23 oct. 2009


A cuarta sesión dos VII Encontros, na terceira e derradeira xornada, estivo a cargo de Joao Medina e de Andrés Torres Queiruga. O profesor portugués reflexionou sobre a construción do laicismo luso, situándoo nun contexto histórico-cultural ao longo de tres réximes sucesivos: o liberal (1820-1910), o republicano parlamentar (1910-1926) e a ditadura nacionalista (1926-1974). Esta última fase política institucionalizou un longo réxime autoritario de base tradicionalista, conservadora e católica. O maior paradoxo deste triunfo revelarase en 1940, ao estabelecer o Concordato coa Santa Sede, cando o ditador Salazar mantivo a separación da Igrexa e o Estado, conservando, no esencial, os parámetros da lei de 1911 instituída polo “irmán Platón” do Grande Oriente Lusitano.
Torres Queiruga cambiou o título e enfoque do relatorio, despois do debate das conferencias de Peña-Ruíz e Sebastián Aguilar, o día anterior, e improvisou sobre un novo tema: A presenza pública da relixión. Para o teólogo, a ética dun crente e dun non crente non ten por que diferir. Cada un vívea dende unha perspectiva diferente. “A relixión, exista ou non exista, é unha relación orixinaria e orixinal coa realidade, autónoma con respecto da ética”. A relixión -subliñou- significa recoñecer as leis naturais como mandato divino. “O que é bo para o fillo é bo para a nai”. Recordou Torres Queiruga unha polémica interna a raíz dun artigo seu sobre o caso de Ramón Sampedro no que escribía que o que era bo para Ramón Sampedro era bo para Deus. Non hai tampouco, para o teólogo galego, unha ética política, nin mesmo unha ética civil, senon un uso ético de valores en ambos campos.
A sesión vespertina comezou coa Mesa Redonda que reuniu a Antón Baamonde, Basilio Lourenço e Victorino Pérez Prieto. Para Basilio Lourenço o problema fundamental que nos ocupa non é un conflito de ideoloxías, senón de estruturas de poder. “É máis importante -salientou- o problema do diálogo entre as distintas tendencias da Igrexa católica que o diálogo externo que esta pode manter”. Antón Baamonde foi máis lonxe, reflexionando sobre a posibilidade de estarmos no esgotamento do ciclo histórico do cristianismo e nos albores de novas formas de sincretismo relixioso. Dende o punto de vista do teólogo, Victorino Pérez Prieto sostivo que moitas persoas que son relixiosas son, á vez, laicistas, porque a Igrexa é ampla e plural e nela hai tamén unha cultura da laicidade. Para el o problema non é que o laicismo e o catolicismo sexan incompatibles, senón que reside nas loitas de poder entre a xerarquía eclesiástica e o poder político.
Ás 20.00h comezou a sesión de clausura, que correu a cargo de José Bono e versou sobre Cristianismo, globalización e sociedade no século XXI . Para Bono existe compatibilidade entre cristianismo e socialismo e, do mesmo xeito que este necesita un proceso de profunda renovación, os católicos deben desembarazarse dese “catolicismo sumiso” do que falaba o recén desaparecido Miret Magdalena. Uns e outros non deberían aceptar o dogma coa docilidade co que se fai. O dogma -resaltou Bono- é a cousa máis contraria á fe que un poida imaxinar. Para o actual presidente do Congreso dos Diputados, que foi presentado por Gregorio Peces-Barba, os valores do cristianismo poden e deben incorporarse ao socialismo pero sen mesturar as savias de ambas árbores. Recordou que o socialismo foi sempre internacionalista, aínda que hoxe o internacionalismo reside nos capitais que se moven con tanta frivolidade polo mundo globalizado.”O valor da relixión no mundo non debe ser desprezado”, insistiu Bono, que recordou ao bispo brasileiro Helder Cámara. Non obstante, alertou contra o uso partidario de asuntos polémicos. “É obsceno usar o tema do aborto como proposta ideolóxica e resulta farisaico na boca de quen tendo responsabilidades de poder non o modificou no seu momento”, dixo en alusión a José María Aznar.

152 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Eu teño que recoñecer que todo o referente á relixión me desborda. Non sei que interese pode ter.

Anónimo dijo...

O que non sabe non sabe.

Anónimo dijo...

E ti que sabes, eh?

Anónimo dijo...

Arume sempre que hai un tema que non coñece, sentencia que diso non hai nada que falar e dá o fío por concluído. Pero cando o tema lle acae, fala caro, barato e mediopensionista.

Anónimo dijo...

É que isto dos blogs xa non lle está de moda. Agora as reflexións profundas sobre a relixión leraas no feisbuc.

arume dos piñeiros dijo...

Pois menuda revelación: non vou falar do que non sei nin me importa o máis mínimo. E do que ademáis non sei como a xente perde un minuto. Xa sei que existe a teoloxía (esa admirable construcción sobre a nada para engañar ao persoal durante séculos) e mesmo teño mirado algunhas cousas, probablemente bastante máis do que é habitual entre as clases lectoras. Por iso sei que a estas alturas da película parece mentira que metamos a relixión en cousas da razón e do pensamento. Pero, por suposto, tampouco son eu para decidir, en palabras do grande Perales, a que dedica a xente o tempo libre.
Nota: doutras relixións aquí se fala bastante.

arume dos piñeiros dijo...

E, claro está, non serei precisamente eu o que remata os fíos nin nos dá por rematados nunca. Porque neste blog desde hai certo tempo un dos poucos que escribe con frecuencia son eu. E, para o que me coñece das miñas intervencións neste foro, non adoito calar cando o fío resulta interesante.
Nota: esta é a miña reflexión mediopensionista. Aínda falta a miña falabaratada. Pero agora teño que facer a comida.

Anónimo dijo...

A relixión de Arume é o culto ao efímero.

apicultor dijo...

Estaría moi ben que, alén de meterse en plan infantil con este ou con aquel (agora tocoulle a Arume), o ínclito anónimo dixese tamén algo de máis proveito para todos. Digo eu, vaia.

Anónimo dijo...

Hai mais dun anónimo, non todos os anónimos son un. O Apicultor non podería aparte de autonomearse xendarme oficoso do blog, contribuir con algo mais?

apicultor dijo...

Pola boca morre o peixe, anónimo. Veña, fágase bo, que non lle custa nada.

arume dos piñeiros dijo...

Canta razón tería, amigo anónimo, conmigo se non empregara a palabra culto, cousa que eu non practico! Pero, en efecto, o efímero (ou sexa a vida mesma) me encanta: para o eterno (e demáis trascendencias que entreteñen ou consolan, baixo voz impostada, o paso fugaz pola terra) xa están outros.

Anónimo dijo...

Si, para que logo me pisedes os zapatos...

Anónimo dijo...

Heroe arumeano do
efímero

Anónimo dijo...

"Ya le dijera a (Fulanito) que no me molesten, que estoy desayunando", seica dixo unha vez un certo intelectual galeguista, diletante e sensualista, cando o chamaban por teléfono ao negociado (así e todo, gustáballe moito o poder).

Anónimo dijo...

os outros

Anónimo dijo...

Disculpen, pero o clip elexido confundino, rectifico é este:

os outros

a música varía e moito.

Anónimo dijo...

Pero non se lle pode negar que entre un extremo e outro non acade o Arume o seu glamour

Anónimo dijo...

E non negará Arume que con tanto enfase no efímero está a convertilo en trascendente.

arume dos piñeiros dijo...

Non se crea: encántame o efímero, pero para min é completamente intrascendente. Non teño tempo para pensar niso: pasa demasiado rápido. Hai que estar pendente sempre da última de Woody Allen que nunca é a que un está vendo.

Anónimo dijo...

E agora unha bonita canción melódica! dedicada a todos os que naceron cun sorriso Clisident posto na boca.

Anónimo dijo...

O éfimero encántao, é dicer precuralle unha experiencia se non numiniosa, si perto dela e hai moitas experiencias que se teñen por relixiosas con menos intensidade.

Anónimo dijo...

Dedicado a todos os amantes do efímero: Clícame

rabindraná tugurio dijo...

O efémero é a poalla do tempo.

arume dos piñeiros dijo...

Ata vai ser un dos post máis fermosos das uvas. Quen o ía dicir!

Anónimo dijo...

co efémero que parecía...

Anónimo dijo...

Efémera é tamen un tipo de mosca. Por extensión, a mosca cojonera que se instalou neste fío.

Anónimo dijo...

Contra o efémero: insecticida, ou castración da mosca "cojonera"

XDC dijo...

Moi aprecidada por os pescadores como cebo, teño entendido, a efémera.

Anónimo dijo...

Son as 14:27 e o Sr. Efémero segue sen dimitir.

Deus dijo...

O sr Efémero non dimite porque, no fondo, ama a eternidade. Ben cho sei.

Anónimo dijo...

Arrecende a efémero.

arume dos piñeiros dijo...

Efímero, ra.
3. (Por la brevedad de vida de este insecto). f. cachipolla.

cachipolla.
1. f. Insecto de unos dos centímetros de largo, de color ceniciento, con manchas oscuras en las alas y tres cerdas en la parte posterior del cuerpo. Habita en las orillas del agua y apenas vive un día.

Que nun fui yo, que fue Pachín,
el más revoltosu y el más bailarín.

rabindraná tugurio dijo...

Cuando o bafo de Ulises comezou a bater na cuncha da tartaruga, esta, apurada polo alento mitolóxico do dos pés lixeiros, virou a cabeza e díxolle ao célere corredor:

Non desesperes, lóstrego, e segue a correr sen parar, que aínda che faltan unha infinidade de efémeros para me pillares.

Anónimo dijo...

Non era Ulises, Rabindraná,era Aquiles...

rabindraná tugurio dijo...

Tes toda a razón, Anónimo. Un erro garrafal, imperdoábel, que non admite escusas, que me converte nunha vergoña, que me fai indigno da Solaina. Son merecente de castigo, e aquí están as miñas carnes para seren maltratadas a vergallazo limpo e até que corra o sangue en regueiros de vergoña polas miñas costas. Abandono o alcume e non volvo vir por aqui. Efémeramente.

Anónimo dijo...

A metedura de pata non foi efémera, tomase nota e non se olvida, por mais que o Rabindraná o queira efimerizar.

Arrecendo dos castiñeiros dijo...

Non todo é efémero.

lourixe dijo...

A relixión, na súa forma de ritos cotiás ou semanais, foi substituida paseniñamente polo fútbol: as verbenas dos santiños polas celebracións de trunfos/ligas/copas. Porén nunca desaparecerá de todo mentres precisemos de xurar, por dar cun martelo no dedo, p.e.
En quen se c. vostede, Arume, nesas ocasións?

arume dos piñeiros dijo...

En números, en antonomasias. Que agora lembre. E, por certo, que ledicia tela por aquí!

chorreo relixioso dijo...

Dona Lourixe, hoxe, despois de onte, da fazaña do Alcorcón, ao futebol e a don Arume nen tocalos, e moito menos relacionalos con ritos e outras manifestacións relixiosas, fouce e martelo aparte. Don Arume é gent blaugrana e hai que deixalo disfrutar do 4-0 ao Mandrí, a non ser que pertenza á ala mais moderada do barcelonismo, se é que a hai, e nos surprenda aquí dicéndonos que non disfruta das derrotas dos demais (eu tampouco), aínda que o rival, ou neste caso o inimigo a bater, sexa a escuadra galáctica de florentino. Hai que entender as cousas, e hoxe, día de euforia culé, como comprenderás, non é o mais indicado para molestar a don Arume con abstraccións e metafísicas. Non sei que pensará don Arume, pero eu a partir de onte ao 4 chamaríalle número alcorcónico e chorreante.

arume dos piñeiros dijo...

Hoxe temos ademáis enfrente ao eterno (das poucas cousas que non son efemeras: pero xa se sabe que o fútbol é puritita irracionalidade) rival: a Leonesa. Non sei como rematará a cousa, pero promete diversión.

Anónimo dijo...

efemeros, vanais, dicharacheiros.

Anónimo dijo...

"El Barça es mes que un club: es un puticlub". (popular)

Eu non sei se a relixión está demodé ou quedou desfasada. O que si sei é que coa crise económica, volveron a aparecer nas televisiós todos aqueles programas de botadoras de cartas e lectoras de bólas de cristal.

E falando de relixión. Seica Carlos V falaba en castelán con Deus (coas chavalas facíao en francés, mais oui!). Eu sei dun falante autóctone de galego que cando ten que xurar ou cagarse en todo, faino en castelán.

Unha que fixo o bacharelato dijo...

Anónimo do mié oct 28, 10:48:00 PM:

Non se escribe "vanais",senón banais, con b.

"Dicharacheiros" é un burdo españolismo, non existe en galego. Pode dicir laretas, bardallas, etc.

A ver se aprendemos galego e ortografía, home, que as súas mensaxes dan peniña.

Anónimo dijo...

peniña

Xosé M. González dijo...

Eu ben quería que no marco deste blog se dese debate ou intercambio de pareceres sobre o fenómeno relixioso, epistemoloxía, socioloxía... Nalgún momento quixen procurar un punto onde a interpelación ou intercambio de diversos tivese viabilidade, e fun entendido da peor maneira posible, coma se pretendese facer calar. Resolvín calar eu, xa que non vía regaña onde meter aínda que fose unha mínima vaza útil.

Sempre me pareceu que o resultado empobrecía o blog; con todo, este era o que seu promotor quería e os contertulios resolvían coas súas intervencións e propostas. Pero aínda hoxe penso que houbo mellores hipóteses; aínda que non xurdise ningún Umberto Eco ou Carlo Maria Martini.

arume dos piñeiros dijo...

Non nos faga eses reproches, amigo Saavedra. A min non me interesa nada o tema, pero entendo que tenq que haber xente preocupada nestes asuntos. Tente ofrecer os seus puntos de vista e xa verá como hai alguén que lle segue o fío. Aquí houbo temas que non suscitaron nin o máis mínimo interese (que a min me atraían) e non dixen nada. E algúns outros que prometían diálogo e quedaron en nada. Vostede ben sabe que se saímos de sota, cabalo e rei, aquí morre o conto.
Probe que ao mellor sae algún arcebispo de Tui ou un semiólogo de Celanova con ganas de lerias.

Anónimo dijo...

Ou un hermeneuta de Ponferrada.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Que bó título para unha película de acción, de corte histórico e, xaora, de intriga: O Hermeneuta de Ponferrada. Próximamente nas súas pantallas. Como non ven por aquí o Medela, agora convertido en famoso guionista de Allariz, non nos poderá dar ideas. Se alguén o ve, que lle digan que necesitamos guionistas para a película do ano: O Hermeneuta de Ponferrada. A primeira escea ten que ser un travelling veloz Rañadero arriba ata chegar ao Mesón Bodegón, cerca da rúa do Reloj, onde hai un tipo dándolle a unha de patacas bravas e meditando sobre o efemero e as cereixas de Corullón.

Xosé M. González dijo...

Non é exactamente un reproche, Arume, máis ben lamentiño. O amo desta casa sacou ocasionalmente asuntos tocando o eclesiástico, algún ou algúns achegamos algo e xa está; quizá puiden tirar do fío, talvez dese en certo froito, talvez: todo ten límites, un foro elencos, foi o que foi.

Lembro aquel número 15 da serie Entre hortas e portas, o chamado "Curas e misas", e parte das reaccións suscitadas que, a forza de seren as máis explícitas e insistentes, déronlle ao fío de comentarios (159 en total, alí os están) perfil de repertorio de vilezas, maldades ou lacras apostas ou supostas, e ás veces teño pensado se ocasión para algún axuste de contas coa biografía, sabendo o que en efecto pasaba cando nos criamos. Todo desde unha óptica onde o negativo tiña(me) un gusto a consabido no que eu non participaba, se cadra tampouco outros. Non digo que fose ilexítimo, si que me tería gustado -inicialmente- hermenéutica e intercambio desde nivel máis previo.

Por varios motivos (entre eles o moi mal entendido que eu fora anteriormente) libreime de entrar en debate e suscitar nova ocasión airada, daquela e máis tarde. Posiblemente fixen mal, pero tampouco non era fácil -se posible- encontrarlle o punto. En todo caso, aí queda a visión retrospectiva.

arume dos piñeiros dijo...

A pregunta é obrigada, Saavedra: ulas portas e hortas? Ulo "entre" que vostede amañou de forma maxistral?

Xosé M. González dijo...

Admitidas a trámite e esperando entrar en comisión resolutoria, que as cousas (no palacio de que se trata) deben ir mes a mes. Des que haxa resolución (positiva ou negativa), xa mandarei aviso. Se positiva for, lástima, lástima que todo aquel caudaloso engadido de crítica e comentario non poida ser editado. Mira que non hai aí arte e sabedoría.

detective crepuscular dijo...

Xa me perdín, xa non sei de que vai isto, do relixioso ao efémero, do efémero a Entre hortas e portas, do desinterese pola relixión do Arume ao interese polo "debate sobre o fenómeno relixioso" do Xosé Manuel. Un labirinto relixioso do que non hai Deus que dea saído. Mire, señor González, este verao levei a miña nai á aldea dos meus por parte de pai. Enterraban a unha señora que era como da familia. Sobran detalles. Sabe cuantos curas oficiaron a misa? 57, nen mais nen menos. Si, si, señor de Lugo, ouviu ben, 57 curas. Había tanta xente, e tantos curas, claro, que non entraban na igrexa e víronse obrigados a celebrar a cerimonia no campo da festa, ao pé do atrio. Eu, mentres atravesaba o campo da feira acompañado da miña nai para deixala nun dos bancos ocupados por outros familiares, boteille unha ollada de esguello á cregaxe arremoiñada arredor do altar e do cadaleito e cheguei a contar cuarenta e tantas sotanas. Afinal, cuando fomos recoller a miña nai de entre os bancos da misa (ai, mísero de min), foi o primeiro que me dixeron: Había 57 curas! Que lle parece, señor González? 57 curas como 57 deuses verdadeiros. Quen lle dera a vostede presenciar un "fenómeno relixioso" de tamaña dimensión sotánica (todo o contrario de satánica). Iso si, logo de se cambiaren de roupa na igrexa, vellos e novos, novos e vellos, rapados e melenudos, que álí había cregos de todas as idades e categorías, puden comprobar que cada un levaba o seu maletín e ía vestido de "paisano" como se do Padre Casares se tratase. Modernizouse a cousa de carallo. Eu, ou me presentan vostedes credenciais relixiosas de polo menos 57 curas por misa, ou non falo de relixión.

Xosé M. González dijo...

Carallo pr'á cregada, Detective, dispensando. Aventuro que será imposible pórmosllenos á altura, nunca outra tal vin, penso que nin oín. Levaría cincuenta e sete o propio Caudillo de camiño para a cova?. Iso si que é socioloxía e sociometría, haxa no caso moita ou pouca relixión.

Anónimo dijo...

57 curas só os xunta hoxe a condesa de Fuerzas Electricas del Noroeste.

detective crepuscular dijo...

Señor Anónimo, 57 curas xuntounos a señora do conto, que foi "labrega" toda a vida, boísima persoa (desas que se contan cos dedos da mao) e ten o fillo maior (outra boísima persoa, igual que os outros dous, relixión aparte) ben colocado no seminario. Xa ve, a cousa non ten nengún misterio, nen hai que ser condesa para levar mais de 50 curas. Se eu fose relixioso e crese nesas cousas, que aínda creo menos que o Arume e o Saramago xuntos, diría o que lle escoitei a algúns familiares e ben seguro que todos os asistentes pensaron: "A señora M. era tan boa persoa, que merecía 57 curas e mais tamén." Ou dito doutra maneira: 57 curas son poucos para o boa persoa que era a señora M. Se quere corroborar o dos 57 e receber mais información, pode chamar ao axuntamento do meu povo, que xa teño insinuado unha chea de veces cual é (o Medela percorre a diario as suas ruas empedradas e outletianas), e perguntar pola concelleira de cultura. O que eu digo vai a misa (jeje), aínda que ás veces me trabuque de corredor e converta a Aquiles no dos pés pesados e o elimine das carreiras imposíbeis contra a tartaruga.

Xosé M. González dijo...

Eu, ler, xa lera de que a un o acompañaran doscientos cardenales. Ora que seica a ningún lle chamaban señoría.

XDC dijo...

Pero, houbo algunha vez 57 curas?.

Os curas teñen que ser sempre en número impar, coma as rosas?.

Dos 57 curas,cantaban todos, ou algún sólo movía os fuciños, pra non levar traballo?.

Botaron "A bendición dos llanos", como cando se poñen a comer xuntos?: "Bendición dos llanos, que non veñan máis dos que estamos". Outra versión: "Bendición dos llanos, a canto tocamos?".

57 curas, cantando o responso. En rumano "raspunsu" significa "resposta". Chamaranlle responso porque se vai "respondendo"?.

Perla dijo...

Daría algo por coñecer se cant@s aquí opinan, con certa sorna, sobre relixión son depois consecuentes, na vida diaria, cos seus postulados. Evidentemente cada quen é moi libre de pensar, sentir ou expresarse como lle da a gana,faltaría máis, pero... parece lóxico que se paso do tema non lle farei a comunión á meniña vestida de noiva no altar maior ( magoa de fotos), nen asistirei de padriño do fillo, co chaqué recién mercado, ós pes da Virxe dos Miragres( é un decir) , nen moito menos darei terra ós pais no sagrado, ou bautizarei os cativos, etc.. Non si ?

É certo, cando morre a nai dun cura estes teñen por norma asistir ,o mesmo , ainda que en menor número, con calquera familiar directo, e canto se agradece! independentemente das propias ideas relixiosas que, non sempre teñen por que ser coincidentes , aí están os amigos ,compañeiros, coñecidos, apoiando cando se precisa.Iso é o que conta, que sexan vinte ou corenta, católicos ou budistas que máis ten!
Celebro que nunca se viran no caso.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Por qué se nos pregunta sobre consecuencias a nós e non aos que, crendo en todo o que cren e aceptando todo o que teñen que aceptar, fan como se non existira nin rigor relixioso nin nada? Non son eu (falo por min agora) o que ten que dar mostras de cumprir con estes preceptos (superficiais, por outra parte): son os que, asumindo as reglas do clube, disimulan o que poden e levan aos últimos extremos aquela máxima de que hai de todo na viña do señor.
Este país, abofé, aínda non pasou nin por Erasmo de Rotterdam.

Anónimo dijo...

Ser relixioso non equivale a ser un santo, moitas veces o relixioso é un grande pecador.

Para evitar críticas respecto da incoherencia, non hai como ser agnóstico.

O agnosticismo é unha tomadura de cabelo a crenza relixiosa e a razón.

Perla dijo...

A igrexa como institución non evolucionou gran cousa, pero a sociedade actual pouco ten que ver coa do século XVI así que de vivir hoxe os problemas de Erasmo non haberían de ser os mesmos.

Antes de facerse socio dun clube compre ler os estatutos, o que non valen son as medias tintas. Cousa distinta é se os xa socios cumpren as regras ou non. Mais iso só lles incube a eles.

Pérolo dijo...

A igrexa actual ten moi pouco que ver coa dos tempos de Erasmo.

Os estatutos regulan a pertenza e expulsión dos seus membros, pero na regulación hai moita media tinta, sobre todo na igrexa actual na que caben unha ampla gama de comportamentos.

Os clubs, as igrexas, son asociacións que pola súa proxecciòn social incumben a moita mais xente que aos seus membros.

Erasmo de Redondelam dijo...

Queda otro estilo de hombres el cual, sin duda alguna, pertenece por entero a nuestra grey. Se complace en escuchar o explicar falsos milagros y prodigios y nunca se cansa, por maravillosas que sean, de recordar fábulas de espectros, duendes, larvas, seres infernales y otros mil portentos semejantes, los cuales cuanto más se apartan de la verdad, con tanto mayor placer son creídos y hacen [ titilar los oídos con afán más deleitoso. Y ello no lo emprenden solamente para matar el tedio de las horas, sino también a fin de ganar lucro, singularmente para los sacerdotes y los predicadores.
Parientes suyos son quienes profesan la necia, pero agradable persuasión de que si ven una talla o una pintura de San Cristóbal, esa especie de Polifemo, ya no se morirán aquel día, o que si saludan con determinadas palabras a una imagen de Santa Bárbara, volverán ilesos de la guerra, o que si visitan a San Erasmo en ciertos días, con ciertos cirios y ciertas oracioncillas, se verán ricos en breve.

De la misma manera que en San Jorge han encontrado a otro Hércules, lo propio han hecho con San Hipólito, cuyo caballo casi llegan a adorar, teniéndolo devotamente adornado con jaeces y gualdrapas. A menudo se concitan los favores del santo con alguna ofrendilla y tienen por digno de reyes el jurar por su casco de bronce.

¿Y qué diré de estos que se ilusionan halagadoramente con fingidas compensaciones de los pecados y, por encima de todo error, miden, como con una clepsidra, los tiempos del Purgatorio, los siglos, los años, los meses, los días y las horas, a modo de una tabla matemática? de aquellos que, valiéndose de ciertos signos y ensalmos que algún piadoso inventor ideó para bien de las almas o para su propio lucro, se lo prometen confiadamente todo, riquezas, honores, placeres, harturas, salud y perpetuamente próspera, vida longeva, lozana vejez y, en fin, la estrecha vecindad con Cristo en los cielos, cosa la última que no quieren que ocurra sino lo más tarde posible, es decir, cuando emigran a su pesar de los placeres de esta vida, a los que se aferran con los dientes: entonces es cuando quieren sustituirlos por las delicias celestiales.

apicultor dijo...

Pois mire, Perla, eu que non lle son agnóstico, senón ateo profeso e confeso, sonlle totalmente coherente a estes efectos. A outros xa non me atrevería a dicir tanto.

Joe Cocker dijo...

Teño a impresión de que moitos de vostedes (mesmo os agnósticos e ateos) incorren nun certo cristiáncentrismo. Dado que o catolicismo é unha relixión con decálogo, esíxen unha adecuación entre o que se profesa e o que se fai. Pero non todas as relixións teñen preceptos, e por non teren, algunhas non teñen nin siquera Deus. Tal vez se obxecte que non falamos de China, India e Xapón senón de Europa, mais tamén aquí se evolucionou cara un saudable antropocentrismo á carta ("eu creo nun Deus á miña maneira") que non pode ter como valor a coherencia, porque carece de dogmas. Ademais, a vida sempre vai por outra parte. A coherencia é umha virtude lóxica, pero, ás veces, un defecto existencial. Véxoos moi puritáns.

XDC dijo...

As relixiós non son concebidas pra tempos de bonanza económica, nin pra tempos de saude, nin pra tempos de xuventude.
A relixión é un ferro ardendo pra tempos fodidos.Cando se leva tempo sin comer, e non se ven trazas de cómo se poden cambear as perspectivas.Cando se padecen enfermedades incurables, etc.
Hai un pequeno fragmento de "El Plan Infinito" de Isabel Allende, no que a autora describe cómo nos "tempos fodidos" buscamos sensos ocultos en todos os acontecementos que nos rodean, mesmo nos máis triviáis.É o xermolo de todas as relixiós.
Ninguén pode decir que non sexa corrupto hasta que teña oportunidade de selo e o demostre. DO mesmo xeito, téñenme nula credibilidade os que din que non son relixiosos, hasta que os vexa pasalas verdadeiramente "putas" e demostren que se manteñen "enteiros" sin botar man das irracionalidades propias da relixión.
A mín a relixión "refanflínfama". Porque son novo, teño saude, e vanme as cousas máis ou menos ben. Éme moi sinxelo atopar centos de argumentos contra a relixión. Teño formación científica e repúgname a falta de lóxica de moitísmos argumentos esgrimidos por os curas e a xente devota.Pero, por si acaso, non o digo moi alto.NOn cuspo pra arriba. Porque temos dos hemisferios cerebráis, e tan humano é o un coma o outro. Si as cousas se poñen feas, igual remato por ser tan, tan relixioso, como pra montar unha relixión nova.

XDC dijo...

Desde logo, por tanto, que unha maneira de incrementar o senso relixioso é "crear tempos fodidos" de xeito máis ou menos "artificial". Ás Igrexas normalmente vailles mellor cando o groso da xente o pasa "fodido".

XDC dijo...

Desde logo, por tanto, que unha maneira de incrementar o senso relixioso é "crear tempos fodidos" de xeito máis ou menos "artificial". Ás Igrexas normalmente vailles mellor cando o groso da xente o pasa "fodido".

Anónimo dijo...

O budismo en occidente é unha vulgar moda new age.

XDC dijo...

Desde logo, Anónimo, as relixiós exóticas están ben vistas e son "políticamente correctas". O primitivo animismo está moi "in".

Joe Cocker dijo...

O budismo é unha moda orientalista para occidentais máis ou menos ociosos. Pero non vexo por ningures a superioridade ou a conveniencia da "nosa" relixión, respecto doutras mercancías que concorren no supermercado da salvación. A non ser que decidamos que o que nos compre de maneira natural (mellor dito, "cultural") é o cristianismo, como aseguraba Huntington. O único que é certo é que se tende a unha especie de relixión á carta. E iso a min, que son bastante incrédulo, non me parece mal. Prefiro que sexa o crente quen decida o menú a que estea escrito nas taboas da lei.

Xosé M. González dijo...

Non parece claro iso que di, da Cova; abunda a xente relixiosa, moza e con saúde. Adoita entender (ou, simplemente, sentir) que o ser humano é continxente; pero tal concepción non queda contemplada, paréceme, dentro do que vde. chama situacións fodidas.

Outra cousa serían a dificultade ou cumprimento de normas ou preceptos; e tamén os sentidos asumidos en relación co feito da autoridade eclesial. Iso dá para moito debullar, ben o sabemos nós e maila autoridade.

apicultor dijo...

Non sei eu se abunda ou non moita "xente relixiosa, moza e con saúde". Máis ben teño a sensación de que, entre a mocidade, se está a dar un maior desapego das prácticas relixiosas (ou iso creo que veñen dicir os estudos empíricos ao respecto, se non estou trabucado).

O que si me parece moi claro é que gran parte desa xuventude de sentimentos relixiosos é pastoreada por movementos preconciliares e de forte compoñente ultraconservadora no público e no privado (kikos e demais bandas). Este é un dato que non conviña obviar.

Daquela, de ser así, non sei eu se é moi pertinente o cualificativo de "saúde" para os mesmos (desde logo, non de "saúde democrática" ou de "saúde sexual").

Visto historicamente, coido que XdC ten bastante parte de razón: o cristianismo e, despois, o catolicismo, creceron e colleron clientela sobre todo en épocas de crise.

Perla dijo...

Admitido, Cocker, pode haber relixión sen Deus, pero quen é Deus? é un ser eterno , obxectivo, existente por riba de nós, ou é só un desexo, a necesidade imperiosa que media humanidade ten de que exista.
Dígame: Deus existe?
Amolaríame ben que ata da xustiza divina haxa quen se poida librar.

Joe Cocker dijo...

É o único que se me ocorre, Perla. Dedicado.

A little help of my friends, by Joe Cocker

What would you think if I sang out of tune,
Would you stand up and walk out on me.
Lend me your ears and I'll sing you a song,
And I'll try not to sing out of key.
Oh I get by with a little help from my friends,
Mmm,I get high with a little help from my friends,
Mmm, I'm gonna try with a little help from my friends.

Do you need anybody?
I need somebody to love.
Could it be anybody?
I want somebody to love.

What do I do when my love is away.
(Does it worry you to be alone)
How do I feel by the end of the day
(Are you sad because you're on your own)
No, I get by with a little help from my friends,
Mmm, get high with a little help from my friends,
Mmm, gonna to try with a little help from my friends

Do you need anybody?
I need somebody to love.
Could it be anybody?
I want somebody to love.

arume dos piñeiros dijo...

Parece sorprendente que xente que nin cre nin ten intención de crer teña que dar explicación da súa completa indiferencia. E, por contra, as persoas que teñen esas inclinacións non necesiten dar contas das súas preferencias. Pero debe vir por defecto, polo que se ve, na engranaxe moral de moita xente, como o Times New Roman no Word.
As palabras de Dacova sobre esa posibilidade de cambio diante de circunstancias jodidas parecen quitadas dos catecismos máis condescendentes do clero concilio vaticano segundo. Non as entendo: lembran aquelas teimas dos cregos do franquismo por asegurar que mesmo o máis ínclito ancarcocomunista e anticlerical e acérrimo comecuras, chegado o finiquito, abraza os santos oleos e xunta as mans en actitude de contrito arrepentimento.
Home non, Dacova.

arume dos piñeiros dijo...

Xa sei que hai unha corriente de pensamento que outorga á coherencia escasa entidade, mesmo epistemolóxica, na procura da comprensión das cousas. Baseado nunha lóxica escolástica (o mundo é raro, mudable e complexo, logo o pensamento sobre él ten que acomodarse a tales mudanzas), despreza a coherencia como punto de partida para a argumentación, para a ideoloxía ou para a propia ética individual. É unha opción como calquera outra: da pe á contradicción, á paradoxa, á fermosa combinación de contrarios, que son, sen dúbida, adorno da literatura e da ficción divertente. A min me gusta atopar faltas de coherencia en moitos orbes da vida, sobre todo naqueles inocuos e pouco importantes; item máis: adoro esas anécdotas e episodios nos que o individuo actúa de xeito singular e aparentemente contradictorio, a salvo de veleidades ideolóxicas que poidan determinar a súa vida.
Pero en xeral a coherencia resulta a priori preferible. Gustas de persoas que afirman algo (coas dúbidas que calquera pode posuir) que logo tentan levar a efecto; aprezas a persoas que formulan desexos que pretenden ver cumpridos; entendes mellor a quen postula certas ideas (non necesariamente invariables) e trata por todos os medios de velas desenroladas na súa vida diaria. Claro que podemos ser flexibles e admitir que nada do que se afirma precisa logo ser practicado. E mesmo admitir, en nome dun escepticismo extremo, que nada do que se proclama merece ser logo demostrado. Podemos, sen dúbida.
Nese caso, déixeme ser un puritano de pura cepa. A salvo claro está de rigores en materia sexual e de negacións dos praceres mundanos. Puritano si, pero a vidiña polo que vale.

XDC dijo...

Que o home é un ser contradictorio xa o dixo un filósofo grego, non lembro cal,que eu confúndoos moito.
Que o home é un ser que acomoda o seu razonamento ós seus propios intereses é algo obvio pra calquera que vexa un partido Madrid-BarÇa nun bar,e non sexa un aficionado ao fútbol.
Os intereses poden ser cambiantes ao longo da vida en función das circunstanzas e poden, por tanto, inducir a formas de razoar totalmente distintas según a época. Hai que ter en conta que o cerebro humano,e os seus procesos de pensamento,evoluiron mediante selección natural para buscar o propio interés de cara a supervivencia, e non pra resolver asépticos problemas abstractos.
Eu non sei hasta qué punto o sentido relixioso debe ser exclusivamente asociado á observancia dos ritos asociados a algunha relixión concreta. Unha cousa é o "espíritu adorador" e outra o "espíritu evanxélico", por falar do caso concreto de duas tendencias claramente diferenciadas no catolicismo. Moitos animáis teñen verdadeiro temor a non cumplir con certos ritos aprendidos. Tamén hai patoloxías psíquicas (manías) con síntomas similares. Teño entendido que se teñen inducido nos laboratorios sentimentos relixiosos estimulando o sistema límbico. Posiblemente certas endorfinas puderan causar o mesmo efecto. Eso pode explicar o "espíritu adorador" que eu, persoalmente, considero alienante, e que parece ser o que trata de promover o Vaticano actual.Pero poder haber outros tipos de "sentimento relixioso". A mín resúltame difícil imaxinalos, pero tamén me resulta difícil imaxinar que a alguén lle podian gustar os homes, có boas que están as mulleres. E ás mulleres adoitan a gustarlle os homes, có cal xa non entendo á metade aproximada da poboación. Quero decir, que na mente dos outros é ben difícil entrar, cando se fala de emociós, e imaxino que o tema da relixión vai por a "onda" das emociós.
Xa me fixen un lio e non lembro o que quería decir...:P

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

"Teño entendido que se teñen inducido nos laboratorios sentimentos relixiosos estimulando o sistema límbico."
Unha xenialidade, amigo Dacova. Esta foi grande. E non quero entrar en detalles, que logo me xulgan por irreverente.
Aínda que haberá quen pense que é o sistema purgatórico o que prevalece.

XDC dijo...

Estes días estou lendo un libro delicioso titulado "El lenguaje silencioso", de un tal Edward Hall. Nun dos apartados fala precisamente das contradiciós toleradas por as diferentes culturas. Un exemplo que me fixo moita graza, que resulta ser sorprendente para o autor,amricano: "En Europa, dinche que xa te chamarán, e logo non te chaman".

XDC dijo...

Home, Arume, agora mesmo non lembro o número de Scientific Americain onde lin, fai anos,sobre eses experimentos, pero escribindo duas palabras "a bote pronto" no Google aparecen cousas coma esta:PREMER

XDC dijo...

Non teño vagar agora de buscar o artigo científico do que falaba, mágoa. Pero o que sí lembro é que o que trataban de investigar era o poder das sectas, naqueles tempos en que estaban tan de moda. Anque a diferencia entre "secta" e "relixión" déixolla establecer a vostede, Arume,si é que existe, que pra eso sabe moito máis de lingua ca mín.

detective crepuscular dijo...

O asunto é ir esquivando o tempo, entretendo a soidade e despistando a morte da mellor maneira que podamos; procurando mantérmonos afastados dese enxendro tortuoso e mortificante chamado relixión, sobretodo nos momentos "fodidos" e estados de "crise", que é cuando o fluido espiritual pode aproveitar para salvar as nosas defesas alicaídas e penetrar na nosa conciencia de "fosfato de calcio", calcinándoa e desfacéndoa de todo, irremisíbelmente. Non esquezamos que "todas as teorías das orixes son historias inventadas co fin de descreber a experiencia de estar aquí". Nen esquezamos o negocio fabuloso que rodea a todo MILAGRO DE SOR VERÓNICA EN LERMA (Una comunidad de 134 monjas de clausura, jóvenes, con carrera y conservadoras), como pudemos ler onte en El País Semanal. Toda unha FAES RELIXIOSA. Eu, como Joe Cocker, tamén vos dedico as palabras finais dun libro de John Berger, un autor tan admirado por Manuel Rivas, e ao que tanto lle debe.


Lo que más me reconcilia con mi propia muerte es la imagen de un lugar: un lugar en el que tus huesos y los míos sean sepultados, tirados, desenterrados juntos. Allí estarán desperdigados en confuso desorden. Una de tus costillas reposa contra mi cráneo. Un metacarpio de mi mano izquierda yace dentro de tu pelvis. (Como una flor, recostado en mis costillas rotas, tu pecho.) Los cientos de huesos de nuestros pies, esparcidos como la grava. No deja de ser extraño que esta imagen de nuestra proximidad, que no representa sino mero fosfato de calcio, me confiera un sentimiento de paz. Pero así es. CONTIGO PUEDO IMAGINAR UN LUGAR EN DONDE SER FOSFATO DE CALCIO ES SUFICIENTE.

Perla dijo...

Moitas grazas Cocker,imos por o enlace que non han ser poucos os que, deste xeito, disfrutarán da súa música directamente. Joe Cocker

Joe Cocker dijo...

Que un debe ser bo, veraz, e non debe dicir digo onde dixo Diego, é unha obviedade que non vou discutir, nin siquera en nome das últimas novidades epeistemolóxicas. Que un deba ter e manter exactamente as súas ideas de sempre, é algo, ademais de penoso -pois a vida ensina moito-, imposible, -pois todos cambiamos, queirámolo ou non. É unha experiencia habitual coñecer xente que presume de coherencia acenando coa man esquerda, mentres trata de roubarche a carteira coa dereita (ou coa esquerda, que para o caso é o mesmo). Por iso, anque non creo en "Deus", se tivera que elixir entre a divinidade católica e a protestante, non sei cal escollería: a protestante, demasiado severa e "coherente"; a católico, demasiado indulxente. Pensándoo ben, entre Calvino e a Igrexa, gustaríame camiñar alegremente cara á fogueira. Pero para escoller o martirio, tiña que valer. E xa dixen que, nese sentido, eu non son "coherente".

Xosé M. González dijo...

Coherencia pode ser aterte estritamente a un discurso pregoado; pode ser tamén querer manterse vinculado a unha institución aínda que se encontre obsoleta a súa letra oficial: daquela, a xente pode actuar segundo ve conveniente e acaba cambiando a letra.

Tamén pode haber coherencia en quen mantén, do coñecido ou aprendido, o que chegou fondo, sen querer renunciar ao que lle é valioso. En materia de relixión, teño impresión de que moita xente nova e non nova está en tal tesitura. Canto a prácticas, co gregarismo máis ben trasladado a outros lugares, o persoal adoita facer o que dicía aquel anuncio: maiormente, o que lle dá a gana.

Isto último, ás veces é bo e ás veces menos. E por moito que se alargue a ollada, en máis dunha ocasión un non encontra a coherencia onde buscaba.

Ora ben: quen é un para pedir contas do talante, sentimento ou vida allea? Haxa tempo para contemplar e ler, que ata iso falta.

apicultor dijo...

Eu teño pouca -ou ningunha- tendencia ao misticismo e ao espiritualismo, e menos aínda a unha certa morbosidade relacionada coa morte. Daquela, non podo comungar coa palabras de Berger arriba citadas.

Cando eu morra, non me van preocupar onde vaian parar os ósos de quen corresponda. Dito noutras palabras: o fosfato de calcio tanto che me dá que tanto che me ten. Aparte de que me van icinerar, polo que non vai haber posibilidade de tal promiscuidade ósea como a desexada por Berger.

Noutra orde de cousas, é sabido que cada quen fai da súa capa un saio. De aí que eu diga que, por riba de todo, o importante é non se mancar. E, de paso, tentar ser o máis felices que se poida, a ser posible sen facer dano aos demais.

Boa noite a tod@s.

arume dos piñeiros dijo...

"Non se mancar e ter os pes quentes", di un meu amigo, non sei se por eufemismo ou por arrebato de sinceridade. El é da terra chá e sabe do que fala.

XDC dijo...

Eu, cando morra, vou ir ao "limbo dos frustrados",que é a onde van os que morreron sin cometer certos pecados porque desgraciadamente non tuveron oportunidade.
Eu vou dar un fosfato de calcio mo bó, e vou fosforecer na oscuridade, coma o fuciño do sabueso dos Baskerville, e van confundir o refulxir dos meus osos con unha estrela na noite, e os meus osos desperdigados e fosforecescentes van diseñar a forma da Osa menor,ou da Maior, ou da Sétima (?),e por eso van pensar que son os osos de un oso, atención ao "o" aberto ou pechado,e un vagabundo vai atopar equivocadamente o rumbo ao norte grazas ós meus osos, e o oso do cú vai ocupar o lugar da inmutable estrela polar, e por eso debería estar aquel "enamorado de la Osa Maior", porque o que quería decir era "me pirro por tus huesitos", e no lugar dos meus osos pétreos montarán unha Igrexa, e na comunión darase fosfato de Calcio, ou mellor, Calcio 20, que era o que nos daban as nosas avoas pra medrar...
Ejem.
Desculpen o breinstormin a estas horas da mañá. Non debería tomar licor café pra almorzar. Vou traballar algo.:-P

o mesmo, pero disimulando dijo...

Vostedes falan e falan, e fan ben, que o falar non ten cancelas. E, mentres, vai Saramago e publica Caín, para atacar con furia, parece ser -eu non lin o libro- ó Deus no que non cré. Xa intentou foder a marrá con Evanxeo segundo Xesús Cristo, novela ou relato do que eu non gostei e que, talvez, debese ler de novo, pero non me van os ánimos.

H.Melville decidiu matar a Deus e morrer no intento. E así o fixo. Moby Dick -Moby Ricardito, como dicía Sender- , a balea branca, o Deus odioso e odiado por Achab é ultimado pola ira cega do mariñeiro e van parar -supoño- vítima e vitimario ó inferno. ¿A onde, se non?

¿Existe Deus? ¡Por suposto! Todos os que cren nel e mais os que non cren pero o utilizan para os fins que lles interesen outórganlle carta de natureza.

Deus está ahí, igual que o Demo, porque, crentes ou non, dámoslles vida. E a relixión, tanto a de Deus como a do Demo, atravesa o alento todo dos pobos todos desde sempre e, probablemente, ata sempre. Tú siempre nunca, dicia o mariñeiro vasco do Monte Anaga. Aunque la mona se vista de seda, tú siempre nunca.

"Eu teño que recoñecer que todo o referente á relixión me desborda. Non sei que interese pode ter."

Comparto, se hai que compartir, a primeira parte da proposición. Mais non a segunda. ¿Verdadeiramente pode haber algún home culto -perdóeseme o solipcismo- que non saiba que interese pode ter a Relixión no mundo contemporáneo -agora e sempre e polos séculos dos séculos, amén?

Ahasvero dijo...

A existenca de Deus non é un problema a resolver, dase ou non, como o Ser no aberto completamente secularizado.

A secularización só pode favorecer aos crentes sinceros, e así é.

A crenza obtida mediante a costume, a tradición...nada teñen que ver coa experiencia relixiosa.


A cuestión mais ben é se dende fora da relixión se pode dar conta da experiencia relixiosa.

E como dicían os Nosos a proposito da relixion, "Se non creemos na nosa que é a verdadeira como imos crer noutra?"

Con todos os meus respetos, o dos experimentos que percuran experiencias relixiosas, son paletadas sensacionalitas, demagoxia científica ou sensacionalismo científico.

XDC dijo...

Pode que Deus non exista en acto, pero sí en potencia, segundo a teoría de aquel filósofo grego, que non sei cal era, e pódenos pasar coma naquela novela de Asimov, cando lle preguntaron á computadora "Existe Deus" , e a computadora respondéu "Si, agora sí". Igual Deus non existíu ao principio, sinon ao final, ou igual o final é o principio, porque vivimos nun Universo coa flecha entrópica do tempo cambeada.
Igual creer en Deus é coma namorarse. Un non pode namorarse razoando.O proceso é "emocional". Así como te namoras ou te desenamoras, igual crees en Deus, ou deixas de creer, por tempadas.
Igual Deus é como "a man invisible do mercado" do Adam Smith. Non existe máis que coma construcción intelectual,pero existe. Uns percíbena, e outros non.
Moita xente experimenta emociós que consideran "elevadas" cando contemplan un monumento que ten tres ou catro milleiros de anos. Pra outros non é máis que un montón de pedras, e pensan que non hai nada esencialmente diferente entre tres milleiros de anos e un cuarto de hora. É unha cuestión meramente cuantitativa,non cualitativa. Hai xente que se emociona diante de un penedo de das toneladas, e pra outros é esencialmente igual a un cantazo do camiño, sólo que máis grande. Esas emociós son difíciles de explicar a quen non as sinta.Non sei se a emoción da existencia de Deus será así de intransferible e inexplicable.
O outro día, na BBC, un fulano decía que pretender eliminar a relixión sería como pretender eliminar o sexo.
Non sei eu si eses experimentos científicos serán "demagoxia científica". Normalmente, a intención da ciencia é a de descubrir o que non sabemos, anque nos primeiros do momentos de cada investigación adoitan a darse "paus de cego". Nos principios da química orgánica os científicos eran moi incomprendidos porque a maioría da xente creía no "alento vital" insuflado por Deus, e non creían na natureza química dos fenómenos biolóxicos. A ciencia vainos poñendo no noso sitio, pouco a pouco. Non ocupamos o centro do Universo, non somos esencialmente diferentes ao resto dos animáis, etc. E non somos máis indignos por eso. Posiblemente a verdadeira dignidade sexa aceptarnos coma somos e, si somos pura química, pois sómolo, e xa está.
Algo de química debemos ter, porque teño unha fame de carallo.

arume dos piñeiros dijo...

Un non pode namorarse razoando. Pois non estou eu seguro diso. Para ser sincero, eu diría que só razoando un pode namorarse, salvo que se considere o namoramiento como unha enaxenación mental transitoria. Ou imperecedera, segundo os casos.

Anónimo dijo...

Interesante tese a súa, Arume. Faga o favor de abundar algo nela, que seguramente dá pr´un bo debate.

Pó namorado dijo...

Iso, iso, que a ebonde...

XDC dijo...

Pois claro que sí, Arume. Os nosos avós namorábanse razonando "si lles conviña ou non" @ candidat@. Casarse é unha "decisión de alta implicación", máis que mercar un coche, e hai que valorar ben todas as prestraciós que ofrece o producto antes de decidirse.
Eu coñecín a un señor que me dixo que decidíu non casar con unha rapaza á que lle fora "falar" porque o recibíu cheirando a chourizo.

arume dos piñeiros dijo...

Pode ser que eu teña en alta estima o concepto de razón e mesmo pense que non hai nada máis ca razoamento nas nosas vidas. Que iso que chamamos emocións ou sentimentos non sexan máis ca imposturas entre poéticas e fermoseadas dun pensamento cabal. Ou sexa, que esa oposición tan derretida polo manoseo do tempo entre cabeza e cuore non deixa de ser unha máis das nosas invencións racionais para acomodar á nosa especie ás expectativas literarias que xeramos. Posar coma sentimental ou coma un ninguén arrastrado pola paixón da sinrazón dá unha boa figura, pero non elimina un ápice o que ten de calculada estratexia de conquista.

XDC dijo...

MOito lles gusta falar de relixión que a cousa vai xa por 100 comentarios. Gústalles máis falar de relixión que de sexo. Anque a relixión, si habemos de creer ao Saramago, do que tamén lin o "Evanxeo", non é máis que sexo encuberto ou sublimado (óu eso dice nun párrafo de "Memorial do Convento").
Claro que, así como falamos moito de sexo queñes non o practicamos, tamén falan moito de relixión vostedes que non a practican, e van ir ao Inferos, ao Inferior, ao Inferno,todos vostedes, e non vai valer o enchufe que lles podia ofrecer eu desde o ceo pra libralos das lavaredas eternas.

arume dos piñeiros dijo...

Os de Ourense sempre tedes a Baltar para estes avatares adversos. Seguro que algún postiño, aínda que sexa de gardachaves ao lado de sampedro e dos que anteriormente xa meteu, podedes atopar.

arume dos piñeiros dijo...

A célebre antropóloga Rafaella Carrà deixouno escrito con sabiduría:

Tutti dicono che l’amore va a braccetto con la follia
ma per una che è già matta tutto questo che vuoi che sia
tante volte l’incoscienza è la strada della virtù
litigare, litigare per amarsi sempre di più.
Ma girando la mia terra io mi sono convinta che
non c’è odio non c’è guerra quando a letto l’amore c’è.
Com’è bello far l’amore da Trieste in giù
com’è bello far l’amore io son pronta e tu...
tanti auguri, a chi tanti amanti ha
tanti auguri, in campagna ed in città.
Com’è bello far l’amore da Trieste in giù
l’importante farlo sempre con chi hai voglia tu
e se ti lascia lo sai che si fa...
trovi un altro più bello, che problemi non ha.
Com’è bello far l’amore da Trieste in giù
com’è bello far l’amore io son pronta e tu...
tanti auguri, a chi tanti amanti ha
tanti auguri, in campagna ed in città.
Com’è bello far l’amore da Trieste in giù
l’importante farlo sempre con chi hai voglia tu
e se ti lascia lo sai che si fa...
trovi un altro più bello, che problemi non ha.
trovi un altro più bello, che problemi non ha.
trovi un altro più bello, che problemi non ha

Xosé M. González dijo...

Crer ou non crer por tempadas. Levar a crenza na epiderme ou deixala nunha especie de stand-by... Como na miña vida actual hai tan pouquísimo tempo para lelos (que lles hei contar canto a reflectir e escribir), adoito levar na cabeza as cousas do blog -con outras- no tránsito peonal, de cara ao Instituto, de volta... En Lugo debo ter algunha sona de tolo ou maniático. Ao caso: no da fe periódica parei mentes antonte, talvez cruzando a Praza de Santo Domingo.

Eu penso que na experiencia relixiosa hai moito de intuitivo; no ser humano o racional adoita tinguir todo, pero non é todo. E a intuición ten momentos. Por outra banda, cando na experiencia persoal do relixioso -sentido e/ou herdado- vai algunha vinculación confesional, ou referencia a determinado corpus ético, momentos de incomodidade ou conflito poden dar en desaparición da fe.

Ora ben: tal e como utilizamos con demasiada frecuencia o verbo 'desaparecer' nun senso de extinción e morte, tamén consciente ou inconscientemente podemos asumir que o que non vemos igual o houbo pero xa non existe.

E ao mellor fica durmido, latente ou subconsciente. Lord Marchmain, por exemplo, definitivamente morre dentro da Igrexa; desde logo, Evelyn Waugh era escritor católico, a súa novela ten bastante carácter apoloxético e, aínda que relate vida, en última instancia é literatura. Ora ben, hai anos lin como Francisco Carballo contaba o seu derradeiro encontro con Eduardo Blanco Amor, moi pouco antes de este aparecer morto en Vigo. "Teño que falar contigo, - dixéralle o novelista ao xesuíta- porque teño saudades de Deus". Non era único.

arume dos piñeiros dijo...

Esa teima levou a inventar un crego (unha monxa, dicía don Cipriano que non estaba por alí) no leito de morte de Azaña. Durante anos se substentou a idea de que Azaña pedira extremaunción, non co propósito de tentar a posteriori salvalo (tiñan conexión directa co plus ultra e sabían que estaba condenado por moito arrepentimento que exhibise) senón de sinalalo como falsario flaxelo da clerecía cando no seu íntimo proceder acendía unha arrepentida candea pola súa réproba ánima.

Xosé M. González dijo...

O de Azaña é caso coñecido, por moito que eu non coñeza o que pasou, se alguén coñece. Lin a novela de Carlos Rojas, pero tamén é literatura. Ora que eu non diría que todo é teima, andando polo medio diverso argumento biográfico. Tamén, xaora, seguramente falsificación.

E é hora de marchar. Teñan boa noite.

Xosé M. González dijo...

Mal vivio non relerse: aclaro, logo, que a pasaxe, na mensaxe anterior, eu non diría que todo é teima, andando polo medio diverso argumento biográfico non quere referirse aí a Azaña, senón a diverso argumento. E agora si, hai que marchar.

XDC dijo...

Cómo é que ninguén falóu da famosa "aposta" que fixo Pascal:PREMER.

XDC dijo...

A "teoría de xogos" anticipóulla Pascal ao Nash ese.HAHAHAAHA.

XDC dijo...

"Para hacer bien el amor hay que venir al Sur", efectivamente, Arume. Será por eso que os do Sur non queren fusionarse cós do Norte, no asunto ese das caixas. Perdón, eso é de outro fío. :P.

XDC dijo...

Teña coidado e mire por onde anda, Xosé Manuel González, xa sabe o que lle pasóu a Arquímedes cando, por ir mirando pró ceo pra ver as estrelas e aprender a orientarse no mundo,caéu nun buraco. Unha vella que pasaba díxolle, ao parecer: "Pra andar por o mundo tés que mirar onde pisas".
De fama de estar coma unha chiva, e de ir sempre nas pavías, se eu lle contara...

arume dos piñeiros dijo...

O manifesto Carrà afirma "da Trieste in giù": non establece rankings norte-sur. Dá igual en calquera sitio. Na versión española non se sabe como o sur aparece como o paraíso sexual.

En realidade si sei como, pero disimulo.

Joe Cocker dijo...

Unha sentencia de Estrasburgo declara inconstitucional a presenza dos crucifixos nas escolas. Os curas protestan. Os musulmáns pretenden que os seus propios símbolos figuren en lugar preminente. Vello e renqueante, Deus resiste, pero xa non está en todas partes. O Deus de agora xa non é como de antes.

Anónimo dijo...

É de agardar que o Psoe tome nota e deseguido retire aos curas dos centros de ensino. Ou vai ser este un pais de opereta!. Polo ben dos cidadáns, polo ben dos agnósticos, dos ateos e dos crentes. Basta xa de privilexios antidemocráticos, pero habería que seguir coa monarquía.

Anónimo dijo...

...cos farmaceuticos, a dobre vida dos médicos e o control fiscal real das grandes e medianas fortunas...a democracia ten un custe mas alá da retórica profesional dos políticos.

XDC dijo...

A mín paréceme totalmente lóxico que non haxa símbolos relixiosos nos centros públicos. E tamén que non haxa curas neses centros. E tamén que se retirase a fotos dos reis. Tanto "colgar en las escuelas su retrato" , xa fede.

XDC dijo...

Totalmente de acordo có Anónimo das 12.30. Pero amplíe a lista, que hai máis...

Xosé M. González dijo...

- Pero es que ése no es una persona. ¡Es un cura!.

Versión aproximada na terceira entrega de Giovanni Guareschi, cando don Camilo vai a Rusia camuflado. O comisario soviético que escoita a exclamación do militante ¿romano?, fai que lla traduzan e bota unha gargallada.

Coidado, señores. Non se debería botar o Padre Calo da Universidade. No meu instituto xa habería menos problema: o catedrático de Grego xubílase este curso.

XDC dijo...

Imaxino que o lugar natural dos curas son as igrexas, ás que un acude, ou non, de xeito voluntario.
Nas aulas públicas,nas que se imparte ensino obrigatorio, suministradas por un Estado que se presupón aconfesional, están de máis.
A mín gústame moito aquel episodio de "Don Camilo" na que o alcalde Peppone chega ás agachadas á igrexa có seu fillo recén nado,pra que o cura llo baptize. E, inda porriba, có nome de Lenin. Acabaron a ostias, coma bós amigos que eran.

O Demo que o fixo dijo...

A ver se deixades de falar tanto de Deus e falades un pouco de min. Ou é que só existe Deus?

XDC dijo...

Home (é un decir), Deus igual existe coma non. Pero vostede, o Prícipe das Tebras, está claro que existe. E tanto. Arrenéghote, de paso.

XDC dijo...

Cheira a xofre. Entre o ión fosfato e o sulfuroso acaban có viño.

detective crepuscular dijo...

Dedicado a Apicultor, o ateu irredento e mais grande comecuras que recordan os séculos de Auria.

Xa perdín a conta dos anos que hai que ocorrera o tal "milagre". Don Emiliano (nome real do home do "milagre"), o cura do convento, ou cura das monxas, era daquela un afeizoado á fotografía e seguidor incondicional do equipo de futebol do meu povo. A liga fora moi competida e o último partido decidía o galardón de campión. O rival era de polas terras de Verín, e cara alá fomos os xogadores, o povo inteiro e Don Emiliano coa máquina. O equipo rival, para a nosa surpresa, alineara un xogador pequenote e gran rematador, moi parecido a aquel Müller da selección alemana que chamaban torpedo e que coiro que pillaba coiro que estampaba contra a rede. Había que recoñecer que o tipo remataba "como Deus". O pequeno torpedo do Pazos, que así se chamaba o equipo rival, cravounos dous coiros na rede e acabamos perdendo por 3-2, para alegría inenarrábel do contrario e dos seus e desolación nosa e dos nosos. Afinal, corrérase o rumor que o rematador infalíbel non era do Pazos e que o alinearan indebidamente para arrebatarnos o campionato de liga. Así foi a cousa. A nosa directiva presentou un recurso por alineación indebida e alí estaba a foto "milagrosa" que Don Emiliano lle fixera ao equipo do Pazos para testemuñar que o torpedo impostor figuraba nela e que a liga era nosa. E claro que foi nosa; iso si, cun certo regosto amargo, porque o que nos gañamos no campo gañouno para nós a intervención "divina" da máquina de Don Emiliano. Eu creo que foi aquel acontecimento decisivo o que determinou a miña "vocación relixiosodetectivesca". Non sei que sería de Don Emiliano, que hai moitos anos que non o vexo. Se vive, estupendo; e se non vive, pois que "Deus o teña na gloria".

apìcultor dijo...

Moitas grazas pola dedicatoria, amigo Detective das Barcelonas de Marsé e de Carvalho. Ateo si que lle son, mais o que se di comecuras -de Auria ou de calquera outra parte- pois non, que lle imos facer. Un defecto de carácter, abofé.

Home, amigo Saavedra, non nos faga trampas. Que cando se di que os curas saian do ensino é de impartir ensino de relixión. O padre Calo é ensinante universitario, mais éo de música e non de doutrina católica. Ou sexa, que haxa ensinantes de matemáticas, de lingua ou de química, que ao tempo sexa curas e que exerzan de tales noutros lugares, penso que non debería ter problema ningún.

Cada cousa no seu lugar e os curas no seu, penso eu desde a miña condición de librepensador volteriano.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Pois Voltaire será moi librepensador, non vou dicir eu que non, mais compriría revisar con coidado o seu pensamento no tocante ós xudeus e mais ós negros. Sobre os xudeus non me ven agora ningunha frase á cabeza, pero hainas e moi substanciosas. Sobre os negros, lembro que nalgures sostén que son unha especie de fase intermedia entre o home branco e o mono. Non está mal para un librepensador prerrevolucionario e, talvez, este si, comecuras.

XDC dijo...

Eu penso que O Mesmo peca nese último escrito de "presentismo". De xuzgar o pasado con criteiros do presente. As "definiciós", máis ou menos explícitas, do que é un ser humano non atenderon sempre ós mesmos criterios que hoxe,e cada un é fillo do seu tempo.
Posiblemente dentro de uns anos se diga que Fernando Lázaro Carréter era un machista por ter escrito nas suas gramáticas que en español se di "todos" pra significar "todos e todas". Posiblemente no futuro tamén haberá "presentistas". Anque non sei se habería que chamalos "futuristas", menudo lío.

o mesmo, pero disimulando dijo...

¿É "presentismo" logo, reclamar a persoas e institucións que pidan perdón ou recualifiquen feitos do pasado?

Esa afirmación súa de que "todos somos fillos do noso tempo", ¿ata onde hai que retrotraela?

¿Carece de interese, para unha análise cumprida das fontes da nosa cultura europea actual, que a Ilustración francesa fose, maioriatiamente, antixudea e discriminatoria en cuestións raciais?

Nese sentido é no que eu non entendo que se lle poda negar interese a todo o relixioso que atravesa en todas direccións esa cousa vaga que hoxe chamamos Europa e mais ó europacentrismo teimudo desde o que pretendemos comprender -e organizar- o mundo.

XDC dijo...

Desde logo que as suas preguntas, O Mesmo, son interesantísimas. Non llas contesto eu, por o menos adastora, porque son ben difíciles, e estanme facendo pensar. Que é o mellor que poden facer as preguntas, claro. Si chego a algunha conclusión persoal fareillo saber. Afortunadamente, non xogamos con reló, coma nos campeonatos de xedrez, e podemos pensar o tempo que queiramos.

Joe Cocker dijo...

Leo, estupefacto, as declaracións dun bispo poñendo o grito no ceo perante a esixencia de Estrasburgo da retirada dos crucifixos en Italia. Comprobo unha vez máis que a estratexia da Igrexa é distinguir entre laicidade (sá e integradora) e "laicismo" (malo e excluínte). Deste modo pode presentar as devanditas esixencias como esaxeracións laicistas, fronte ao que debía ser uha laicidade ben entendida, que permitiría a presenza do crucifixo nas aulas. Laicismo que tampouco querería entender que a identidade de Europa é imposible sen o cristianismo, de onde a pretensión de que os textos constitucionais da UE se refiran ao cristianismo, para así asegurarse o "privilexio de mención" do que goza a Igrexa en España. Non sei que pensará vostede de todo esto, amigo Detective.

detective crepuscular dijo...

Eu de todo isto penso igual que vostede, amigo Joe Cocker: O Estado debe ser aconfesional e laico, radicalmente e escrupulosamente laico, e as Relixións coas suas correspondentes manifestacións relixiosas e as suas simboloxías (macabras, como a do crucifixo) deben limitarse ao ámbito persoal e non á exibición pública en escolas e demais lugares do dominio común. Os bispos é normal que poñan "o grito no ceo", onde o van pór senón, aínda que últimamente afeizoáronse moito a pór tamén "o grito (Rouco son) nas ruas". Para iso están, para velar pola palabras e os intereses de Deus na terra. Ademais de todas as razóns que podamos esgrimir contra a exibición impúdica dos crucifixos, hai unha de orde menor se se quer, pero que non por iso deixa de parecerme menos importante: o crucifixo é un símbolo macabro, unha ofensa ao bon gosto, unha agresión selvaxe ao que entendemos por estética. Ou polo menos é o que a min me parece, que de pequeno non perdía un enterro e o que mais me impresionaba era o cadaleito con aquel crucifixo colosal, sinistro, tétrico, que lle puñan enriba e que metía medo. Cuando o enterro era na terra, o crucifixo aquel impresionábame mais que os osos que o enterrador ía "exumando" coa enxada. A terra, a enxada, os osos, sempre tiñan a referencia literaria de Hamlet, aínda que daquela non léramos a Xespir. Pero o crucifixo... a nai que o (cruci)fixo. Fóra os crucifixos do espazo público. Tamén podemos facer este pequeno chiste coas palabras: O das tais declaracións é un bispo con ideas (cruci)fixas.

arturobelano dijo...

Tiene razón o detective crepuscular: sólo por motivos estéticos habría que quitar esos crucifijos, por no hablar de los surrealistas nazarenos con el pecho abierto y el corazón sangrante. Si yo fuera ZP o Berlusconi, pactaría con la Iglesia para poner un cordero.

Joe Cocker dijo...

Ao forno, a poder ser...

Anónimo dijo...

Cordeiro pascoal, que quita o pecado do mundo. Chivo expiatorio, sacrificio, sangue?, (non mellor con flores). Logo comelo, crú ou ao forno, ou transfigurado en pan e ben alimentados adicarse logo a construir a irmandade e ensinar a pescar aos incredulos, para que que poidan ver o espíritu, o peixe nas augas procelosas do mundo. Por a outra meixela, practicar a igualdade de todos, e renunciar por sempre ao sacrificio dun irmán. Non tirar a primeira pedra e amar sobre todas as cousas a Deus nos irmáns. Sufrir con eles, darlle de comer ao famento, mediciñas ao enfermo, consolo ao moribundo. Rebelarse contra da inxustiza, botar aos mercaderes do templo, non deixar impunes as inxustizas do Cesar, darlle en xustiza o que lle corresponde. recoñecer a dignidade da persoa, por si mesma, percurar a liberación das causas materiais que a constriñen, practicar a xustiza social como parte indisociable do evanxeo.

Anónimo dijo...

¿"Non mellor con flores" ou "Non. Mellor con flores"? El cordero pascual no quitaba el pecado del mundo, sino que regalaba un banquete a los sacerdotes en el templo. El Evangelio (la buena nueva) es eso, el Evangelio, una utopía admirable, pero una utopía más entre otras muchas utopías de aquellos tiempos, de tantas sectas (la de Judas era otra, terrorista seguramente). El cordero humilde, sacrificante, quizás fue la estrategia de que nos habla Nietzsche: la de los débiles para derrocar a los guerreros, a los nobles, a los fuertes. Así nacería la Iglesia, que se hizo, para seguir siendo hoy, el poder más poderoso. Quizás el cordero de Dios, como imagina Saramago, era un atormentado por la insolidaridad de su padre, que salvó al niño (al cordero) de la matanza de Herodes, cuyo plan conocía José, el padre, y calló (como calló el Padre), sin decir nada a sus vecinos y familiares. El cordero de Dios es una persona buena, son muchas personas buenas, que salvan a muchos hambrientos y enfermos, pero no son corderos "de Dios", son humanidad bondadosa que poco puede contra el poder de la maldad que impera en el mundo. No creo que la humanidad se salve, se regenere con los corderos de Dios, con la buena nueva del Evangelio. Probablemente si la humanidad se salva lo haga cuando nuestra conciencia se vea absolutamente alterada por el conocimiento de otra civilización de las muchas que debe de haber en el Cosmos. Y no me refiero a nada paranormal o esotérico. Me refiero a algo sencillo y científico: si en el calendario del universo, éste comenzó el 1 de enero, la humanidad apareció el 31 de Diciembre, y nosotros estamos en los últimos minutos de ese día. Apenas ahora empezamos a vislumbrar la posibilidad de contactar con alguna señal de alguno de los miles de millones de mundos existentes, de alguna de las miles de vida probables, muchísimo más viejas que nosotros, muchísimo más evolucionadas. Si no nos autodestruimos, en el momento en que recibamos alguna señal de alguna de esas vidas, todo cambiará. Y el cordero de Dios pasará a ser un eslabón en la larga cadena de la evolución.
Claro que podemos decir: ¡Cuán largo me lo fiáis!

Anónimo dijo...

ARTURO BELANO.-¿"Non mellor con flores" ou "Non. Mellor con flores"? El cordero pascual no quitaba el pecado del mundo, sino que regalaba un banquete a los sacerdotes en el templo. El Evangelio (la buena nueva) es eso, el Evangelio, una utopía admirable, pero una utopía más entre otras muchas utopías de aquellos tiempos, de tantas sectas (la de Judas era otra, terrorista seguramente). El cordero humilde, sacrificante, quizás fue la estrategia de que nos habla Nietzsche: la de los débiles para derrocar a los guerreros, a los nobles, a los fuertes. Así nacería la Iglesia, que se hizo, para seguir siendo hoy, el poder más poderoso. Quizás el cordero de Dios, como imagina Saramago, era un atormentado por la insolidaridad de su padre, que salvó al niño (al cordero) de la matanza de Herodes, cuyo plan conocía José, el padre, y calló (como calló el Padre), sin decir nada a sus vecinos y familiares. El cordero de Dios es una persona buena, son muchas personas buenas, que salvan a muchos hambrientos y enfermos, pero no son corderos "de Dios", son humanidad bondadosa que poco puede contra el poder de la maldad que impera en el mundo. No creo que la humanidad se salve, se regenere con los corderos de Dios, con la buena nueva del Evangelio. Probablemente si la humanidad se salva lo haga cuando nuestra conciencia se vea absolutamente alterada por el conocimiento de otra civilización de las muchas que debe de haber en el Cosmos. Y no me refiero a nada paranormal o esotérico. Me refiero a algo sencillo y científico: si en el calendario del universo, éste comenzó el 1 de enero, la humanidad apareció el 31 de Diciembre, y nosotros estamos en los últimos minutos de ese día. Apenas ahora empezamos a vislumbrar la posibilidad de contactar con alguna señal de alguno de los miles de millones de mundos existentes, de alguna de las miles de vida probables, muchísimo más viejas que nosotros, muchísimo más evolucionadas. Si no nos autodestruimos, en el momento en que recibamos alguna señal de alguna de esas vidas, todo cambiará. Y el cordero de Dios pasará a ser un eslabón en la larga cadena de la evolución.
Claro que podemos decir: ¡Cuán largo me lo fiáis!

XDC dijo...

Eu quero saber por qué os obispados non tributan a Facenda.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E pensar que comezou o post cunha falabaratada miña: Noseiqueinteresepodeter!!!

Anónimo dijo...

O imperio do efémero?

o mesmo, pero disimulando dijo...

Estiven relendo hoxe, por motivos que non veñen ao caso, MAS ALLÁ DE LA CULPA Y LA EXPIACIÓN de Jean Améry. A cita sería demasiado extensa. Demasiado, pero pode que moi clarificadora. Recomendo -o libro enteiro, naturalmente-, mais para o tema que nos ocupa, as páxinas 68 a 72 da edición de PRE-TEXTOS. Logo veremos se hai ou non hai interese no asunto este da relixión en toda a súa amplitude, non só coas orelleiras do cristianismo/catolicismo, curas e cristos ensangrentados. Continúo sen poder admitir que se lle negue interese a este asunto. Síntoo. E pola miña parte, morreu o conto. Qui potest capere, capiat, dixo o Maestro.

Xosé M. González dijo...

Tarde entro e non lin antes. Serodiamente, logo, digo que non facía trampas, avisaba máis ben sobre as da linguaxe. Cando se di que non haxa curas nos centros públicos, dise que non haxa curas. O cura sempre fai de cura, pensamento implícito que non invento eu, e de aí pode vir a conclusión de non deberen saír da sancristía máis ca para dar a misa. 'Os curas a rezar, o pobo a lexislar!', berrábase nalgunha manifestación haberá igual vinte e tantos anos: bonita inxenuidade, supoño que igual xustificable porque nas demostracións públicas todo é trazo groso; e iso que, ben sabiamos/sabemos, non pouco pobo coincidía/coincide "cos curas" en non pouca materia lexislable.

"Os curas". Frase con tanto e tan diverso ou disperso sema, frecuentísima e altamente intencionado, que se me antolla case magmática. No meu instituto, o profesor de Relixión ten formación superior en filosofía, pasa pouco dos corenta, estivo en América Latina e segue liñas progresistas; por outra banda, é segrar. Desde hai anos, neste mesmo centro o único cura é catedrático de Grego. As trampas da linguaxe.

Aquel meu 'Curas e misas' tivera 159 comentarios. O presente fío leva 139. En efecto: e iso que non interesaba.

Anónimo dijo...

efémero, efemérides

arume dos piñeiros dijo...

Non todos os comentarios xurden do interese. Máis ben son metacomentarios sobre o escaso interese que ofrece. Pero para o caso valen ben e, engado, máis que ben: foi óptimo.

Deconstructing Arume dijo...

Vaia un metacomentario sobre o metacomentario de Arume: pois eu vexo que os metacomentarios sobre o tema deste fío son moi interesantes.

Anónimo dijo...

Isto é o acabose.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Esto pode animar o asuntillo: aínda que tamén podemos exclamar: "El acabose".

Cartas ao director do FARO DE VIGO, hoxe, 8/11/2009

El espacio de la Ciudadanía
Juan Manuel López-Chaves Méndez

En el pasado mes se celebró en Mondariz-Balneario, un encuentro bajo el sugerente título "El César o Dios", título que al señalar dos opciones parecía que habría una paridad en las exposiciones de los ponentes, pero si nos fiamos de las informaciones de la prensa, tal paridad no existió y salvo alguna excepción fue copado por los laicistas enemigos de la Iglesia.
Lo dicho tiene su fundamento en las declaraciones a FARO DE VIGO, de un joven diplomático actualmente no ejerciente quién después de sostener sin explicación alguna que en España "el problema religioso es un problema político, añade opacidad a sus palabras al afirmar sin razonamiento que el espacio de la ciudadanía ha ganado el terreno a la Iglesia".
¿Qué entiende el señor Ricardo, que es diplomático por espacio de la ciudadanía como contrario al terreno de la Iglesia? ¿Será un espacio exclusivo y privilegiado para los laicistas? ¿Es qué los católicos no somos ciudadanos de España y por ello, no podemos incluirnos en ese espacio?. Es posible que todas estas oscuras elucubraciones del señor Ricardo y los otros laicistas, vengan de su preocupación al comprobar que lo que ellos llaman el espacio de la ciudadanía, se ha convertido en un espacio de los ciudadanos españoles que ya no es de su monopolio, que se está renovando y que cada día más y más personas se dejan ver y manifestar en el mismo como recientemente lo han hecho un millón de personas en Madrid y es que "aún hay sol en las bardas".

O Grande Deconstructor dijo...

Lendo a estes pretenciosos, acórdame o que lle dictei a D. Antonio Machado:

El ojo que tú ves no es ojo porque tú lo veas, es ojo porque él te ve.

Xosé M. González dijo...

O acabose sintáctico ou semántico, diría eu. Porque entre elusión, anacoluto e ¿puntuación? de primeiras houben entender que Deus e mailo César actuaban como relatores (cast. 'ponentes'); e avogado de Deus podía parecer, logo, o asinante. Que pensei que era outro López-Chaves, aínda ben que non. Supoñerémoslle mellora, sendo profesor e cargo público.

Teñan bo proveito e boa noite.

arume dos piñeiros dijo...

É o pai do parlamentario.

Anónimo dijo...

Haxa paz nesta terra para o homes de boa vontade.

Anónimo dijo...

Déselle a Deus o que é de Deus pero que non o administre a Igrexa. E ao Cesar o que é de lei, que a deberíamos de facer todos.

arume dos piñeiros dijo...

Deus tamén fai telenovelas. Allariz Vice.
Vía Celanova.

as bolboretas de Cuerda dijo...

Eu pensaba que o Medela non viña por aquí porque andaba entretido no FACERBOOK e resulta que no que anda é no FACERCINE.

arume dos piñeiros dijo...

Amigo Saavedra: aquí ten unha novidade: que se cadra pode interesarlle.