10 nov. 2009

LINGUA DE LIBERDADE
ACTO CÍVICO ORGANIZADO POLO COLECTIVO
‘GALEGO PATRIMONIO DA HUMANIDADE’
Teatro Principal
Santiago de Compostela
14 de novembro, 2009,
ás 12 da mañá
Presentación e condución: Cándido Pazó
(autor e director de teatro)
Intervirán:
Sindicatos:
José Antonio Gómez, Secretario Xeral de UXT
Xosé Manuel Sánchez Aguión, Secretario Xeral de CCOO

Dez persoas de diversos sectores sociais:
Mari Luz Canal (avogada, A Coruña)
Marisol López Facal (neuróloga, A Coruña)
Antón Reixa (escritor e cineasta)
Marilar Aleixandre (profesora e escritora)
Maria Victoria Otero (Decana Facultade de Matemáticas)
Anik Nandi (estudante índio de de doutoramento)
Afonso Álvarez Gándara
Xurxo Martínez (estudante de Vigo)
Manuel Portas ( Prof. Xelmirez I)
Soledad (contacontos uruguaia)
Tamara Canosa (actriz)
Catro oradores:
1. Laura Sánchez Piñón
2. Pablo González Mariñas
3. Henrique Monteagudo
4. Fermín Bouza
Final:
Actuación musical de Roi Casal

53 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois moi ben, que se reunan os bilingúistas.

arume dos piñeiros dijo...

Ignorar que unha boa parte deste país fala castelán (e ningunha palabra de galego, así os maten) pode resultar moi útil para que os amigos de sempre o queiran a un, o estimen e mesmo o conviden ás copas, sen traizoar a nada e a ninguén.
Pero non soluciona absolutamente nada.

Anónimo dijo...

O anónimo escribe "bilingústas", con ese til tan ben posto. Manda truco que teña a santa cara de insultar aos demais.

Anónimo dijo...

Anónimo anterior, o que había que poñer era unha diérese, pero fóiseme o dedo. O que non comprendo é que consideres un insulto ser bilingüista.

P. Rúas dijo...

As cousas vanse aclarando, o galego, patrimonio da humanidade, o español lingua de cohesión social. Outros, que somos máis, queremos o contrario. Que non lles pareza mal!.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Xosé M. González dijo...

O achado é de enorme valor. Falaremos máia en canto o teña e lea, pero grandes parabéns ao achador, o profesor Manuel Ángel Candelas.

Desculpen a saída de tema, pero a ocasión ben o merece; por outra banda, non hai dúbida de que se trata de patrimonio.

Ahasvero dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Xosé M. González dijo...

Na actual corrente en prol da lingua hai un valor de enorme magnitude: ninguén fala mal de ninguén, todos estamos dalgún modo nas empresas de todos. Non se cometerá, espero, a inxenuidade de estimar socios, seguidores ou simpatizantes d’A Mesa as decenas de miles que fomos ás manifestacións en maio e en outubro. Non se incorra, tampouco, no palmario erro de situar no PSOE e proximidade a empresa ‘Galego, patrimonio da Humanidade’; dito doutra maneira: sexamos serios.

É moi grande o número de asociacións e persoas adheridas a ‘Queremos galego’; nin moito menos todos serán militantes polo monolingüísmo social, probablemente moitos nin pasen mente por ese concepto. ‘Patrimonio’, hai nacionalistas, votantes, próximos e tamén afiliados ao BNG: citemos simplemente a Manuel Bragado, Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Martínez Barreiro; no próximo acto intervirá González Mariñas e anúnciase a presenza de Camilo Nogueira: ninguén será suficientemente pailán, espero, como para colocarlle a este o rótulo de bilingüista, sexa o que carallo sexa que se quere dicir con isto. Aínda engadirei a terceira póla, ‘Prolingua’, que acubilla expresa e moi simbolicamente un coñecido afiliado do PP. E a cuarta, non por pouco citada menos importante, ‘Pola hegemonia social do galego’. Hai xente adherida a varias; conxuntamente, todas elas supoñen unha rede, diversas redes de complicidades, equilibrios e matices que non se reducen a unha suma do que son por separado; non sei se se me entende. Non son unha dos ‘bilingüistas’ e outra dos ‘monolingüistas’. O primeiro que habería que explicar é que carallo se pretende indicar con tan -se cadra paradoxicamente- tan pouco claras cualifiacións.

É seguro que o vizo e potencia deste movemento, o feito de que a esta altura ten tomada a iniciativa social e política en materia lingüística, non sería de non ser pola variedade, pluralidade e xenerosidade. Certo, hai quen en privado pode dicir pestes; sempre houbo. Non digo que sexa malo que tal eventualidade teña reflexo nesta casa do debate. Ora que a min gustábame, logo, máis idea e menos rótulo: outra das marcas tradicionais da casa.

Xosé M. González dijo...

Outra cousa é estimar e avaliar na diferente importancia que teñen as diversas sensibilidades, a súa concepción e mailo seu grao de compromiso coa lingua e a súa vitalidade. Eu sei, seguro, que sen a teima, compromiso e empeño d'A Mesa as decisivas manifestacións de maio e outubro non serían convocadas: ou non lle vexo traza a tal eventualidade. Resulta imprescindible a perspectiva (nacionalista) de quen pensa socialmente a lingua galega desde si, a súa coherencia e independencia como tal: en tal sentido, a chamada ao entusiasmo, visións e achegas coma as de Goretti Sanmartín Rei, poño por caso, resultan -simplemente- vida, osíxeno, proteína pura.

Céntrese logo o absolutamente imprescindible, fulcral nacionalismo político nas súas mellores virtudes: entusiasmo, compromiso, non casar con máis país ca o noso propio país; ou a presenza sobranceira de Carlos Callón na presentación doutras plataformas. E deixe de lado os peores vicios, entre eles o encastelamento e sectarismo celoso; penso que hai moitos, seguramente a maioría, que no nacionalismo organizado, están en tal tesitura: non só Callón, Beiras, Nogueira ou estes, aínda que se cadra son dos máis elocuentes.

arume dos piñeiros dijo...

Cando espertou, o manuscrito aínda estaba alí.

Anónimo dijo...

Eu paso de intervir neste foro no que existe a censura. Se así cren que van conseguir consenso... defendendo o bilingüísmo, pois iso e non outra cousa é o que di o manifesto de "Galego patrimonio da humanidade" (e de Galiza?), pois xa saben: que lles vaia bonito. As voces discordantes non pintamos nada.

Lt dijo...

Noraboa a Caldelas polo importante achádego.

Estimado XMG, para min que hai bilingüistas e os que están pola hexemonía do galego, como lingua de cohesión social. Non hai máis que ler os textos para que sexa posibel discriminar entre os que consideran desexabel a convivencia oficial co español, e aqueles que desexan unha oficialidade exclusiva do galego sen merma do dominio individual doutras linguas.

Tendo claro, por suposto que unha cousa é a situación real actual do idioma, e outra o ideal cara o que se quere avanzar.

Estas duas posicións, poden converxer puntualmente e facer treitos conxuntos, pero a unidade de actuación non ten que difuminar as diferencias, porque así evitaranse equívocos, e confusións e farase máis difícil practicar unha demagóxica capitalización do movemento pola lingua.

Dicir de alguén que é bilingüista, non pode ser tomado como un insulto, só como unha interpretación da súa posición. Non hai un único discurso, e o que non cabe é a obriga de non facer distincións, porque implicaría unha pobreza de pensamento.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Xosé M. González dijo...

Non se trata de insultos, senón de adecuada avaliación da realidade: ningunha das plataformas constituídas, ningunha, fala de oficialidade exclusiva do galego; nin 'Hegemonia' chega a esa formulación. Son entidades útiles agora que hai ameaza de retroceso institucional, e o leitmotiv xeral é opoñerse a tal atraso. A defensa ou apropiación do concepto 'bilingüismo', concretado en dominio xeneralizado de dúas linguas (debería ser 'trilingüismo' a curto termo) non é inadecuada; e agradeceríase un pouco de flexibilidade e intelixencia na adopción de novas estratexias e nova linguaxe.

De todo isto, xaora, pódese e débese falar máis. Eu, por exemplo, non me encontro nese concepto -bastante difuso- de Monteagudo sobre que 'somos bilingües e botamos man do castelán se o precisamos'; non me encontro sen precisar como, cando e onde. Habería que peneirar, pero eu non podo esta noite.

Xosé M. González dijo...

Contan que cando verificou o seu achado -era o ano 1990- na Torre do Tombo (sete cantigas de amor de Don Denís con notación, a primeira lírica profana musicada desde don Pedro Vindel), Harvey L. Sharrer chorou; algunha voz puxo en dúbida a casualidade, visto que o americano seica levaba con el unha boa base de textos trobadorescos.

Ignoro as circunstancias da descuberta presente, nin se o seu autor mollou o primeiro folio. Pero sei que o seu nome quedou xa incorporado á historiografía literaria galega. A edicíón do Manuscrito Candelas posiblemente é a noticia do ano referida ás letras nacionais.

apicultor dijo...

Concordo con Saavedra. Que menos que denominar "Manuscrito Candelas" a ese texto en honor ao seu descubridor!

Caralladas dijo...

Conversa con Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2009:

http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/11/conversa-con-manuel-lourenzo-1.html

E venres segunda parte da entrevista. Saúdos.

Xosé Manuel Carreira dijo...

En xeral boto moitísmo de menos a presenza de profesionais doutros eidos na defensa do galego en todas estas iniciativas. Vese mesmo unha certa endogamia na preponderancia do colectivo profesorado-estudantado-funcionariado-intelectual na defensa do galego. E a xente que procura as fabas na empresa privada -que somos a inmensa maioría da sociedade- onde está representada?

Se queremos quebrar os estereótipos hai que facer un esforzo a serio por integrar máis financeiros, desenvolvedores informáticos, enxeñeiros e arquitectos, axentes comerciais, consultores, emprendedores, xestores de proxectos turísticos, responsábeis de recursos humanos, publicistas, etc.

Lt dijo...

Pero Xosé Manuel, que é unha "adecuada avaliación da realidade"'. Non formará vostede parte tamén dese novo movemento do Realismo sensato.
Os datos sobre o idioma interpretanse dende diferentes posicións que teñen que ver coas diferentes concepcións ideolóxicas. Cada unha ten a súa pretensión de verdade, hai catro plataformas, que son o resultado reactivo do que interpretan como unha agresión ao idioma, pero hai diferencias, non so na interpretación dos datos sobre a situación do idioma, senón tamén nas formas de reaccionar ante isa agresión, e mesmo na estratexia a desenvolver no futuro. A existencia de distintas plataformas non é gratuita, obedece a propostas distintas, que na súa base non teñen tanto de novo. Mirese que grupos apollan a cada plataforma e as persoas que se vinculan a elas e saberase mais desas diferencias.

Pero as diferencias no teñen que ser negativas, o positivo é a reacción da sociedade civil, os grupos culturais e as organizacións políticas que reactivaron o seu compromiso co galego. Na defensa do galego, ninguén sobra.


Pero é importante identificar as diferencias, e é unha realidade que unha persoa que desexe unha situación lingüistica de cooficialidade co español, mantén un unha posición bilingüista.

E outra que desexe a oficialide única do idioma galego, non é bilingüista.

É preciso distinguir a competencia lingüistica persoal, (que obviamente, cantos mais idiomas domine a persoa, mais riqueza terá, e que as institucións educativas e culturais deberán potenciar) da oficialidade dun idioma. Polo que iso do trilingüismo é un confuso cruce de diferentes campos que só sembra confusión.

Anónimo dijo...

Estou cuns textos de filosofia da ciencia na mesa, concretamente sobre o "contexto de descubrimento", e trasladaseme a atención ao descubrimento do dinosaurio por Caldelas. Seguro que aparece outro interesante texto.

Lt dijo...

Lt

lourixe dijo...

Creo que a aspiración de cada un de nós -e estou pensando nos que nos identificamos coa defensa deste país- é non termos que empregar máis que o galego, en todos os seus rexistros, ao longo da nosa vida.
Isto haino que separar, nidiamente, do que é a conxuntura política actual, na que Galiza está integrada -para ben ou para mal, é o que hai e cada quen verá, se non lle gusta, a maneira de cambiar as cousas- nun estado, o Español, cuxa constitución estabelece a obriga de coñecer o idioma castelán para todos os seus cidadáns.
O Estatuto de Automía de Galiza engade que neste territorio o galego é cooficial. E aí chegamos ao tema do bilingüismo: en tanto non cambien as tornas e nos movamos no marco desa lexislación, estamos no dereito e no deber de esixir que todos os estamentos públicos, administración, xustiza, sanidade, ENSINO, etc, empreguen o galego, polo menos nos mesmos termos en que se emprega o castelán.
Non sei se me explico: hai que distinguir a lingua na que se expresa un cidadán calquera, que pode escoller ser monolingüe se quere, e a obriga da administración de favorecer que as dúas linguas cooficiais convivan en situación de igualdade, se é necesario, con políticas de discriminación positiva.

(Lt, o de "apollar as plataformas" non terá que ver coa machista rivalidade de comparar o membro viril?)

Xosé Manuel Carreira dijo...

Lt, non sei a que parte do meu comentario se refire; mas, en resumo, o que quería dicir é que o futuro da lingua galega e da vitalidade de boa parte da cultura galega pasará precisamente por que o galego non se convirta nun obxeto enlatado exclusivo de lingüistas talibáns, nacionalistas e funcionarios.

O galego pode e debe aspirar a ser unha lingua de traballo útil en calquera área social ou profisional e mesmo cunha ampla potencialidade lusófona. Daí a miña crítica á endogamia sectorial de moitas destas plataformas; o que non debe entenderse como un ataque ao esencial senón como unha proposta de mellora.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Ok, agora me decato de que Mr. González e tamén Xosé Manuel coma min.

Iacobus Von der Stein dijo...

Na Xustiza éralle ben máis militante facer un escrito para o Xulgado fai anos cando nin os funcionarios o entendían, que agora que practicamente todo o proceso se sigue en galego e os funcionarios seguen sin entendelo nin queren entendelo, polo que a mín dame que na Xustiza está todo perdido.

Lt dijo...

Caramba Lourixe, no que trasmuta a miña gralla, se chego a ser freudiano xa lle tiña un diagnóstico.

O termor a que administración non cumpra as funcións que vostede tamén nomea é oque provocou a mobilización de tanta vontade e creación e converxencia das plataformas pola lingua, dende a diferencia.


Referiam a Xosé Manuel Gozález pero aproveito a súa interpelación, seño Carreira, para dicirlle que estou con vostede na observación da necesidade dunha maior presenza doutros ambitos profesionais nas plataformas. Per supoño que sería tamén conveniente que eses ambitos se movilizasen un pouco mais.

Non participo da sua seguinte visión:

"...que o galego non se convirta nun obxeto enlatado exclusivo de lingüistas talibáns, nacionalistas e funcionarios."

Coido que o que menos queren os nacionalistas, os lingúistas comprometidos co galego e osfuncionarios que traballan a prol do idioma, é que o galego sexa só cuestión deles, porque sería o fracaso do seu esforzo.

Nunca lle escoitei a un nacionalista dicir que o galego, debería ser só para os nacionalistas, por mais que isa lenda rural e urbana corra interesadamente explicita ou implicitamente por moitas linguas ofídicas.

Iacobus, se na xustiza está todo perdido, haberá que reformala, ou non?, facela mais galega.

Lt dijo...

Por lei.

Iacobus Von der Stein dijo...

A única maneira de modificala xustiza sería pagar por obxectivos. Tantas sentencias, tantos euros, tantas dilixencias, tanta paga, tantos embargos tantas dietas, tantas subastas tantos cartos, como en facenda no que o experimento funciona.
E se eso se reforma claro está que o da lingua é secundario.
En Lugo tódolos xuices de Primeira Instancia e Instrucción son de fóra ou como si foran =na Coruña xa nin lles conto= e na Audiencia hai unha illa que se chama Edgar Amando Cloos.
Hai que deixarse de historias, hai que falar co cliente, que vexa que seu Avogado fala o outro son pamplinas.
Uf, non sei como saiu esto...

arume dos piñeiros dijo...

O cartaz está moi ben, moi wordpress modo journalist. Permítaseme a frivolidade técnica. Con letra impact, de abaixo para arriba, con enerxía, negro sobre roxo. Moi bó cartaz, sen dúbida. Nada melifluo.

arume dos piñeiros dijo...

Pode saberse quen o fixo?

LS dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Xosé M. González dijo...

Na miña anterior mensaxe, a expresión 'adecuada avaliación da realidade' referíase exclusivamente á constatación de que ningunha plataforma das actualmente constituídas, como tal, se declara "monolingüista" ou pola exclusiva oficialidade do galego. Ningunha, reitero. Tales posicións serán individuais ou serán de grupo, pero non caracterizan explicitamente nin a Queremos, nin a Patrimonio, nin a Prolingua nin tampouco a Hegemonia: a cera que arde, no momento actual.

Para min non é momento de autodeclararse unha cousa ou a outra. Ora que non teño reparo en dicir que, por exemplo, no que di a Lourixe non encontro materia esencial de disensión. Eu podería dicir que estou onde estaba hai vinte anos, de non ser porque o país se moveu, e como. Cousa que nos leva a un puntiño interesante: o do monolingüismo social e a oficialidade exclusiva, nesta altura, ¿é un desideratum, faro que nos aluma, obxectivo necesariamente preterido ou proxección da vida que interiormente tentamos construír?

Escóllase a que se escolla, se un se considera -na medida que se queira- actualmente mobilizado en prol do idioma, participa en plataformas plurais e actos plurais. A cera que arde, insisto, e eu sen reparo nin receo.

Penúltima cuestión: é Monteagudo un bilingüista? Optou por unha vía, ao mellor en ronsel piñeirista, de que xa que o noso non parece ir adiante, traballemos no marco do que parece ir? Pois non llo sei. Eu non comparto, xa o dixen, iso de que 'somos bilingües e botamos man do castelán se o precisamos', non sendo que queira dicir: sabemos castelán; se queremos ler prensa ou ir ao cine, valémonos do coñecemento do castelán; hai moitos libros que só podemos ler en castelán; viaxando por España falamos castelán... e todo o que se lles ocorra engadir. Ignoro o alcance das palabras de don Henrique, pero estimo que de ningunha maneira quere que o galego sexa secundarizado nin que se dean pasos atrás no proceso de implantación vehicular no ensino, isto último por caso. Noutra orde de cousas: pon a cara; que non lle partirán, pero igual algún esgarro si que sae do medio da multitude.

Derradeiramente: suxiro escoitar con atención, para efectos de auténtica práctica política e lingüística, o pormenor de Goretti Sanmartín no arquivo sonoro que enlazo varias entradas máis arriba. Práctica, ánimo, construción. Reiteración de principios implícitos? Pode ser necesario, pero ese arestora tal faro non abonda para guiar o barco.

Porque, señor que asina Lt, non sei onde vive nin traballa vde. Eu, que imparto docencia nun instituto, non vexo que cesto tecer con tales vimbios básicos, pero certamente verdes. E agora había que lle facer cestos, estimado contertulio, moitos, moitos, moitos cestos.

Lt dijo...

Dice vostede verdade XMG cando afirma que a cuestión da oficialidade ou cooficialidade non figura nos manifestos das plataformas de defensa do idioma. Obviamente a súa creación obedece a unhas motivacións mais inmediatas, e como plataformas tenden a centrarse nelas.

Coincido con vostede na celebración da unidade de acción que até de agora foi posibel, e desexo que así sexa, durante o maior tempo posibel en que o idioma o precise.

Mais non se pode negar XMG, que sendo unha reacción ante unha situación concreta, esa reacción faise dende posicións diferentes. A existencia de distintas plataformas responde a diferencias operativas no seo do movemento pro lingua.

A distinción é importante, porque hai que entenderse dende o que nos une, pero tamén dende o que nos diferencia.

Un bilingüista, que desexa a cooficialidade dos dous idiomas, fará unha "avaliación adecuada da realidade" diferente do quen está pola oficialización exclusiva do galego. Un por chamalo así oficialista exclusivo, non confia no bilingüismo porque considera que non poder haber harmonía entre os dous idiomas, que o que se da solapadamente é un conflicto lingÜistico, unha diglosia, ou un proceso letal de substitución dun idioma por outro. Onde un bilingüista ve unha situación ideal, o oficialista exclusivo advirte un grave perigo para o idioma.

O bilingúista admitamos que actua de boa fe, pensa que a súa posición é o mellor para o galego, e considera que as posicións, "maximalistas" do oficiaista exclusivo serán perxudiciais para o idioma.

O oficialista exclusivo, admitamos tamén que actura de boa fe, está convencido de que a posición do biligüista conduce a desaparición do galego.

Estas duas posicións están na base perceptiva de toda a problemática do galego coas súas diferentes gradacións, e ten e vai ter consecuencias operativas.

Respetar as diferencias, mentres se advirta boa vontade, e concurrir a espazos onde as diferentes opinións podan defender as súas propostas, ten moita importancia, porque neses espacios dialóxicos, do que tan faltos estamos, faranse valer a forza dos argumentos, e non os intereses particulares ou de grupos viciados polo interés privado.

Un bilingüista honesto merece exactamente o mesmo respeto que un oficialista exlusivo honesto, polo que non comprendo a airada reacción a este termo.

Como non se lle vai chamar bilingüista a alguén que o é!
O exito acadado na mobilización polo idioma non pode borrar as diferencias, sería perxudicial, porque non todos somos o mesmo, nin estamos polo mesmo, e hai que coñecerse e respetarse, para poder seguir a facer algo en conxunto.

Non teño dúbida de que as posicións perfilaranse mais nas distintas plataformas no futuro inmediato, que esto sume en vez de restar, será responsabilidade de todos e o peor, sabemolo xa, será que unha vez mais, a deshonestidade, motivada pola ambición de poder pervirta os argumentos.

Xosé M. González dijo...

Mire: penso que hai catro plataformas (en realidade: que xorden dúas delas) polo afán de alargar o alcance social do movemento. Se as dúas opcións que vde. establece definen e fan linde ideolóxico-político, dígolle que ambas e dúas opcións deben estar representadas, como mínimo, en tres das plataformas; teño máis dúbida con respecto a Hegemonia.

Probablemente, neste momento a grande maioría de nós estamos imbuídos de sentido táctico, que significa arestora -nada menos- ter sentido histórico. A tal respecto, eu son perfectamente claro: estou en Prolingua e levo a súa insignia.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Para o Apicultor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Non podo entender que se podan montar estas liortas a conta dunha lingua, sexa a que sexa.Que cadaquén se exprese na lingua na que máis cómodo se sinta e que mellor domine: esa é a verdadeira libertade; a libertade de poder escoller unha ou a outra, sen imposicións por parte de ninguén. Estou dacordo co que dicía O. Wilde: "O patriotismo é o derradeiro refuxio dos depravados"

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
COMUNICADO dijo...

O comité de sabios e os equipos directivos das diferentes facultades galegas de filoloxía , acordaron en sesión extraordinaria outorgar o título de Doctor Honoris Causa ao anónimo:sáb nov 14, 12:17:00 AM, pola súa importante achega aos estudos de sociolingüística.

CLARA dijo...

Eu creo que se debe ir máis alá, que cada quen escriba coas normas que lle peten, e il será por iso que estes bilingües teñen tanta teima coa normativa ortográfica?

Ap dijo...

Parabéns anónimo sáb nov 14, 12:17:00 AM, a mellor achega sociolingüistica que lin na miña vida.

A. dijo...

Moitos parabéns anónimo sáb nov 14, 12:17:00 AM. Vostede si que acerta con sensatez e realismo no que verdadeiramente é importante e non como outros que só saben lucir a súa ignoracia por mais que vaian de sobrados.

Anónimo dijo...

Noraboa novo Doctor, vostede si que é un dos nosos. É de agardar que este recoñecemento sirba de estimulo par uns e de conveniente inhibición para outros que so critican por criticar.

arume dos piñeiros dijo...

Para a terceira pata do trébede lingüístico:

Xosé M. González dijo...

What's Spotify?

Ao xa famoso anónimo das doce e pico non lle alcanzo as inferencias. Pero tamén teño unha cita:

Coidado cos falsos inocentes.
(Xosé M. González).

Anónimo dijo...

Outra cita dedicada ao anónimo:

"Cóidate dos falsos libeggales".

Testemuña dijo...

ÉXITO TOTAL DE CONVOCATORIA. O Teatro Principal, a rebosar. Parabéns aos organizadores!

Anónimo dijo...

Son ese anónimo do pasado sábado (14,12:17 AM), cuxo comentario molestou a algúns patriotas, que non teñen por que ser depravados, aínda que os hai (pido desculpas).
Reafírmome no dito e quero engadir (parece que teñen amplos coñecementos de lingüística os molestos)que estou totalmente dacordo con F. de Saussure:"tódolos seres humanos compartimos unha mesma lingua con distintos sons".
Na actualidade, as teorías supremacistas de calquera tipo son, sen dúbida, reaccionarias.
Sen máis, acabouse o conto.
Saudiña e cante o melro
P.S.:Non aspiro a ese nomeamento de Doutor Honoris Causa. Hai moito tempo que teño aprobada a miña tese de doutoramento, se ben é certo, que non en Lingua galega.

Xosé M. González dijo...

Tanto gusto coñecelo, por pouco que fose. Ben pode dicir "veni, vidi" con certo fundamento.

Ben sabe onde nos ten, para outra menos abstrusa