Coidado coas Caixas!
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Galicia Hoxe, 25.10.2009
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Galicia Hoxe, 25.10.2009
(Foto Man Ray)
Que queren que eu lles diga, teño certo medo da evolución que está a adoptar a cuestión da fusión das Caixas. Despois de albiscarmos un certo consenso social respecto da fusión de Caixagalicia e Caixanova, propostas como a do Círculo de Empresarios-Clube Financeiro de Vigo semellan retomar, canda outras informacións que de esguello saíron na prensa galega nestas últimas semanas, o vello proxecto de que as Caixas galegas vincularan a súa andaina empresarial a outras Caixas de fóra da Galiza.
Porque, saiban ben, o do Fondo de Reestruturación e Ordenamento Bancario (FROB) non lles é ningunha andrómena. Coa axuda dos cartos deste Fondo, o Goberno central e mais o Banco de España han reestruturar, si ou si, o mapa das Caixas ao nivel estatal. E das 44 existentes arestora han ficar en pé 14 ou 16. Saiban, tamén, que a meirande parte dos cadros dirixentes do PP e do PSOE estatais cren en entidades resultantes de fusións interautonómicas, que sexan quén de fuxir da regulación dos gobernos territoriais e vaian, de paseniño, reconducindo o mapa das Caixas de Aforro a entidades bancarias "normais", iso si, con sede en Madrid.
Todos somos conscientes de que unha fusión das Caixas galegas pode xerar, nos primeiros intres, unha certa perda de emprego e de competitividade canto ao pagamento do pasivo e á oferta competitiva do crédito. Mais estes efectos van ser, en grande ou moi ampla medida, neutralizados polos cartos do devandito FROB. Pola contra, de non se planificar de xeito matinado, rigoroso e inmediato esta fusión galega, podémonos atopar coas nosas entidades crediticias fóra do xogo, obxectivos inertes á mercé de calquera entidade financeira con músculo financeiro e institucional abondo para tirar as nasas.
Para o noso País, a nosa Galicia, sería un desastre perder a sede, a dirección empresarial, a vocación da obra social e cultural e, en último de contas, a galeguidade de calquera das nosas dúas Caixas. Os galegos e galegas sabémolo. E aquel Goberno, partido, organización ou grupo social que permita frivolidades neste eido pódese atopar coa reacción sen dúbidas dunha sociedade tranquila e europea, mais que tirou xa de si a pasividade e o individualismo coas que nos alcumaban no século pasado.

5 comentarios:
Claro que e moi..moi preocupante o tema.
Eu no meu blog tratei de telo o dia
Velo.http://jubiladoscaixagalicia.blogspot.com/
En Ourense na TV "AURIA" :ENTREVISTA que me fixo
Armando Ojea
Coidado coas Caixas Galegas, e moito tino cos 4 millóns de parados de Zetaparo, e a ver que vai pasar cos pais galegos que non poderán pagar os libros dos seus fillos, e coa baixada dos orzamentos en educación e I+B do Estado e da Xunta (Angela Merkel, ora pro nobis), e coa suba que fixeron os socialistos do IVE que afectará as rendas máis baixas (Angela, ídem), e coa retirada que fixo a Xunta do complemento ás pensións non contributivas dos galegos, e coa regresión dos dereitos do galego ao estado pre-autonómico, e ollo ao piollo coas mocións de censura de pepeiros e sociatas nos concellos galegos, e moito coidado coa manipulación de Telehabichuela, e tate coa sucesión dinástica no PP de Ourense (Ourense = todo queda entre familias), e moito atención á política cultural de Roberto Picapedra, e manda nabo cos casos Gürtel (hoxe) e GAL-Ibercorp (onte)(mexan por nós e aínda nos din que chove), etc, etc.
É posible que teña que ir máis veces a Auria TV, Trebi. Eses carallos acaban de solucionar o problema do apagón analóxico:PREMER.
Despois de case trinta anos de autonomía, con maiorías de todo o espectro político, ningún goberno foi quen de acabar, por vía lexislativa, coas autocracias profesionais que dende tempo inmemorial (di)rixen as nosas caixas de aforros. Os motivos desa inhibición do poder político son fáciles de imaxinar.
O argumento sempre foi o mesmo: manter as caixas despolitizadas e cunha xestión profesional. Por certo, moi interesante a columna de Barreiro Rivas hoxe en La Voz de Galicia a respecto das connotacións negativas que os propios políticos ven no termo politización.
Esquécese que as caixas son fundacións de natureza privada con finalidade social nas que participan as diferentes administracións públicas (concellos, deputacións, goberno autónomo, ...). Non son empresas privadas, non teñen accionistas nin poden repartir beneficios, as dúas características definitorias da iniciativa económica privada.
Así pois, pretender despolitizar as caixas sería tanto como despolitizar os concellos ou a Xunta de Galicia. Sen embargo, incriblemente as caixas están despolitizadas dende hai moito tempo.
En ausencia de capital e de accionistas, sen intervención algunha das institucións públicas, con sistemas de elección de representantes de impositores e traballadores para o consello de administración nada transparentes, todo o poder se concentrou nos directivos profesionais.
Se na empresa privada está aínda sen resolver o problema de encontrar mecanismos de control eficaces da xerencia profesional, é fácil imaxinar a infinita liberdade da que as tecnocracias dirixentes das nosas caixas veñen gozando.
A Xunta de Galicia ten a obriga de rachar cos trinta anos de silencio e decidir politicamente en clave de país. Hoxe máis que nunca Galicia necesita caixas de aforros máis politizadas, máis controladas, máis públicas e máis galegas.
"Non politicemos a lingua (galega)", dicían o outro día na prensa un cadeirádego e unha poeta, cada un polo seu lado.
A ver, trasno: non quedaramos en que "politizar" era malo?
Publicar un comentario