8 nov 2009

(Foto: Paco Vilabarros)

Henrique Monteagudo, lingüista
‘Percíbese que a Xunta está contra o galego’

Xan Carballa. O vindeiro 14 de novembro celebrarase en Santiago o acto cívico convocado pola plataforma 'Galego, Patrimonio da Humanidade'. Un dos seus promotores, Henrique Monteagudo (Muros, 1959), ven de publicar 'As razóns do galego, apelo á cidadanía' (Galaxia), un libro que recolle artigos e ensaios dos últimos anos sobre materia lingüística.
A Nosa Terra, 07.11.2009
Hai un antes e un despois na lingua a partir da manifestación do 18 de outubro?
Hai un antes do 17 de maio, unha transición e un despois do 18 de outubro. O importante é como se xestiona politicamente ese éxito mobilizador. A plataforma Queremos Galego vaise entrevistar con Núñez Feixóo, e pronto coñeceremos a proposta de novo decreto sobre o ensino. O 18 demostrouse que o movemento lingüístico galeguista gañou forza e atopou un camiño. O groso deste movemento decatouse de que tiña que apostar pola pluralidade, que iso funciona e responde ás demandas da sociedade. E aínda que só é a punta do iceberg, penso que o marco de intelección pública estaba situado no de “imposición do galego”, que era o esquema creado por Galicia Bilingüe, Feixóo e o PP. Agora iso non funciona e o que se percibe é que “a Xunta está contra o galego”. Estamos nese camiño e quen vai ter que explicarse é quen tome medidas contra o galego.
A modificación do decreto converteuse no leit motiv. De como se faga a nova proposta vai depender totalmente a situación?
Sospeito que o decreto non vai conseguir consenso, ogallá fose aceptábel e o conseguise. Pero é moi probábel que ademais a oposición reclame que se contemple o conxunto da política lingüística. A idea de apoiarse argumentalmente na terceira lingua non vai a ningures, porque se están recortando fundos para o ensino e estender minimamente o ensino en inglés na docencia reclama un investimento enorme. Está posto aí para desviar a atención das claves do asunto, que son os mínimos, en castelán particularmente. O que lle ouvimos a Feixóo é que se iría a un reparto en terzos, e que os terzos en castelán e galego serían obrigados en todos os centros. Paréceme grave porque introduce un mínimo en castelán que nunca houbo e non se xustifica por razóns pedagóxicas e lingüísticas. Sería un paso atrás considerábel, porque hai centros, non poucos, onde hai unha docencia do 60-70% en galego, e iso implicaría que os docentes que están dando as materias en galego desde hai tempo, que teñen todas rutinas pedagóxicas, os materiais e a súa instalación no galego, terían a obriga legal de pasar ao castelán. Iso sería unha fonte de conflitos serios. Espero que a Xunta e as autoridades educativas teñen a prudencia de que, aínda que impoñan a filosofía dos tres terzos, non couten aos centros máis avanzados.
O libro que vén de publicar recolle opinións que atinxen a tres gobernos da Xunta. Hai quen opina que a política do bipartito foi pouco avanzada na materia, pero á vista da reacción do PP, ese argumento parece feble?
En xeral non falaría de pasividade. Á política de lingua do bipartito falloulle o eixo, que estaba na propia Secretaria Xeral de Política Lingüística. Tivo un elemento moi positivo de transversalidade, pero as iniciativas máis importantes partiron de Educación e de Vicepresidencia. Por unha banda coa rede de escolas infantís e por outra co Decreto do Ensino. As medidas eran boas pero faltoulle cobertura política e un relato de conxunto que lle dese sentido. En canto apareceron as primeiras reaccións do movemento contra o galego, a falta de respostas políticas coherentes do goberno fíxolle ver unha oportunidade electoral ao PP. O bipartito fixo moi boas cousas pero non lle ofreceu un relato de todo iso ao país. Faltou conexión entre os dous partidos e liderato do presidente da Xunta, capaz de poñer as medidas nunha visión común do país. Iso percbiuse en moitos temas e tamén no galego. Mentres a conselleira daba pasos valentes, xentes do PSOE na consellería boicoteábanas. E cando lle reclaman a Touriño que se impoña asústase. Iso culminou coa frase desgraciada do ex-presidente en campaña dicindo que el “non estaba pola imposición”. Máis que de políticas sectoriais, que as houbo moi boas, foi un problema de nervio político. E tamén de certa soberbia, de que todo estaba gañado.
Nun dos seus artigos di que pode gañarse terreo na escola ou no prestixio da lingua, pero que o máis difícil é influír nas pautas de uso da xente. Se o que precisamos é transmisión xeracional ese sería o maior reto?
Hai maneiras de facelo. Xa digo no libro que faltou pericia e asesoramento, e nese senso a secretaria xeral do bipartito foi a peor de todas desde que funciona. Ninguneou a todo o mundo que levamos anos traballando nisto. No caso das pautas de uso, cos adultos é máis difícil porque unha mudanza de lingua non se dá ao cento por cento dun día para outro en ningún caso. Os cambios danse gradualmente, cuns determinados interlocutores e nuns determinados ámbitos de uso e pódense ir estendendo. Nós dicimos que deben cumprirse tres condicións: competencia, ocasións de uso e motivación para facelo. A competencia é sabelo e mellórase practicando; motivación é ter unha razón para facelo e as ocasións hai que procuralas ou procurarllas á xente nova. No caso da mocidade botando man das actividades de lecer, estimulando relacións novas, con clubes, campamentos e outras maneiras. Non se pode obrigar a uns pais a falarlle galego aos fillos, pero os estudos demostran que esas decisións están moi mediatizadas polo idioma na escola. Se o medio escolar é galego o paso para unha transmisión xeracional é de xigante.
Nunha sociedade bilingüe, aínda que diglósica, cal sería o horizonte?
Defendo que o nacionalismo ten que abandonar a mitoloxía do monolingüismo, que é tan mito como a do bilingüismo. O campo do discurso social do bilingüismo non podemos deixalo en mans dos inimigos do galego, é como saír a boxear cunha man atada. Na realidade sabemos que non hai galego-falantes en exclusiva, somos bilingües e botamos man do castelán se o precisamos e o groso dos bilingües somos galego falantes habituais. Esta é a realidade e nun horizonte previsíbel non é razoábel pensar nun monolingüismo social. Se non é alcanzábel hoxe as alternativas en xogo son monolingüismo en castelán ou bilingüismo. Hai corenta anos podía ser imaxinábel, hoxe hai que abandonalo.
A identificación estrita de defensa do galego e nacionalismo ten funcionado negativamente?
O groso do movemento a prol do galego captou, despois do 17 de maio, que ten que ser un movemento amplo, que eu chamo de galeguismo lingüístico. Que hai que fuxir da identificación lingua-nacionalismo, non é unha xenialidade que se me ocorre a min, é algo xa asumido maioritariamente. Pódese defender o galego sen unha idea nacionalista detrás de maneira moi sinxela: falándoo. O nacionalismo recolleu unha bandeira que estaba tirada, a da lingua, e iso é un mérito indiscutíbel. Pero iso non implica que sexa dono do discurso da lingua. As polémicas ortográficas que se sucederon desde os anos 80 teñen orixe nesa patrimonialización da lingua. E a actitude, en ocasións sectaria, do nacionalismo en relación ao galego expulsou a algunha xente da súa defensa. Os nacionalistas temos que deixar de considerar que temos algún dereito de preferencia sobre o idioma, porque se o galego aspira á normalidade ten que ser de todos.
A manifestación tamén amosou a unha xeración que incorporou o galego, coas deficiencias que se quixer, como lingua presente no ensino.
O único perigo sería que deixásemos en herdanza esas liortiñas. Pero teño moita esperanza na xente nova. Hai novos tipos de galego falantes, que adquiriron a lingua na casa ou acadaron pericia lectora e de escribir na escola, e que ten unha adhesión ao galego moi diferente á nosa. A alfabetización introduce cambios na conciencia lingüística enormes, o tipo de lealdade que tes cunha lingua na que aprendiches a ler e a escribir é moi profundo. Por contra a vida social está máis castelanizada e a xente xestiona ese conflito con menos trauma que hai anos. Son bilingües sen grandes complexos de culpa. Estou seguro que veremos os froitos positivos do traballo destes anos e hai indicios que falan nesa dirección tanto no ensino, nas familias ou na cultura. Para nada creo que os esforzos de tantos nestas décadas fose inútil e a lexislación, desde a autonomía á lei de normalización lingüística, axudaron.

57 comentarios:

Anónimo dijo...

Como diría Julio Iglesias: "Me encanta España (por eso vivo en Miami)"

Anónimo dijo...

Encántame o galego por iso hai que ser bilingüe e convivir co español.

apicultor dijo...

Cando non hai argumentos racionais que contrapoñer, acódese a un suposto humor que non amosa máis ca impotencia e incapacidade para debater.

Aínda estou por ler a alguén que polemice con xeito coas teses realistas e sensatas -e subliño o de realistas e o de sensatas- que expón Monteagudo verbo do presente e do futuro da lingua galega.

Anónimo dijo...

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país. Para iso aborda os problemas máis urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalización: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións sobre a obra de Manuel García Blanco ou de Ramón Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramón Vilar Ponte e da súa xeración, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.

Nadia kopetenski dijo...

Temos un novo movemento sociolingüistico, político, historiográfico e suponse que ata literario: O "Realismmo Sensato".

Nadia kopetenski dijo...

Temos un novo movemento sociolingüistico, político, historiográfico e suponse que ata literario: O "Realismmo Sensato".

Anónimo dijo...

E as opinións que non se axusten ao Canon monteagudano fixado polo Apicultor, non son sensatas nin realistas?

Nadia Kopetenski dijo...

O Apicultor non as leu e o que o Apicultor non le, non existe.

Nadia Kopetenski dijo...

O Apicultor non as leu e o que o Apicultor non le, non existe.

arume dos piñeiros dijo...

Ingrata ocupación a de tender pontes. Sempre foron moito máis confortables as trincheiras. E xa non digamos nada os cuarteis quentiños onde se deciden as estratexias de combate.

apicultor dijo...

Nadia, ho, non por moito repetirse se ten ou se deixa de ter razón.

Claro que pode haber -e de feito hai- outras opinións sensatas. As súas, por exemplo. Non ten nada máis que expoñelas aquí para que as poidamos coñecer.

E de onde quita que non lin? Ten un espelliño máxico, ou? Pois mire, xa lera no seu día a maioría dos artigos que se recollen no libro, e onte mesmo mo agasallaron e lle peguei unha ollada á espera de lelo todo enteiro (se quere póñolle o ISBN, xa que tan desconfiada é).

apicultor dijo...

Téñoo agora mesmo enriba da mesa. Uns datos para vexa que é certo, desconfiada Nadia.

Rematouse de imprentar o día 22 de outubro de 2009. Ten 227 páxinas e está dividido en dúas partes, a primeira con 8 textos e a segunda con 26. Dedicado a Víctor Freixanes cunha dedicatoria un pouco tópica, ao meu ver. A foto do autor na contracapa é de Andrés Panaro. Etc.

E agora vou dedicar unha media hora a ler nel.

apicultor dijo...

Non sei se entendín ben. Se se refire ao libro de Goretti, teño que lle dicir que non o lin de momento. Mais, a teor do resumo arriba exposto, creo que non polemiza coas teses de Monteagudo. E a iso me refería eu na primeira intervención.

De resto, o entusiasmo está moi ben, mais o simple entusiasmo, ao meu ver, non chega para recuperarmos usos do galego.

Anónimo dijo...

Vaia, vaia, como llas meten Apicultor.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

O sr Monteagudo leva xa algúns anos ocupando diversos negociados lingüísticos e culturais neste país. El di que é moi optimista respecto á situación do galego -que vai dicir-cando comenta: "Estou seguro que veremos os froitos positivos do traballo destes anos e hai indicios que falan nesa dirección tanto no ensino, nas familias ou na cultura".

Eu vexo todo o contrario pero claro, non son Henrique Monteagudo. A aplicación da Lei de Normalización Lingüística non detivo o devalo imparable do galego. Máis capacidade de uso do galego non implica máis uso real, efectivo.

Vexamos outras afirmacións.

- "a actitude, en ocasións sectaria, do nacionalismo en relación ao galego expulsou a algunha xente da súa defensa."

Eu máis ben penso que foi o sectarismo españolista o que nestes anos esnaquizou o pouco galeguismo que había no PSOE e no PP.

- "Que hai que fuxir da identificación lingua-nacionalismo, non é unha xenialidade que se me ocorre a min, é algo xa asumido maioritariamente."

E non será que os que realmente teñen que "fuxir" desa identificación non son tanto os nacionalistas senón os galeguistas non nacionalistas? Ou é que os nacionalistas lles estorbamos e non se poden expresar libremente?

- "O groso do movemento a prol do galego captou, despois do 17 de maio, que ten que ser un movemento amplo, que eu chamo de galeguismo lingüístico."

Ogallá callase ese "galeguismo lingüístico na sociedade. Mais desengánense o sr Monteagudo e os demais autonomistas optimistas e felices con este status quo: o galego, nun estado autonómico coma este, ten os días contados a medio prazo.

Anónimo dijo...

Non leu o libro de Goreti e xa di que non polemiza con Monteagudo e atrévese cunha conclusión:" o entusiasmo está moi ben, mais o simple entusiasmo, ao meu ver, non chega para recuperarmos usos do galego."

Moi realista e moi sensato este señor!

apicultor dijo...

Non me sexa retort@. Eu non tirei conclusión ningunha, o que pasa é que vostede ten unhas anteolleiras que lle impiden entender o que din os demais. Volva reler o que dixen e tente apercibir o matiz.

En todo caso, como vostede si que leu o libro de Goretti, díganos se polemiza ou non con Monteagudo.

E si, ho, esa cantenela que conta xa a sabemos todos. Pero o que non nos di é que se pode facer mentres non chegue ese momento feliz de sermos independentes e así salvar a lingua galega. A ver, atrévase: mentres non chega, que?

Anónimo dijo...

A independencia non "chega", amiguiño, terémola que construír, porque se esperamos que nos chegue do estado español, imos aviados.

apicultor dijo...

Ou sexa, que non leu o libro de Goretti (nin tampouco o de Monteagudo). E non ten nada que dicir á pregunta que lle formulei.

Constrúa, ho, constrúa, que con construtores coma vostede temos asegurado o futuro.

En fin...

Anónimo dijo...

Por que moitas das trifulcas do Apicultor teñen a ver coas lecturas que el, e non outros participantes, fixo? Por que ten que demostrar a cada paso que el é o máis listo e lido do curral? Non será que que Apicultor se sente acomplexado e inseguro neste terreo?

apicultor dijo...

Veña, ho, que xa volve estar nela dalle que dalle. Mire que é obsesivo, alén de simple.

En fin..., non perdamos máis o tempo.

Nadia kopetenski dijo...

Volvo a reler e encontro unha persoa intelectualmente moi deshonesta.Non me interésa, así que, que lle vaia ben, Apicultor.

apicultor dijo...

Deshonesto é mudar de nick a cada paso por ser incapaz de manter un criterio con seriedade. Deshonesto e tonto.

apicultor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Mais vale que se informe para evitar males mentales, non todos os cambios de nicks, nin anónimos son un. E o calificativo de tonto, evidencia a súa cualiade de idiota moral. Agardo que verdadeiramente sexa o fin.

apicultor dijo...

Delátase a si mesmo soíño sen axuda de ninguén. Proba irrefutable de que usa varios nicks é que agora responde como anónimo, cando eu contestaba a alguén que asinaba con nick.

En fin, máis do mesmo, o de sempre. Provoca aburrimento mortal, home de deus, é que non se decata? En fin, isto é o que teñen algúns ociosos que viven do conto.

Els Dos dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
apicultor dijo...

Pois veña, home, pase de min logo. Non interfira máis coas miñas palabras. Déixese de tonterías e non me faga perder o tempo. OK?

Anónimo dijo...

En ningún momento neguei que uso varios niks, tamén o de anónimo, pero non todos os que cambian de nick e usan o anónimo son eu, como sucede neste mesmo fio, digollo completamente en serio.

E non considero que esa practica sexa deshonesta expcepto si se aceptan unhas regras de xogo previas, cousa que aquí nunca se fixaron, nin considero necesario facer, polo que é unha practica que entra neste xogo da linguaxe.

Honestamente, non me parece que lle provoque aburrimento mortal, digoo pola vehemencia con que as veces resposta.

E non me preocupa o mais mínimo do que poida vivir vostede, a min mentres non me pida cartos...!

E por último, notoo un pouco lento, agardo que sexa pasaxeiro e recupere os reflexos e ao menos, un pouco de humor.

apicultor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Inserín outra vez o comentario, porque ao parecer foi suprimido, e coido que non hai motivo xustificabel.

O tempo Api pérdelo ti se queres, é a túa exclusiva decisión, non proxectes isa responsabilidade sobre ningúen porque só a ti corresponde.

E xa comprobo que andas co humor endemoniado, así que mellor despidamonos, adeus muchacho goodbye!.

Anónimo dijo...

O Apicultor non atura non ser o galo quirico.

apicultor dijo...

O que non aturo é a túa tontería infantiloide, anónimo.

Anónimo dijo...

leo agora o comentaro anterior de Apicultor, quen non lera antes de inserir o meu, o dito, lento, farragoso e mesto,mellórate muchacho goodbye!.

Anónimo dijo...

Un exemplo último:
o anónimo que di:"O Apicultor non atura non ser o galo quirico." non son eu
e dígollo completamente en serio.

reis dijo...

porque caralho não utilizarão un nick, quando se metem numa regueifa intelectual ( perdom) e assim podiamos segui-los, o demais e trapalhada, isto semelha jogar o escondite, isto eu nom o vexo noutros sitios, niste blog a xente gosta inmenso, e aburrem oh.

Anónimo dijo...

Son o anónimo das 5.28 e das 6.47:

1.-Gustaríame saber quen é a persoa o persoas que se outorga(n) a licenza de censurar comentarios borrándoos. Se cadra niso consiste o de "tender pontes", que dicía Arume.

2.-Como ben lle dixeron varios anónimos, non todos somos a mesma persoa. Vostede, porén, é o mesmo de sempre.

apicultor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Que eu son quen? Marcel proust? Apicultor, vai para a cama. Iso de trasnoitar para responderlle ós anónimos ten moito de obsesión.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
amigos de Marcos dijo...

Rógase se cingan a temas relacionados, directa ou indirectamente, co post. Rógase tamén que cesen os insultos e descualificacións gratuitas. Rógase que os intervintes usen sempre o mesmo nick para non crear caos. Como é de recibo en todos os blogs, o administrador ten a facultade de borrar todos aqueles comentarios improcedentes e insultantes, polo que se pide aos participantes non caer neles para non ter que acudir a un procedemento tan lexítimo como expeditivo. Grazas.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Jimy de Rairo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Amigos de Marcos dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Amigos de Marcos dijo...

Rógase que os intervintes respecten as normas mínimas sinaladas. Do contrario, verémonos obrigados a borrar as súas mensaxes. Grazas.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Cando vin que había 51 comentarios á entrevista de Henrique Monteagudo, pensei que podía aprender algo léndoos, que me servirían para reflexionar, que me axudarían a afinar na miña postura etc.
Cheguei até o final, e síntome frustrado. Descansade un pouco, rapaces ou rapazas.

Anónimo dijo...

Comprenderá Anónimo que cando alguen se apropia de toda a sensatez e todo o realismo, hai pouco que ilustrar.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
o mesmo, pero disimulando dijo...

Resulta que o meu primeiro achegamento a H.Ibsen a través de Un inimigo do pobo, deixoume moi desacougado, incluso fodido. Agora veño de reler esa obra porque, xunto con outros textos relevantes, utilízoa como "nutrinte" dunha -eu pretendo que fonda- reflexión sobre a democracia.

Atopo un texto, aparentemente moi documentado e ben basamentado así como exposto, no que se establece a -ó parecer- irrefutable influencia do gran autor noruegués na ideoloxía hitleriana, e máis concretamente no funesto catecismo atribuído a Adolf Hitler.

¿E agora que facemos? ¿Continuamos neste fío eliminando comentarios que nada din, que nada aportan, ou ousamos meternos neste lameiral no que a posible crítica da corrupción e da manipulación exercidas desde o poder, pode chegar a confundirse coa crítica á democracia mesma, a democracia parlamentar, a aquela odiosa "partitocracia" coa que nos fustigaban os nostálxicos do Antigo Réxime durante os tempos da transición e aínda moito despois, incluso agora mesmo?

¿Baseouse Ortega en Ibsen para erixir ós "aristócratas" como dirixentes natos das masas, na súa obra A rebelión das masas? Hai algúns anos lía eu un orteguiano norteamericano que dicía que os españois viviamos distanciados de Ortega porque non entendíamos ese concepto de Aristócrata que él propoñía. ¿Debemos, xa que logo, vencellar a don José Ortega y Gasset con Hitler Ibsen mediante?

¡Foder! Non sei se debo continuar coa miña -fonda- reflexión sobre a democracia. Mellor sería, se un tivese esa gracia, escribir un esperpento sobre o tema. Non desboto a idea.

E vostedes, mentres, continúen insultándose, dicindo babecadas, e eliminando comentarios. Dá gusto velos, de verdade que si.

Claro que, igual que pasou co asunto das relixións, pode que nada de isto teña ningún interese.

Eu espero que a miña santa tivese algunha feliz idea para o xantar de hoxe. Agora mesmo estou bastante constrinxido pola fame e non estaría nada mal atopar sobre a mesa algunha das moitas exquisiteces que ela domina. (¿Por que en galego "exquisito" non ten o mesmo significado que en portugués?)

Que lles aproveite a todos. Supoño que xa comerían o irán comer.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Censurase polo ben de todos dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.