28 oct 2009

O marciano militarista
AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN
Galicia Hoxe, 27.10.2009

Estoulles convencido de que se coou un extraterrestre militarista na Consellería de Educación. E resúltame estraño porque sei da profesionalidade dos seus funcionarios e da intención de facer as cousas ben dos que veñen ocupando, sucesiva e interinamente, os cargos políticos. Realmente coñezo poucos atravesados que queiran facer cousas mal a propósito, pero na Consellería que se encarga de que as persoas traten de ser máis cultas e educadas, ningún.
Por iso sei que se coou o extraterrestre. Evidentemente, non sei quen é pero igual que a constatación da presenza de mouchos e curuxas nun lugar pode facerse sen necesidade sequera de velas, só polas egragópilas que regurxitan, tamén os marcianos militaristas deixan rastros.
Estas pegadas son rastrexables nas preguntas da famosa e traballosa avaliación de diagnóstico coa que toureamos -ou nos tourearon que aínda non acabou a faena- nos centros de ensino o día 21. E estou convencido desa infliltración senón marciana cando menos extraterrestre galega -o que quere dicir de fóra do terreo do coñecemento desta nosa terra-, porque nas preguntas aos directores había unha que interrogaba sobre se o seu centro escolar estaba situado nunha cidade de máis de 500.000 habitantes. Que eu saiba e sen contalos pero botando man de San Google, santo patrón do dato buscado, Vigo tiña no padrón de 2008 exactamente 295.703 habitantes e A Coruña 245.164. Así pois, ofrecer unha escolla tan imposible sobre o país, dános a pista de algúen que non sabe absolutamente nada del. Un extraterreste desinformado.
O de militarista aínda o vexo máis claro. No cuestionario dos alumnos, pregúntaselles polo traballo dos pais e nais e, simpaticamente tamén, polo que fan no traballo pais e nais. Incriblemente nas escollas posibles de clasificación que debe facer o profesor corrector sobre a información proporcionada polo alumno, inclúen 11 items de profesións entre os que os tres primeiros responden a: 1. Oficiais das forzas armadas, 2. Suboficiais das forzas armadas, 3. Outros membros das forzas armadas. ¿Case un trinta por cento das profesións dentro das forzas armadas? Se temos en conta que en España o número de militares é de 3,9 por mil habitantes non parece que se axuste ao de hoxe, senón, se cadra, a un desexo trastornado despois de ver Salvar o soldado Ryan setenta ou oitenta veces seguidas sen durmir. Debe saber o marciano que en Corea do Norte, o país de máis militares por habitante do planeta Terra, só chegan a 49 por mil, ou sexa 4,9 por cento. Creo que é importante localizar e reducir o extraterrestre. Para ben da Consellería. Non vaia ser o demo.

9 comentarios:

apicultor dijo...

Calquera pode supoñer canta pasta gansa lle pagou a Consellería á empresa consultora que deseñou esa m. pincha nun pau que é ese cuestionario.

O tipo será un extraterreste, pero non me estrañaría nada que sexa parente ou amigo dos extraterrestres que deseñaron a enquisa.

O de sempre, vaia.

Anónimo dijo...

A consellería de Roberto Varela pagou 137.000 euros por facer unha web do Xacobeo 2010 que emprega... software gratuito.

Máis información sobre esta estafa:

http://www.fraggleblog.es/index.php/2009/10/21/xunta-de-galicia-y-xacobeo-2010-en-mi-opinion-un-robo/

arume dos piñeiros dijo...

No sistema actual de sábanas (non sei se os papeis A3 serán suficiente tamaño) para poñer por escrito o nivel das competencias de cada un dos alumnos, no caso de que as alcancen, ou de informes varios coa correspondiente narración de feitos e consideracións sobre a personalidade arrebatadora do alumnado, tamén por escrito, que haxa un cuestionario máis que importa al mundo?
Viva a asfixiante literatura burocrática!

lobo neghro dijo...

Eu son máis mal pensado e atufa a "fascio". É unha enquisa sesgada ideolóxicamente. Moi antiga, rancia e probe.Parece que colleran unha enquisa desfasada e xa arquivada de cando o país estaba "altamente infiltrado".

Hoxe acabo de me enterar que Greepeace está instrumentado por a c.i.a., e foi un montaxe deles, alén dos partidos verdes europeos.

E como monxardín quere traballar no mosad. Estou a tratar de encontrar unha conexión entre esta denuncia e o interés que poda ter o lobby xudeo en denuncialo.

Anónimo dijo...

Non bromee lobo co antisemitismo, que non están as cousas para tomalo a lixeira.

xOsse dorrío dijo...

Eu para facer a miña páxina, co mesmo sofware que utiliza a Xunta na do Xacobeo, empreguei uns 30€ -o que custa o dominio-, unhas 5.000 pts., sen embargo, algún espabilado embolsou máis de 22.000.000 millóns das antigas pesetas. Pero aquí non pasa nada. Ninguén dubida da honestidade de quen dirixe a Xunta, a Consellería de Cultura nin do Director Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo,... de ninguén. Son todos xente moi honrada e humilde cunha gran vocación por servir ao país.

Isto é o que hai!

Hai moitos "gürtells" que manter que os cartos para propaganda e paparotas sae de debaixo das pedras. Non hai máis que ver as declaración de José Roblecillo en La Región: "ata certo punto pareceme normal que as empresas que traballan para o concello colaboren con este con, chamemoslle, dádivas"

País, País,...

Beládevos dos defuntos! Bo Samaín!

AVMF dijo...

Non me sexa simple, cousa que endexamáis o é, Lobo. Imaxine que eu dixera de Vde. que é da CIA porque foi a USA o verán pasado... Os axentes adoitan estar máis calados do que facemos Vde. e un servidor.
Eu creo que o da enquisa é unha/outra trapallada máis dun país que non busca para calquera cousa a excelencia senón o simple "valebén".

lobo neghro dijo...

Bromas aparte penso que a enquisa d xunta é moito peor que unha trapallada. E lembro enquisas dos yanquis bastante parecidas. Disimúlenme vostedes, pero eu ata me atrevo a pensar que foi "inspirada" en outras dos usei.

A un meu primo para ir facer o cou alá preghuntábanlle cor de ollos, do pelo, orixe racial etc...desbotamos entre toda a familia o traslado.

O que dixen de greepeace é certo. Dito por un axente patrio.

Veño reconciliado cos americáns.

Estou a intercambiar aulas con unha americana de Texas, na casa do noso Benitiño ( casa da xuventude), é un ser humano que tamén ten morriña e o máis sorprendente é que cando Rosa lle preghunta que pensan eles de nós, contesta: pensamos que erais todos un poco comunistas.

Non son antisemita. Pertenecín a finais dos 70 a asociación de amizade españa-israel, e estaba a prepararme para pasar un vrau nun kibuzt. Non fun porque optei por traballar en Xenebra cos do meu pueblo.

Ate jà.

O de greepeace sigue a ser certo. E o da infiltración en moitos movementos verdes, tamén.

lobo neghro dijo...

Monxergas, fai o favor e gharda unha enquisa para que sexa estudada por un profesional.

Pedinllo a Fermín Bouza a traveso do seu blog e pide un modelo.

Creo que poda ser de interés saber de onde sacan estos tipos as cousas, de onde se inspiran. Porque non a inventaron nin sacaron da manga. Hai ideoloxía sectaria e elitista.