Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
29 ene 2010
O amigos de Marcos -e tamén en nome do propio Marcos- lamamentamos e condenamos, sen ningún tipo de reserva, o atentado sufrido na vivenda de Roberto Blanco Valdés.
O triste é xa que haxa que escribir esto. Pola miña banda atópoo innecesario, dada a traxectoria deste blog e a do seu autor (a quen saúdo moi cariñosamente), defensor sempre da liberdade de expresión pese a quen pese. Pero, por outro lado, nunca está de máis deixalo ben patente: a gala, si, señor.
Absolutamente. Noxento e rexeitabel ataque propio de retrasados mentais. ¿Serán os mesmos fillos de puta que queimaron a bandeira? Hai que paralos. Hai que detelos e que podrezan na cadea.
Desde a terrible estética da violencia que adoito empregar cando escribo ficción, condeno sen ningunha clase de reserva todo acto, todo, de violencia que nunca ten ética nin estética.
Pero unha vez dito isto e expresada a miña solidariedade ó señor Blanco Valdés, penso que os descerebrados aos que se alude non merecen nin unha soa palabra miña máis.
Daquela, se eu, por un acaso, manifestase a miña condena aos feitos acontecidos na casa de Blanco Valdés, ¿habería algún tipo de reserva ou matiz agochado ou connivencia con Batasuna que se me puidese achacar nun eventual proceso xudicial?
Vostede saberá, señor Anónimo das 07:58:00 PM. Eu limitieime a explicar, porque mo pediron, o que é, para min, unha condena absoluta. Se a súa é unha condena relativa ou condicionada, eu non lle sei, nin tampouco lle teño interese ningún en sabelo. Iso é cousa súa.
Dicía Alonso del Real que non había nada tan parecido a un tonto de dereitas como un tonto de esquerdas. O mesmo vale para os que poñen bombas contra a liberdade de expresión. O meu desprezo fondo e mesto a eses imbéciles e escuros que efectivamente, non entenden nada. Con Arume, xulgo innecesario este fío, pero xa que o hai, que conste.
Si, eu tamén, aborrezo e renego de calquera xeito de violencia, é algo execrable, sen cabida nun mundo que pretende ser "civilizado" mais as cousas non son só brancas ou negras, compre reflexionar un chisquiño...
Non é certo que hai quen, de xeito subliminal crispa de forma continua?
Claro despois , segundo nos di unha lei básica da física, como toda acción produce unha reacción, aparecen os escasos de cerebro, tontos inútiles , entran ó trapo e xa está.
Un suceso levado a cabo por unha minoría parece representar a todo o conxunto.
A Nosa Terra: Feixóo vincula 'atentados' con 'defender o galego' Manuel Vilas.
Alberte Nuñez Feixóo segue afondando na súa estratexia de vincular a oposición ao 'Decreto do Plurilingüismo' con grupos radicais. "Lamento profundamente que aqueles que falan en nome de defender o galego estean producindo estes atentados contra as liberdades", declarou esta mañá ao fío dun ataque contra a casa de Roberto Blanco Valdés.
Esa parte da historia merece se cadra un fío aparte: pero vaia por diante que esa parte da resposta de Feijoo (deixo a dúbida de se non foi rexistrada fielmente a súa intervención) ao atentado é impropia dun presidente.
A miña sinceira condea ao atentado a Roberto Blanco Valdés. Espero que a xustiza actúe en consecuencia cos resposábeis desta acción criminal.
Feixóo vincula 'atentados' con 'defender o galego'
Feixóo retrátase como o político irresponsábel que é: non perde ocasión para misturar allos e bugallos, enmerdar calquera debate a serio e levantar as máis baixas paixóns da sociedade galega. Moi ben, presidentiño.
Blog Ferradura en tránsito. X.M. Eyré. Como será que cando os ppetimetres andan nalgunha apretada e necesitan desviar o foco de atención mediática, pois vai e deteñen algún suposto membro de forzas independentistas sospeitoso de algo ou polo que sexa, queiman algunha bandeira, ou pois vai e estoupa un artefacto caseiro por algún lado?
Esa coincidencia sempre me pareceu curiosa. Nin que a xente fora parva, porque cando iso acontece resulta que é leira estercada para que os ppetimetres sementen na opinión pública a súa ladaíña: nacionalismo ( independentismo): violencia incontrolada. Mellor tallada para a empanada criminalizadora...nin que a Virxe de Lourdes teña con eles comunicación privilexiada!
Sempre sospeitei da Delegación do Goberno. Sempre. Esas accións podían realizalas en calquera outro intre, e escollen agora e a quen benefician está como a auga.
Logo vai pasar como nos tempos de Franco, que os desafectos ao Movimiento en determinadas ocasións tiñan que desterrarse, voluntaria ou forzosamente!
Esas petardadas caseiras...non son nin fume. Que CLR e RVB as merecen? Non, nin moito menos, merecen algo que lles doe moito máis: o silencio. Esa é a bomba que acabará con eles. Porque non nos equivoquemos. Ambos e dous francotiradores viven grazas a nós, a NÓS. Porque, aínda que sexa polo medo ou pola impotencia, nós, os independentistas comentámolo e iso outórgalle certo ar de respecto. E porque esa xente son xornaleiros que saen baratos á hora de sementar o odio- que bile negra xa naceron os dous con ela desatada!
A bomba na que hai que espelirse é na do silencio. Non hai mellor desprezo que o non aprezo. Dar a impresión de que non nos inmutan as súas pallasadas rancoreñas. Se non damos aturado sen comentar algo, que sexa un comento breve, moi breve, dando a entender iso, que a xente seria non debe entreter o tempo con eses dous pallasos na boca ou na pluma. E se queren ladrar que ladren, outra cousa tampouco está probado que saiban facer. Pero as nosas loitas seleccionámolas nós, que de non ser así sempre estaremos en inferioridade porque as armas escólleas o inimigo.
Sentidiño.
Valor sempre, pero primeiro sentidiño para que o inimigo non se aproveite da nosa forza.
Cos ollos ben abertos para saber a quen temos combater.
Coma o Arume, tamén deixo en dúbida (non moita, xa que o texto figura entre comiñas) o da fidelidade na transcrición. Pero o certo é que Feijoo non figura moi propio como presidente nas declaracións dos últimos dez días. Sorpréndeme a súa falta de categoría; ¿ou de atención, reflexos, asesoría?.
O que non poden aturar os neoespañolistas más "refinados" é o que eles chaman "neoprovincianismo": a idea de que se lles poña en cuestión o seu centro sagrado, Madrid, ou, no seu caso, Barcelona. Que Barcelona competise con Madrid no terreo industrial, económico e editorial é algo ao que o centralismo se tivo que acostumar; que uns "provincianos" se atrevan a reclamar centralidade, prescindindo no que é prescindible da capital e a súa curia é algo para eles inaceptable. Non hai inconveniente en recoñecer (eu non o teño, alomenos) que por tras das reivindicacións galeguistas e nacionalistas se achanta algo tan humano como o resentimento, pois non houbo nin haberá cambio histórico que non chante, en boa medida, na ddor das feridas do corpo ou da alma. É verdade que autocentramento redunda en beneficios indudables para os periféricos: os escritores teñen máis posibilidades de publicar, a clase política de medrar, os traballadores de teren uns sindicatos máis próximos, os cidadáns en coñecer e controlar mellos aos seus representantes. Pero eses son, nestes momentos, beneficios dos que disfrutan exclusivamente os que viven en Madrid ou pensando nela, e non todos, por suposto. Daquela, e pensándoo ben, ¿por que non disfrutar dese beneficios tamén nós? Cabería a posibilidade de que a igualación se producise "por abaixo". Pero, non seremos, en realidade, cola de rato máis ca de león? ¿De verdade é tan excelente a cultura española para que debamos "facer cola"? ¿É mellor político Rajoi que Feijoo ou Zapatero que Beiras? ¿É mellor escritor J. Marías que Ferrín?. Non é fácil de decidir dunha maneira taxativa que o problema da cultura galega fronte á española sexa de calidade. Seguramente o é de cantidade. Pero iso soluciónase con tempo e cun centro literario e cultural de nós. Para sair do ensimismamento, a cultura galega debe reclamar soberanía estética, e se non, a seguir rañando nas feridas da subalternidade. O resentimento existe, sen dúbida; tanto máis canto o emperador do caso está tan case tan espido (poñamos que leva un mínimo taparrabos) como o emperador do conto.
¿E por que temos que comparalos? Sobre todo a Cervantes con Risco. Non lle acabo de coller o punto.
A ver, nestas Uvas asoman filólogos, lingüístas e estudosos da Literatura. ¿Querería algún aclararme se existe en Galicia algo semellante -ou simplemente igual- á tradición das SERRANAS, tan interesante e tan sicalíptica na Literatura Medieval Castelá? ¿Hai algo diso por aquí? Gustaríame sabelo.
Reseñas - Tanaka Sen'o, The Tea Ceremony
-
*Que é o sadō / chanoyu?*
Probablemente escoitáchedes falar algunha vez do *sadō*, a Cerimonia do Té
xaponesa: é unha antiga arte performativa que se de...
Silvia Nanclares, Nunca voló tan alto tu televisor
-
Buenos días, amigas. Después de cuatro años sin escribir aquí es un enorme
placer estar vivas y poder dar pasos atrás para reiniciar algunos sistemas
qu...
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
ARDEN OS SANTOS DA PONTE
-
As nosas vidas son paralelas,pero non tanxentes. Tan lonxe. Acordei cedo,
por volta da sete e, co sol en timidez aínda. Deiteime no sofá, cos
personaxes do...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
Xapón
-
O ser humano perfecto, Jorgen Leth.
*Hoxe, tamén, experimentei algo que agardo comprender dentro duns días.*
Con música, con outras preocupacións, todo ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
32 comentarios:
O triste é xa que haxa que escribir esto. Pola miña banda atópoo innecesario, dada a traxectoria deste blog e a do seu autor (a quen saúdo moi cariñosamente), defensor sempre da liberdade de expresión pese a quen pese.
Pero, por outro lado, nunca está de máis deixalo ben patente: a gala, si, señor.
Absolutamente. Noxento e rexeitabel ataque propio de retrasados mentais. ¿Serán os mesmos fillos de puta que queimaron a bandeira?
Hai que paralos. Hai que detelos e que podrezan na cadea.
Desde a terrible estética da violencia que adoito empregar cando escribo ficción, condeno sen ningunha clase de reserva todo acto, todo, de violencia que nunca ten ética nin estética.
Pero unha vez dito isto e expresada a miña solidariedade ó señor Blanco Valdés, penso que os descerebrados aos que se alude non merecen nin unha soa palabra miña máis.
Paz e liberdade.
Subscribo o dito e sigo o debate no fío inferior.
Loureiro, é vostede un auténtico demócrata, si señor, un auténtico demócrata. Por aí como don Javier Arenas.
Eu tamén condeno absolutamente este atentado.
E como é unha condena non absoluta? Teño curiosidade.
Unha condena absoluta é aquela que se fai sen ningún tipo de reserva ou de matiz posterior que rebaixe a condena inicial. Saciada a curiosidade?
Daquela, se eu, por un acaso, manifestase a miña condena aos feitos acontecidos na casa de Blanco Valdés, ¿habería algún tipo de reserva ou matiz agochado ou connivencia con Batasuna que se me puidese achacar nun eventual proceso xudicial?
Para ANONIMO: Non sigas xogando que chantan unha bomba no teu portal. É un consello de amigo.
Está ameazando, anónimo?
Vostede saberá, señor Anónimo das 07:58:00 PM. Eu limitieime a explicar, porque mo pediron, o que é, para min, unha condena absoluta. Se a súa é unha condena relativa ou condicionada, eu non lle sei, nin tampouco lle teño interese ningún en sabelo. Iso é cousa súa.
Dicía Alonso del Real que non había nada tan parecido a un tonto de dereitas como un tonto de esquerdas. O mesmo vale para os que poñen bombas contra a liberdade de expresión. O meu desprezo fondo e mesto a eses imbéciles e escuros que efectivamente, non entenden nada.
Con Arume, xulgo innecesario este fío, pero xa que o hai, que conste.
Si, eu tamén, aborrezo e renego de calquera xeito de violencia, é algo execrable, sen cabida nun mundo que pretende ser "civilizado" mais as cousas non son só brancas ou negras, compre reflexionar un chisquiño...
Non é certo que hai quen, de xeito subliminal crispa de forma continua?
Claro despois , segundo nos di unha lei básica da física, como toda acción produce unha reacción, aparecen os escasos de cerebro, tontos inútiles , entran ó trapo e xa está.
Un suceso levado a cabo por unha minoría parece representar a todo o conxunto.
Quen perde máis ?
A Nosa Terra:
Feixóo vincula 'atentados' con 'defender o galego'
Manuel Vilas.
Alberte Nuñez Feixóo segue afondando na súa estratexia de vincular a oposición ao 'Decreto do Plurilingüismo' con grupos radicais. "Lamento profundamente que aqueles que falan en nome de defender o galego estean producindo estes atentados contra as liberdades", declarou esta mañá ao fío dun ataque contra a casa de Roberto Blanco Valdés.
Esa parte da historia merece se cadra un fío aparte: pero vaia por diante que esa parte da resposta de Feijoo (deixo a dúbida de se non foi rexistrada fielmente a súa intervención) ao atentado é impropia dun presidente.
A miña sinceira condea ao atentado a Roberto Blanco Valdés. Espero que a xustiza actúe en consecuencia cos resposábeis desta acción criminal.
Feixóo vincula 'atentados' con 'defender o galego'
Feixóo retrátase como o político irresponsábel que é: non perde ocasión para misturar allos e bugallos, enmerdar calquera debate a serio e levantar as máis baixas paixóns da sociedade galega. Moi ben, presidentiño.
Perdoade, a mín Roberto Blanco Valdés, sóname, pero non lles sei quen ven sendo.
E eu tamén "son de dios". Deixádesme seguir existindo anque non saiba quen é Roberto Blanco Valdés?.
Tampouco sei o que aconteceu. Verémolo mañá.
Blog Ferradura en tránsito.
X.M. Eyré.
Como será que cando os ppetimetres andan nalgunha apretada e necesitan desviar o foco de atención mediática, pois vai e deteñen algún suposto membro de forzas independentistas sospeitoso de algo ou polo que sexa, queiman algunha bandeira, ou pois vai e estoupa un artefacto caseiro por algún lado?
Esa coincidencia sempre me pareceu curiosa. Nin que a xente fora parva, porque cando iso acontece resulta que é leira estercada para que os ppetimetres sementen na opinión pública a súa ladaíña: nacionalismo ( independentismo): violencia incontrolada. Mellor tallada para a empanada criminalizadora...nin que a Virxe de Lourdes teña con eles comunicación privilexiada!
Sempre sospeitei da Delegación do Goberno. Sempre. Esas accións podían realizalas en calquera outro intre, e escollen agora e a quen benefician está como a auga.
Logo vai pasar como nos tempos de Franco, que os desafectos ao Movimiento en determinadas ocasións tiñan que desterrarse, voluntaria ou forzosamente!
Esas petardadas caseiras...non son nin fume. Que CLR e RVB as merecen? Non, nin moito menos, merecen algo que lles doe moito máis: o silencio. Esa é a bomba que acabará con eles. Porque non nos equivoquemos. Ambos e dous francotiradores viven grazas a nós, a NÓS. Porque, aínda que sexa polo medo ou pola impotencia, nós, os independentistas comentámolo e iso outórgalle certo ar de respecto. E porque esa xente son xornaleiros que saen baratos á hora de sementar o odio- que bile negra xa naceron os dous con ela desatada!
A bomba na que hai que espelirse é na do silencio. Non hai mellor desprezo que o non aprezo. Dar a impresión de que non nos inmutan as súas pallasadas rancoreñas. Se non damos aturado sen comentar algo, que sexa un comento breve, moi breve, dando a entender iso, que a xente seria non debe entreter o tempo con eses dous pallasos na boca ou na pluma. E se queren ladrar que ladren, outra cousa tampouco está probado que saiban facer. Pero as nosas loitas seleccionámolas nós, que de non ser así sempre estaremos en inferioridade porque as armas escólleas o inimigo.
Sentidiño.
Valor sempre, pero primeiro sentidiño para que o inimigo non se aproveite da nosa forza.
Cos ollos ben abertos para saber a quen temos combater.
Coma o Arume, tamén deixo en dúbida (non moita, xa que o texto figura entre comiñas) o da fidelidade na transcrición. Pero o certo é que Feijoo non figura moi propio como presidente nas declaracións dos últimos dez días. Sorpréndeme a súa falta de categoría; ¿ou de atención, reflexos, asesoría?.
Adiantóuseme o último anónimo.
A miña seguinte intervención ía no sentido de que toda "orgnización" ten que ter un servicio de intelixencia para sobrevivir.
Eu coñecín dous espías de don josé luís baltar metidos no pesoe.
Hai que ver axiña a quenes benefician tales accións e non desbotar nada. Ou somos tan parvos?
Sigo sen saber quen era Blanco Valdés.
Condena pero analiza.
Clase de TIC para o Lobo.
Probe a meter o nome do perxonaxe no Google e darlle a procurar...
Moita obrigadinha, meu anónim@ favorit@.
Alén desa procura tamén esperaba algho de análise por parte da nosa xente. Supondo que non é dos nosos.
Quen son os nosos, hermano Lobo?
Os nosos son os que andan por estos lares.
Pero tamén pode ser un xogo de palabras e referirnos ós da manifestación ( os nosos ), e os que a provocaron ( os outros).
Son ocurrencias "copiadas". Cando lle pedían un favor ó padriño local o código era: "É dos nosos?",
"si don José Luís, é dos nosos; hai que metelo".
O sentimento de pertenencia, ese gran sentimento...
Según a pirámide de Maslow: fame, sede, sexo, sentimento de pertenencia (nación)...
Os ácratas son superiores a Maslow. Maslow iniciou o camiño, eles superárono.
Puxeran nunha pintada en ourense:
"sexo, ghrelos e muiñeira".
Desemúlenme, estou a barallar.
O que non poden aturar os neoespañolistas más "refinados" é o que eles chaman "neoprovincianismo": a idea de que se lles poña en cuestión o seu centro sagrado, Madrid, ou, no seu caso, Barcelona. Que Barcelona competise con Madrid no terreo industrial, económico e editorial é algo ao que o centralismo se tivo que acostumar; que uns "provincianos" se atrevan a reclamar centralidade, prescindindo no que é prescindible da capital e a súa curia é algo para eles inaceptable. Non hai inconveniente en recoñecer (eu non o teño, alomenos) que por tras das reivindicacións galeguistas e nacionalistas se achanta algo tan humano como o resentimento, pois non houbo nin haberá cambio histórico que non chante, en boa medida, na ddor das feridas do corpo ou da alma. É verdade que autocentramento redunda en beneficios indudables para os periféricos: os escritores teñen máis posibilidades de publicar, a clase política de medrar, os traballadores de teren uns sindicatos máis próximos, os cidadáns en coñecer e controlar mellos aos seus representantes. Pero eses son, nestes momentos, beneficios dos que disfrutan exclusivamente os que viven en Madrid ou pensando nela, e non todos, por suposto. Daquela, e pensándoo ben, ¿por que non disfrutar dese beneficios tamén nós? Cabería a posibilidade de que a igualación se producise "por abaixo". Pero, non seremos, en realidade, cola de rato máis ca de león? ¿De verdade é tan excelente a cultura española para que debamos "facer cola"? ¿É mellor político Rajoi que Feijoo ou Zapatero que Beiras? ¿É mellor escritor J. Marías que Ferrín?. Non é fácil de decidir dunha maneira taxativa que o problema da cultura galega fronte á española sexa de calidade. Seguramente o é de cantidade. Pero iso soluciónase con tempo e cun centro literario e cultural de nós. Para sair do ensimismamento, a cultura galega debe reclamar soberanía estética, e se non, a seguir rañando nas feridas da subalternidade. O resentimento existe, sen dúbida; tanto máis canto o emperador do caso está tan case tan espido (poñamos que leva un mínimo taparrabos) como o emperador do conto.
Anda ya...me vas a comparar a Cervantes con Risco...y a Menéndez Pidal con Castelao...
¿E por que temos que comparalos? Sobre todo a Cervantes con Risco. Non lle acabo de coller o punto.
A ver, nestas Uvas asoman filólogos, lingüístas e estudosos da Literatura. ¿Querería algún aclararme se existe en Galicia algo semellante -ou simplemente igual- á tradición das SERRANAS, tan interesante e tan sicalíptica na Literatura Medieval Castelá? ¿Hai algo diso por aquí? Gustaríame sabelo.
É unha pregunta sincera, conste.
En Galicia temos outras cousas que non hai en castela.
Temos a poboación de lobos estables máis importante da península. E de parte do estranxeiro. En castela apenas os hai divagantes que veñen de eiquí.
Que sería castela sen a nosa aportación lobuna?. Un erial.
O lobo enche a noite e a soledade dos campos.
Un grupo anda a propor que sexa o animal simbólico da galiza e chámanlle "o xau".
Publicar un comentario