31 ene 2010



Darío Villanueva non ve o conflito do que algúns falan
Defensor a ultranza das linguas como vehículo de comunicación, o catedrático de Teoría da Literatura da USC Darío Villanueva (Vilalba, 1950), acaba de tomar posesión como secretario de la Real Academia Española de la Lengua (RAE). É partidario de leis protectoras
Galicia Hoxe, 31.01.2010 F. FRANJO
Kaydea.Costa da Morte.Lenzo.

Hai pouco máis dun ano mantiña que a convivencia do galego e o castelán vivía un momento doce. Os feitos ocorridos das últimas semanas parece que cambiaron as cousas.
Un lingüista ten unha posición ante a lingua bastante distinta dun lexislador ou do membro dun Executivo que aplica algunhas leis. Esa é a dimensión autenticamente política. Un lingüista ama todas as linguas, considera que son iguais e que a súa función primordial é servir para a expresión das persoas e para a comunicación entre elas. Do mesmo xeito que un médico ten o seu xuramento, nós tamén o temos, aínda que nunca realmente pronunciado, de amar todas as linguas. É moito máis fácil que se entendan dúas persoas que falan linguas distintas a que se entendan dúas persoas que non teñen lingua algunha. O peor que se debe é converter ás linguas en instrumentos de división e instrumentos de incomprensión.
Entón onde está a clave?
A clave en termos políticos podería estar nun cumprimento estrito e leal do que a Constitución di e que recoñece a cooficialidad das outras linguas españolas que non son o castelán. Eu sobre todo aplicaría o artigo terceiro que é o que di que o patrimonio lingüístico debe ser respectado e protexido. Isto é algo que non só compromete ós políticos senón tamén á sociedade civil.
Quizais utilizouse como unha arma política esquecendo o aspecto filolóxico.
O importante é apreciar se esa conflitividade existe. O peor sería que se cometesen erros que provocasen un conflito innecesario onde non o hai. O que non aprecio é que exista o conflito lingüístico do que se fala.
O dialógo é o camiño?
Eu falaría da lealdade constitucional, o que significa que todos apliquemos ese principio de que hai unha lingua oficial e dunhas cooficiales. E que esta variedade no canto de ser un problema debe ser respectado e protexido. Isto significa que hai que contribuír a que non se deteriore e alí onde necesita un apoio que as leis llo dean.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Darío Villanueva anda aos biosbardos, fai que non se entera.

Anónimo dijo...

Pa enterao xa chegas ti.

Anónimo dijo...

pero ti sempre un pouco mais.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Sempre será moito mellor para o convivio mais ou menos harmonioso de castelán-falantes e de galego-falantes ter un galeguista descafeinado/light como Villanueva nas cadeiras da RAE do que calquera outro españolista exaltado. Sexamos realistas.

Anónimo dijo...

Quitémoslle o de "galeguista": con descafeinado e light xa ten bastante o tal Darío.

Anónimo dijo...

Palabra de anónimo, te alabamos señor. Ofrécese puro e listo para repartindo benzóns e maldizóns.

Anónima dijo...

Para o convivio harmonioso e non so lingüístico, o ideal sería que desaparecera tanto talibán nazinalista. Dese xeito, ninguén utilizaría os explosivos contra ninguén, por moi diferente que fora o seu pensamento ou a súa opinión.

Anónimo dijo...

Que marabilla de fórum que sempre saltan os adalides da tolerancia, cando non as tesouras do censor de turno, para poñer aos nacionalistas talibáns no seu sitio.

Anónimo dijo...

Os talibáns antinacionalistas son moi agresivos.

Anónimo dijo...

Recordemos, sobre Darío Villanueva:

http://chuza.org/historia/afinal-conseguiu-no-dario-villanueva-academico-de-la-lengua/

lobo neghro dijo...

O tema dos explosivos pode que nos veña dos celtas. Por eso de meter ruído. Alguén por aí sostiña a teoría de que a nosa afección as bombas ( cohetes en castelán, fuego fijo y volador segundo Medela) era unha reminiscencicia celtarra. Un ghusto por os tronos como elemento de ghuerra. Os bombos do antroido de viana, por aí, por aí. Sede un pouco máis tolerantes coa nosa idiosincrasia profunda, oh!.

Eu sosteño que só se anticipaban ó antroido, e o obxetivo era unha broma. Non sexades mal pensados.
Eiqui nunca houbo extremismo. Como pobo somos xente moi de centro, mansiños como as nosas vaquiñas pacendo na herba.