6 sept 2009


O asasinato de Laura
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

Galicia Hoxe, 06.09.2009

Unha vez máis, un asasino machista matou unha muller na Galiza. De se confirmar a certeza da confesión do seu antigo mozo, estariamos diante dun asasino que pensou que a vida de Laura non se podía de- senvolver se non era vencellada á súa propia. Que pensou que, por ser Laura da súa propiedade, había matala se quería excluílo por sempre da súa vida. Como en tantas outras ocasións, de se confirmar esta tan probábel autoría, un home matou a muller que compartiu a súa vida cando ela decidiu romper con el e comezar unha vida distinta. Para os violentos machistas, o único xeito que teñen as mulleres de garantir a súa vida ou integridade física é renunciar ao exercicio da súa liberdade.
En calquera caso, esta morte terríbel amosou a gravísima inconveniencia de retirar as denuncias baseadas en feitos delituosos reais por meras conveniencias persoais, veciñais, profesionais ou familiares. Un violento machista é un delincuente que cómpre pechar no cárcere ou afastar efectivamente para prever a violencia na denunciante, na súa contorna e mesmo noutras posíbeis e futuras vítimas femininas.
Tamén vimos a serenidade na manifestación de dor e de solidariedade coa familia da veciñanza e amizades de Laura. Un comportamento solidario e maduro, propio de sociedades democráticas avanzadas que se abstivo desas apelacións á pena de morte ou á vinganza que temos visto tantas veces noutros países e territorios do Estado. Por unha vez, os galegos demostramos unha madurez moral e cidadá que non sempre se dá nos momentos posteriores a un asasinato.
Alén das especialidades da prevención e represión de lacras como a violencia machista ou a pederastia, convén mirar máis polas vítimas. Cómpre irlles recoñecendo ás vítimas de calquera crime violento os mesmos dereitos a respecto das vítimas do terrorismo. E nomeadamente ás vítimas da violencia machista, que se ten revelado tan cualitativamente asasina como a ETA, só que nunha cantidade moi superior. Dereitos para facilitar a resocialización, a reinserción laboral e educativa e mais a terapia psicolóxica para estas vítimas do crime.

39 comentarios:

lobo neghro dijo...

Bla, bla, bla, moita demagoxia meu amigho.

Criselda dijo...

Non vexo a demagoxia. Ao mellor é que son miope. Paréceme un texto razonable e, desde logo, a violencia machista é unha maneira de exercer o terrorismo, e unha lacra enorme cualitativa e cuantitativamente.

Anónimo dijo...

Non hai dúbida que así é amiga Criselda. Nada xustifica un comportamento así, nen siquera o desexo da vítima de seguir a manter unha relación despois da ruptura. Difícil de entender.
Tal vez o caso estea en ensinarlle os nos xovenes que cos sentimentos non debe caber o xogo, a laxitude, a ambiguedade, a doble moral, que é o sentimento onde a honestidade debe ser a raíña.
A veces o corazón non entende de razóns sobre todo cando andamos no fío do aramio.
Eduquemos en valores.

Loureiro dijo...

Nunha ocasión entrevistei a unha muller que fóra maltratada. Era venezolá, pero levaba anos vivindo en Galicia. Aínda tiña un lene acento de alá.
O que lembro con máis arrepío era a descrición que facía da relación naqueles anos co maltratador, de cómo ela mesma xustificaba as agresións. "Me pega porque me quiere". Cada labazada convertíase nunha mostra de amor para unha especie de Síndrome de Estocolmo morboso e difícil de comprender. Pero real.
A aquela muller custáralle anos de tratamento rexurdir, comprender que valía por si mesma, aprender a quererse a si mesma.
Non sei onde andará, pero temo que o porco do seu ex andará preto de algunha outra muller, porque hai vidas tan miserables que so facendo mal conseguen sentirse vivos.

Loureiro dijo...

Hai un libro de Martínez Oca sobre o tema do maltrato á muller, dende o punto de vista dunha muller.

Chamoume moito a atención na novela que a muller protagonista caía unha e outra vez en brazos de maltratadores. Coido que debe haber algo diso na realidade. Non se trata, moitas veces, dunha cuestión estatística, senon de roles establecidos que buscan actores para eses papeis. A educación emocional/afectiva é fundamental para evitar que haxa "actrices" ás que lles acaia ben ese papel de víctimas.
Aos actores homes deses papeis... ¿fusilalos?

Ana Bande dijo...

arrepíaseme o corpo coas súas crueis e pobres verbas, pero claro vindo dun lobo e ademais neghro...

XDC dijo...

Contan os que saben, amigo Loureiro, que algo ten que ver o comportamento do pai neso. Á rapaza que viu cómo seu pai maltrataba á sua nae pódelle quedar algunha "impronta" nese aspecto.

Si tratan con mulleres sudamericanas inmigrantes, pregúntenlle a sua opinión sobre eses asuntos. Prepárense para os arrepíos. Fai pouco oín este comentario de unha delas "Es que aquí las mujeres no saben agacharle la cabeza a un hombre".
Anque tampouco debemos pecar de moita soberbia. Hasta fai poucos anos , a valoración de esa clase de cousas era ben diferente no noso propio país.

Loureiro dijo...

Estimado XDC: por desgraza non fai falla marchar á outra banda do charco para atopar machismos. Aquí temos abondo.

Pero si é certo que é arrepiante a mentalidade que aínda teñen xentes de alá. Unha médico amiga -pediatra ela- falábame de como tiveron que convencer a unha parella de chinos de que ter unha fillA era boa cousa, pola enorme decepción que levaran ao saberen o sexo -xa nas últimas etapas de preñez-.

Supoño que hai anos nós eramos iguais, e fomos cambiando pouco a pouco ao civilizarse o estado. Supoño que hai un século chamaríanlles putas ás mulleres que poñían pantalóns (acabo de velo na nova sobre a xornalista de Sudan condenada por usar pantalón), pero non deixo de estarrecerme de noxo cando vexo estas cousas hoxe, no século XXI.

Non gosto de Amenábar, pero agardo a peli esa sobre Hipatia.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Pois a min, ó arrepío que me produce o feito en si mesmo e a súa etioloxía máis probable, súmaselle outro, cheo de calafríos e desacougos, ó comprobar que practicamente non nos movimos do sitio. Penso que, aqueles que enfrontan este crudísimo problema, esta lacra impenitente, fanno dende a boa fe e dende a perplexidade máis absoluta.

Gustaríame ser quen de reproducir as ideas esenciais dun artigo que lin no País hai xa algúns meses de título LA INGRAVIDEZ DE LA LEY. Podería resumirse como a resposta con novas leis, chamémoslles non sei se atinadamente, finalistas como resposta a problemas novos ou vellos que sobresaltan á sociedade, iso que se deu en chamar alarma social. Leis en moitos casos absolutamente innecesarias porque xa existen outras que se ocupan do mesmo asunto pero que non se aplican, e en moitos casos tamén, absolutamente inoperantes porque non se dotan de presuposto nin se elaboran reglamentos que as desenvolvan e faciliten a súa aplicación.

Naturalmente, todo aquel que teña dous dedos de frente -frente limpa- coñece as súas orixes, coñece a pátina mesta e cotrosa de machismo que impregnaba sen paliativo ningún a sociedade desta península que nos acolle a nós tamén, o machismo perverso e pervertido das consignas eclesiásticas e nacionalcatólicas; calquera de nosotros lembra os veos que as nosas irmás tiñan que poñer para entrar nas igrexas, os veos de viuva, etc., etc., etc.

Eu estou de vacacións. Estou pasando unhas vacacións itinerantes por diversas partes da península ibérica. Levo como libros de acompañamento dous: un atlas histórico de España para saber en cada momento onde estou e Los detectives salvajes de R.Bolaño, para non esquecer quen son. A primeira etapa da miña viaxe foi Lugo-Mérida, con parada en Candelario. Iso foi o 28 de agosto. O 29, no teatro romano, asistín a representación de Medea de Eurípides, revisitada e recreada -suavemente- por Tomaz Pandur e interpretada maxistralmente -eu penso que maxistralmente- por Blanca Portillo, Asier Etxeandía, A. Jimenez e Julieta Serrano, coa que tiven a sorte de botar unha parrafeada no Hotel Las Lomas. Medea. Eurípides. Machismo. Feminismo. Loucura polo poder. Traizón. Desprezo. Vinganza. Amores contrariados... Felonía plaquetaria, trombos miserentos, cancros linfáticos, endovenosos, arteriais. A fase primaria do cerebro. O cerebro de réptil. O home arrastrado aínda sobre o seu bandullo escamentoso, malamente sostido por catro patiñas de merda.

Situémonos aí e desde aí, talvez, sexamos quen de comezar a construír algo.

detective crepuscular dijo...

Aproveitando que o señor "o mesmo, pero disimulando" cita a Roberto Bolaño, copio para quen non a lera a páxina 690 do seu libro 2666, que creo que ven bastante ao caso deste fío. Eu vin 2666 en teatro e o que é a representación teatral desta páxina en concreto aínda é mais brutal que no libro. Difícil de aguantar.

"Y el que había contado el primero, seguía. Decía: POR QUÉ LAS MUJERES NO SABEN ESQUIAR? Silencio. PUES PORQUE EN LA COCINA NO NIEVA NUNCA. Algunos no lo entendían. La mayoría de los polis no habían esquiado en su vida. ¿En dónde esquiar en medio del desierto? Pero algunos se reían. Y el contador de chistes decía: A VER, VALEDORES, DEFÍNANME UNA MUJER. Silencio. Y la respuesta: PUES UN CONJUNTO DE CÉLULAS MEDIANAMENTE ORGANIZADAS QUE RODEAN A UNA VAGINA. Y entonces alguien se reía, un judicial, muy bueno ése, González, un conjunto de células, sí, señor. Y otro más, éste internacional: ¿POR QUÉ LA ESTATUAL DE LA LIBERTAD ES MUJER? PORQUE NECESITABAN A ALGUIEN CON LA CABEZA HUECA PARA PONER EL MIRADOR. Y otro: ¿EN CUÁNTAS PARTES SE DIVIDE EL CEREBRO DE UNA MUJER? ¡Pues depende, valedores! ¿Depende de qué, González? DEPENDE DE LO DURO QUE LE PEGUES. Y ya caliente: ¿POR QUÉ LAS MUJERES NO PUEDEN CONTAR HASTA SETENTA? PORQUE AL LLEGAR AL SESENTAINUEVE YA TIENEN LA BOCA LLENA. Y más caliente: ¿QUÉ ES MÁS TONTO QUE UN HOMBRE TONTO? (Ése era fácil.) PUES UNA MUJER INTELIGENTE. Y aún más caliente: ¿POR QUÉ LOS HOMBRES NO LES PRESTAN EL COCHE A SUS MUJERES? PUES PORQUE DE LA HABITACIÓN A LA COCINA HO HAY CARRETERA. Y por el mismo estilo: ¿QUE HACE UNA MUJER FUERA DE LA COCINA? PUES ESPERAR A QUE SE SEQUE EL SUELO. Y una variante: ¿QUÉ HACE UNA NEURONA EN EL CEREBRO DE UNA MUJER? PUES TURISMO. Y entonces el mismo judicial que ya se había reído volvía a reírse y a decir muy bueno, González, muy inspirado, neurona, sí, señor, turismo, muy inspirado. Y González, incansable, seguía: ¿CÓMO ELEGIRÍAS A LAS TRES MUJERES MÁS TONTAS DEL MUNDO? PUES AL AZAR. ¿Lo captan, valedores? ¡Al azar! ¡Da lo mismo! Y: ¿QUE HAY QUE HACER PARA AMPLIAR LA LIBERTAD DE UNA MUJER? PUES DARLE UNA COCINA MÁS GRANDE. Y: ¿QUÉ HAY QUE HACER PARA AMPLIAR AÚN MÁS LA LIBERTAD DE UNA MUJER? PUES ENCHUFAR LA PLANCHA A UN ALARGUE. Y: ¿CUÁL ES EL DÍA DE LA MUJER? PUES EL DÍA MENOS PENSADO. Y: ¿CUÁNTO TARDA UNA MUJER EN MORIRSE DE UN DISPARO EN LA CABEZA? PUES UNAS SIETE U OCHO HORAS, DEPENDE DE LO QUE TARDE LA BALA EN ENCONTRAR EL CEREBRO. Cerebro, sí, señor, rumiaba el judicial. Y si alguien le reprochaba a González que contara tantos chistes machistas, González respondía que más machista era Dios, que nos hizo superiores."

Anónimo dijo...

Fantástica e brutal 2666!

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Stieg/Larsson/gana/premio/violencia/genero/elpepusoc/20090908elpepusoc_9/Tes

Anónimo dijo...

Só para que isto no esmoreza.
Viron a presentación de contas hoxe nos xornais locais?
Cando sae o concelleiro de Facenda, Agustín Fernández, e di que o Concello de Ourense ten 18 millóns de €uros de superávit.
Ca que está a caer e ninguén se decatou de que a este hai que nomealo Ministro de Economía, Industria e Facenda. Os tres ministerios xuntos.
A verdade: é máis que un fenómeno, nun concello coma o de Ourense e que haxa 18 millóns de Euros de superávit. Este non é un fenómeno é un monstruo.

lobo neghro dijo...

Si, a min tamén me chocou o comentario do superhabit de ourense.

Pero aghora xa non sei como interpretalo. É certo?.
Trabucaronse os do periódico?.

Saben vostedes que en "La región" é Tabú falar mal de Patchi Vázquez , e Agustín "es la voz de su amo", sexa é da obediencia de Patchi.

Sei de un que escribe en "La Región", e lle dixeron: Prohibido falar mal de Patchi.

Estarán preparando a Agustín para desbancar ó Pakiño?.

Non hai que descartar nada.

arume dos piñeiros dijo...

Ah, pero nos xornais está prohibido falar mal de alguén?

o mesmo, pero disimulando dijo...

Parece claro o meu argumento. (Eu tamén entono a mea culpa). Aparte de ser practicamente incapaces de facer unha achega interesante ou novedosa, axiña cansamos do tema dos malos tratos ás mulleres. Seguro que é que non sabemos qué dicir. Irrumpir desa maneira tan abrupta cos presupostos e os superavits do concello de Ourense nun fío coma este... En fin.

Homo sum: humani nihil a me alienum puto.

Roque Soto dijo...

Todo semella estar moi controlado na xutiza, pero ao final as víctimas e a súas familias son as perxudicadas. Por outros casos que coñezo por proximidade poido adiantarme o que lle pasará o asasino de Laura: Estará dez anos na cadea e logo con nova identidade ¡a vivir que son dous días!Incluso terá tempo no seu peche de atopar parella.
Nin as penas redimen, nin a cárcere educa, nin os asasinos se arrepinten na maioría dos casos. Hai que cambiar o sistema e buscar alternativas máis eficientes para rematar co chorreo niste caso de mortes por violencia doméstica.

XDC dijo...

Do de cambio de identidade non sei. Nos casos directos semellantes que eu coñezo, non o houbo.
Sí que lle tuveron que cambiar a identidade á propia víctima, nun caso, en Ourense , a principios dos oitenta. Uns xitanos raptaron e violaron a unha rapaza cando camiñaba sola de madrugada por a rua. Denuncióunos, houbo xuizo,foron ao cárcere, pero toda a familia de eles (no amplio senso que eles lle dan á palabra "familia" )tentaba matala (e imaxino que inda o tentará). Imaxino que eles mesmos , cumplida a condena, tratarán de facelo, ou de volver violala. Non sólo eles pensaban que tiñan dereito a facelo. Moita xente, da miña propia xenaración incluso, razonaba "Qué facía ela a aquelas horas sola por a rúa?".

lobo neghro dijo...

DE todos xeitos necesítanse máis puntos de vista, e non só o hexemónico. O discurso hexemónico e demagóxico aceptado socialmente.

Perdoaede pero estou hasta os collóns del.

É tan espinoso e violento, que non me atrevo a opinar. Agradezo moito a xentileza e prudencia de Criselda, en troques a intervención de Ana arreguízame o lombo. Ehí ven o maio!.

O de que en poucos anos está na rúa e discurso demagóxico instrumentado por xente moi conservadora. Non sei como prendeu, será por fácil. A calquera destos tipos caénlle vinte anos sin remisión algunha. Ademáis a xustiza é un eido que non controlamos, agás o Xaime, que eu saiba.

lobo neghro dijo...

Para Arume. Probablemente esas non foran as palabras: "Prohibido falar do Pachi".

Pero vou documentar as palabras certiñas.

De que se lle indicou de que do Pachi non se fala, é certo. Suponse de que non se fala para mal, ou para criticar.

Non costa moito adiviñar que foi unha compra por parte do Pachi.

Durante moitos anos a mala xestión dos socialistas na cidade era só cuestión de "entendemento", ou non, con "La región".
Desde o "advenimiento" de Pachi non se traducen conflictos nin malas xestións. Pero habelas, hailas. SEmpre as houbo.

Outra cousa: é que antes, o "poder" ocupábao en "La región" Baltar e súa banda, non sei se a deputación, os seus intereses ex-centristas, o que for, e non había lugar para outros.

Como Pachi pudo comprar a súa cuota sen menoscabar a de D.Xosé Luís?.
Por que da para dúas ideoloxía diferentes?.
Se "eu xornal" teño unha línea, como consigo entenderme con dous grupos políticos enfrontados?.

Será por o principio dos vasos comunicantes. Entre o Psoe de Pachi e o pp de Xosé Luís Baltar non hai grandes diferenzas. Estamos moi fodidos, non hai alternativa.

Denuncio que a presencia de Pachi como líder do Psoe déixanos indefensos ante certos intereses parralleiros e especuladores. O psoe está moi tocado cando o escolle de segredario xeral. Salvo que sexa para "carbonizalo" e eliminar o mor peligro interno que ten.

A veces o Pachi dame pena. Probe tipo, inzado de millóns especulados.
E considero unha hipertrofia, unha enfermidade querer ter unha casa de 2,5 millóns de euros como ten. O especulador ese.



Realmente precisamos de incrementar a presencia de medios independentes en amplias capas da sociedade. Este, o net, aínda non cubre moitos espectros, pero podería valer se o acheghamos masivamente e damos outra versión do que acontece.

Ana Bande dijo...

Que o cabeleiro Baltar e descendencia gozen en Auria da protagonismo actual é tan anacrónico e triste como o degoiro por parecérlles de todos os que presumen de ser oposición. Non sei por que cando penso na miserable política auriense sempre me ven á cabeza aquelo de por máis que miro e asexo...

Anónimo dijo...

Señor O MESMO, PERO DISIMULANDO, faga o favor de dicirnos cales son as cuestións filosóficas, metafísicas, profundas, ou como queira chamarlles, para "... ser practicamente (in)capaces de facer unha achega interesante ou novedosa ..", díganos o camiño axeitado, o mellor acertamos a collelo.
Só para poder estar a súa altura, bueno para poder chegar a súa altura con humildade.

Señor XDC o que conta dos dous "calés", efectivamente, foi hai unha morea de anos, ocurrira na Ponte de Marcelo Macías as 4 e pico da mañá e fixéranno dous primos calés: o Ché era un deles.
A rapaza tivera moitísimas presións da "familia xitana"; houbera manifestacións dos estudiantes a favor da vícitma.
A verdade, a chavala foi moi valente e seguiu para adiante e condeáranos a perto de 12 anos a cada violador.
Un deles cumpriu a condea enteira; o outro o Che fuxiu nun permiso de fin de semaña que lle deran e aínda non se volveu a saber nada del.
A rapaza como ía ela soa as 4 e pico da mañá, fixeran todo tipo de comentarios sobre ela, mais reitérolle que tivo moitísimo valor e a cousa terminou nunha condea por a súa afouteza.
Os dous calés naqueles anos eran o "terror" das noites ourensás, e por certo, era curioso pois eran dous calés que pasaban do 1,80 cm. de estatura e case 100 kilos de peso.
Un saúdo

o mesmo, pero disimulando dijo...

Verá, señor Anónimo, eu sigo de vacacións. Estoulle pasando unha calor de carallo e, por riba, deume por facer longas camiñatas por lugares agrestes, a calzada romana da Serra de Gredos, as Gradas de Soaso e a Cola de Caballo do parque de Ordesa, o Valle de Bujaruelo e cousas así. Vívolle nunha salubridade de moito aquel. Penso que nin como nin bebo en proporción ó desgaste. Aquí non lle hai metafísica, meu señor, nin soberbias nin humildades. Altura si. Desde logo que si. Estes paraxes citados sonlle ben altos. Pero que eu estea empoleirado neles non significa que a miña altura sexa a súa. Eu sonlle máis ben baixo para os tempos que corren. E a miña intelixencia débelle ser pouca, xa que veño sendo un tipo bastante solitario e meditabundo e din os que entenden diso que a intelixencia se desenvolve buscando respostas ós argumentos dos demais, ou sexa, na vida socializada, digamos. A cousa máis metafísica que eu coñezo sonlle os roxóns, os de Lugo, prensados. Gusto deles con pan e viño e tamén en tortilla. Metafísica pura. Nesta viaxe pasei por Yuste e tomei noticia de primeira man -algo revellida, supoño se contamos os séculos- da grande humildade e abaixamento do señor emperador don Carlos I ou V. ¡Que humildade exhibía a súa grandeza! Quedei abraiado cando me contaron a vida que facía, os rezos ós que se entregaba e os vintetantos pratos que papaba cada día no xantar. Fora a ialma, coma un porco. O secretariado xeral do Pachi ven confirmar que a democracia sufraxista converteuse nunha pandemia occidental que produce a sombra macabra dos iluminados bolivarianos. Naturalmente, inútil resulta dicir que para que haxa sombra ten que haber luz. Nós habitamos na luz e Pachi é unha das nosas luminarias, coma Zapatero, ou Espe, ou Quin ou a nai que os trougo.
Cenei unha carallada que me deron nun figón de mala morte regada cun viño infame e andan por diante de min as estantigas da danza macabra.
Penso durmir e terei pesadelos. E os pesadelos faranse particularmente noxentos cando a retención minxitoria provoque unha forte erección extemporánea e infrutuosa, inane, baladí, horra, que diriamos en castelán, horra de cualquiera provecho que no sea la descarga dificultosa en tanto non se acade o sosego e amorcillamento convenientes para efectuala.
E se por aí encontra vostede, meu distinto señor Anónimo, algunha razón ou sinrazón metafísica para el tema que nos ocupa, non a deixe escapar e logo cóntema. Eu estoulle empezando a volver dun lugar o que nunca quixen ir. A vostede halle pasar o mesmo. Xa o verá.

XDC dijo...

Efectivamente, Lobo ,en cada época hai un "pensamento hexemónico", sociolóxicamente falando, anque o deseable sería que a Xustiza non se vira afectada por él. Nos últimos tempos ese "pensamento hexemónico" é amplificado por os mass media, e chega a presionar en exceso a acción da Xustiza. Unha noción de ese "pensamento hexemónico" pode danosla en cada momento a clase de cousas que se "comprenden" anque non se "xustifiquen". Algunhas persoas "comprenden" que un delincuente atraque a un rico en base á desafortunada infanza que tuvo aquel. Outros "comprenden" que o atracado lle de unha malleira tomándose a xustiza por a sua man si o volve atopar ao atracador, no canto de denuncialo. En ambos casos anque non a "xustifiquen". Nos casos de maltrato , mesmo de asesinato, poden atoparse actitudes similares.
Posiblemente a clave esté en non "comprender" nada que non se podia xustificar. Nin a visión romántica do delincuente das canciós do Sabina, nin a visión heroica do xusticieiro. Nis as simplonas visiós machistas nin feministas nos casos de maltrato.
O que sucede é que todas esas reflexiós non son doadas de facer "en quente".O "cerebro emocional" leva a iniciativa nees intres.

lobo neghro dijo...

Obviamente estás a respostar a nosa conversa oral.

Ós demáis fáltanlle claves.

O caso é que non quero entrar ó trapo das burradas que se asumen sen máis. Calquer crimen é execrable. Será por o medo que nos fai.....

Anónimo dijo...

Para LOBO NEGHRO (y en realidad para todos estos mierdas demagógicos). ¿Me puede explicar la palabra SUPERHABIT? Como neologismo de Julián Ríos no está mal. Como prueba fehaciente de los valores del Concejal (Conceleiro en sáncrito) de Hacienda (Facenda en sánscrito) no deja de ser una cagada a la que usted (y los contertulios habituales) nos tienen acostumbHrados. Panda de bestias.

lobo neghro dijo...

Certo señorita anónima quen eu ben sei, Superhabit non debería empregarse en facendas ou contas públicas. As facendas ou contas públicas se xeneran eso que se chama superhábit é porque xestionaron mal, non ghastaron debidamente. Certo.
Non pensara eu neso. Pero é.
O máis desafortunado que se poda facer cos cartos dunha administración é que sobren para o ano que ven.
Hostia. Imos para vellos. Grazas señorita doniña.

apicultor dijo...

Permita que lle diga, anónimo/a das 10:44:00 PM, que ten vostede un gran estilo, moi "fisno y elegante". Podería poñer unha academia para dar clases de boas maneiras.

Anónimo dijo...

Anónimo/a das 10:44 PM quixo vostede insultarnos ou rirse de nós chamándolle sánscrito a lingua galega?, xa que o seu uso e maioritario neste blogue.
Branca

Anónimo dijo...

Tamén eran maioritarios os "sies" nos referendums franquistas e non por eso os concebimos como mostra de democracia. La academia no la abriré porque para recibir a determinados alumnos, mejor desertar. La gilipollez (según Ernarth) es incurable. La demagogia (según Valdano) también. El nacionalismo (d'aprés Ives St Laurent) xa é unha forma de morte. E, por se os esqueceron, aí vai a derradeira formulación filosófica dos meus argumentos: que lles dean a todos polo cú, mamóns (e mamonas, que, como todo o mundo sabe, son as discípulas de Maimónides). ¡Olé! Veña, disparade que estou acorazado cun plúmbepo poema de Manuel María, ese animal de bellota que esgrimía versos como peidos. E pois que cada tempo ten seu tempo/ iste é o tempo de chorar Celso Emilio, lo sé). Chegastes da merda á nada. E tanta xente loitando para conseguir esta bazofia. Ata nunca, sancristáns da cona (CONA: Canción Onanista Nacionalista Anónima que se lle canta ós nenos recén nacidos para que en vez de seren persoas pasen a formar parte da GSI (Granxa Soberanista Independete)). Viva Eustaquio Amor Fedello, que se fixo ubha palla diante do espello. Fodidos cabróns (argumento escolástico que os vai encantar). Veña, a revisar a Marx en castellano (y a Hegel y a Stendhal y a Flaubert y a Platón y a Engels et alii que en gallego no existen). Hay (¡ay!) que joderse. Pueden ustedes borrar el comentario, como de costumbre.

Anónimo dijo...

2666 es una bazofia intragable, producto del hambre intelectual (perdón: económica) de los editores que aprovecharon la muerte de Bolaño para armar un libro que en realidad son seis (¿o cinco?) novelas cortas. Que se hable de "Los detectives salvajes" u otras obras menores (en extensión) de Bolaño, me parece perfecto. Pero el refrito al que sometieron esas obras póstumas de Bolaño es imperdonable. Murió el perro, mantengamos la rabia. Funciona el asunto si coges obra por obra (la reseña de muertes de Ciudad Juárez no pasa de ser un escrito de guardia civil o de literatura judicial) pero en conjunto, es La Gran Cagada del Siglo (XXI). Y me gusta muchísimo Roberto Bolaño. O no: me parace un escribidor con talento, rápido, eficaz: como la mala de bestia de Jaureguizar pero con una cierta dosis de genio. El de El Correo Gallego el genio no lo tiene ni inyectándoselo en vena.

Anónimo dijo...

Cantos cubatas tomaches, Chs?

detective crepuscular dijo...

Anónimo dijo...
"2666 en conjunto es La Gran Cagada del Siglo (XXI). Y me gusta muchísimo Roberto Bolaño. O no: me parace un escribidor con talento, rápido, eficaz: como la mala de bestia de Jaureguizar pero con una cierta dosis de genio."

Si, señor, un xuízo crítico digno de figurar na mais esixente das antoloxías de frases gloriosas, con ou sen cubatas polo medio. Mira por onde o noso Jaureguizar ("la mala de bestia") vai pasar á inmortalidade sen comelo nen bebelo.

Anónimo dijo...

Sin saber bien de qué van las silas, le aseguro que por culpa de un colesterol más alto que la cantidad de obras completas de mucho genio local, debe hacer diez años que no bebo un cuba-libre (bebida además impropia de demócratas como el que esto9 firma y que tiene nombra antinómico) y sólo, rara vez, transigo con una cerveza sin alcohol. Ni la lecitina me alivia. Si Chs significa que usted cree que soy un ciudadano helvético (aunque en plural), no se equivoca: el mejor país del mundo para no sufrir mierdas geográficas, es Suiza. Y soy suizo, como Federer. Nacido en Montreux, 15 de enero de 1969. En el pasaporte figura otra nacionalidad que no deseo.

Anónimo dijo...

Pois esa mala h. que se gasta debe ser produto dos efectos secundarios da medicación que toma para o colesterol. Cóidese, hom, que para estar dous días neste mundo hai que levalos coa mellor saúde posible.

Anónimo dijo...

Me cuidaré. No volveré a leer nada en gallego. Gracias por su interés en mi salud. Salud que, por otra parte, le deseo a usted y a los suyos (si los tuviere).

Anónimo dijo...

"Manuel María, ese animal de bellota que esgrimía versos como peidos".Hai poucos días foi o 5º cabodano do seu pasamento.Vostede anónimo é unha lesma e un impresentable demagogo.Xa quixera vostede ter a bonhomía, a credibilidade e o cariño da xente da que disfrutou o Manuel en vida e sigue tendo agora, xa morto.Neste mundo ten que haber de todo, pero, abofé, vostede sobra.
Branca

Anónimo dijo...

Non lle faga caso, Branca. Non ve que é un pobre homiño que ven provocar coas súas babecadas? Pase del.

Iacobus Von der Stein dijo...

Pois a mín o anónimo, préstame. Siga, siga.

arume dos piñeiros dijo...

BLOG DE ANTÓN LOSADA

"Qué simpático resulta ver a socialistas coma Mendez Romeu reivindicar a programación da TVG de Suso Iglesias e programas como Hai Debate como faros de liberdade e pluralismo na longa noite da comunicación en Galicia…..... Non deixaron aparecer pola pantalla os muñegotes de Quintana, Feijóo e Touriño, boicotearon o programa canto puideron e canto lles deixaron, o mesmo Touriño nunca aceptou o convite para ir, fartáronse de dicir que estaba manipulado polo BNG –e por un servidor, perdón pola inmodestia pero para una vez que falan mal de min….-, o ben mandado Benigno Sánchez manobrou canto puido para desprestixiar o programa e eliminalo da oferta da canle pública e Roberto Cid negoulle sempre o seu carácter informativo….... en fin, nunca é tarde se aprenderon algo de todo isto."

Que bó rollo no bipartito!!