Ecos da Berenguela
O idioma galego unifica dignidade
XOSÉ LOIS GARCÍA
Galicia Hoxe, 20.10.2009
O idioma galego unifica dignidade
XOSÉ LOIS GARCÍA
Galicia Hoxe, 20.10.2009
A manifestación do domingo en Compostela, en favor do uso do galego, foi un acto de dignidade fronte ás barreiras coas que Núñez Feijóo intenta degradar o noso idioma por medio dun decreto exterminador. A data do 18 de outubro xa pasa a engrosar esas páxinas históricas das nosas reivindicacións. Un data inicial que nos levará a tantas outras convocatorias e debates que se teñen que abrir en todo o país.
Galiza non pode seguir sendo escarnecida. Se o permitimos sería compracer o inimigo. Porque aínda que moitos non o saiban tódolos galegos somos froito dunha cultura que nos fai diferentes, e polo tanto existentes. Aceptar o tiro de graza que Feijóo e o seu xuntoiro deciden darlle ao noso idioma, sería aceptar o asasinando do atributo que nos mantén nesa coherencia de chamarnos e definirnos galegos.
A manifestación do día 18 é un complemento desa dignidade que nos mantén posicionados nesa verdade intanxíbel en defender a toda costa o noso idioma. Pero defendelo a toda costa, non significa que este tipo de manifestacións maioritarias poñan fin a esa degradación que potencia Núñez Feijóo. Esta manifestación abre unha porta segura cara a outros extremos belixerantes como deben ser os debates en tódolos sectores da sociedade. Non nos vale ir a unha manifestación para exhibir a credencial partidaria; para facer ver que un está no trollo alborexando bandeira reivindicativa, cando despois disto se fai moi pouco por explicarlles o problema ás persoas. Abrir fendas de comprensión cara a aqueles que aínda están nun estadio de orfandade ou de pasividade é aí onde hai que facer un traballo no que se indique que se somos galegos é sempre no idioma.
O decreto de Feijóo non é mais que unha trama para desarticular o idioma e continuar domesticándonos. Pero desta vez, agresivamente. As provocacións de Núñez Feijóo, Jesús Vázquez e compañía van alén do que moitos non agardaban. Creando situacións anómalas e inventando problemas de profundo calado para unha sociedade galega indefensa. Nesta dirección, apunta toda esa estratexia do nacionalismo español na súa continxencia de pórlles atrancos aos idiomas das tres nacionalidades do Estado español. Eles saben que o galego está desprotexido e en peores condicións que o catalán e o éuscaro, e nesta situación vulnerábel poden obter vantaxes para impor un poder exemónico e totalitario do castelán sobre as outras linguas. Esta é a estratexia dese unitarismo fundamentalista e reaccionario que se pretende impor, tendo ao galego na antesala desas probas loxísticas.
A manifestación do domingo pasado dignifica esa unidade. Pero isto aínda sabe a pouco, ten que haber máis contidos de centrar as estratexias en todo o territorio galego e levalo a institucións internacionais como remata de facer Teresa Táboas na ONU. Temos que polarizar a estratexia nunha loita eficaz en todas as nosas xeografías. Tanto na sensibilización como na procura de apoios. Esta loita non debe admitir voluntarismos senón pragmatismo. Adiantarse dialecticamente ás contraofensivas que procedan da Xunta será sempre un acto de coraxe patriótico en defensa do noso idioma. Cando isto se produza baixarán a tensión do problema que eles crearon. E buscarán apoios incondicionais naquelas grupos que están supeditados ás subvencións da Xunta e que manteñen asociación de tipo cultural que moitas veces non comungan cos ditados do Partido Popular e que son capaces de facer un traballo honesto en favor do idioma, serán apartados da dádiva ou aceptarana agradecidos. Estas doazóns son unha maneira de condicionar e en momentos clave de rebaixar a tensión ou buscar alianza co fin de desbaratar o proxecto das masas. Polo tanto, crear independencia e liberdade de acción é unha prioridade que pasa pola dignificación do país.

24 comentarios:
Dior mío, que cheiro máis pasatista. Cousa dos setenta. Así non me estraña que a cousa da lingua vaia para tras. Dicía Blanco Amor que o pescozo das xirafas medra de dentro para fóra e non porque lle turren das orellas.
agresivamente,provocacións, enimigo, verdades intanxibles,defender a toda costa, extremos belixerantes, continuar domesticándonos, contraofensiva, coraxe patriótico, poder "exemónico" (non é con hache?) e totalitario....buf! ¿a las barricadas? ¿así? ¿tamén por real decreto?
Moitos galegos queremos galego. Esa, entendo eu, era a idea da manifa. Non me gustou que algunha xente -era, porén, inbevitábel- lle buscase réditos políticos, especialmente cando sinten que a súa estrela non loce coma antes. No blogomillo e nos foros xa está a dar que falar.
Sería moi, moi, moi inxusto intentar excluir a alguén da loita en favor do galego. Especialmente aos da estrela vermella. O galego está aí a disposición de quen o queira defender baixo calquer bandeira.
Se eles queren levar a súa, están no seu dereito. A libertade de expresión nunha sociedade democrática é así. Non lle poñamos límites e menos dende o mesmo bando.
Adiantarse dialecticamente ás contraofensivas que procedan da Xunta será sempre un acto de coraxe patriótico en defensa do noso idioma. Cando isto se produza baixarán a tensión do problema que eles crearon. E buscarán apoios incondicionais naquelas grupos que están supeditados ás subvencións da Xunta e que manteñen asociación de tipo cultural que moitas veces non comungan cos ditados do Partido Popular e que son capaces de facer un traballo honesto en favor do idioma, serán apartados da dádiva ou aceptarana agradecidos. Estas doazóns son unha maneira de condicionar e en momentos clave de rebaixar a tensión ou buscar alianza co fin de desbaratar o proxecto das masas. Polo tanto, crear independencia e liberdade de acción é unha prioridade que pasa pola dignificación do país.
Moito ben dito, haiche moito vendido ao mellor postor que loce o falso brillo do amor a terra. Hai que identificalos, denuncialos e facer con eles o que Cristo fixo cos mercaderes.
Ala, eramos poucos...!
Propós unha caza de bruxas, anónimo último? Unha lista negra? Un escarnio público?
Moito ollo, que se cadra es ti o denunciado, porque sospeito que tes moito que agochar.
Eu estou salvo, porque amor á terra máis ben pouco tirando a nada; en todo caso, si aos que habitan nela e se me apuran en cuestión de xénero, ás que habitan nela. Agora que, ben mirado, aos doutras terras tampouco non os miro mal. E a elas, aínda mellor.
Canto cariño!
E sexo!
O Farto de Inquisidores ten moita imaxinación, sabe quen son e o que fago, o que fixen e ao mellor ata o que farei. Temos un vidente entre nos e non o aprobeitamos.
Que presumido é o Arume.
Antes de mais recoñezo que non teño coñecementos gramaticas abondos, non embargante, se Feixoo ou Feijoo é unha palabra grave, non entendo porque sempre a escriben con acento ortográfico.
Se é así como digo, compre quitarlle primeiro o acento e despois a Xunta.
Fíxate nunha cousa, anónimo. Alguén podería facer contigo iso de "identificalos, denuncialos e facer con eles o que Cristo fixo cos mercaderes".
O motivo que se podería aducir -se se quere sempre aparecen motivos- sería que estragas inmisericorde a nos lingua nacional: ese "nos" sen acento gráfico e ese "aprobeitamos" con b, poden ser considerados por alguén como un delicto de lesa traizón á patria.
Hai que andar con moito ollo, que ninguén está libre de culpa de nada. E ti tampouco.
"... a nosa..."
Eu si que lle vou farto do inquisidor. Direi o que me pete e cando me pete, e se non lle gusta dame exactamente igual.
O Arumes non o vexo eu con moito sexo, a verdade.
Mentres non lle falte o siso!
Mentres non lle falte o siso!
Perdoen que non lles siga agora mesmo o fío; aparte da comida, tamén estou algo ocupado. O meu, como poden ver, é amor á auga, non á terra.
Anónimos precedentes, improcedentes e un pouco indecentes, son vostedes uns ousados pondo en cuestión a capacidade lúbrica de don Arume, pois é de sobra coñecida a sua ardencia e disposición entusiasta nestes terreos abonados á carnalidade. El sempre está "algo ocupado", como se pode ver na imaxe que nos oferece. Á vista está que don Arume é unha bomba de pracer polisémico (ou poliespérmico, desculpas por adiantado), un manancial de rico mel sexual. Hai cousas que se ven a simple vista e non admiten dúvidas nen comentarios adversos. Un home de siso e sexo ben postos. Home non.
as faltas de ortografía...¿son intencionadas ou é que me estou perdendo algo?
Se o di pola palabra "dúvida" que usa o amigo que agora asinou como Manubrio, creo que non lle é propiamente unha falta de ortografía, amiga Ana. El pona así, con v, por influencia do portugués. Manubrio non lle sigue ao pé da letra a normativa oficial. El élle moi seu.
O Manubrio parece falar por experiencia propia.
Amiga Ana Bande, non sei se o meu amigo Manubrio, "moi seu" como lle é, en acertada síntese do señor Apicultor, que tan ben o coñece, incorreu en desafección ou arbitrariedade ortográfica ou non. O que lle podo asegurar é que o que pretendeu foi defender o honor "carnal" de don Arume, denegrido e posto en dúVida pola cobardía anónima, ese fato de cazadores inmisericordes e vingativos que se agachan na sombra para abater a presa inocente.
E dado que anda vostede ás voltas co TOKIO BLUES de Haruki Murakami e ás dúVidas coa novela larssoniana e de éxito multimillonario, non sei se comprou onte o Público (seguro que si, porque daban por 1 € A MULLER ROTA da Beauvoir) e leu as declaracións de Maj Sjöwall, a muller que xunto ao seu marido Per Wahloo (lémbroos como a parella de escritores de nome impronunciábel) contribuiu á renovación do xénero policiaco sueco.
¿No cree que la nueva hornada sea buena?
No me gusta este boom porque es un obstáculo para otros tipos de literatura... Si la gente llegara a otros tipos de literatura a través de estos libros no estaría mal, pero no es así. Aborrezco este aspecto comercial de la novela negra sueca actual.
¿Cómo entiende el fenómeno de Stieg Larsson?
Para mí es como el cuento de Andersson "El traje del emperador". El emperador va desnudo pero todo el mundo dice que lleva excelentes ropas excepto un niño. La gente lee lo que se les dice que tiene que leer. Lo que pasa es que ahora no lo llaman libros de evasión sino que te dicen que es literatura y que con eso te vas a enriquecer. Y no, es evasión y ya está.
¡Entonces no le gusta?
Lo que no me gusta es ese tipo de marketing tan masivo. Y no me gusta nada que la gente sea tan borrega.
Como mostra vale. Está ben que, ademais de Vargas Llosa, opinen outras persoas, como esta escritora sueca. E volvendo ao xaponés, pois claro que Tokio Blues é unha novela para (preferentemente para "adolescentes"?) que se lé ben e non cai das maos e non imos dicer aquí que se tal e que sei eu e que mellor que non a leades, etc. Vostede e mais eu tivemos sorte ao comezarmos por esta, porque se chegásemos a comezar por AFTER DARK, ao mellor non pasábamos daí e mandábamos a Murakami a frixir espárragos larssonianos a outra parte. Moita noite, moitas criaturas perdidas e desamparadas na noite, moita enxurrada "adolescente" ferida polas sombras da noite, pero pouco mais, apenas un guión de película sen desenvolvimento novelístico... Non sei se esa novela pequena en páxinas vería a luz se non fose firmada por Murakami. Non será que Murakami é autor de novelas de moitas páxinas? Ou polo menos é o que a min me pareceu. Tamén está aquela do carneiro selvaxe, unha novela iniciática para amantes do exotismo "connatural" que ven daqueles países. O que teño ganas de ler é a de KAFKA EN LA OTRA ORILLA, que din que é a mellor del. Pero non me corre presa.
Publicar un comentario