle
(No Liceo, de esquerda a dereita Marcos V., Arume dos Piñeiros, J. de Juana e Quintana -o outro-.)
71 comentarios:
Quintana sempre fala do mesmo mais, cando tocaba apretar 'os de Madrid' na aprobación anual dos orzamentos do estado vendían a Galiza por unha mísera foto. Áta se atrevía a cuantificar en número de votos cada foto dun nacionalista na Moncloa (iso vivinno eu nunha Asemblea Comarcal de Allariz).
Dise no artigo que o discurso de quintana podería ser seguido por un alumno de 1º de bacheralato, eu diría máis, os seus discursos parecen estar redactados por alumno de 1º de bacherelato.
Tocar na fibra sensible dos votantes recurrindo ó sentemento nacionalista que nos abrangue, ós ancestros da nosa cultura ou a indignante débeda histórica (agosa seica somos nos os que lle debemos a España,... e eu sen pedir nada) para arrincar uns aplausos non pasa de ser un acto de mezquindade e descarado cinismo.
Que pena me da este home, pero aí seguirá mentres quede xente que lle aplauda a súa mediocridade.
Moi ben orientado Marcos, mais hoxe só cabe unir forzas e dirixilas ao Pp, para sementarlle contradiccións e evitar que as súas partes mais galeguistas sexan colonizadas,por unha nova Génova Friky, españolísima e neocom.
"O discurso de quintana podería ser seguido por un alumno de 1º de bacheralato"
Xa che digo. O malo é que pasar dos debates Fraga-Beiras a un Feijóo-Quintana é coma pasar dunha tese doutoral sobre o pepel do estado na sociedade posmoderna aos traballiños semanais da ESO para coñecemento do medio. Ate case vou botar de menos ao vello rosmón de Fraga.
PS. Demeter, eu tamén quero ser neoCOM, como Larry Page.
O meu comentario non ven a conto do artigo de Marcos, coma sempre xenial.
Simplemente quería testemuñarlle a miña admiración e o meu afecto. Non tiven ocasión de o ver en moito tempo, nin de o tratar coa asiduidade que me gustaría. Porén, sempre o sentín, e síntoo e heino sentir, coma un amigo e unha persoa das boas, dende que o coñecera alá nos 90.
Este serán, casualidades da vida, tiven ocasión de velo na compaña dalgúns dos seus amigos, nos que recoñecín a esas persoas ás que tamén sigo, aínda sen coñecelas persoalmente ou sen tratalas con asiduidade, pola súa coherencia, polo seu exemplo e pola súa escrita.
Emocionoume ver ao Marcos, ao pé da súa dona -un bico para ela- e dos seus amigos, e poder falarlle despois de tanto tempo. Non é doado dar un paso así cando levas moito tempo sen ver a alguén, mais no caso do Marcos é diferente... Podes achegarte a el, saudalo e falarlle con esa confianza de quen se achega a un bo mestre, a un bo amigo, a unha boa persoa.
Pois iso, que aquí queda escrito. Que, ás veces, non vemos a algunha xente o moito que quereriamos, mais non por iso deixamos de querela moito. É o meu caso co Marcos.
Dende aquí, Marcos, se les os comentarios (e sinaladamente aos "comentaristas" que nos "enrollamos" demasiado neles) unha forte aperta do teu amigo (que por tal me teño) Pablo.
Ah, e dicirche, Marcos, que confío en te ver pronto, que nalgures habemos coincidir. Que iso de non ver á boa xente en tanto tempo non pode ser e por iso fago propósito da enmenda. :)
O que se pode agardar do quintanismo:
La Voz de Galicia
25-9-2009
La incorporación de Anxo Quintana como tertuliano a las mañanas de la Cope ha generado un profundo malestar en la cúpula del Bloque Nacionalista Galego (BNG), fundamentalmente en la Unión do Povo Galego (UPG), partido mayoritario en la organización frentista y que mantiene un divorcio con el ex vicepresidente que se ha agudizado desde la derrota electoral del pasado 1 de marzo. Sectores de la dirección nacionalista, e incluso algunos próximos al quintanismo, han expresado su malestar y su desconcierto por un fichaje que plantea, a su juicio, problemas éticos. La cúpula entiende que en los últimos años esta cadena de radio ha liderado una campaña extremadamente hostil contra los nacionalismos periféricos.
O mesmo, en galego, que para algo recibe a Voz tantos cartos, de todos, para o fomento da lingua:
A incorporación de Anxo Quintana como tertuliano ás mañás de Cópea xerou un profundo malestar na cúpula do Bloque Nacionalista Galego (BNG), fundamentalmente na Unión do Povo Galego (UPG), partido maioritario na organización frontista e que mantén un divorcio co ex vicepresidente que se agudizou desde a derrota electoral do pasado 1 de marzo. Sectores da dirección nacionalista, e ata algúns próximos ao quintanismo, expresaron o seu malestar e o seu desconcerto por unha fichaxe que expón, ao seu xuízo, problemas éticos. A cúpula entende que nos últimos anos esta cadea de radio liderou unha campaña extremadamente hostil contra os nacionalismos periféricos.
(...)
O divorcio do ex vicepresidente coa dirección nacionalista quedou de manifesto esta mesma semana. Na última executiva do BNG, Francisco Rodríguez, líder da UPG, reprochou a Carlos Aymerich -portavoz parlamentario e home de confianza de Quintana- que antepuxese nas súas negociacións co PSOE a consecución dun coche oficial para o ex vicepresidente a un posto do Bloque no Consello de Contas. Sectores da dirección nacional do Bloque temen que o ex vicepresidente estea agardando uns malos resultados nas próximas municipais para asomar de novo a cabeza.
Eu entendo a Quintana. De enfermeiro na Póboa de Brollón ou en Cervantes non gañaría tantos cartos e o que vale é seguir montado no machito uns aniños máis.
Este foi o ghicho no que acreditaron algúns!
Iso de que acrediaron... mais ben viron o agosto con alguén tan ambicioso e paifoco...
"...que antepuxese nas súas negociacións co PSOE a consecución dun coche oficial para o ex vicepresidente a un posto do Bloque no Consello de Contas."
Vaia elemento, a incógnita agora é coñecer a quen acredite nel.
Parece que o ten claro, acreditarán nel en Madrid, o malo e que segue sen votos, e non sei onde os vai conseguir. Acabará de galeguiño choron subindo e baixando escaleiras, nalgún palacio radiofónico de Madrid.
As cousas non poden ser tan cativas como as pintades, anónimos.
Tempos aqueles de Andoliñas benévolas (9 de outubro de 2004), Don Marcos, cando a rodaxe da esCOPEta nacional do amarelismo bloquintanista non ía tan adiantada e o "nacionalismo pragmático e cívico" aínda non descobrira as posibilidades expansivas, integradoras e episcopais que se agachan en toda ambición disposta a aferrarse como for á erótica prateada do poder e onde a máxima filosófico-política de "crer no país" se converte en "crer nun mesmo" como solución aos problemas do país dun mesmo. Cousas veredes. Neghras, Lobo, neghras. Con ou sen o estatuto como telón de fondo.
As cousas, Lobo Neghro, son aínda moito máis cativas de como as pintamos.
Aí temos o PP valenciano cheo de golfos, que aínda teñen a cara de negar que o son, mentres Zapatero goberna un estado con 4 millóns de parados.
Os medios de comunicación (La Voz, El País...) critican ou vitorean os gobernos de turno seguindo criterios comerciais, non os da verdade.
Este é o país dos ladróns e da pandereta (Belén Esteban...). Aquí o que non rouba é ghilipollas, e como dicía o outro, "no tiene amigos". Como non van roubar os políticos se aquí hai moitos empresarios que ninguén controla que defraudan a Facenda (IVA, non declaran todo o que gañan, etc)?
"toda ambición disposta a aferrarse como for á erótica prateada do poder e onde a máxima filosófico-política de "crer no país" se converte en "crer nun mesmo"
E ninguén lle vai por cota a un Quintana pasado de rosca, a un alucinado autodestinado ao éxito ainda que só recolecte fracasos?
Quen pode loubar a sua política durante o bipartido e a súa conseguinte deriva na actualidade, só outro alucinado.
Con todas as críticas que poda ter Quintana, non considero xusto decir que él perdeu. Tampouco se debería decir o contrario se o bipartito repetira goberno.
Tamén considero certo que de criticarmos a política errática de Zapatero no aspecto económico, engadir que neste país de países ( españa), a mentira é lei. O fraude fiscal debe ser enorme. Díxomo un inxeñeiro francés que nos augurou ruín futuro porque as nosas relacións non son "leales", míntese moito no tema fiscal.
Quen non o intenta?, polo menos.
Penso que o país non rebenta por eso, por a falsedade das contas.
Necesitamos, se non queremos seguir na charanga e pandereta, facer profundo exámen de conciencia, probablemente refundar moitas cousas, unhos novos pactos implicando a todas as forzas políticas como no da transición.
O xogo de partidos turrando cada un para sí, e eleccións novas, é arriscarse á demora dun futuro máis incerto a corto e medio prazo, neste momento.
Penso. Pero podo estar errado.
Sabe o que pasa, Lobo? Que sempre resultou máis atractivo un bo auto de fe ca o propio exame de conciencia.
A visión e saber facer do aomo desta casa. O que, coñecendo ben os alumnos de 1º de BAC, non ignora que a grande maioría da poboación deste país nunca acadou tal nivel escolar. Todos sabemos -ou se cadra intuímos- que Marcos Valcárcel non foi exactamente ben tratado no BNG que dirixía Anxo Quintana; ten feito explícita a súa insatisfacción, mesmo probablemente algunha amargura. Pero, sempre xusto ou menos ca iso, nunca vin transparecer nel a xenreira como factor prioritario.
Xaora, non lle vexo aplicación ou utilidade a unha contribución miña no presente debate. Opino, iso si, que é mágoa o de a elegancia non levar pegamento.
A "elegancia" é unha cousa e o masoquismo é outra cousa. O MASOQUINISMO ou MASOQUINTANISMO vaia vostede saber, señor González, que cousa é. De "xenreira", "auto de fe", resentimento e esas cousas ás que se recorre cando a crítica dos demais non se axusta a fundamento construtivo e non segue os vieiros dos biosbardos políticos nos que con tanta frecuencia acostumamos perdernos ou adormentarnos, nada de nada. No meu caso trátase que, políticamente, non son MASOQUÍN, nen creo nas visións pragmáticas e interesadas que algúns nos queren vender como dogmas de fe (non autos ou coches oficiais de fe). Simplesmente iso. Non me dirá que vostede, señor González, ve con bons ollos, ou como cousa menor, ou migalla política, o asunto da COPE. Non se decata que ese querer chegar a toda costa e a toda pasta a toda a audiencia é o que fai que moita xente se confunda e se bote para atrás e non queira saber do proxecto nacionalista? Aonde vai a nave, señor González?
Tres cousas nada máis, estimat -sense ironia- detectiu: primeira, non pensabe en vde. cando falaba de xemreira e seguramente debín precisar; a súa posición tan distante da miña sempre amosa fundamento maior e máis relevante ca ese. Segunda, apoñía elegancia como hábito no discorrer e discursar habitual do dono desta casa -confío e espero que non disinta-, ben menos quintanista ca min mesmo; oxalá o exemplo non fose tan escao, reitero. Terceira: así en principio, estoulle ben dacordo con que Anxo Quintana teña tertulia na COPE; nunca me sobra tentar chegar a máis parroquia e, con franqueza, non se me alcanza cal pode ser o custo sobrevido, non sendo o de irritar máis os xa irritados ou confirmar os seica xa sabidos.
Dígollo desde un respecto que espero sinceramente non encontre moi melifluo. Do resto podemos falar, se aínda ten interese.
Señor González, espero que saiba comprender e desculpar a miña extremada sensibilidade ou susceptibilidade cara as cousas de nós, pero é que estes días, coa sociedade catalana conmocionada e convulsionada polo caso Palau, calquer movimento suspeitoso ou xiro COPErnicano non podo menos que tomalo por penumbroso e interpretalo como unha lavazada despreciativa na cara da confianza depositada. Pois si, dígolle eu que as cousas non están para botar foguetes, aínda que hoxe á noite os boten como remate das festas da Mercè. Di vostede que "así en principio" non lle parece mal a fichaxe de Anxo Quintana pola COPE, porque nunca lle sobra "tentar chegar a máis parroquia". Pois non vexo eu que desa maneira, da que o da COPE é un paso adiante, e non precisamente pequeno, aínda que pareza simbólico ou testemuñal, se teña mellorado a presenza social e acrecentado a parroquia eleitoral. Non será que ese non é o camiño axeitado e conveniente, aínda que a priori o pareza? Dúvidas que un ten. "Non sendo o de irritar máis os xa irritados ou confirmar os seica xa sabidos." Home, eu penso que o que hai que tratar é de non irritar mais aos que xa o están, que por algo o estarán, e porque son da casa, e porque xa é hora de darlles unha alegría e arrancarlles un sorriso. E mais porque non é xusto que os que nunca tiveron ocasión de irritarse, porque son de bon facer e nadan a favor da corrente e todo lles parece ben e a todo dicen amén, sempre se saen coa sua e levan a auga ao seu rego. Vendo como van as cousas, xa é hora de pararse a reflexionar e non dicer a todo que si. Saudos.
É admirabel a fidelidade de XMG co seu lider, sígueo ata o desvarío. Pero vai resultar mais culpabel el que Quin, porque este anda pasadiño e o XMG faino a plena conciencia.
Vaia por diante: nese país que vde. habita o tema COPE é outro tema; así e todo, non sei se a tal cadea ten aí tertulias de alcance nacional ou local, se nas tertulias participan xentes vencelladas, mesmo expoñentes de alcance en CiU ou ERC (inciso: aínda haberá cousa dun mes souben que seguía existindo o PSAN, que Josep Guia anda aínda na política e obviamente é choio diverso), en diálogo e discusión con homólogos de casa allea ou comentaristas doutra ocupación habitual.
Mire: as noticias que chegan sobre debates televisivos e electorais en Cataluña, mesmo algunha pasaxe que teño entrevisto hai anos (candidataba o Jorge Fernández Díaz, non lle digo máis) producíronme e prodúcenme excelente impresión canto a confrontación e afán de chegar a toda a parroquia; sabendo, xaora, que a toda toda non se chegará. Como, así en principio e sen que sexa escoita habitual ultimamente, me parecen de bastante alcance os elencos da Gemma Nierga; e non que lle sexa ao PP desfavorable a presenza alí de significados membros seus con cadeira estable.
Será malo para o nacionalismo en xeral, e o BNG en particular, que un inconfundible militante leve a propia voz e -seguramente non poucas veces- a defensa dos postulados galeguistas e a posición da súa organización a terreo sexa comanche ou só ideoloxicamente azaroso? Por que terá que cabrear tantísimo a quen en todo caso (volvo aclarar: non vai particularmente por vde., é colectivo) ben podía ignorar logo dun displicente, implícito ou explícito "Cousas de Quintana!".
O que son eu, estimado colega de Pepe Carvalho, non estou polo labor de regar nos límites sociolóxicos e demográficos da hortiña presente. Vexo ben que non faltan evidencias valedoras de tal tese, vde. puntualízao cando alude (non é a primeira vez) á perda sucesiva de sufraxios no tempo que foi quintanista; eu sigo en que a estratexia non era mala, segue sendo boa, pero xaora as cifras do truncado proceso -en por elas- falan con vdes. Así e todo: dicía vde. que a onde vai a nao; eu non lle sei, agora mesmo non lle sei. Pero xa non é Quintana quen lema o leme, senón seica outro que nin é amigo del nin se cadra aproba as súas opcións radiofónicas. Élle o que hai.
"eu sigo en que a estratexia non era mala, segue sendo boa"
Felipito Tacatun!
Eu, señor González, hai tempo que deixei de crer en oasis políticos, esquerrasrepublicanas e anxos benefactores. Aborrezo os tics de poder e os amarelismos oportunistas, e non sei quen anda na COPE, porque non a escoito. Até aí podíamos chegar. Tampouco son tan crédulo para crer que a incorporación do "inconfundible militante" Quintana ás ondas de Rouco Varela obedeza á "defensa dos postulados galeguistas e a posición da sua organización". Supoño que se trata dunha broma, porque doutra maneira non se entende. Aínda vai resultar que é vostede un humorista de moito cuidado. Eu mais ben penso que se o señor Quintana fichou pola COPE é para gañar fregueses para a sua propia causa, que non ten porque ser precisamente a dos postulados galeguistas, etc. Que non é precisamente a dos postulados nacionalistas, senón a rexionalismo mais descarado e a doutros "ismos" non menos... A respeito do "oasis catalán" e a burguesía catalana, estes días hai opinións a barullo, todas críticas, porque o do Palau rebordou a cunca da confianza no poder deses centenares de apelidos ilustres que están en todas as salsas operísticas e crematísticas. O artigo de hoxe en La Vanguardia do apelido ilustre Joan de Sagarra, fillo de Josep M. de Sagarra, o gran escritor catalán, é ben significativo. Aínda que o de Enric González, fillo do novelista de xénero policíaco González Ledesma (fillo a sua vez dunha modista do barrio onde eu vivo e que daquela escrebía novelas do oeste baixo o seudónimo de Silver Kane), non está nada mal. Aí vos van uns fragmentos do seu artigo.
La reserva sagrada
ENRIC GONZÁLEZ 23/09/2009
Nos gustan los mitos. Cuanto más brumosos, mejor. Una de nuestras ensoñaciones preferidas es la que lleva por título "la burguesía catalana".
Esta expresión tan popular, "burguesía catalana", ha brotado a chorro tras conocerse el expolio del Palau de la Música.
Por razones complejas, hemos decidido que una serie de familias, protagonistas de la economía catalana en el siglo XIX y principios del XX, y supervivientes (gracias a oportunas alianzas con el gobierno de Burgos y con el franquismo) a las convulsiones de la Guerra Civil, son para siempre "burguesía catalana". En realidad, se han transformado en una oligarquía parasitaria basada en la potencia evocativa del apellido y en una útil red de contactos, fraguada en la escuela y los veraneos.
Es evidente que sólo ejerce como presunto "burgués catalán", feliz dentro de la reserva sagrada, quien actúa como parásito.
Existe una alta burguesía catalana real, pero se ha hecho por aluvión (es lo que tiene la realidad, tan desordenada) y nos cuesta identificarla como tal. Quedan apellidos notables, aunque nunca tendrán el brillo mitológico de los Millet y los Güell.
Volviendo a la oligarquía parasitaria, la que merodea en torno a las instituciones públicas y a la política para vivir a costa del contribuyente, podemos dar algo por seguro: sobrevivirá. Y seguirá medrando. Tal vez Fèlix Millet no pueda repetir resurrección, como tras su experiencia carcelaria por el caso Renta Catalana, pero otros como él asumirán el relevo. No sirven de nada, pero nos hacen falta. Forman parte de nuestro entramado mítico. ¿Y qué sería de esta sociedad sin sus mitos?
Desde hai varios anos estou subscrito a unha edición en liña e moi recurtada de La Vanguardia; rara vez teño tempo para revisar con atención os contidos que me remiten diariamente. Estimaría ben, Detective, que se fai favor engadise algún enlace ao caso Palau, e se houber, que haberá, algún outro artigo de opinión.
Pero no tocante ao de aquí debe haber algo que me entendeu mal. Citaba a ERC como partido distante que, aínda así e todo, ao mellor participa en tertulias da COPE; séxame perdoado se ofendo. De min sei que non fun convidado a facelo (de feito, nin me consta que existan neste país). Que de ser, iría ou non iría dependendo; pero pola simple sigla non había negar.
Mire, lembro cando a cadea era outra cousa, eu andaba en 6º de Bacharelato e a emisión luguesa resultaba ben máis interesante cá da SER; hai derivas de ida e volta, ben sei que esta parece marea e tampouco non gasto. Ora ben: desprezar, sen máis, a audiencia? Son todos eles contumaz caverna de acérrimos e impermeables cavernarios? Pois mire, non.
Tocante a Anxo Quintana. Eu a vde. non o cualifiquei nin teño mentes de facelo. A súa experiencia terá, recoñézolle a maior abundancia informativa que fornece unha proximidade porén a miúdo escasamente equilibrante: isto, canto a obxectividade no xuízo, quede claro. Pero nin comparto o seu xuízo sobre a liña quintanista, nin a priori teño por que pensar que busca o seu exclusivo e particular beneficio (digamos lucro, non nos cortemos), nin un ten por que mudar co río ou negar o que pensa agora que tocan lanzas. Nin penso que o seu conveciño de orixe sexa o maior líder nacionalista existente, nin lle teño devoción ao aplauso de orellas; agora nin antes. Só digo que o deseño do ex alcalde -tortuoso, defectuoso- levaba xeito no sentido do que eu quero.
Non sei se algunha vez, ao respecto, entraremos en detalle. Agora, teño choio.
Debo ser dos poucos habitantes do planetarium internáutico que non sabe pór un enlace. Por vagancia, por non preocuparme por aprender. Prometo que me porei ao asunto na maior brevidade. De todas as maneiras, se vas á Vanguardia e pos no buscador Fèlix Millet, apareceranche unha fartura de artigos, reportaxes e opinións que che darán para ler durante un mes seguido. Mesmo che aparecerá a confesión pública de Fèlix Millet, que é todo un documento e que produciu un auténtico terremoto/terratrèmol na sociedade catalana. Intentei pola, pero este cacharro non a aceita (Su HTML no es aceptable: Must be a most 4,096 characters, tal cual). Vou probar con este do público de hoxe, a ver se hai sorte. Nada, tampouco pasa. Teño que aplicarlle as tixeiras.
LA CAÍDA DEL CIUDADANO MILLET
A.M.VIDAL/F.CASAS - BARCELONA - 28/09/2009
Una carta dirigida al juez, en la que Millet habla "desde la penitencia más profunda", ha confirmado que en el entramado de entidades creadas entorno al Palau se dio un fraude fiscal masivo. Millet admitía haber desviado 3,3 millones de euros e implicaba a su director administrativo, Jordi Montull. La confesión detallaba que Millet compró locales que luego revendió al Palau por el doble de lo pagado, que gastó 1,3 millones de euros en reformar su casa o 300.000 euros en viajes a Maldivas o Dubai. Sin embargo, el fraude real podría alcanzar los 12 millones. Todo un escándalo habida cuenta de que en la financiación del Palau participaban las principales empresas catalanas y que el Ministerio de Cultura, la Generalitat y el Ayuntamiento de Barcelona formaban parte del patronato de la Fundació Orfeó Català-Palau de la Música. Si en su día había empujones para fotografiarse con Millet, hoy las prisas son para marcar
Una persona que vivió en directo el flechazo entre Millet y Aznar que se saldó con la entrada del primero en la FAES catalana y con una sorprendente subvención de 13 millones del Ministerio para el Palau en vísperas de su centenario explica que Millet cultivaba sus relaciones. Cada verano, por ejemplo, se citaba para comer con el líder de CiU, Artur Mas, en Fornells (Menorca), donde ambos tienen casa. Este año, tras estallar el escándalo, Mas declinó la invitación: tomaron una copa.
Para entonces, el castillo de naipes de Millet había iniciado su derrumbe tras décadas de honorabilidad. Un responsable de Hacienda en Barcelona explica que "nadie veía nada raro en su tren de vida porque todo el mundo da por descontado que las grandes familias burguesas tienen patrimonio familiar". Además, constata que "en la alta burguesía catalana hay una tradición secular de fraude fiscal".
El propio Millet, que acumulaba más de 30 cargos, describía hace poco el ambiente de confraternidad en la vieja sociedad civil barcelonesa: "Somos unas 400 personas, nos encontramos en todas partes y siempre somos los mismos". Ahora, un histórico de la elite barcelonesa se lamenta así: "Nos costará mucho trabajo recuperar el prestigio".
En pleno hundimiento, queda por ver si Millet acabará en prisión, algo que fuentes jurídicas dan por hecho. Y en el aire flota la pregunta que ha expresado una persona que le conocía bien. "Está hundido, pensaba que nada de esto saldría nunca. Me pregunto cómo pudo ser tan ingenuo". La respuesta está clara: él iba al Palau con chófer, era un señor de Barcelona, todo un Millet.
Grazas polo texto introdutorio, que verei de ampliar vista a tea que promete. Canto aos enlaces, faise así (vai a cousa por partes, xa que nunha única mensaxe non o admite):
<
a href="
Páxina web enlazada (p.e, esta, https://www.blogger.com/comment.g?blogID=23750033&postID=151191277106367437).
">Texto que soporta o enlace (p.e., Debate Quintana)
<
/a>
a>
Vai todo seguido, sen espazo ningún, e eis o resultado: Debate Quintana.
Espero que se entendese.
CORRECCIÓN DA MENSAXE ANTERIOR:
/a>
Vai todo seguido, sen espazo ningún, e eis o resultado: Debate Quintana.
Espero que se entendese.
CORRECCIÓN DA MENSAXE ANTERIOR:
/a>
Vai todo seguido, sen espazo ningún, e eis o resultado: Debate Quintana.
Espero que se entendese.
Despois da chafallada precedente, é fácil que non se entendese. Se tal, vólvoo poñer, e espero que máis eficazmente.
Non se preocupe, mesié González, que xa intentarei encaixar axeitadamente as pezas do quebracabezas enlazadeiro. Obrigado. Para coñecer un pouco os Millet pode valer o artigo de onte de Joan de Sagarra (tamén reducido).
De dulces y bocatas
JOAN DE SAGARRA - 27/09/2009
Me había prometido a mí mismo no escribir ni una raya sobre el affaire Millet, porque ya se ha escrito mucho sobre ese desagradable asunto, y por gente mucho más seria y civilizada que yo. Pero en el barrio me acribillan a preguntas. Será, supongo, porque llevo un apellido ilustre, pero lo cierto es que no dejan de acribillarme sobre si lo conozco y qué pienso de él.
Pues sí, lo conozco y sobre todo conocí a su padre, Fèlix Millet Maristany, siendo yo un niño. Su padre era uno de los mecenas del mío, como antes lo habían sido Cambó o el señor Mateu, en Mateu dels ferros. Cuando, después de la guerra, eso que se llama la cultura catalana era inexistente y no estaba permitido por el franquismo publicar libros en catalán, el señor Millet financiaba, pagaba a mi padre para que este escribiese libros, como El poema de Montserrat, que luego se editaban en ediciones de bibliófilo y se vendían por suscripción y de tapadillo. El señor Fèlix Millet Maristany fue un prohombre de la cultura catalana en los años cuarenta y cincuenta. Yo recuerdo muy bien a aquel personaje hasta el momento en que se funda Òmnium Cultural, no sin diversos enfrentamientos entre personalidades de aquellos años, enfrentamientos que les he oído comentar a gentes de aquel tiempo, protagonistas de los mismos, como Pere Puig Quintana, Maurici Serrahima, Josep Benet o el president Tarradellas, amén de mi padre. De niño, guardo un buen recuerdo del señor Millet. Recuerdo con suma satisfacción el futbolín que el señor Millet regaló a mi padre cuando este cumplió 50 años. Fue durante una pequeña fiesta que hicimos en casa, en nuestro piso de la Bonanova, por la que tuvimos que pedir permiso a la policía, y a la que, con sólo 6 años, me permitieron asistir, hasta altas horas de la noche. Aquel futbolín es el único que he tenido en toda mi vida, yme hizo muy feliz. También recuerdo algunas fiestas en la finca del señor Millet, en l´Atmella, donde tanto él como su mujer se mostraban muy cariñosos con los niños y nos regalaban con unos dulces buenísimos.
Al hijo, la verdad, lo conozco poco. En una ocasión me ofreció formar parte de un grupo de personas encargado de asesorar sobre las actividades del Palau no relacionadas con la música clásica. Eran los años de la nova cançó, cuando los cantantes se derretían por "fer un Palau". Le dije que no, que no era lo mío. Su conducta, la del ladrón, no me ha sorprendido. Eso puede pasar, pasa en las mejores familias. Ni me ha escandalizado (si algo me ha escandalizado es la buena fe,la confianza de las respectivas administraciones encargadas de controlar las cuentas del Palau), pero me ha dolido, por aquello de su padre, que le permitía vivir y escribir al mío, por aquel futbolín y aquellos dulces. Me dolió que fuera un Millet, más que un dels nostres (yo no soy nadie). De todo lo que he leído y escuchado estos días sobre el affaire Millet lo que más me ha llamado la atención son las declaraciones del director de un coro que confesaba que los cantantes de ese coro, cuando ensayaba o cantaba en el Palau, tenían que pagarse los bocatas de su propio bolsillo. Durante cuatro, seis, ocho horas de ensayo, el Palau no tenía la gentileza de ofrecer un bocadillo a los cantantes, que actuaban gratuitamente, por amor al Palau. Yo pensaba en los dulces que me zampaba en la finca de l´Ametlla y, cómo no, en los 66.000 euros que Fèlix Millet, el hijo, cobraba - ¡de sobresueldo!- por la gestión del Palau. Y yo pensaba en lo que me dijo un amigo de mi madre cuando, en 1978, el alcalde Socias me nombró delegado de Cultura del Ayuntamiento barcelonés. "¿Cultura? Lo siento por ti, chaval, no podrás robar gran cosa". Mi sueldo mensual era de 134.000 pesetas y, la verdad, dado el miserable presupuesto de la delegación de Cultura, no había gran cosa que robar.
Gran documento, sen dúbida, amigo detective. Miseria hominis nas Ramblas. E logo quéixanse dos soportais da Boquería.
A burguesía catalana, esa filantrópica sociedade que apadriñou o desfile (que ordinariez desfilar!) pola Avinguda (antes de ser Avenida) de la Diagonal o 26 de xaneiro de 1939, agora expía (un dicir) os seus pecadiños.
Que importa un Palau se podemos telos todos!
Mi abuelo fue peón de hacienda
y yo un revolucionario,
mis hijos pusieron tienda
y mi nieto es funcionario.
(Víctor Jara)
Soldo, cinco veces o que ghanaba o meu pai no ano 1978.
"Adepende"...
Anque o pai do "interfecto" lle regalaba doces, e un futbolín e financiaba libros, non nos quedou claro en que ghanaba os cartos.
Duvido que o autor cheghe a saber nunca de toda-las actividades "mercantís" do Mecenas.
Aquel prohombre.
Deixamonos levar por as emocións.
El 'caso Millet' y sus coartadas
JOSEP RAMONEDA 29/09/2009
El caso Millet es uno de tantos ejemplos del abuso de poder (que es para mí la definición del mal). Personajes que colocados en posiciones de dominio e influencia actúan como Millet los hay en todas partes, sin distinción de clase, ideología o creencia. Naturalmente, son más frecuentes en las clases altas porque tocan más poder que los demás, por tanto tienen más oportunidades. Pero los recién llegados al poder y al dinero no son forzosamente mejores que los de toda la vida. En fin, basta mirar estos días a la Comunidad Valenciana para saber de las consecuencias del ejercicio del poder desde la impunidad.
Porque el elemento común en estos casos es creerse impune. Y es aquí donde es posible que el caldo ideológico de las élites catalanas haya podido intervenir. Siempre que se decreta un bien absoluto y prioritario -en este caso hacer patria- hay gente dispuesta a sacar beneficio de ello. Con estos materiales y con su sistema de relaciones personales construyó Millet el parapeto detrás del cual sentía que todo le estaba permitido.
El poder simbólico del Palau de la Música hace que el caso Millet sea visto como algo más que una estafa. Es una profanación de un icono del país, de la música y de la cultura. Los fallos en los sistemas de control social y político han venido a reforzar la desconfianza en las instituciones: llueve sobre mojado. Algún distinguido periodista de Madrid, José Antonio Zarzalejos, por ejemplo, ha aprovechado para convertir este caso en la prueba del carácter anacrónico y alejado de la realidad del nacionalismo catalán. Nunca he ocultado mi nulo apego a los nacionalismos de cualquier especie, pero no creo que tengan la exclusiva de la impunidad. Y desde luego, el nacionalismo español no parece ni más moderno ni menos propenso a servir de tapadera de negocios que el catalán. Aunque sólo fuera por el tamaño.
Y sin embargo, creo que seguir por la línea de la sociología de lo patriótico no sólo es equivocado, sino también el mejor camino para que este caso nunca se esclarezca del todo. Con suma facilidad se pasa del caldo de cultivo a la responsabilidad colectiva, que es la mejor garantía de que nadie sea responsable. Está muy bien decir que la sociedad debe ser más exigente y más atenta, y que un proyecto de sociedad más abierta, menos endogámica, tendría más defensas contra este tipo de acciones. Pero se empieza flagelándose colectivamente y se acaba acotando las responsabilidades al mínimo número de personas para no provocar el desánimo nacional y el desprestigio del país.
Cualquier hecho delictivo tiene responsables con nombres y apellidos. La responsabilidad penal colectiva no existe. Las responsabilidades son individuales. Hay elementos para pensar que se trataba de una trama familiar -la familia que roba unida permanece unida- y que todo quedó en casa. Pero ante la envergadura de la estafa y ante la negligencia de las instituciones es inevitable la sospecha. Por eso hay que confiar en que la investigación tire de todos los hilos del caso y busque hasta el último rincón, aunque éste pueda llevar al omnipresente cáncer de la financiación de partidos o a gente con presunción de intocable. Si la coartada patriótica no puede aceptarse como explicación de lo que ocurrió, tampoco podemos permitir que sirva para ocultar potenciales terminales de esta espectacular estafa. De lo contrario, será el tejido social entero el que saldrá dañado.
Cristalino. Só é de laiar, unha vez máis, o deplorable uso dos pronomes.
Non empregarei deplorable para definilo, pero a súa insistencia en saír sempre en tal tribuna para falar del mesmo tampouco non lle é favorable. Estas cousas deben deixarse correr (porque é ao que estás exposto e no caso da participación na COPE ten que saber que está aínda máis exposto: non se pode nin se debe estranar) ou contestalas do mesmo xeito que fan os outros: en entrevistas ou en pequenas declaracións. Pero non abusando de columnas. Creo eu.
Lamentablemente, neste país hai que explicarse por participar nunha tertulia radiofónica interpartidaria. É opción posible ficar calado en tanto sobre un choven merda (perdoando) e lanzas. Pero eu estimei ben ler os datos e posición do interesado; home, é impagable: se o sr. presidente dixo a estas alturas que non coñece o ex concorrente como debatedor, o feito supera amplamente os meus hábitos especulativos.
Noutra orde de cousas: veume á cabeza estes días que a seica capacidade de Quintana para irritar -prodúcese tal efecto, aparentemente, cada vez que se nota que aínda existe- coa que alcanzou no seu día Castrillo des que ousou, primeiro, ser alcalde de Vigo; segundo, non lle dar ponte de prata ao "fágase" que veu despois. Aclaremos, e o cortés por diante: non o vexo eu a vde., Arume, en tan irado papel.
MELLOR ASÍ:
Lamentablemente, neste país hai que explicarse por participar nunha tertulia radiofónica interpartidaria. É opción posible ficar calado en tanto sobre un choven merda (perdoando) e lanzas. Pero eu estimei ben ler os datos e posición do interesado; home, é impagable: se o sr. presidente dixo a estas alturas que non coñece o ex concorrente como debatedor, o feito supera amplamente os meus hábitos especulativos.
Noutra orde de cousas: veume á cabeza estes días comparar a seica capacidade de Quintana para irritar -prodúcese tal efecto, aparentemente, cada vez que se nota que aínda existe- coa que alcanzou no seu día Castrillo des que ousou, primeiro, ser alcalde de Vigo; segundo, non lle dar ponte de prata ao "fágase" que veu despois. Aclaremos, e o cortés por diante: non o vexo eu a vde., Arume, en tan irado papel.
Eu, de iras, poucas: as xustas digamos. Prefiro outros modos, se quere, máis retranqueiros, aínda que me estea mal dicilo.
Non lle quito eu dereito de se defender a Anxo Quintana: faltaría máis. E non me verá a min agora facer (nin apañar) leña, que o tempo xa foi maricanonchores e daquela comentei o que había que comentar. Coma a vostede, non me pareceu moi alá a súa ubicación na mesa, non tanto polo que vostede aduxo (que tamén) senón porque nese posto tiña algunhas mans atadas e, sobre todo, moita voz apagada. Non sei se iso explica a necesidade de acodir a tribunas determinadas (ninguén lle dixo nada de que escriba, por certo, no Xornal, cando os lectores deste poden atopalo demasiado redundante), pero o certo é que se quere intervir, como pode e se cadra debe, na vida pública galega de forma determinante, creo eu que hai outros vieiros (mesmo o propio parlamento desligándose de labor tan intermediadora) máis acaídos ca este. Pero é opinión miña sobre formas de comunicación, non, xaora, sobre a súa posición política que xa quedou noutrora e por estes pagos tamén por min comentada.
Sobre Castrillo, non sei se o tempo será (ou está sendo) tan piadoso coma vostede.
Que conste que xa botaba de menos esta tensión dialéctica. Benvida.
Tocante ao ex alcalde vigués, eu teño a miña propia teoría, sintetizada no seu día e que no substancial manteño. Ben sei, ben sei que no do PXOM non fun bo predictor; canto ao resto, deamos máis tempo, ata cando semelle que a vertixe comeu todo pero de súpeto o aire levante area.
Sobre o ex alcalde alaricano: no outro meu artigo que vde. me fai favor de evocar, pretendía aludir tamén ao da boca calada. Coincida comigo en que, xustamente, calado é como parecen querelo moitos, entre afastados, 'próximos' e mesmo próximos. Amplísima e táctica coalición fáctica dos que nunca se coaligarían teoricamente.
En confidencia: non sei como avaliar agora a figura e papel de Anxo Quintana, ignoro por que adoptou as súas decisións canto a participación pública ou as previsións de futuro. Outros teñen máis claro que quere isto ou o outro, sempre in mala parte; eu, non. Como presidente do IGEA, veremos o que dará. Ten columna en Xornal e eu, que nin moito menos sempre o leo, desta volta gustei polo motivo escolmado e algún máis. E estimo ben o da tertulia na COPE, que penso escoitar algunha vez con tal de saber o(s) día(s), aínda que prego encarecidamente me manteña o segredo, xa que por motivos obvios nunca me atrevería a recoñecelo publicamente.
Con todo iso: é boa a política comunicativa que persoalmente segue quen foi (hai un millón de anos) vicepresidente en Galicia? É ben posible que non, como tamén que ninguén lla conduza. Unha cousa, cando menos, teño clara: non ten nin usa corrector de textos.
DE NOVO HAI QUE CORRIXIR: E é que entre táctica (termo erróneo) a tácita (o adecuado) hai un abismo intencional non pretendido. Desculpen: non sei se algunha vez volverá a calma.
Tocante ao ex alcalde vigués, eu teño a miña propia teoría, sintetizada no seu día e que no substancial manteño. Ben sei, ben sei que no do PXOM non fun bo predictor; canto ao resto, deamos máis tempo, ata cando semelle que a vertixe comeu todo pero de súpeto o aire levante area.
Sobre o ex alcalde alaricano: no outro meu artigo que vde. me fai favor de evocar, pretendía aludir tamén ao da boca calada. Coincida comigo en que, xustamente, calado é como parecen querelo moitos, entre afastados, 'próximos' e mesmo próximos. Amplísima e tácita coalición fáctica dos que nunca se coaligarían teoricamente.
En confidencia: non sei como avaliar agora a figura e papel de Anxo Quintana, ignoro por que adoptou as súas decisións canto a participación pública ou as previsións de futuro. Outros teñen máis claro que quere isto ou o outro, sempre in mala parte; eu, non. Como presidente do IGEA, veremos o que dará. Ten columna en Xornal e eu, que nin moito menos sempre o leo, desta volta gustei polo motivo escolmado e algún máis. E estimo ben o da tertulia na COPE, que penso escoitar algunha vez con tal de saber o(s) día(s), aínda que prego encarecidamente me manteña o segredo, xa que por motivos obvios nunca me atrevería a recoñecelo publicamente.
Con todo iso: é boa a política comunicativa que persoalmente segue quen foi (hai un millón de anos) vicepresidente en Galicia? É ben posible que non, como tamén que ninguén lla conduza. Unha cousa, cando menos, teño clara: non ten nin usa corrector de textos.
Pois se fose coma vostede que non deixa pasar unha (eu puxen antes un aduxo, que me produxo febrícula), teríamos a Quintana escribindo e rescribindo todos os días no XdG. Let it be.
Menos mal, señor González, que non enlazou tamén o artigo do mesmo xornal, ABRIENDO LAS VENTANAS EN EL BNG, dun tal Manuel Casal. Por unha banda, Don Anxo Quintana afirmando que "Os ataques que eu recibo son por ser Nacionalista e por facer política Nacionalista" e por outra o tal Casal aplaudindo a valentía de Don Anxo e desexando que este a aproveite para ventilar a casa política que lle dá acollida e espallar a doutrina nacionalista por todos os recantos da nación de nacións, onde todo é incomprensión por descoñecimento. A selección dunhas cuantas frases do artigo do tal Casal danos a medida das suas intencións: "Tengo ganas de escuchar a don Anxo Quintana en la COPE. Hace bien en jugársela, para que entre aire fresco hay que abrir ventanas. El BNG de Paco Rodríguez es una habitación con vistas al pasado, cerrada y sin ventilación. Desde la UPG se fustiga a Quintana sin conmiseración. Don Anxo hace bien y sus correligionarios deberían imitarlo y no desaprovechar la ocasión de acceder a nuevos púlpitos. El Bloque tiene que dejar de ser un ladrillo para convertirse en la piedra angular de la política gallega. El BNG tiene que abrirse a la sociedad y actualizar su mensaje que no quiere decir renunciar a sus ideales." Feijóo e a UPG contra Quintana e Casal a favor de Quintana e contra a UPG. En que quedamos, é Don Anxo un nacionalista perigoso que convén eliminar do cenario político ou un nacionalista asisado, chamado a renovar a mensaxe do nacionalismo estragada por tantos anos de dogmatismo e visceralidade rodriguista?
Se queredes seguir co caso Palau, podedes ir, por exemplo, a El Periódico de Catalunya, pondo no Google elperiodico.cat, ou elperiodico.es, e abrir a noticia que hoxe ocupa as primeiras páxinas e imaxes informativas e que produciu outro "terratrèmol", como o cualificaron en TV3: EL PALAU VA PAGAR 12 MILIONS DE PESSETES PER ALS DEUTES DEL PARTIT D´ÀNGEL COLOM. O Colom admíteo e blablabla. Non sei como vai acabar este asunto, aínda que podo facerme unha idea.
Pois do primeiro, segundo dixen, non lle sei. Noutra orde de cousas, un detalle curioso: nos comentarios ao artigo do seu coterráneo, por min enlazado, prolifera a miña mesma opinión: tanto na participación tertuliana coma no lingüístico. Corrector, pregámoslle todos, ou unhas horas de estudo!
Tocante ao terratrèmol, mantéñanos informados. Certamentepaga ben a pena o levantar de alfombras.
Quedoume, porén, algo por dicir en tal cousa catalá. Burguesía é burguesía. A crème é a crème, con agre ou sen el; sexan en total catrocentos ou a parte proporcional dunha cidade oito ou vinte veces menor.
Ora ben: confeso ter un respecto pola burguesía catalá. É consabida a teoría de la pela e materia aproximante os casos Savolta. Pero doulle un valor á permisión artística, gusto do exótico ou admiración ao xenio (que sei eu!) probablemente causantes do panorama único que ofrecen o Passeig de Gràcia e mais un parque incomparable; e a que na posguerra se mantivese o facho, cando menos, do libro en catalán. Sería posible aquí (fóra do meritísimo e posterior Xosé María Álvarez Blázques)caso coma o do editor Rafael Dalmau?
Que lle queren, non llelo podo levar a mal. Nin deixar de contar os motivos.
O de promover o catalán exime? É patente de corso en si mesmo?
Xa ven que as Últimas tardes con Teresa deixou en min forte pegada.
Quen -levado quizá por benevolencia ou ao mellor curiosidade- pique no enlace da miña mensaxe anterior, e posto alí prema na imaxe do documento oficial exhibido na primeira páxina, quedará informado sobre unha actuación do Ministerio español de Información y Turismo en tempo de Fraga Iribarne; nada, en todo caso, novo. Acontece, porén, que determinadas cousas (por veces, e aspectualmente, determinadas causas) son de por si boas ou malas; sen que se volvan, por ende, coartada para outras causas e cousas.
En fin, descarguémomos inicialmente do posible equívoco canto a vincular esteritamente certas figuras e iniciativas catalanistas á élite barcelonesa que foi connivente ou convivente co réxime desde o 1939: xaora, non é o caso. Pero si o é que naquela xeira ("Prohibido hablar catalán" en oficinas e espazos públicos e oficiais) houbo quen sostivo e posibilitou unha certa persistencia do rexistro formal e literario.
Fico ben lonxe de considerar iso como negativo. Reitérome: confeso ter un respecto pola burguesía catalá; fixo posible a arquitectura modernista e a edición en lingua propia baixo a orde franquista. E se uns dan por consabidos tales méritos (ata o punto de eludir citalos no momento da crítica), eu dou por tal semanas tráxicas, casos Savolta e afán de lucro; iso si, mencionándoos.
No resto, actúen os tribunais e enfróntese asociedade aos seus indebidos mitos. Por certo: gustoume ben o artigo do Ramoneda, e non é excesivamente habitual.
Falou vostede, amigo Saavedra, do Passeig de Gràcia, calei e outorguei, pero dame a min que á burguesía catalana non lle facía moita gracia, con perdón, o Plan Cerdà, anterior a calquera modernismo. Despois aproveitaron (e mudaron coa adición de máis edificabilidade) o Eixample para colocar aí os seus edificios característicos. Eu non lle son moi devoto do movemento modernista e menos de Gaudí, pero hai que recoñecer que a marca (de acendrado espíritu relixioso e mesmo místico) define a Barcelona.
Eu, por preferir, prefiro (tamén burgués, ou aínda máis) o gótico. ;)
Sería interesante coñecer que se dicía nesa obra censurada que amolara en 1967.
Hoxe hai xornais que non publican a certos autores; hai autores que se autocensuran para poder publicar onde queren; hai sutis indicacións de que por aí non vai a cousa ou silencios clamorosos cando o artigo entregado non remata onde debería entregarse. Non hai censura oficial, digamos ministerial e obrigatoria, pero parece insólito (pero verosímil) que a censura (ou arbitrio do privado ou non tan privado editor) se perpetue de modo flagrante. Menos mal que temos estes aparatos diabólicos e apocalípticos que permiten falar máis libremente, que se non...(*)
* Non crerán esto último, verdade?
Por unha parte, que quere que lle diga... Sempre nos quedan cautela e retranca, derradeiro recurso dos galegos e ben nos entendemos. Disque. Eu teño varios opúsculos do editor Dalmau, publicados entre o 1961 e o (paréceme) 73, pero diso igual falamos noutro momento.
Sobre o anterior: a cidade do Porto ten, ben saberán, un percurso quilométrico a pé de río (ou así), con diversa toponimia; nun deles (paréceme que o Passeio Alegre, non estou fixo), figura placa aludindo aos problemas que houbo para construílo (século XIX), dada a posición dun poderoso home de empresa que tiña alí a factoría.
Madia leva. Non demasiado infrecuentemente son lucros compañeiros da arte, como a lingua do imperio. La pela és la pela. Con todo, eu valoro a ousadía (ou impulso chic?) que resolveu financiar os soños e proxectos dun home que foi relixioso, comezou un templo expiatorio que aínda domina Barcelona e moitísima outra obra.
A min, máis ca gustar, o Modernismo admírame; pero mentiría se non recoñecese impacto estético de grande envergadura. E, home, non negaremos tampouco ese gótico cuxos pináculos e bóvedas disparaban o ser humano cara á inmesidade celeste; celestial.
Aquí tamén chega.
Pois eu sonlles máis de prerrománico e de románico. Tamén de certo barroco: o compostelán. En fin, gustos, celestiais ou non.
Pasen unha boa tarde.
Hoxe opina en La Vanguardia outro apelido ilustre e home fino, comedido, temperado.
LA INFECCIÓN DEL PALAU
Antoni Puigverd 02/10/2009
Decíamos la semana pasada que en Catalunya estamos tocando fondo. La crisis coincide con la culminación de una larga etapa de impotencia y desgaste del catalanismo transversal. En este contexto, un caso de corrupción como el del Palau suscita algo más que escándalo, decepción y malestar. Se convierte, querámoslo o no, en la metonimia de Catalunya, es decir, en una biopsia representativa de una enfermedad general. Todo parece caer. Y de lo que no cae, se sospecha.
Cierto periodismo pretende hacer el agosto recuperando la guillotina de papel. Más de un Robespierre y de un Fouché de regadío pretenden ocultar sus responsabilidades o sacar provecho de las miserias del Palau, desempolvando un radicalismo olvidado. En otro extremo, Àngel Colom, el primer político que aparece relacionado con el saqueo de Millet, responde politizando el caso, en lugar de asumir sus responsabilidades o defender técnicamente su inocencia. A veces hay que saber morir de pie, pero la gente acostumbra a emprenderla a tiros. Esto empieza a parecer un saloon. Las balas salen de todas partes.
La guillotina y el saloon durarán todo el año electoral. Pero esto no curará la decepción de la ciudadanía. La infección del Palau deja más huérfanos a los catalanes. Cada vez son más las marcas políticas que intentan captar los votos de los catalanes (si CUP, Carretero, Laporta y UpyD se presentan a las próximas elecciones, la gama de colores será infinitamente superior a la española). Pero basta con charlar con las amistades para constatar que el desconcierto es hoy mayor que ayer, pero menos que mañana. La frase que más he escuchado esta semana es: "Yo ya no sé a quien votar". Y es que la visión de nuestras miserias públicas se está haciendo insoportable. Cruel. Y no porque nuestras basuras sean especialmente deprimentes (en todas partes cuecen habas: véase Valencia). Sino porque no existe en la sociedad catalana un contrapeso realmente positivo. Nada hay que compense al espectador huérfano de la ración diaria de basuras.
Ciertamente, el PSC propone el optimismo. Lo abanderó Carme Chacón en las últimas generales y lo retomó el president Montilla el martes. Pero el optimismo no existe en una sociedad por el hecho de que alguien lo proclame. El optimismo existe sólo cuando algún proyecto compartido enciende una llama de esperanza en el corazón de la ciudadanía, una llama que permite sobrevolar los problemas cotidianos. Obama pudo lanzar su famoso "Sí, podemos", porque sus palabras dieron alas a mucha gente que nunca las había tenido. Plantear el debate catalán en términos de carácter (optimistas contra pesimistas) es un ejercicio de retórica publicitaria que puede ser percibido como una broma de mal gusto por los que están políticamente irritados, por los que están económicamente asustados y por los que están directamente asqueados por un hedor que parece salir de todas partes.
Cando dixen de preferir o gótico vinme en medio de Barcelona e no patio do Palau Requesens e ao tempo lembrei o post das fillas de Zapatero. Non por desprezar outras seica manifestacións artísticas doutras supostas categorías históricas.
Por preferir, prefiro, amigo Saavedra, cen mil veces ir ao Camp Nou antes de visitar a Sagrada Familia. Expiatorio por expiatorio prefiro ver o borceguí de Koeman. E en celestial, non hai color. Xaora.
Tamén Pilar Rahola, compañeira de Colom naquela experiencia política que fora o PI (Partit per la Independència).
ÀNGEL COLOM EN LA DIANA
Pilar Rahola | 01/10/2009
"¿Qué sabemos nosotros de los hermanos, de los amigos? / ¿Qué sabemos de la mujer que amamos? / Ni siquiera de nuestro padre, / aun conociéndolo del todo, sabemos nada". Citado, a menudo, por Josep Cuní, el bello poema de Yevgueni Yevtushenko titulado ¿Nunca lo habías oído?, es toda una lección de vida. Ciertamente, la grandeza del ser humano radica tanto en lo que sabemos de él, como en sus misterios, y ellos son tan insondables, que ni de nosotros mismos lo sabemos todo. A pesar de ello, vamos por la vida con algunas certezas, cuya incompleta seguridad no impide que sean buenas muletas para andar el camino.
En mi caso, Àngel Colom es una de esas certezas. Por supuesto, no lo sé todo de él, e incluso me enfadan algunas de sus rotundas aseveraciones, pero creo que es una de las personas más íntegras que he conocido. Ahora que está en el punto de mira por su esporádica relación con Fèlix Millet, me parece necesario decir algunas cosas. De entrada, que me he enterado del affaire por la prensa y, ciertamente, hubiera agradecido saber estas cosas de la boca del propio Àngel, aunque ello ocurrió cuando ya habíamos terminado nuestra relación política.
Pero sin conocerlo, la noticia no me ha extrañado, porque Colom nunca ha tenido ni patrimonio, ni capital, y todas sus actividades han sido, históricamente, financiadas con ayudas de mecenas nacionalistas, desde la mítica Marxa per la Llibertat hasta la Crida, pasando por su etapa final, a excepción lógica de cuando fue líder de ERC. Esta práctica del nacionalismo, derivada de los años de la clandestinidad, tendría que haber desaparecido hace tiempo, porque, como decía Lluís Foix en Can Cuní, la patria no se lo traga todo, pero también es cierto que el activismo independentista ha sobrevivido como ha podido. Lo curioso es que el tal Millet tenía unas tragaderas tan anchas, que tanto se afiliaba a la FAES, como ayudaba a Colom, lo cual dice mucho del personaje.
¿Se quedó Millet dinero del que dio a Colom? Parece que sí. Y ¿a cuántos más, de todos los colores, ha ayudado? Creo, sinceramente, que Àngel llamó a la puerta de un mecenas catalán, como tantas otras veces debió de hacer, pero si el dinero salió de una institución como el Palau y no del bolsillo del prohombre, tendrá que devolverlo. Es la actitud moral, especialmente teniendo en cuenta que Colom es un tipo entregado a su país, que no tiene nada más que su convicción catalanista.
No participo de la criminalización que hace del socialismo catalán, porque tantos patriotas hay en el socialismo, como españolistas en Convergència. Las cosas son más complicadas. Y, además, en este lío se ha metido solito. Pero algo queda claro: Colom es lo único limpio que hay en el sucio affaire del Palau. Y aunque no sepa nada ni de mi padre, algo sé de Àngel: es el único idealista que queda en el pantano del 3%.
Este Antoni Puigverd non era un dos asesores electorais de Maragall?
Unha certa infección, diferente da do Palau, semella estar a atacar a sociedade e a política galegas. ¿Non lles parez?
Franco hai tempo que morreu, e fillos non herdan o que fixeron pais; nin feitos de fillos deben luxar a memoria daqueles, se tal se pensa.
A historia é importante e imprescindible. Pero os movementos políticos, patrióticos poño por caso, non deben basear o día a día na evocación ou melancolía; de seguro que en Cataluña ben o saben.
Probablemente acabo de reproducir unha morea de tópicos. No medio do sono que fai, lembro que nunca estiven no Camp Nou e só vin en directo un Atlético-Barça, no Manzanares aínda non concluído, ano de 1968; case non se metían co central blaugrana: "¡Gallego! ¿Dónde has dejado el carro?". E nós, galegos e culés, caladiños, disimulando. Catorce aniños tiña un servidor, reválida de cuarto aprobada había un mes.
Esa lembranza trouxome a min outra: estaba co meu pai nas gradas da Ponferradina, equipo do que eramos socios. Xogaban co Caudal de Mieres. O corazón do meu pai (mierense de segunda xeneración) dividido, pero tranquilo, porque meu pai non vive pasionalmente case nada. Pero comezaron a insultar aos xogadores, primeiro, e aos de Mieres, despois, sabendo ademáis que naquelas gradas moitos procedían das vales mineiras, no trasego grande que nos anos sesenta había entre o norte do Bierzo (tamén de León e de Palencia) e as cuencas de Nalón e Caudal. Non fixera eu nin reválida nin cousa semellante, pero foi lección case definitiva para comprender a irracionalidade de pensar (un falar) que ser dun lugar dá dereito a todo.
E, claro, amigo Saavedra, aproveite os low costs que imos pagar todos a través das subvencións que xenerosamente a nova Xunta dá aos aeroportos galegos para ir ver as copas que gañamos o ano pasado. E digo gañamos porque esto do Barça, como dicía o gran Montalbán, é a única irracionalidade que un se pode permitir.
É tal o volume de información sobre o caso Palau, que se fai difícil atendela. Hoxe en El Periódico de Catalunya: MILLET SEGONS MILLET (Text íntegre de l´entrevista inèdita concedida en 2001), CDC ADMET QUE LA SEVA FUNDACIÓ VA REBRE 630.OOO € DEL PALAU EN 9 ANYS, etc. No Avui tamén veñen cousas. En El País de Catalunya: LA PASIVIDAD DEL JUEZ PERMITE QUE MILLET PONGA A LA VENDA PROPIEDADES (El ex presidente del Palau intenta desprenderse de un local y una casa de lujo). Tenche bon problema o noso home en apuros: O outro día saían publicadas (e ubicadas) as 100 propiedades do seu patrimonio. En La Vanguardía ven un artigo de opinión de Francesc de Carreras, un home próximo no seu momento ás teses de Ciutadans. Onte tamén viñan unha chea de cousas en todos os xornais. E o xoves/quinta feira o Quadern de Cultura de El País dedicáballe varias páxinas baixo o título de MÉS QUE UN SAQUEIG, onde viñan expostas brevemente a vida e milagres dos Millet entre outros. Abrumador. E desazonador.
Pois eu hoxe voume "permitir a irracionalidade" de ir ao Camp Nou a ver o Barça. Chamoume un amigo, compañeiro de traballo xa xubilado, culé empedernido e socio eterno do equipo de Montalbán, díxome se quería ir celebrar o cumpreanos de Ibrahimovic, ao principio non o entendín, pero logo... seica cumpre hoxe 28 anos. Así que, amigos culés, Arume e González, ás sete saio para alá, a ver a Ibracadabra e Enormessi, como xa lles chaman, e os demais. E que perda o Hugo Sánchez, aquel que botara as maos á colloada... Penso levar os prismáticos para observar os movimentos da "burguesía catalana" no palco do estadio. E como vexa ao Laporta, xa o animarei para que se presente ás próximas eleicións por unha agrupación independentista, para votalo. Os culés con Laporta (jejeje). Vostede, señor Arume, aínda que non é de raiz política nacionalista, pense que polo Laporta/Barça/Catalunya do triplete ben paga a pena un voto independentista. Mais difícil vai ser o voto do señor González para o independentismo de Laporta, por non dicir imposíbel, engaiolado como está pola maxia política, de carácter pragmático e episcopal, de Don Anxo. Don Anxo: o báculo nacionalistaepiscopal contra a audiencia españolista que escoita a COPE. Cousas veredes.
Publicar un comentario